Ir o contido principal
STG

Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións

Modalidade
Semipresencial
Rama de coñecemento
Artes e Humanidades
Centro(s)
Facultade de Filoloxía
Avda. de Castelao, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881811750 (Conserxaría)
881811762 (Decanato)
filoloxia.decanato [at] usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Zeltia Blanco Suarez

O máster, de carácter interuniversitario, incorpora prácticas en empresas, especializa en lingua, literatura e cultura de países de fala inglesa, na relación entre o inglés e as novas tecnoloxías da información, e en mediación cultural para facilitar a comunicación en eidos como o educativo, o xurídico e o administrativo.

Duración: 1 ano académico
Código RUCT: 4314355
Número de ECTS: 60
Número prazas: 22

Decano/a ou director/a do centro:
ELIAS JOSE FEIJO TORRES

Coordinador-a do título:
Zeltia Blanco Suarez

Linguas de uso:
Castelán, Galego, Inglés

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela Universidade da Coruña Universidade de Vigo

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
Orde do 05/12/2013 (DOG 20/12/2013)

Data de publicación no BOE:
04/04/2014 (Mod 23/07/2020)

Data da última acreditación:
03/06/2022

Este máster ten como obxectivos proporcionar unha especialización en lingua, literatura e cultura dos países de fala inglesa, así como na relación entre o inglés e as novas tecnoloxías da información, a través de disciplinas como psicolingüística, sociolingüística, análise do discurso, ou os estudos de xénero entre outros. Contén ademais materias que teñen como obxectivo a mediación cultural, orientadas a facilitar a comunicación entre ámbitos como o educativo, o xurídico ou o administrativo.

O título, polos contidos que se imparten, reforza e amplía a formación para o acceso á función pública.

O compoñente práctico do Máster proporciona unha primeira experiencia no eido laboral neste ámbito.

Condicións de terminación:

Obrigatorias: 21
Optativas: 21
Prácticas externas (practicum) 6
Traballo fin de máster: 12
Total: 60

O mestrado contempla dúas especialidades:

- Especialidade en Lingua e Lingüística Inglesa
- Especialidade en Literaturas e Culturas do Ámbito Anglófono

Para obter a titulación, o estudante deberá cursar obrigatoriamente unha das dúas especialidades. Para iso deberá superar os 21 créditos de que consta o módulo da especialidade en que se matriculase.

Estudos ingleses e medios de comunicación

  • P5201103
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Discurso literario e sociedade nos países de fala inglesa

  • P5201104
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Inglés para fins específicos

  • P5201105
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Perspectivas transculturais no ámbito anglófono

  • P5201106
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Modelos e teorías lingüísticas e a súa aplicación á lingua inglesa

  • P5201111
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 4,5 créditos

Modelos de interpretación literario-cultural nos paises de fala inglesa

  • P5201112
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 4,5 créditos

Variación e cambio na lingua inglesa

  • P5201201
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Lingüística informática e de corpus aplicadas á lingua inglesa

  • P5201202
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Cognición e procesos cognitivos na lingua inglesa

  • P5201203
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Lingüística contrastiva aplicada á lingua inglesa

  • P5201204
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Pragmática e análise do discurso en lingua inglesa

  • P5201205
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Adquisición e ensino do inglés

  • P5201206
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Métodos e recursos de investigación lingüística e a súa aplicación á lingua inglesa

  • P5201213
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Literatura e diversidade cultural no ámbito anglófono

  • P5201207
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Movementos literarios e culturais dos países de fala inglesa

  • P5201208
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Literatura e perspectivas de xénero no ámbito anglófono

  • P5201209
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Manifestacións artísticas e literarias dos países de fala inglesa

  • P5201210
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Xéneros e modos literarios en lingua inglesa

  • P5201211
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Negociacións textuais e culturais nos países de fala inglesa

  • P5201212
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Métodos e recursos de investigación literario-cultural no ámbito anglófono

  • P5201214
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Practicum

  • P5201109
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Prácticas en Empresas de Grao e Máster
  •  
  • 6 créditos

Traballo fin de máster

  • P5201110
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Traballos Fin de Grao e Máster
  •  
  • 12 créditos

O máster, de carácter interuniversitario, incorpora prácticas en empresas, especializa en lingua, literatura e cultura de países de fala inglesa, na relación entre o inglés e as novas tecnoloxías da información, e en mediación cultural para facilitar a comunicación en eidos como o educativo, o xurídico e o administrativo.

