Ir o contido principal
STG

A USC celebra este martes o Día Solar Europeo

A Oficina de Desenvolvemento Sostible en colaboración coa Aula de Enerxías Renovables da Escola Técnica Superior de Enxeñaría organiza este martes 14 nese centro unha xornada dedicada á divulgación das potencialidades da enerxía solar con motivo da celebración do Día Solar Europeo. A partir das 12.00 horas sucederanse relatorios sobre as iniciativas de eficiencia enerxética na USC e sobre o sol como elemento de sustentabilidade no deseño de sistemas vivos. Ademais, poderase visitar unha exposición sobre enerxías renovables e como remate degustarse un café solar acompañado de aperitivos sostibles.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.05.2013.