O Campus Terra promove a innovación e o emprendemento xuvenil no marco da economía azul co proxecto ATLIC
As liñas de traballo e os proxectos de investigación ligados coa potenciación e optimización de recursos no Espazo Atlántico poden inspirar iniciativas innovadoras de emprendemento á mocidade europea
Ler máisUn estudo alerta de que máis do 60% da poboación española non coñece as medidas para reducir a incidencia do radon
Recoñécese como carcinóxeno (70,5%), aínda que só catro de cada dez saben que é a segunda causa de cancro de pulmón, xusto despois do tabaco (39,2%). Os homes manifestan maior nivel de coñecemento sobre o radon e as mulleres teñen maior percepción dos riscos asociados
Ler máisNovos achados constatan o carácter monumental e funerario da ‘roda’ de Adai, un xacemento único da Idade de Bronce en Galicia
As escavacións desenvolvidas no lugués Corro dos Mouros baixo a dirección de Pilar Prieto, investigadora dos grupos EcoPast e Cispac da USC, revelan a lousa fundacional deste conxunto arqueolóxico e suxiren que o parapeto do Castrillón ou Corro dos Mouros, duns dous metros de alto por tres de ancho, tivo unha visible coiraza de seixo
Ler máisO IGFAE participa no deseño dun detector de neutrinos ‘próximo’ que servirá para afondar na conformación do Universo
Este centro mixto da USC e da Xunta de Galicia interceptará, no marco do experimento DUNE, feixes destas partículas para rexistrar as súas interaccións antes de que muden de ‘sabor’, na súa traxectoria cara aos detectores ‘distantes’ situados a 1.500 metros baixo o solo
Ler máisA directora do CiMUS, Mabel Loza, ingresa na Real Academia Nacional de Farmacia
O seu discurso de ingreso titulouse 'A farmacoloxía e o descubrimento de fármacos para unha nova era'
Ler máisA bioeconomía azul no espazo atlántico, un caladoiro de I+D por explorar no que pescuda o Campus Terra
O proxecto Interreg Atlantic Area BEAP-MAR, liderado polo coordinador do grupo Farmatox da USC, Luis M. Botana, e dotado cun orzamento de máis de 2,2 millóns de euros, investiga o potencial uso de cepas de microalgas, macroalgas, fungos, esponxas e outros recursos mariños para desenvolver productos de cosmética, alimentación e mesmo do ámbito da farmacoloxía con alto valor engadido
Ler máisUn estudo epidemiolóxico compara a mortalidade atribuída ao tabaquismo entre as diferentes Comunidades Autónomas
Tal e como evidencia a investigación desenvolvida na USC por Julia Rey Brandariz, as porcentaxes oscilan dende o 10,8% da Rioxa ata o 15,3% de Canarias
Ler máisUn equipo do CiQUS e do CSIC desenvolve un novo tipo de axente contra o cancro
O novo composto actúa de maneira potente e selectiva sobre a respiración mitocondrial das células nai de cáncer, diminuíndo o seu potencial para xerar tumores
Ler máisPortomarín, laboratorio educativo para recuperar a memoria e os vínculos entre a escola e o territorio
Un estudo da USC detecta unha falta de diálogo interxeracional que fai que a rapazada de curta idade non coñeza polo miúdo a historia do traslado da antiga vila pola construción do encoro de Belesar
Ler máisO detector CALIFA, construído no IGFAE, listo para funcionar en Alemaña tras case 20 anos de traballo
Os últimos módulos do calorímetro instaláronse esta semana no experimento R3B de FAIR, laboratorio de física nuclear situado na cidade de Darmstadt
Ler máisA loita biolóxica ataca o talón de Aquiles da rata toupa
Un estudo anatómico e morfofuncional do órgano vomeronasal da rata toupa desenvolvido na Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC por Sara Ruiz Rubio, xunto con persoal investigador do grupo de Morfoloxía Animal (Morfan) que coordina Pablo Sánchez Quinteiro, e publicado en ‘The Anatomical Record’, avala o uso de ‘cairomonas’ de depredadores para “provocar estrés e alterar os ciclos reprodutivos deste roedor herbívoro, a fin de diminuír a súa poboación”
Ler máisAs cantigas, textos esenciais para desvelar a vida das mulleres galegas na Idade Media
Edicións USC publica a antoloxía interdisciplinar 'Mulleres medievais. Textos e imaxes na lírica galego-portuguesa', que aborda o estudo das composicións e das ilustracións contemporáneas desde a Filoloxía, a Historia e a Historia da Arte
Ler máisO estudo premiado co Valentín Paz Andrade evidencia como a COVID-19 incrementou a desigualdade en Galicia
Este galardón que recoñece a investigación en economía distingue un traballo de José Manuel Amoedo e María del Carmen Sánchez-Carreira no que se constata unha “brecha xeracional” na distribución da renda que afecta ás persoas menores de 35 anos
Ler máisInvestigadores do Campus Terra analizan compostos mariños para desenvolver novos fármacos co proxecto Combo
O grupo Farmatox da USC, que coordina o catedrático da área de Farmacoloxía na Facultade de Veterinaria Luis M. Botana, participa cun consorcio internacional de 13 socios nunha iniciativa de I+D do programa Horizonte Europa orientada a optimizar métodos e sistemas de cultivo de recursos mariños en terra e que conta cunha dotación orzamentaria de tres millóns de euros ata 2026
Ler máis