- inquietude, curiosidade e sensibilidade pola investigación das manifestacións da lingua, literatura e as diferentes manifestacións culturais das sociedades anglófonas;
- coñecementos avanzados lingüísticos e literarios, nas súas diferentes manifestacións e contextos da lingua inglesa;
- habilidade para apreciar a comunicación como fenómeno complexo nunha sociedade cambiante e dinámica;
- sensibilidade para a aceptación da diversidad cultural;
- habilidades para o manexo de ferramentas de acceso á información;
- capacidade para o traballo autónomo.

Condicións de terminación:

Obrigatorias: 21
Optativas: 21
Prácticas externas (practicum) 6
Traballo fin de máster: 12
Total: 60

Ademais dos procedementos que as universidades habilitan de forma xeral para os cursos e titulacións que oferecen, o programa de mestrado que aquí se presenta define os seguintes procesos de información:

Todos os alumnos/as disporán de sistemas de apoio tais como titorías presenciais ou através de Internet que incluirán, en caso de ser necesario, información para o alumnado con discapacidade. O titor supervisará o progreso dos estudos e aconsellará o alumno, segundo a súa formación anterior e os seus intereses, sobre a necesidade de reforzar certos aspectos da súa formación. A Comisión Académica será a que propoña a asignación de titores aos estudantes.

A comezo de curso terá lugar unha reunión informativa especial a cargo do equipo docente do mestrado. Na devandita reunión explícanse detalles do funcionamento das facultades (aulas de informática, procura bibliográfica e préstamo bibliotecario, salas de estudo, etc.) e danse indicacións xerais sobre o plan de estudos do máster: normas de permanencia, avaliacións, convocatorias, etc. Tamén se informa os novos estudantes do funcionamento da universidade en xeral e dos seus dereitos e deberes. Nesta mesma reunión preséntanse os titores asignados a cada alumno. Esta asignación faise de acordo cos intereses e exposición de motivos que presente na súa solicitude de acceso cada estudante. As funcións do titor son as de asesorar e orientar o alumno na elección do seu programa de estudos e en calquera outra cuestión académica relacionada co mestrado ou coa posterior incorporación ao doutorado. Así mesmo, o titor fará un seguimento do desenvolvemento tanto académico como persoal do seu tutorando ao longo do curso.

Tamén se conta co persoal administrativo dos centros e das universidades con funcións de información a estudantes e, moi especialmente, co persoal administrativo dos departamentos implicados na docencia.

Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con:

  • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación.
  • A supresión gradual da impartición da docencia.
  • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.

Acceso

Para acceder aos ensinos oficiais de Máster será necesario estar en posesión de:
A.1. Un título universitario oficial español.
A.2. Un título expedido por unha institución de educación superior pertencente a outro Estado integrante do Espazo Europeo de Educación Superior que faculte no mesmo para o acceso a ensinos de Máster.
A.3. Un título pertencente a un sistema educativo alleo ao Espazo Europeo de Educación, previa comprobación pola Universidade de que o citado título acredita un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinos de posgrao.
A.4. Un título superior das Ensinanzas Artísticas Superiores do sistema educativo español.

Admisión

Modalidade: criterios xerais

Titulacións de acceso por orde de preferencia:

1º Lic. en Filoloxía Inglesa ou grao equivalente.
2º Lic. en Filoloxía ou graos en linguas, Literaturas ou en Lingüística.
3º Lic. ou Grao en Traducción e Interpretación; en Humanidades, e en Socioloxía.
4º) Outras titulacións da Rama de Artes e Humanidades.
5º) Licenciados e graduados doutras titulacións universitarias.

Deberase acreditar coñecementos avanzados de inglés escrito e falado (recoméndase nivel C1 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas).

Información actualizada en cada convocatoria de matrícula

Modalidade: criterios xerais

Titulacións de acceso por orde de preferencia:

1º Lic. en Filoloxía Inglesa ou grao equivalente.
2º Lic. en Filoloxía ou graos en linguas, Literaturas ou en Lingüística.
3º Lic. ou Grao en Traducción e Interpretación; en Humanidades, e en Socioloxía.
4º) Outras titulacións da Rama de Artes e Humanidades.
5º) Licenciados e graduados doutras titulacións universitarias.

Deberase acreditar coñecementos avanzados de inglés escrito e falado (recoméndase nivel C1 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas).

Información actualizada en cada convocatoria de matrícula

- Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
- Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
- Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formularen xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
- Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
- Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirigido ou autónomo.

