Ir o contido principal
STG

A USC continúa co ciclo de charlas-coloquio con directivos das empresas do Polígono Industrial do Tambre

Os participantes poderán formular cuestións sobre o mundo da xerencia e a actividade empresarial

A Aula de Práctica Empresarial da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC continúa o vindeiro xoves, día 29, ás 12:00 horas no Salón de Graos do citado centro co ciclo de charlas-coloquio con directivos das empresas do Polígono Industrial do Tambre. Nesta ocasión, Manuel Nieto García, de DST Software SL, pronunciará unha conferencia sobre a experiencia empresarial do seu equipo dende que comezaron ata que se consolidaron no mercado.
Este empresario tamén analizará a situación actual do sector no que desenvolven a súa actividade. A intervención completarase cun coloquio no que os universitarios poderán formular cuestións de interese sobre o mundo da xerencia e a actividade empresarial.
As próximas citas deste ciclo que coordina a profesora Loreto Fernández Fernández desenvolveranse o martes 10 de abril coa presenza de José Sierra Fernández, de Urovesa SA; o luns 16 de abril coa participación de Antonio González Espina, de Espina Obras Hidráulicas; e o mércores 2 de maio con José Francisco Vázquez Loureiro, de Iglesias Mirás SA, Climatizaciones Compostela SA e Ferrecal. As xornadas continuarán o martes 8 de maio con Manuel Caeiro Varela, de M. Caeiro SA; e o 16 de maio con Carlos Otero, de Finsa.
No marco desta programación, a Aula de Práctica Empresarial organizará o vindeiro 23 de abril unha visita ao Polígono do Tambre. Os interesados en asistir deberán inscribirse antes do 20 de abril na Facultade de Ciencias Económicas e Empresarias.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.03.2007.