Ir o contido principal
STG

O vicedirector da RAE analiza na Facultade de Humanidades de Lugo os problemas filolóxicos dos dicionarios

Mar Campos, profesora da Facultade de Humanidades de Lugo, e José Antonio Pascual, vicedirector da RAE
Mar Campos, profesora da Facultade de Humanidades de Lugo, e José Antonio Pascual, vicedirector da RAE
José Antonio Pascual impartiu unha conferencia na que tamén realizou un adianto do seu próximo libro,

O Salón de Graos da Facultade de Humanidades acolleu a conferencia ‘Os problemas filolóxicos do diccionario’, impartida por José Antonio Pascual, académico e vicedirector da Real Academia Española desde decembro de 2007, e organizada pola profesora deste centro do Campus de Lugo Mar Campos Souto. Pascual anticipou neste acto algúns dos contidos do seu próximo libro, No es lo mismo ostentoso que ostentóreo, que se publicará en xaneiro na editorial Espasa, e no que reflexiona sobre as causas históricas dalgúns usos contemporáneos e sobre a necesidade de depurar os dicionarios recorrendo á filoloxía. José Antonio Pascual dirixe na actualidade o Nuevo diccionario histórico de la lengua española da RAE. Así mesmo, colaborou con Joan Corominas na redacción do seu Diccionario crítico etimológico castellano e hispánico e con Juan Gutiérrez Cuadrado, elaborou o proxecto do Diccionario Salamanca de la Lengua española. Á súa ampla experiencia como lexicógrafo súmase unha longa nómina de títulos sobre historia do español ou sobre a edición de textos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.12.2012.