Xornada sobre cooperativas en Económicas
A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais acolle este mércores 5 unha nova xornada do ciclo ‘Súbeos ao emprego. Unha oportunidade en tempos de crise. Emprende cooperativas’ promovido pola Dirección Xeral de Cooperativas e Economía Social da Xunta de Galicia e na que intervén o profesor da Facultade Manuel Jordán Rodríguez. Trátase dunha boa oportunidade para coñecer as vantaxes e particularidades do emprendemento en cooperativas fronte a outras formas xurídicas, a través de relatorios e experiencias de emprendemento cooperativo, así como un conxunto de recursos e ferramentas actuais para promover a inserción laboral.