Ir o contido principal
STG

A Vicerreitoría de Estudantes organiza unha Xornada para o Fomento do Espírito Emprendedor dirixida ao alumnado da USC

Este xoves en Ciencias Económicas e Empresariais

A Vicerreitoría de Estudantes e Formación Continua a través do Servizo de Apoio ao Emprendemento e o Emprego (SAEE) organiza unha Xornada para o Fomento do Espírito Emprendedor entre os estudantes da USC. A cita será este xoves 26 a partir das 10:00 horas no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, sen que sexa necesario formalizar unha inscripción previa. O Vicerreitor de estudantes e Formación Continua, Francisco Durán abrirá esta xornada e presentará a convocatoria do I Concurso de Proxectos do Espírito Emprendedor que se enmarca dentro dun convenio de colaboración entre a USC e o Ministerio de Educación. Nesta mesma sesión, a directora do BIC, Mª Teresa Cancelo, ofrecerá orientación aos asistentes sobre cómo plasmar unha idea de negocio nun proxecto viable de empresa. Ás persoas interesadas poden solicitar máis información na oficina do SAEE na Casa Jimena y Elisa Fernández de la Vega, Casas Reais nº 8 ou no teléfono 881 812 850.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.05.2011.