A USC obtivo unha medalla de ouro e outra de prata no Campionato Universitario de España de Tenis
O alumno da Facultade de Química Miguel Casal obtivo a medalla de ouro na modalidade individual masculina do Campionato Universitario de España de Tenis que se disputou do 7 ao 10 de maio na Universidade Complutense de Madrid. Na mesma competición, Miguel Casal e a estudante da Farmacia Mariña Chaves gañaron a medalla de prata nos partidos por parellas mixtas.
Ademais, a USC conseguiu o segundo posto na modalidade por equipos situándose por detrás da Universidade de Málaga grazas á suma das puntuacións acadadas neste campionato por Miguel Casal, Mariña Chaves, Soledad Arcolano, Álvaro Álvarez, Pablo Valín e Raquel Seijo.