Ir o contido principal
STG

O XIII Festival Internacional de Teatro Universitario da USC levanta o pano con dúas representacións en Compostela e outra en Lugo

O XIII Festival Internacional de Teatro Universitario da USC levantará o pano este mércores, día 21, con dúas actuacións nos campus de Santiago e outra en Lugo. Nesta edición do certame teatral participan compañías universitarias de Brasil, México, Sevilla, Ourense así como da propia Universidade compostelá.
O programa para o Campus de Compostela comezará ás 19:00 horas na Sala Roberto Vidal Bolaño coa representación da obra ‘(Hamlet) Explosion of a memory’, sobre textos de William Shakespeare e Heiner Müller, a cargo do grupo EventProduction, da Universidade de Ciencias Aplicadas de Konstanz (Alemaña). Esta mesma función repetirase o xoves, día 22.
No Teatro Principal de Compostela a Compañía de Teatro da USC porá en escena ‘Trufaldino, servidor de dous amos’ de Carlo Goldini, nunha función que comezará ás 21:30 horas.
Campus de LugoA Compañía de Teatro do Campus de Lugo será a responsable de abrir a quenda de representacións no campus lugués coa posta en escena de ‘O público’ de Federico García Lorca, a partir das 21:00 horas no Auditorio Gustavo Freire.
Tanto en Compostela como en Lugo a entrada ao certame é gratuíta previo paso polo despacho de billetes.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.03.2007.