- Capacidade para profundar naqueles conceptos, principios, teorías ou modelos relacionados cos distintos campos dos Estudos Ingleses, así como para coñecer a metodoloxía necesaria para a resolución de problemas propios da devandita área de estudo.
- Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos no contorno multidisciplinar e multifacético dos Estudos Ingleses.
- Capacidade para utilizar de forma eficiente as novas tecnoloxías da información e da comunicación no ámbito dos Estudos Ingleses.
- Capacidade para presentar en público experiencias, ideas ou informes, así como emitir xuízos en función de criterios, de normas externas ou de reflexións persoais para o que será necesario alcanzar un dominio suficiente da linguaxe académica e científica tanto na súa vertente escrita como oral.
- Habilidades para investigar e manexar novos coñecementos e información no contexto dos Estudos Ingleses.
- Capacidade para adquirir un espírito crítico que leve aos estudantes a consideraren a pertinencia das investigacións existentes nas áreas de estudo que conforman os Estudos Ingleses, así como das súas propias.
- Habilidades de consolidación e desenvolvemento da competencia lingüística (nivel C2) no uso falado e escrito da lingua inglesa. .
- Autonomía progresiva na aprendizaxe, procuras propias de recursos e información, accedendo para iso a fontes bibliográficas e documentais sobre os distintos ámbitos que conforman os Estudos Ingleses.
- Capacidade para realizar traballos de investigación de carácter académico nos distintos ámbitos dos Estudos Ingleses.
- Capacidade para presentar e defender un traballo de investigación utilizando a terminoloxía e os recursos adecuados e apropiados dentro do campo obxecto de estudo.

- Coñecemento dos principais modelos de investigación lingüística.
- Coñecemento dos principais recursos, ferramentas e metodoloxías de investigación lingüística.
- Capacidade de reflexionar sobre os factores que condicionan a aprendizaxe e a adquisición do inglés como lingua estranxeira..
- Coñecemento dos estudos de cognición e procesamento dentro da investigación na lingüística inglesa.
- Coñecemento dos estudos do inglés con fins específicos e as súas aplicacións a outras disciplinas.
- Coñecemento dos estudos de variación e cambio lingüístico no ámbito anglófono.
- Capacidade para analizar distintos tipos de discursos e xéneros discursivos orais e/ou escritos en lingua inglesa.
- Coñecemento do papel do inglés nos distintos medios de comunicación.
- Coñecemento dos principios modelos e recursos de investigación literaria/cultural no ámbito anglófono.
- Capacidade de utilizar as técnicas empregadas para a análise de textos artísticos e culturais no ámbito anglófono.
- Capacidade para identificar e analizar as características máis relevantes da cultura e das institucións do ámbito anglófono a través de diversos tipos de textos pertencentes a diferentes épocas históricas.
- Capacidade para comprender diferentes aproximacións teóricas e críticas así como a súa aplicación á análise de textos literarios e culturais no ámbito anglófono.
- Coñecemento das relacións entre as principais manifestacións artísticas e literarias no ámbito anglófono.
- Coñecer e aplicar técnicas e métodos de análise lingüística cuantitativos
- Coñecer contornos laborais e profesionais onde o inglés como medio e vehículo de expresión ocupa un lugar relevante.

Mobilidade

A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

Portal Internacional

Prácticas

Os contidos de practicum organizaranse ao redor dos eixos seguintes e adaptaranse, no posíbel, ao perfil do alumnado, aos seus intereses profesionais e en relación co módulo optativo cursado, xa sexa este o lingüístico ou o de carácter literario/cultural:

- Familiarización coas características e funcionamento interno da empresa ou entidade onde se van realizar as prácticas correspondentes.
- Obtención de información sobre a organización, funcións, clientes e lugar que ocupa a empresa ou institución no mercado de traballo ou no panorama cultural a nivel local e, de ser o caso, a nivel nacional e internacional..
- Realización de prácticas que implique o desenvolvemento de competencias adquiridas nos dous módulos anteriores: redacción, corrección e edición de textos en inglés, tarefas de tradución, interpretación e transliteración, uso e explotación das novas tecnoloxías, práctica docente, actividades relacionadas co turismo, cos medios de comunicación e con outros ámbitos específicos onde sexa relevante o uso do inglés, etc.
- Realización de informes e memoria do Practicum.

