Ir o contido principal
STG

USC e Deputación de Lugo fortalecen a formación do persoal investigador no eido da protección animal

Facultade de Veterinaria da USC
Facultade de Veterinaria da USC
O acordo asinado coa Área de Medio Rural da institución lucense céntrase na creación dunha plataforma con vídeos educativos
Lugo

A Universidade de Santiago de Compostela e a Área con competencias en Medio Rural da Deputación Provincial de Lugo acaban de selar un acordo que se centra na creación dunha plataforma de protección animal para a formación de persoal investigador junior e senior da USC. Esta actuación consiste na creación dun repositorio de vídeos educativos orientados á formación e/ou capacitación neste eido.

O devandito repositorio obtense utilizando unha innovadora ferramenta de conversión de texto en vídeo, que permite obter vídeos de calidade “estudio”, a partir de presentacións realizadas en Powerpoint ou programas similares. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.12.2025.