Ir o contido principal
STG

A USC organiza a terceira edición das 'Xornadas musicais en Filoloxía: do Blues ao Jazz'

As actividades abranguerán dous concertos e proxeccións cinematográficas relacionadas co blues e o jazz

A USC organiza a vindeira semana as ‘III Xornadas musicais en Filoloxía: do Blues ao Jazz’ que nesta edición abranguerán dúas proxeccións cinematográficas e dous concertos.A actividade dará comezo o vindeiro luns, día 19, coa emisión do documental ‘O sentimento dun home’ ás 19:15 horas e, ao día seguinte á mesma hora, proxectarase un documental sobre o mítico guitarrista de jazz, Django Reinhardt.
As xornadas continuarán os días 21 e 22 de marzo cun concerto de jazz e outro didáctico no que se fará un repaso aos principais estilos da evolución histórica do jazz. Estas sesións musicais, que terán lugar no Salón de Actos de Filoloxía ás 12:25 horas, correrán a cargo do Andrés Rivas Trío.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.03.2007.