Ir o contido principal
STG

A XIII Promoción da Especialidade de Enfermaría Obstétrico-Xinecolóxica celebra este xoves a súa graduación

De esquerda a dereita: Manuel Macía, Begoña Freire, María Jesús Núñez, José Manuel Mayán, María Castro e Mercedes González
De esquerda a dereita: Manuel Macía, Begoña Freire, María Jesús Núñez, José Manuel Mayán, María Castro e Mercedes González

A XIII Promoción da Especialidade de Enfermaría Obstétrico-Xinecolóxica (Matronas) celebrou este xoves 22 a súa graduación nun acto que, presidido polo vicerreitor de Comunidade Universitaria e Compromiso Social, José Manuel Mayán Santos, se desenvolveu no Salón Nobre do Colexio de Fonseca.
O vicerreitor estivo acompañado da directora da Escola Universitaria de Enfermaría da USC e da Unidade Docente de Galicia da Especialidade de Matronas, María Jesús Núñez Iglesias, e da coordinadora da mesma unidade docente, Mercedes González Peteiro.
No acto estiveron presentes, entre outros, o presidente da Comisión de Docencia do CHUS, José Ramón Fernández Lorenzo; o xefe do Servizo de Obstetricia, Manuel Macía Cortiñas; a directora de Enfermaría, Begoña Freire Pérez; e as subdirectoras operativas de Enfermaría Carmen Castro Pazos e Carmen Carpintero Rama, todos eles do CHUS. Asistiron tamén a xefa do Servizo de Integración de Coidados do Sergas, Isabel Campos Pardo, e o xefe do Servizo de Planificación Sanitaria da Consellaría de Sanidade, Francisco José López Rois.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.05.2008.