Ir o contido principal
STG

Plan de Acción Titorial

O Plan de Acción Titorial (PAT) para as titulacións de Grao e Máster impartidas no centro inclúe actuacións de diverso tipo encamiñadas a proporcionarlle ao estudantado o máximo asesoramento e orientación posibles nas distintas etapas da súa estadía na Universidade.

De acordo co Plan de Acción Titorial organízanse actividades dirixidas a orientar os estudantes en diferentes aspectos da súa vida académica e do seu futuro profesional, agrupadas en varios eixos: sesións de orientación para estudantado de Grao (propio e de mobilidade entrante) e de Máster, sesións de orientación continua e sesións de orientación profesional.

O seu obxectivo é favorecer a integración do estudantado no ámbito universitario, estimular a súa aprendizaxe e apoiar o deseño da súa carreira profesional e a procura de emprego.

  • Orientación inicial ao estudantado de Grao
    •  Estudantado propio
      • Xornada de benvida ao estudantado de grao de novo ingreso.
      • Oferta de cursos de formación en competencias transversais e  informacionais.
      • Acompañamento a través do programa de alumnos titores.
    • Estudantado de mobilidade entrante
      • Xornadas de benvida ao estudantado de mobilidade entrante.
      • Atención titorial da Responsable Académica de Movilidad da Facultade.
  • Orientación inicial ao estudantado de máster
    • Sesións informativas de acollida para estudantes de máster.
  • Orientación continua
    • Apoio titorial extraordinario.
    • Sesións informativas sobre os programas de mobilidade de estudantes.
    • Sesións informativas sobre a oferta de prácticas externas.
    • Xornada informativa sobre a oferta de módulos complementarios e  optativos dirixida a estudantes de 1.º e 2.º cursos.
    • Sesión informativa sobre o TFG.
    • Sesión informativa sobre a oferta de estudos de máster da Facultade dirixida a estudantes de 4.º curso.
    • Tutorización académica individualizada para estudantes de máster.
    • Sesións informativas sobre o TFM.
  • Orientación profesional
    • Xornadas informativas sobre oportunidades de estudo e prácticas en institucións e empresas.
    • Actividades de orientación laboral e saídas profesionais.
    • Bolsas e ofertas de emprego.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.11.2024.