Ir o contido principal
STG
  • Estudar

Convocatoria de axudas para a formación de profesorado universitario (FPU) 23-24

Publicada a resolución de Axudas para a formación de profesorado universitario (FPU)

Para poder concorrer á convocatoria vixente de axudas para a formación do profesorado universitario FPU é necesario achegar unha serie de documentos asinados ben pola CAPD do teu programa, ben polo director/a.

No caso de que non esteas matriculado no programa de doutoramento ou non teñas aprobado aínda o plan de investigación, deberás cubrir o modelo/documento de resumo do proxecto de investigación e plan formativo (Resumo_proxecto-de-investigación.docx) para que a CAPD analice a súa adecuación as liñas de investigación do PD. Ademais, deberás achegar o compromiso de dirección de tese por parte dun profesor/a-investigador/a así como o CV de este investigador/a só no caso de que este/a non forme parte do programa de doutoramento.

Para calquera cuestión ponte en contacto connosco a través da seguinte dirección edius [at] usc.gal (edius[at]usc[dot]gal)