Este venres dá comezo a campaña da segunda volta das eleccións a reitora
A votación final será o 11 de marzo
Este venres 27 iniciarase a campaña electoral da segunda volta do proceso para elixir a reitora da USC para os vindeiros seis anos. Logo da votación do pasado 12 de febreiro entre catro candidatas, a contenda nesta ocasión será entre as catedráticas Rosa Crujeiras e Maite Flores, que rematará na xornada de votación do mércores 11 de marzo.
O día 12 dese mes tería lugar a proclamación provisional da reitora electa, mentres que os recursos poderán efectuarse entre o 13 e o 20 marzo. A proclamación definitiva será o 23 de marzo.