Ir o contido principal
STG

Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos e Contextos

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Artes e Humanidades
Centro(s)
Facultade de Filoloxía
Avda. de Castelao, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881811750 (Conserxaría)
881811762 (Decanato)
filoloxia.decanato [at] usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Israel Sanmartín Barros
Contacto
israel.sanmartin [at] usc.es

O Máster é unha oferta única no sistema universitario de Galicia e singular en España. Estúdanse as principais manifestacións culturais (literarias e artísticas), así como o seu contexto histórico, co obxectivo de acadar unha formación transversal e completa na Idade Media europea.

Duración: 1 ano académico
Código RUCT: 4311760
Número de ECTS: 60
Número prazas: 24

Decano/a ou director/a do centro:
ELIAS JOSE FEIJO TORRES

Coordinador-a do título:
Israel Sanmartín Barros
israel.sanmartin [at] usc.es

Linguas de uso:
Castelán, Galego

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
434/2009 do 3 de decembro (DOG 15/12/2009)

Data de publicación no BOE:
24/08/2010

Data da última acreditación:
23/10/2015

O Máster é unha oferta única no sistema universitario de Galicia e singular en España. Estúdanse as principais manifestacións culturais (literarias e artísticas), así como o seu contexto histórico, co obxectivo de acadar unha formación transversal e completa na Idade Media europea.

A cidade de Santiago, meta do coñecido Camiño e lugar declarado pola UNESCO “Patrimonio da Humanidade”, conta cunhas condicións inmellorables para ofertar un Máster de investigación pluridisciplinar no ámbito dos estudos medievais, que se caracteriza por ter unha completa organización curricular.

Obrigatorias: 30
Optativas: 18
Traballo fin de máster: 12
Total: 60

Non se contemplan

A Escritura e o Escrito na Idade Media

  • P5091201
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 6 créditos

A Igrexa e a Espiritualidade Medieval

  • P5091202
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 6 créditos

Sociedade Medieval e Cultura Cortés

  • P5091203
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 6 créditos

O Mundo Clásico na Idade Media

  • P5091204
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 6 créditos

Mitos e Figuras no Imaxinario Medieval

  • P5091205
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 6 créditos

Viaxes e Peregrinacións na Idade Media

  • P5091206
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 6 créditos

Feudalismo, Territorio e Poder

  • P5091207
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 6 créditos

Prácticas externas

  • P5091208
  •  
  • Optativo
  •  
  • Prácticas en Empresas de Grao e Máster
  •  
  • 6 créditos

O Máster é unha oferta única no sistema universitario de Galicia e singular en España. Estúdanse as principais manifestacións culturais (literarias e artísticas), así como o seu contexto histórico, co obxectivo de acadar unha formación transversal e completa na Idade Media europea.

O Máster está dirixido fundamentalmente a egresados que proceden das titulacións de Historia, Historia da Arte e Filoloxía, interesados en profundar na Idade Media dun xeito interdisciplinar. De todas formas, a súa estrutura facilita o acceso de calquera graduado doutras titulacións, sobre todo do campo das Humanidades ou das Ciencias Sociais, que desexen completar a súa formación no ámbito dos estudos medievais.

Obrigatorias: 30
Optativas: 18
Traballo fin de máster: 12
Total: 60

O coordinador do título facilitará aos alumnos información sobre os contidos das materias, os procesos administrativos, contidos da web propia e do centro, proceso de defensa do TFM, etc. en sesións informativas colectivas e individuais. Ademais, os coordinadores de cada materia atenderán os problemas e as dúbidas xurdidas sobre calquera aspecto desta. Por outra parte, o coordinador de Prácticas Externas está dispoñible para o asesoramento relacionado coa oferta de entidades, solicitudes, convocatorias, informes, etc.

O primeiro día do curso organizarase unha sesión informativa especial a cargo da coordinadora do Máster e dun representante do equipo decanal, na cal se explicarán, sobre todo para os alumnos que proveñan doutros centros e universidades, tanto as normas xerais de funcionamento da facultade (aulas de informática, préstamo bibliotecario, salas de estudo, situación dos despachos dos profesores, etc.) como as orientacións xerais sobre o plan de estudos do Máster.

Para o caso dos estudantes que acceden á USC, a ORE é a responsábel de realizar o proceso de acollida. Esta Oficina expide distintas credenciais (matrícula, cursos de español, visado de estudos, etc.). Poste

Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con:

  • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación.
  • A supresión gradual da impartición da docencia.
  • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.

