Ir o contido principal
STG

O vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo recibirá este mércores ás alumnas de Enfermaría premiadas por un estudo sobre a anorexia

As alumnas de primeiro curso do Grao en Enfermaría, Paula Tato Ares e Coral Zolle Vázquez, serán recibidas este mércores día 2 ás 13:00 horas na Sala de Prensa da Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo, logo de facerse co accésit ao mellor traballo de investigación enfermeira nos Premios Anuais ‘Muralla de Lugo’ que concede o Colexio Oficial de Enfermaría co seu estudo sobre a anorexia nerviosa.
Nesta recepción oficial estarán o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero Latorre; a directora da Escola Universitaria de Enfermaría, María Asunción Núñez Magdalena; e o presidente do Colexio Oficial de Enfermaría, Miguel Fernández Méndez.
A USC quere recoñecer o esforzo destas alumnas, xa que é a primeira vez que un traballo realizado por estudantes resulta galardoado neste certame.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.06.2010.