Víctor Manuel Arce e Diana Fernández, nomeados delegado e delegada para a CIUG e para o programa A Ponte
A Secretaría xeral da Universidade fixo efectivos estes nomeamentos
O profesor do Departamento de Fisioloxía Víctor Manuel Arce Vázquez e a profesora do Departamento de Fundamentos da Análise Económica Diana Fernández Méndez incorpóranse como delegado e delegada do reitor para a Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) e para o programa A Ponte, respectivamente.
Maite Flores
O reitor Antonio López agradece á anterior responsable destas encomendas, a profesora Maite Flores, todo o seu traballo ao longo destes anos e deséxalle “a maior das sortes no futuro”.