Ir o contido principal
STG

Este xoves entréganse os Premios Mestrelab_AMSlab ‘Químicos para o noso futuro’

A Aula Magna da Facultade de Química será este xoves 14 o escenario no que se coñecerán as persoas gañadoras da primeira edición dos Premios Mestrelab_AMSlab ao talento dos mellores expedientes académicos da Facultade de Química da USC.

Estes premios ‘Chemists for our future’ (Químicos para o noso futuro’) nacen co obxectivo de fomentar a colaboración cos sectores socioeconómicos e complementar a formación do alumnado no eido da investigación e do desenvolvemento científico e tecnolóxico.

O acto comezará ás 12.30 horas cunha presentación a cargo da decana da Facultade, Pilar Bermejo; o presidente de Mestrelab, Carlos Cobas; e o CEO de AMSlab, Manuel Lolo. A continuación, áa 13.00 horas, terá lugar a conferencia de Alfonso Espada, de Eli Lilly and Company, titulada ‘ Mass Spectrometry-based Methods to Interrogate Protein-Ligand Interactions’.

Xa ás 13.45 horas será a entrega propiamente dita dos galardóns, que consisten en 2.000 euros para o alumnado que obteña o primeiro premio e dous accésits de 1.000 cada un tanto para as categorías de inicio de estudos como de remate do grao. Na clausura participará o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.12.2017.