Ir o contido principal
STG

Máster Universitario Erasmus Mundus en Lexicografía (2ªed)

  • Nova oferta
Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Artes e Humanidades
Ámbito de coñecemento
Filología, estudios clásicos, traducción y lingüística.
Centro(s)
Facultade de Filoloxía
Avda. de Castelao, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881811750 (Conserxaría)
881811762 (Decanato)
filoloxia.decanato [at] usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Maria Jose Dominguez Vazquez
Contacto
majo.dominguez [at] usc.es

A necesidade de levar adiante unha iniciativa específica que incida nun estudo da lexicografía a nivel interuniversitario e internacional, e que atenda a unha vertente investigadora así como á futura inserción do alumnado no mundo laboral, foi o que motivou a un grupo de profesores de diversas universidades europeas e non europeas a deseñar esta proposta de máster.

Duración: 2 anos académicos
Código RUCT: 3500427
Número de ECTS: 120
Número prazas: 4

Decano/a ou director/a do centro:
ELIAS JOSE FEIJO TORRES

Coordinador-a do título:
Maria Jose Dominguez Vazquez
majo.dominguez [at] usc.es

Linguas de uso:
Alemán, Inglés

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela Friedrich-Alesander-Universität Erlangen-Nürnberg Università Degli Studi Roma Tre Universidade do Minho Universität Hildesheim Université de Lorraine Karoli Gaspar Reformatus Egyetem Ilia State University

Data de publicación no BOE:
01/01/1900

• Obrigatorias: 40
• Optativas: 40
• Prácticas externas OB: 10
• Traballo fin de máster: 30

o Total: 120

Non procede

O número total de créditos a superar polo alumnado son 120 (30 por semestre) e cada materia abarca 5 ó 10 créditos (excepto o Traballo Fin de Máster) para facilitar a adaptación aos programas e as normativas de todas aquelas universidades que forman parte do Consorcio.

Metalexicografía

  • P5262205
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 5 créditos

Historia da lexicografía

  • P5262206
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 5 créditos

Modelado e representación de datos na lexicografía dixital

  • P5262207
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 5 créditos

Investigación no uso do dicionario

  • P5262208
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 5 créditos

Lexicografía especializada e terminoloxía

  • P5262209
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 5 créditos

Lexicografía computacional

  • P5262210
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 5 créditos

Dicionarios e tradución

  • P5262211
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 5 créditos

Lexicografía e lexicoloxía

  • P5262212
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 5 créditos

Planificación e deseño de dicionarios

  • P5262213
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 5 créditos

Lexicografía didáctica

  • P5262214
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 5 créditos

Mellor con titulacións das áreas de filoloxía, Lingüística, Cc da Educación, Humanidades, Linguas extranxeiras, Cc Sociais,Traducción e Interpretación, Lingüística Computacional e Humanidades Dixitais

• Obrigatorias: 40
• Optativas: 40
• Prácticas externas OB: 10
• Traballo fin de máster: 30

o Total: 120

Convértense nun método de traballo insubstituíble para a orientación dos traballos académicos e do TFM. Xa que o alumnado está a aplicar coñecementos aprendidos previamente na aula, o docente servirá de orientador/a e guía na realización dos mesmos. Así mesmo, serven para orientar ao alumnado sobre a mobilidade e outras cuestións académicas relevantes para a positiva evolución da súa formación. A aprendizaxe tutelada ten como cometido orientar e apoiar ao alumnado no deseño e desenvolvemento de traballos académicos de investigación de calado de tal maneira que este se converta cada vez máis nun proceso individual e autónomo.

Na USC, a mobilidade de estudantes propios e de acollida está regulada por:
● Regulamento de intercambios interuniversitarios de estudantes da USC: https://www.usc.gal/es/normativa/alumnado/index.html
● No Manual de Procesos da Facultade de Filoloxía
● Todas as universidades do Consorcio dispoñen de regulamentos de intercambio universitario.
● O alumnado do Máster Mundus en Lexicografía ten que cursar como mínimo 2 semestres en 2 universidades dif do Consorcio cun total de 60 ECTS.

