Ir o contido principal
STG

TFG

Os graos conclúen coa elaboración e defensa dun Traballo de fin de grao que se deberá realizar na fase final dos estudos e estará orientado á avaliación das competencias asociadas co título.

O TFG consistirá na elaboración dun traballo en que se acrediten os coñecementos, competencias e destrezas adquiridas durante os estudos realizados na titulación do grao. Incluirá, como mínimo, tarefas de busca e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de información relevante, redacción e presentación.       

O TFG supón a realización por parte de cada estudante e de forma individual dun proxecto, memoria ou estudo orixinal baixo a supervisión dun/ha ou máis titores/as académicos/as, no cal se integren e desenvolvan os contidos formativos recibidos, capacidades, competencias e habilidades adquiridas durante os estudos do grao.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.09.2024.