Ir o contido principal
STG

xMaseda65 actúa no ciclo ‘Lubicán íntimo’ o 10 de febreiro ás 20.30 horas

xMaseda65 fala desde a emoción, cun ton honesto, íntimo e reflexivo
xMaseda65 fala desde a emoción, cun ton honesto, íntimo e reflexivo
O concerto desenvolverase na Casa do Saber do Campus de Lugo e a entrada é libre ata completar a capacidade da sala
Lugo

“Levo case seis anos movéndome pola escena urbana galega, facendo da palabra e do son o meu xeito de existir”. Con estar verbas se define o músico de Viveiro xMaseda65 que actúa no ciclo ‘Lubicán íntimo’ o martes, 10 de febreiro, ás 20.30 horas na Casa do Saber do Campus de Lugo. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala. 

xMaseda65 fala desde a emoción, cun ton honesto, íntimo e reflexivo. A súa voz conecta coa vulnerabilidade sen artificios para tender pontes co que escoita a través dun estilo directo, cru e poético. “Estudei Filoloxía galega porque creo no poder da lingua, nas historias que contan as palabras postas”. explica. “Na miña música busco iso: ser fiel ao que sinto, sen adornos , sen máscaras”, engade. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.02.2026.