- Teléfono
- 881811762
- Correo electrónico
-
- filoloxia.decanato [at] usc.gal
Equipa decanal
Rosalía Meitín Suárez
Xunta de Facultade
a) A elección de decano/a e, de ser o caso, a súa remoción mediante unha moción de censura construtiva que, en todo caso, deberá ser aprobada pola maioría absoluta dos membros da Xunta de Facultade.
b) A elaboración e a aprobación do seu Regulamento de Réxime Interno.
c) A supervisión da xestión dos restantes órganos de goberno e de administración do centro.
d) A elaboración e a aprobación dos proxectos de plans de estudos das titulacións adscritas ao centro, consonte a lexislación vixente e as normas xerais emanadas do Claustro Universitario.
e) A aprobación das liñas xerais da política académica do centro e, entre elas, a proposta e a implantación de novas titulacións oficiais, a creación de escolas de especialización profesional dependentes do centro e a organización das ensinanzas conducentes á obtención doutros diplomas e títulos.
f) A organización dos servizos docentes para a obtención dos títulos académicos do seu ámbito, así como a coordinación e a supervisión da actividade docente do profesorado con docencia no centro, e igualmente a supervisión do seu cumprimento.
g) A programación dos espazos, servizos e equipamentos do centro e a supervisión da súa xestión.
h) A distribución das asignacións orzamentarias concedidas ao centro e o control da súa aplicación.
i) O informe verbo das propostas de creación, modificación ou supresión de departamentos relacionados co centro pola súa docencia e investigación.
j) A organización de actividades de formación permanente e de extensión cultural.
k) A manifestación da súa opinión verbo de calquera asunto relacionado co centro ou coas súas actividades.
l) A creación de cantas comisións delegadas de carácter non permanente estime oportunas, así como o establecemento da súa composición, funcións e competencias.
m) Calquera outra competencia que lle atribúan os Estatutos ou lle encomende un órgano competente ou a lexislación vixente.
Comisión Permanente
a) Pronunciarse sobre todos aqueles asuntos que o/a decano/a e mais a Xunta de Facultade sometan á súa consideración no exercicio das súas competencias.
b) Resolver os asuntos de trámite que non correspondan ás comisións delegadas da Xunta de Facultade ou que estas eleven á Comisión Permanente.
c) Informar as solicitudes de validacións e recoñecementos. Naqueles casos nos que se precise, solicitarase un informe previo á comisión do título de grao ou mestrado correspondente.
d) Coñecer e decidir sobre calquera asunto que sexa competencia da Xunta de Facultade e non estea reservado expresamente á mesma.
a) O/Adecano/a,que a presidirá: Elias J. Feijó Torres
b) Os/As vicedecanos/as:
- Rosa Marta Gómez Pato
- Alejandra Ulla Lorenzo
- Elsa González Álvarez
c) O/A secretario/a da Facultade, que o será tamén desta comisión: Eduardo Moscoso Mato
d)O/A responsábel da Unidade de Xestión de Centro e Departamentos: Rosalía Meitín Suárez
e) Os/As directores/as dos departamentos con sede na Facultade ou persoas en quen deleguen:
- Departamento de Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana: Virgilio García Trabazo
- Departamento de Filoloxía Galega: Francisco Antonio Cidrás Escáneo
- Departamento de Filoloxía Inglesa e Alemá: Susana María Doval Suárez
- Departamento de Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral: María José Rodríguez Espiñeira
f) Un membro do persoal docente e investigador por cada departamento con sede no centro:
- Departamento de Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana: Montserrat López Díaz
- Departamento de Filoloxía Galega: Elvira Fidalgo Francisco
- Departamento de Filoloxía Inglesa e Alemá: Susana María Jiménez Placer
- Departamento de Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral: Victor Manuel Longa Martínez
g) Sete membros do estudantado de grao e/ou mestrado:
Estudantes de grao:
- Aarón Otero Ferrari
- David Ramos Arcos
- Gonzalo Prado Estévez
- Iria Liñares Cerixo
- Pablo Costas Salinas
h) Un/unha membro do persoal de administración e servizos:
Comisión de Traballo de Fin de Grao
a) Elaborar anualmente a guía docente da materia Traballo de Fin de Grao de cada unha das titulacións da Facultade.
