Ir o contido principal
STG

Woman Emprende anima a crear unha rede de traballo entre mulleres de diferentes ámbitos profesionais

Woman Emprende anima a crear unha rede de traballo entre mulleres de diferentes ámbitos profesionais
Woman Emprende anima a crear unha rede de traballo entre mulleres de diferentes ámbitos profesionais
No I Encontro Atalanta que terá lugar o venres en Matemáticas

O programa de promoción do emprendemento feminino da USC Woman Emprende organiza este venres 16 o primeiro Encontro Atalanta, que pretende ser o primeiro paso para a formación dunha rede de traballo e colaboración entre mulleres pertencentes a diferentes eidos. O encontro, organizado dentro das actividades de Innovatia 8.3, desenvolverase na Aula Magna da Facultade de Matemáticas nunha sesión na que participarán profesionais dos máis variados ámbitos. A xornada comezará cunha conferencia de Olga Pizarro, do Centro de Estudos Empresariais da Muller da Universidade do desenvolvemento de Chile, e continuará con breves intervencións de expertas da USC, da Asociación Galega da Empresa Familiar, de Jealsa – Rianxeira, da Asociación de Executivas de Galicia, de Ellas 2.0., de Exquisitec.es, de Personaswip, das Remeiras de Galicia, de VIGALICIA e SOLCOM, de AMBAR, de Litterate Soluciones Lingüísticas, da Cestería contemporánea Idoia Cuesta, de Valora, Cafi, Deroceras, Biostat, Xuntos e de The Interactive Cell. Todas elas falarán de cuestións como o papel da muller na empresa familiar, o movemento asociativo para executivas, os negocios en internet, o concepto ‘wip’, a diversidade funcional, a xénese dos proxectos emprendedores ou a innovación nas aulas, entre outras. As persoas interesadas deberán inscribirse enviando un mail a beatriz.perez [at] usc.es (beatriz[dot]perez[at]usc[dot]es).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.12.2011.