O XI Encontro de Didáctica da Historia Económica analizará en Santiago a incidencia da implantación do Espazo Europeo de Educación Superior
A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC acollerá os días 26 e 27 de xullo o XI Encontro de Didáctica da Historia Económica que reunirá a docentes e expertos de diversas universidades españolas que abordarán as oportunidades e problemáticas da implantación do Espazo Europeo de Educación Superior. A cita servirá para analizar diferentes propostas de interese sobre calquera temática relacionada coa docencia neste ámbito como a presentación de novos recursos, experiencias metodolóxicas, situacións de avaliación, entre outros. O programa para o encontro abordará en mesas e sesións diversos aspectos como o protagonismo das crises económicas na ensinanza da historia económica, a docencia desta disciplina nos grados bilingües, os programas de doutoramento, as posibilidades e limitacións dos cursos e aulas virtuais. Entre as actividades para eses días tamén se inclúen visitas ao patrimonio da USC, a reunión do Consello da Asociación Económica de Historia Económica e o encontro tamén servirá para dar a coñecer os resultados da enquisa sobre a Área de Historia e Institucións Económicas na universidade española. Atópase aberto o prazo de inscrición para participar na cita, da que se pode obter o impreso de matrícula e máis información na web http://www.usc.es/es/congresos/xiedhe/index.html