Ir o contido principal
STG

A USC recibe a varios membros da Federación Española de Sociedades de Arquivística, Biblioteconomía, Documentación e Museística

Membros de FESABID reunidos no Salón Nobre do Colexio de Fonseca
Membros de FESABID reunidos no Salón Nobre do Colexio de Fonseca

O vicerreitor de Relacións Institucionais da USC, Lourenzo Fernández Prieto, recibiu este martes no Colexio de Fonseca ao presidente da Federación Española de Sociedades de Arquivística, Biblioteconomía, Documentación e Museística (FESABID), Miguel Ángel Esteban, xunto con outros membros da mesma organización.
FESABID xurdiu en 1988 coa fin de desenvolver actividades relacionadas cos centros de documentación, bibliotecas, arquivos e museos; fomentar a colaboración entre os seus membros, e difundir a imaxe dos profesionais que traballan nos campos nos que actúa a Federación.
No transcurso da recepción, o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares Paz, pronunciou unha conferencia titulada ‘Galicia, un vello país europeo’. Deseguido, e para amenizar o encontro, Ultreia interpretou algunhas pezas musicais galegas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.05.2007.