b) Establecer a convocatoria anual e o calendario do Traballo de Fin de Grao.
c) Actualizar a documentación relativa ao proceso de elaboración, defensa e avaliación do Traballo de Fin de Grao.
d) Solicitar anualmente aos departamentos con docencia nos títulos as propostas de liñas temáticas e titores/as, garantindo que a oferta sexa suficiente para cubrir as necesidades lectivas.
e) Aprobar as propostas de liñas temáticas e titores/as.
f) Aprobar e asignar as solicitudes de liñas temáticas, titores/as, títulos e resumos presentadas polos/as estudantes.
g) Aprobar as solicitudes de prórroga.
h) Autorizar as modificacións de tema e/ou titor/a que deriven de situacións excepcionais.
i) Aprobar os tribunais de avaliación e fixar o sistema de rotación, previa proposta da comisión de cada un dos títulos.
j) Autorizar a presentación e defensa pública dos Traballos de Fin de Grao en casos excepcionais.
k) Autorizar en casos excepcionais a defensa do Traballo de Fin de Grao por medios telemáticos e establecer o procedemento para levala a cabo.
l) Decidir e outorgar as cualificacións de Matrícula de Honra que correspondan e propoñer os Traballos de Fin de Grao para seren publicados no repositorio da Universidade de Santiago de Compostela.
m) Resolver as incidencias relacionadas co Traballo de Fin de Grao.
n) Calquera outra xestión relativa ao Traballo de Fin de Grao ou que a Xunta de Facultade lle encomende.
Rosalía Meitín Suárez: Vicedecana e presidenta da Comisión
Rosa Marta Gómez Pato: Vicedecana
Isabel Hernando Morata: coordinadora do Grao en Lingua e Literatura Españolas
Xosé Luis Regueira Fernández : coordinador do Grao en Lingua e Literatura Galegas
María Alonso Alonso: coordinadora do Grao en Lingua e Literatura Inglesas
María Teresa Amado Rodríguez : coordinadora do Grao en Filoloxía Clásica.
Marilena Ceccarelli: coordinadora do Grao en Linguas e Literaturas Modernas
Victor Manuel Longa Martínez: representante da área de Lingüística Xeral
Iria Liñares Cereixo: representante do estudantado
Tatiana Barja Rivero: representante do estudantado
Comisión de Prácticas Externas e Mobilidade
a) Coordinar a oferta de prazas para a realización de prácticas externas das titulacións oficiais de grao e merado do centro, incluíndo a promoción de novos convenios.
b) Establecer os criterios e procedementos de asignación de prazas de prácticas externas e os calendarios das convocatorias anuais.
c) Elaborar as guías docentes de prácticas externas das titulacións oficiais de grao e mestrado.
d) Establecer os protocolos básicos de relación entre os distintos axentes implicados no proceso de prácticas externas: os/as titores/as académicos/as, os/as titores/as profesionais e o estudantado en prácticas.
e) Propoñer e xestionar o establecemento de acordos de intercambio con outras universidades para a mobilidade de estudantes, Persoal Docente e Investigador e Persoal de Administración e Servizos.
f) Establecer os criterios marco para a elaboración dos acordos de estudo do estudantado que participe en programas de mobilidade.
g) Asesorar no establecemento das condicións e os criterios de calidade esixibles ás entidades, empresas e institucións coas que se asinen convenios para a realización de prácticas externas e intercambios de mobilidade.
h) Facer propostas de mellora para a organización e o desenvolvemento dos programas de prácticas externas e de mobilidade nos que participe a Facultade.
i) Fomentar entre o estudantado das titulacións impartidas na Facultade a participación en programas de prácticas externas e de mobilidade.
