Ir o contido principal
STG

Calidade

O Sistema de Garantía de Calidade da Facultade de Filoloxía abrangue todas as titulacións oficiais tanto de grao coma de mestrado universitario. Así mesmo, inclúe toda comunidade do centro: alumnado, persoal docente e investigador e persoal de administración e servizos.

O SGC da Facultade de Filoloxía inclúe o deseño da oferta formativa, a avaliación e revisión do seu desenvolvemento e a toma de decisións para a mellora continua. Así mesmo, recolle a planificación dos obxectivos a acadar, de acordo coa estratexia da universidade e da propia facultade e a revisión periódica do funcionamento do sistema, co obxectivo de garantir a súa utilidade para todos os grupos de interese.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.10.2024.