Acceso

Para acceder aos ensinos oficiais de Máster será necesario estar en posesión de:
A.1. Un título universitario oficial español.
A.2. Un título expedido por unha institución de educación superior pertencente a outro Estado integrante do Espazo Europeo de Educación Superior que faculte no mesmo para o acceso a ensinos de Máster.
A.3. Un título pertencente a un sistema educativo alleo ao Espazo Europeo de Educación, previa comprobación pola Universidade de que o citado título acredita un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinos de posgrao.
A.4. Un título superior das Ensinanzas Artísticas Superiores do sistema educativo español.

Admisión

Modalidade: con límite de prazas e criterios xerais.

Por orde de preferencia:

1. Licenciatura ou Grao en Filoloxía (en todas as súas especialidades), Historia, Historia da Arte e Humanidades.

2. Licenciatura ou Grao en Xeografía e en Filosofía, Diplomados en Documentación.

3. Outras titulacións das ramas de Humanidades ou Cienciais Sociais e Xurídicas.

Información actualizada en cada convocatoria de matrícula

Modalidade: con límite de prazas e criterios xerais.

Por orde de preferencia:

1. Licenciatura ou Grao en Filoloxía (en todas as súas especialidades), Historia, Historia da Arte e Humanidades.

2. Licenciatura ou Grao en Xeografía e en Filosofía, Diplomados en Documentación.

3. Outras titulacións das ramas de Humanidades ou Cienciais Sociais e Xurídicas.

Información actualizada en cada convocatoria de matrícula

- Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
- Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo;
- Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos;
- Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades;
- Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.

- Que os estudantes sexan capaces de establecer as pertinentes interrelaciones entre as diversas disciplinas que integran o Máster.
- Que os estudantes posúan habilidade comunicativa a nivel oral e escrito na difusión do patrimonio europeo medieval.
- Que os alumnos saiban aplicar as ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas propias dos estudos medievais.
- Que os alumnos teñan capacidade de síntese e análise na exposición dos contidos.
- Que os estudantes sexan capaces de aplicar o xuízo crítico no dominio da bibliografía xenérica e específica relativa ao ámbito dos estudos medievais.
- Que os estudantes posúan as destrezas fundamentais para aplicar os coñecementos adquiridos á valoración e difusión do patrimonio europeo medieval.

- Adquisición de coñecementos precisos sobre fenómenos relativos aos cambios históricos, artísticos e literarios producidos en Europa durante o período medieval.
- Capacidade para situar en sincronía e diacronía os fenómenos sociais, estéticos e económicos dentro do contexto da Europa medieval, con xuízo para discernir as analoxías e diferenzas que se producen nas diversas zonas obxecto de estudo.
- Capacidade para propor alternativas viables a cuestións problemáticas relativas á investigación no patrimonio medieval europeo.
- Capacidade para elaborar un discurso histórico, artístico e/ou filolóxico de tipo crítico en calquera ámbito da docencia ou a investigación.
- Aptitude para promover iniciativas investigadoras que dinamicen a nivel social a valoración do patrimonio cultural medieval.
- Capacidade para dirixir equipos humanos con intereses académicos e investigadores na cultura medieval e a súa difusión.
- Habilidade para realizar propostas novas no ámbito da conservación e interpretación do patrimonio cultural medieval nas súas diversas manifestacións.
- Dominio da terminoloxía específica aplicada á investigación nos estudos medievais.
- Manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao ámbito investigador dos estudos medievais.
- Capacidade para establecer a relevancia e prioridade de cuestións e problemas que xurdan durante o exercicio da actividade investigadora.
- Facer posible que os estudantes coas súas investigacións contribúan ao desenvolvemento cultural europeo a través da correcta interpretación e transmisión do patrimonio medieval nas súas diversas manifestacións culturais.
- Contribuír de modo especial ao desenvolvemento de Galicia mediante a correcta valorización, interpretación e contextualización do legado cultural medieval que posúe.

Mobilidade

A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional

Prácticas

O alumnado poderá realizar optativamente prácticas en empresas e institucións nunha ampla e diversa oferta que lle permitirán completar a súa formación e acadar competencias profesionais segundo os seus intereses.

Na avaliación terase en conta a actividade realizada polo alumnado na empresa ou institución en que realizou as prácticas. Para isto a persoa que o titorice na entidade remitirá un informe final da súa actividade, e o alumno terá que elaborar un informe sobre o seu labor.

O Máster conclúe coa presentación dun traballo final (TFM: 12 ECTS) que o alumno defenderá en sesión pública. O devandito traballo versará sobre un tema monográfico relacionado con calquera aspecto dos contidos do máster, que o estudante elixirá de acordo co seu titor. A modalidade de presentación e defensa do Traballo de fin de máster regularase consonte a normativa estabelecida para tal respecto pola USC.