Rosa Marta Gómez Pato: vicedecana e presidenta da comisión
Rosalía Meitín Suárez: Responsable da Unidade de Xestión de Centro e Departamentos
Un/unha membro do persoal docente e investigador en representación de cada un dos títulos de grao e mestrado impartidos no centro:
- Grao en Filoloxía Clásica: José Virgilio García Trabazo
- Grao en Lingua e Literatura Españolas: César Pablo Domínguez Prieto
- Grao en Lingua e Literatura Galegas: Xosé Luis Regueira Fernández
- Grao en Lingua e Literatura Inglesas: Noemí Pereira Ares (secretaria da Comisión)
- Grao en Linguas e Literaturas Modernas: Esther Corral Díaz
- Mestrado en Estudos da Literatura e da Cultura: María José Alonso Veloso
- Mestrado en Estudos Medievais Europeos: David Chao Castro
- Mestrado en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións: José Carlos Acuña Fariña
- Mestrado en Lingüística Aplicada: Gabriela Prego Vázquez
- Mestrado Erasmus Mundus en Lexicografía: María Álvarez de la Granja
Representantes do estudantado:
- Arturo José Díaz Gómez
- Gonzalo Prado Estévez
- Hélio Marcet Rodríguez
- Pablo Costas Salinas
Comisión de Economía e Infraestruturas
a) Realizar a proposta de repartimento do orzamento descentralizado en todos os seus conceptos.
b) Analizar as posibilidades para unha óptima utilización dos orzamentos dentro das competencias da Facultade.
c) Elaborar a memoria económica do exercicio inmediatamente anterior.
d) Facer o seguimento dos proxectos da Área de Infraestruturas no centro e do estado do edificio da Facultade e realizar propostas conducentes á súa mellora.
e) Propoñer a programación dos espazos e equipamentos da Facultade e supervisar a súa xestión.
O/A decano/a ou vicedecano/a en quen delegue: Elias José Feijó Torres
Un/Unha membro do persoal docente e investigador por cada departamento con sede na Facultade:
- Departamento de Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana: Benedict Buono
- Departamento de Filoloxía Galega: Esther Corral Díaz
- Departamento de Filoloxía Inglesa e Alemá: Meike Meliss
- Departamento de Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral: María José Rodríguez Espiñeira
Tres membros do estudantado de grao e/ou mestrado:
- Pablo Costas Salinas
Representantes do persoal de administración e servizos do centro:
- Rosalía Meitín Suárez: Responsable da Unidade de Xestión de Centro e Departamentos
- Mónica Barcia Requeijo (invitada): Responsable de Asuntos Económicos do Centro
Comisión de Actividades Culturais
a) Promover actividades culturais complementarias da docencia e da discencia na Facultade, concedendo prioridade ás actividades de especial interese para o estudantado e transversais a todas as áreas de coñecemento do centro.
b) Distribuír o orzamento asignado a tales actividades.
c) Informar o/a decano/a e mais a Xunta de Facultade sobre a organización de seminarios, simposios, conferencias, cursos extraordinarios e calquera outra actividade de carácter social, cultural e deportivo, susceptible de ser organizada ou promovida pola Facultade ou por algún dos seus sectores.
O/A decano/a ou vicedecano/a en quen delegue; Elsa María González Álvarez
Un/Unha membro do persoal docente e investigador por cada departamento con sede na Facultade:
- Departamento de Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana: Benedit Buono
- Departamento de Filoloxía Galega: María Isabel Morán Cabanas
- Departamento de Filoloxía Inglesa e Alemá: Carmen Mellado Blanco
- Departamento de Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral: Santiago Fernández Mosquera
Tres membros do estudantado de grao e/ou mestrado
- Cristina Pérez Amigo
- Hélio Marcet Rodríguez
- Mencía Blanco Álvarez
Comisión da Biblioteca
a) Aprobar as directrices de desenvolvemento das coleccións bibliográficas e propoñer a distribución do orzamento no ámbito da súa competencia, de xeito que se asegure a actualización dos fondos.
