Ir o contido principal
STG

A USC e o Concello de Ames presentan o I Campionato Galego Universitario de Raid de Aventura

A Universidade de Santiago e o Concello de Ames organizan o I Campionato Galego Universitario de Raid de Aventura e o I Raid Popular Praia de Tapia, que se vai disputar na praia fluvial de Tapia o vindeiro día 2 de xuño.
O Campionato presentarano en roda de prensa este xoves, día 31, ás 12:00 horas nas Oficinas de Cultura e Deportes do Concello de Ames, o director da Área de Deportes da USC, Mariano García-Verdugo, e o concelleiro de Cultura e Deporte de Ames, Xosé Fernández.
O Raid de Aventura é unha competición multidisciplinar destinada a probar a capacidade de resistencia, navegación e supervivencia de equipos en completa autonomía. Os equipos deben completar un extenso percorrido de orientación no menor tempo posible, superando as dificultades naturais que atopen no seu paso sen valerse de axuda externa nin de medios motorizados.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.05.2007.