Ir o contido principal
STG

A xestión de espazos naturais, a análise no Idega

O profesor da USC David Miranda ofrecerá este venres, día 11, ás 16:00 horas na sede do Idega unha charla titulada ‘Diversas aplicacións das Técnicas SIG á xestión de espazos naturais'.
Enmarcada dentro das sesións científicas do Idega, esta intervención centrarase en explicar de xeito introdutorio os distintos usos das técnicas denominadas Sistemas de Identificación Xeográfica (SIG) como, por exemplo, a identificación de impactos medioambientais na xestión de espazos naturais.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.05.2007.