b) Participar na elaboración das normas de funcionamento dos servizos bibliotecarios no marco do Regulamento da Biblioteca Universitaria. Estas normas estarán a disposición das persoas usuarias na biblioteca da Facultade.
c) Aprobar o informe anual da biblioteca da Facultade e elevalo á dirección da Biblioteca Universitaria.
d) Asesorar nas diferenzas de criterio que poidan xurdir entre a dirección da biblioteca e calquera das persoas usuarias do servizo.
e) Propoñer as medidas previstas no Artigo 38 do Regulamento da Biblioteca Universitaria contra os/as infractores/as das normas do/a usuario/a.
f) Garantir, en réxime de consulta ou préstamo, un número de exemplares axeitado da bibliografía obrigatoria de todas as materias impartidas na Facultade.
g) Asesorar en todos os asuntos que, pola súa importancia, se considere necesario someter á súa consideración.
a) O/A decano/a ou vicedecano/a en quen delegue: Alejandra Ulla Lorenzo
b) O/A director/a da biblioteca da Facultade: María Flor Pilar Díez Jambrina
c) Un/Unha membro do persoal docente e investigador por cada departamento con sede no centro:
- Departamento de Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana: Cristina Marchisio
- Departamento de Filoloxía Galega: Francisco Xosé Dubert García
- Departamento de Filoloxía Inglesa e Alemá: Emilio González Miranda
- Departamento de Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral: Ana Isabel Codesido García
d) Tres membros do estudantado de grao e/ou mestrado:
- Arturo Díaz Gómez
- Carolina Cid Iglesias
- Uxía Felpeto Cabaleiro
Comisión de Igualdade
a) Velar polo cumprimento efectivo do principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes en todos os ámbitos da Facultade, no marco das políticas específicas deseñadas neste eido pola Universidade de Santiago de Compostela e en colaboración cos órganos competentes desta.
b) Fomentar a integración da perspectiva de xénero en todos os ámbitos da Facultade, así como a realización de actividades orientadas á sensibilización sobre temas de igualdade de xénero.
a) O/A decano/a ou vicedecano/a en quen delegue: Elsa María González Álvarez
b) Un/Unha membro do persoal docente e investigador por cada departamento con sede no centro:
- Departamento de Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana: Helena de Carlos Villamarín
- Departamento de Filoloxía Galega: María Felisa Rodríguez Prado
- Departamento de Filoloxía Inglesa e Alemá: María Alonso Alonso
- Departamento de Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral: Teresa Moure Pereiro
c)Tres membros do estudantado de grao e/ou mestrado:
- Daniel Ramos Arco
- Hélio Marcet Rodríguez
- Uxía Ramallo Blanco
- d) Un/Unha membro do persoal de administración e servizos: Fernando José López Casal
Comisión de Normalización Lingüística
a) Velar pola aplicación do Plan de normalización lingüística da Universidade de Santiago de Compostela e impulsa-lo cumprimento da normativa en materia de normalización lingüística.
b) Fomenta-lo uso do galego en tódalas actividades que se desenvolvan na Facultade ou que se promovan dende ela.
c) Promover e vehicular actividades de dinamización lingüística e fomenta-la transmisión de valores positivos sobre a lingua.
a) O/A decano/a ou vicedecano/a en quen delegue: Elsa María González Álvarez
b) Un membro do persoal docente e investigador por cada departamento con sede no centro:
- Departamento de Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana: Carlos Pérez Varela
- Departamento de Filoloxía Galega: Ana Isabel Boullón Agrelo
- Departamento de Filoloxía Inglesa e Alemá: Tamara Bouso Rivas
- Departamento de Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral: Paulo Gamalho Otero
c) Tres membros do estudantado de grao e/ou mestrado:
- Iria Liñares Cereixo
- Uxía Felpeto Cabaleiro
d) Un membro do persoal de administración e servizos: Xosé Carlos González Añón