O profesorado deste máster pertence a grupos de investigación consolidados, que desenvolven liñas estreitamente relacionadas cos contidos do Máster e, en consecuencia, as súas traxectorias docentes e investigadoras axústanse ao perfil das materias que configuran a oferta docente do programa.

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

Oferta

IN01
Prazas ofertadas

Número de prazas ofertadas para cada curso académico.

Info da escala: Número enteiro

28,0

26,0

24,0

24,0

24,0

24,0

Matrícula

IN02
Matrícula

Número de estudantes matriculados nun curso académico sen contabilizar aos estudantes de programas de mobilidade incoming.

Info da escala: Número enteiro

15,0

19,0

25,0

33,0

30,0

31,0

IN03
Matrícula de acceso

Número de estudantes que se matriculan nun plan de estudos por primeira vez. Inclúe ao alumnado que traslada o seu expediente, que accede por validación parcial de estudos estranxeiros ou que se adapta desde plans en extinción.

Info da escala: Número enteiro

10,0

18,0

18,0

25,0

25,0

22,0

IN04
Matrícula de novo ingreso por preinscrición

Número de estudantes que se matriculan no primeiro curso dun plan de estudos por primeira vez, é dicir, sen contar aos estudantes que acceden a través de validación parcial de estudos estranxeiros, traslados ou adaptacións desde plans en extinción.

Info da escala: Número enteiro

10,0

18,0

18,0

25,0

25,0

22,0

IN05
Variación da matrícula de novo ingreso por preinscrición

Taxa de variación relativa da matrícula de novo ingreso por preinscrición.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-9,09

80,0

0,0

38,89

0,0

-

Perfil de entrada

IN06
Nota media de acceso por preinscrición

Nota media de acceso por preinscrición dos estudantes que inician estudos. Determina o perfil de entrada.

Info da escala: Número racional con dous decimais. O rango vai desde 0 ata o valor máximo que se pode obter en cada curso académico para a preinscrición (algúns valores históricos foron 10,00 puntos, 12,00 puntos ou 14,00 puntos).

7,6559

7,6322

7,5642

7,2274

7,4424

7,6012

IN08
Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre matriculados

Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre estudantes matriculados, sen contabilizar aos estudantes matriculados en programas de mobilidade incoming.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

12,0

12,12

6,67

22,58

IN09
Porcentaxe de estudantes nacionais de fóra de Galicia sobre matriculados

Porcentaje de estudiantes nacionales de fuera de Galicia sobre estudiantes matriculados, sin contabilizar los estudiantes matriculados en programas de movilidad incoming.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

26,67

31,58

16,0

21,21

6,67

22,58

IN13
Porcentaxe de matriculados que son titulados da USC

Número de estudantes matriculados no máster que son egresados da USC.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

-

-

63,64

83,33

45,16

Adecuación á demanda

IN12
Tasa de ocupación

Número de estudantes de novo ingreso por preinscrición dividido entre as prazas ofertadas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

35,71

69,23

75,0

104,17

104,17

91,67

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

Mobilidade allea

IN18
Porcentaxe de estudantes recibidos pola USC de programas de mobilidade sobre o total de matriculados

Número de estudantes recibidos na USC nesa titulación procedentes doutras universidades (programas de mobilidade) dividido entre o número de estudantes matriculados no título.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

13,33

0,0

4,0

0,0

0,0

0,0

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

IN22
Porcentaxe de estudantes egresados nun curso académico que ao longo dos seus estudos realizou as prácticas en empresas e institu

Relación porcentual entre os egresados dun título nun curso académico que ao longo dos seus estudos realizaron prácticas en empresas e institucións, sobre o total de estudantes egresados nese título e nese mesmo curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

38,46

23,08

40,0

76,19

42,86

40,91

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

Abandono

IN41
Taxa de abandono RD 1393/2007

Relación porcentual entre os estudantes dunha cohorte de novo ingreso que deberon obter o título no ano académico anterior e que non se matricularon nin nese curso académico nin no anterior.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

10,0

0,0

0,0

0,0

24,0

4,0

Avaliación

IN36
Taxa de avaliación

Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios aos que se presentaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

93,16

93,71

87,68

76,87

88,35

92,21

Duración media dos estudos

IN38
Duración media dos estudos

Duración media (en anos) na que os estudantes tardan en superar os créditos correspondentes ao plan de estudos.