Este traballo de investigación ofrece ao estudante a posibilidade de elixir con flexibilidade tema e titor/a, dada a ampla e variada traxectoria académica e investigadora dos profesores implicados no título. Ademais, proporciónalle a oportunidade de comezar a súa especialización nunha determinada área dos Estudos Ingleses. É tamén, unha excelente oportunidade para preparar o estudante para unha futura investigación a nivel de douctoramento

No máster participan destacados grupos de investigación literaria e lingüística do Sistema Universitario de Galicia, o que permite ter acceso a bolsas Predoutorais da Xunta, de FPU (Ministerio de Educación), FPI (Ministerio de Economía), e a contratos de investigación financiados polos propios grupos de investigación.

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

Oferta

IN01
Prazas ofertadas

Número de prazas ofertadas para cada curso académico.

Info da escala: Número enteiro

24,0

22,0

22,0

22,0

22,0

22,0

Matrícula

IN02
Matrícula

Número de estudantes matriculados nun curso académico sen contabilizar aos estudantes de programas de mobilidade incoming.

Info da escala: Número enteiro

23,0

25,0

15,0

24,0

25,0

24,0

IN03
Matrícula de acceso

Número de estudantes que se matriculan nun plan de estudos por primeira vez. Inclúe ao alumnado que traslada o seu expediente, que accede por validación parcial de estudos estranxeiros ou que se adapta desde plans en extinción.

Info da escala: Número enteiro

15,0

20,0

10,0

19,0

19,0

16,0

IN04
Matrícula de novo ingreso por preinscrición

Número de estudantes que se matriculan no primeiro curso dun plan de estudos por primeira vez, é dicir, sen contar aos estudantes que acceden a través de validación parcial de estudos estranxeiros, traslados ou adaptacións desde plans en extinción.

Info da escala: Número enteiro

16,0

20,0

10,0

19,0

18,0

16,0

IN05
Variación da matrícula de novo ingreso por preinscrición

Taxa de variación relativa da matrícula de novo ingreso por preinscrición.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

14,29

25,0

-50,0

90,0

-5,26

-

Perfil de entrada

IN06
Nota media de acceso por preinscrición

Nota media de acceso por preinscrición dos estudantes que inician estudos. Determina o perfil de entrada.

Info da escala: Número racional con dous decimais. O rango vai desde 0 ata o valor máximo que se pode obter en cada curso académico para a preinscrición (algúns valores históricos foron 10,00 puntos, 12,00 puntos ou 14,00 puntos).

7,6879

7,5953

7,4839

7,5306

7,4232

7,6047

IN08
Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre matriculados

Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre estudantes matriculados, sen contabilizar aos estudantes matriculados en programas de mobilidade incoming.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

13,04

8,0

26,67

29,17

24,0

16,67

IN09
Porcentaxe de estudantes nacionais de fóra de Galicia sobre matriculados

Porcentaje de estudiantes nacionales de fuera de Galicia sobre estudiantes matriculados, sin contabilizar los estudiantes matriculados en programas de movilidad incoming.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

4,0

6,67

4,17

16,0

8,33

IN13
Porcentaxe de matriculados que son titulados da USC

Número de estudantes matriculados no máster que son egresados da USC.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

47,83

80,0

60,0

62,5

56,0

70,83

Adecuación á demanda

IN12
Tasa de ocupación

Número de estudantes de novo ingreso por preinscrición dividido entre as prazas ofertadas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

66,67

90,91

45,45

86,36

81,82

72,73

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

Mobilidade allea

IN18
Porcentaxe de estudantes recibidos pola USC de programas de mobilidade sobre o total de matriculados

Número de estudantes recibidos na USC nesa titulación procedentes doutras universidades (programas de mobilidade) dividido entre o número de estudantes matriculados no título.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

4,0

0,0

0,0

4,0

8,33

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

IN22
Porcentaxe de estudantes egresados nun curso académico que ao longo dos seus estudos realizou as prácticas en empresas e institu

Relación porcentual entre os egresados dun título nun curso académico que ao longo dos seus estudos realizaron prácticas en empresas e institucións, sobre o total de estudantes egresados nese título e nese mesmo curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

76,92

100,0

87,5

73,33

90,0

73,33

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

Abandono

IN41
Taxa de abandono RD 1393/2007

Relación porcentual entre os estudantes dunha cohorte de novo ingreso que deberon obter o título no ano académico anterior e que non se matricularon nin nese curso académico nin no anterior.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

9,09

15,38

5,26

11,11

21,43

16,67

Avaliación

IN36
Taxa de avaliación

Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios aos que se presentaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

82,46

93,25

82,5

84,72

75,81

84,87

Duración media dos estudos

IN38
Duración media dos estudos

Duración media (en anos) na que os estudantes tardan en superar os créditos correspondentes ao plan de estudos.

