Ir o contido principal
STG

O XIX Máster de Dirección e Xestión de Comercio Exterior clausúrase este xoves en Fonseca

O XIX Máster de Dirección e Xestión de Comercio Exterior da USC celebrará este xoves 10 o acto de clausura desta edición na que se graduan 24 alumnos. A xornada, que comezará ás 19:00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, estará presidida pola vicerreitora de Economía e Infraestruturas, Sara Cantorna, estando prevista a presenza do conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra. Asistirán ademais os vicerreitores de Grao e Posgrao e de Estudantes e Formación Continua, Eva Castro e Francisco Durán, respectivamente, así como a decana da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, María Emilia Vázquez Rozas. O Máster, organizado pola USC coa colaboración da Xunta de Galicia, naceu hai 19 anos co obxectivo de formar a técnicos e directivos especializados no ámbito do comercio exterior. Ao longo destes anos pasaron polo posgrao máis de 600 profesionais que na actualidade contribúen á expansión internacional de empresas galegas e españolas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.02.2011.