Info da escala: Número racional con dous decimais

1,3077

1,0

1,4

1,2857

1,1429

1,3636

Eficiencia dos titulados

IN53
Taxa de eficiencia (rendemento dos egresados

Relación porcentual entre o número total de créditos que superou un estudante ao longo da titulación na que egresou e o número total de créditos nos que se matriculou.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

95,59

100,0

93,17

94,59

95,02

90,91

Estudantes por grupo

IN32
Media de alumnos por grupo de docencia interactiva

Relación entre o número de alumnos matriculados e o número de grupos de docencia interactiva.

Info da escala: Número racional con dous decimais

7,5385

11,4167

12,0

15,9167

16,3333

15,6364

IN55
Media de alumnos matriculados en materias obrigatorias e de formación básica por grupo de teoría (expositivas)

Relación entre o número de alumnos matriculados en materias obrigatorias materias de formación básica e o número de grupos de teoría desas materias.

Info da escala: Número racional con dous decimais

-

17,0

19,8

26,0

26,0

22,8

IN56
Media de alumnos matriculados en materias optativas por grupo de teoría (expositivas)

Relación entre o número de alumnos matriculados en materias optativas e o número de grupos de teoría desas materias.

Info da escala: Número racional con dous decimais

-

7,4286

6,4286

8,7143

9,4286

9,6667

Éxito

IN35
Taxa de éxito

Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios que superaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios aos que se presentaron.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

99,39

97,75

99,51

98,72

99,56

IN50
Taxa de éxito dos egresados

Relación porcentual entre o número total de créditos que superou un estudante ao longo da titulación na que foi egresado e o número total de créditos aos que se presentou.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

95,59

100,0

93,17

98,13

100,0

100,0

Graduación

IN37
Taxa de graduación

Relación porcentual entre os estudantes que finalizaron os estudos no tempo previsto no plan de estudos ou nun ano académico máis e a súa cohorte de ingreso. Amosa información sobre o grao de eficacia do alumnado e da institución con relación á súa actividade académica.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

90,0

100,0

94,44

88,89

64,0

88,0

Rendemento

IN34
Taxa de rendemento

Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios que superaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios en que se matricularon.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

93,16

93,14

85,71

76,49

87,22

91,8

Satisfacción

IN19
Satisfacción dos estudantes coas prácticas externas

Valoración media da enquisa de satisfacción dos estudantes coas prácticas externas.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

4,79

4,8611

-

4,0

-

4,7111

IN20
Satisfacción dos titores profesionais coas prácticas externas

Valoración media da enquisa de satisfacción dos titores profesionais coas prácticas externas.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

-

4,4167

-

4,4

5,0

4,57

IN21
Satisfacción dos titores académicos coas prácticas externas

Valoración media da enquisa de satisfacción dos titores académicos coas prácticas externas.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

4,2

-

-

-

-

-

IN23
Satisfacción dos egresados coa información pública dispoñible

Valoración media da enquisa de satisfacción dos egresados coa información pública dispoñible.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

-

5,0

-

-

-

-

IN33
Grao de satisfacción dos egresados cos servizos

Valoración media das preguntas relativas á satisfacción cos servizos da enquisa de egresados.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

-

5,0

-

-

-

-

IN42
Grao de satisfacción xeral dos egresados coa titulación

Valoración media das preguntas relativas á satisfacción coa titulación da enquisa de egresados.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

-

4,7391

-

3,26

3,55

-

IN46
Satisfacción do alumnado coa docencia recibida

Valoración media da enquisa de satisfacción do alumnado coa docencia recibida.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

4,34

4,58

4,32

4,29

4,07

4,62

IN47
Satisfacción do profesorado coa docencia impartida

Valoración media da enquisa de satisfacción do profesorado coa docencia impartida.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

4,2222

4,4136

4,2391

4,1813

4,2887

4,328

IN48
Taxa de resposta na enquisa de satisfacción

Porcentaxe de resposta na enquisa de satisfacción por parte do alumnado.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

53,8462

82,6087

83,3333

37,931

48,2759

17,8571

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

IN24
Porcentaxe de Persoal Docente e Investigador (PDI) con sexenios

Relación porcentual entre o PDI con sexenios e o PDI total con docencia no título e que pode ter sexenios

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

89,29

92,59

92,59

91,67

91,67

90,0

IN25
Porcentaxe de PDI doutor sobre o PDI total

Relación porcentual entre o PDI doutor e o PDI total con docencia no título.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

IN26
Porcentaxe de PDI funcionario sobre o PDI total

Relación porcentual entre o PDI funcionario e o PDI total con docencia no título.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

75,86

72,41

66,67

65,38

76,0

72,73

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.05.2024.