Info da escala: Número racional con dous decimais

1,0

1,125

1,2857

1,4545

1,3333

1,3333

Eficiencia dos titulados

IN53
Taxa de eficiencia (rendemento dos egresados

Relación porcentual entre o número total de créditos que superou un estudante ao longo da titulación na que egresou e o número total de créditos nos que se matriculou.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

96,74

94,59

91,67

93,75

90,15

Estudantes por grupo

IN32
Media de alumnos por grupo de docencia interactiva

Relación entre o número de alumnos matriculados e o número de grupos de docencia interactiva.

Info da escala: Número racional con dous decimais

11,5909

13,9

5,9

11,5

9,85

9,0

IN55
Media de alumnos matriculados en materias obrigatorias e de formación básica por grupo de teoría (expositivas)

Relación entre o número de alumnos matriculados en materias obrigatorias materias de formación básica e o número de grupos de teoría desas materias.

Info da escala: Número racional con dous decimais

-

19,75

9,0

15,8333

12,3333

12,0

IN56
Media de alumnos matriculados en materias optativas por grupo de teoría (expositivas)

Relación entre o número de alumnos matriculados en materias optativas e o número de grupos de teoría desas materias.

Info da escala: Número racional con dous decimais

-

10,0

4,5714

9,6429

8,7857

7,7143

Éxito

IN35
Taxa de éxito

Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios que superaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios aos que se presentaron.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

97,76

100,0

96,97

98,03

97,86

98,45

IN50
Taxa de éxito dos egresados

Relación porcentual entre o número total de créditos que superou un estudante ao longo da titulación na que foi egresado e o número total de créditos aos que se presentou.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

96,74

94,59

100,0

100,0

94,44

Graduación

IN37
Taxa de graduación

Relación porcentual entre os estudantes que finalizaron os estudos no tempo previsto no plan de estudos ou nun ano académico máis e a súa cohorte de ingreso. Amosa información sobre o grao de eficacia do alumnado e da institución con relación á súa actividade académica.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

63,64

84,62

89,47

77,78

71,43

58,33

Rendemento

IN34
Taxa de rendemento

Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios que superaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios en que se matricularon.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

80,62

93,25

79,21

83,06

74,19

83,55

Satisfacción

IN19
Satisfacción dos estudantes coas prácticas externas

Valoración media da enquisa de satisfacción dos estudantes coas prácticas externas.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

4,33

3,7778

-

4,0

2,94

-

IN20
Satisfacción dos titores profesionais coas prácticas externas

Valoración media da enquisa de satisfacción dos titores profesionais coas prácticas externas.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

4,5294

4,5278

-

4,75

4,78

4,62

IN23
Satisfacción dos egresados coa información pública dispoñible

Valoración media da enquisa de satisfacción dos egresados coa información pública dispoñible.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

3,8

3,8

-

-

-

-

IN33
Grao de satisfacción dos egresados cos servizos

Valoración media das preguntas relativas á satisfacción cos servizos da enquisa de egresados.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

4,0

5,0

-

-

-

-

IN42
Grao de satisfacción xeral dos egresados coa titulación

Valoración media das preguntas relativas á satisfacción coa titulación da enquisa de egresados.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

3,8261

3,9091

-

3,26

3,55

-

IN46
Satisfacción do alumnado coa docencia recibida

Valoración media da enquisa de satisfacción do alumnado coa docencia recibida.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

4,23

4,06

4,27

4,47

4,3

4,71

IN47
Satisfacción do profesorado coa docencia impartida

Valoración media da enquisa de satisfacción do profesorado coa docencia impartida.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

4,2335

4,3846

4,1673

4,1272

4,2308

4,4349

IN48
Taxa de resposta na enquisa de satisfacción

Porcentaxe de resposta na enquisa de satisfacción por parte do alumnado.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

31,8182

31,8182

33,3333

51,7241

34,6154

18,1818

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

IN24
Porcentaxe de Persoal Docente e Investigador (PDI) con sexenios

Relación porcentual entre o PDI con sexenios e o PDI total con docencia no título e que pode ter sexenios

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

91,67

90,48

95,0

95,24

95,0

95,0

IN25
Porcentaxe de PDI doutor sobre o PDI total

Relación porcentual entre o PDI doutor e o PDI total con docencia no título.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

IN26
Porcentaxe de PDI funcionario sobre o PDI total

Relación porcentual entre o PDI funcionario e o PDI total con docencia no título.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

95,83

95,24

90,48

86,96

82,61

78,26

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.05.2024.