A Vicerreitoría de Calidade e Planificación participa nunha xornada de formación do programa DOCENTIA
Responsables e técnicos da Vicerreitoría de Calidade e Planificación da Universidade de Santiago asisten este xoves en Madrid a unha xornada de formación do Programa Docentia.
O programa de apoio á avaliación da actividade docente (DOCENTIA), deseñado por ANECA-ACSUG, pretende satisfacer as demandas das universidades e a necesidade do sistema educativo de dispoñer dun modelo e duns procedementos para garantir a calidade do profesorado universitario e para favorecer o seu desenvolvemento e recoñecemento.