Acceso

Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de Máster:
1.As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial de Grao español ou equivalente.
2. As persoas que dispoñan de outro título de Máster Universitario, ou títulos do mesmo nivel que o de título español de Grao ou Máster expedidos por universidades e institucións de educación superior de un país de EEES que en devantido país permita o acceso os estudos de Máster
3.As persoas en posesión de títulos procedentes de sistemas educativos que non formen parte do EEES, que equivallan ó Título de Grao, sen necesidade de homologación do título, pero sí de comprobación por parte da universidade do nivel de formación que implican, sempre e cando no país onde se expediou o título permita acceder a estudos de nivel de postgrao universitario. E ningún caso o acceso por esta vía implicará a homologación do título previo do que dispoñía a persoa interesada nin o seu recoñecemento a outros efectos que o de realizar os estudos de Máster

Admisión

Os estudantes deberán ter unha formación académica que se corresponda coa superación dos créditos dunha licenciatura ou un grao en titulacións das áreas Filoloxía, Lingüística, Ciencias da Educación, Humanidades, Linguas estranxeiras, Ciencias Sociais, Tradución e Interpretación, Lingüística Computacional e Humanidades Dixitais ou afíns.
Son imprescindibles coñecementos en lingua inglesa e alemá. Os requisitos son:
● O dominio do alemán (para falantes non nativos) debe estar certificado por unha das seguintes institucións para polo menos o nivel requirido (equivalente a B1 // B2):
a. onSet-Deutsch (antiguo "OnDaF"). Este exame pode realizarse nun centro de exames autorizado del país de procedencia.
b. Goethe-Institut: Zertifikat B1, nota mínima "gut" // Zertifikat B2, nota mínima "gut"
c. Österreich-Institut: ÖSD-Zertifikat B1, nota 'gut' como mínimo // Zertifikat B2, nota 'gut' como mínimo
d. TestDaF.
e. Licenciatura/Grao en Xermanística (ou titulación comparable) por unha das universidades do programa EMLex
● O dominio do inglés (para falantes non nativos) debe estar certificado por unha das seguintes institucións para polo menos o nivel requirido (equivalente a B1 // B2):
a. onSet-Englisch. Esta proba pode realizarse nun centro de probas autorizado do país de procedencia.
b. British Council (IELTS): 4,5 - 5 // 5,5 - 6,5
c. Trinity (ISE Foundation): ISE I // ISE II
d. TOEFL iBT: polo menos 42 // polo menos 72
e. Cambridge: Preliminary Certificate // First, Advanced o Proficiency Certificate
f. Licenciatura/Grao en Anglística (ou título comparable) por unha das universidades do programa EMLex
Os certificados non pode ter unha antigüidade de máis de 2 anos.
Unha fórmula alternativa ou adicional será a avaliación dos coñecementos mediante proba oral. Dita proba realizaraa unha Comisión conformada por docentes do máster.
Os criterios de admisión publícanse previamente na páxina web do Consorcio. Previo acordo da Comisión de Admisión Interuniversitaria determínase o baremo que se empregará para valorar as solicitudes presentadas.

● Proporcionar os coñecementos e habilidades necesarias para o desempeño da práctica lexicográfica teórico-práctica en ámbitos nacionais, transnacionais e multilingües.
● Formar na análise, deseño, aplicación, avaliación e creación de diferentes recursos lexicográficos impresos e dixitais, así como nas técnicas, ferramentas métodos e estratexias que os sustentan desde unha perspectiva interdisciplinar.
● Fomentar o intercambio académico de estudantes en favor da adaptabilidade a novas contornas laborais, académicos, culturais e sociais e crear redes de coñecemento e de investigación para avanzar nunha lexicografía sostible e socialmente responsable.
● Potenciar habilidades argumentativas, comunicativas interculturais, multilingües e dixitais e o desenvolvemento de competencias transferibles a outros contextos.

Comp01: Saber utilizar os coñecementos teórico-prácticos relacionados coa lexicografía ou a práctica lexicográfica en contornas académicas e/o profesionais.
Comp02: Desenvolver métodos e modelos teórico-prácticos para a lexicografía e a investigación en lexicografía.
Comp03: Deseñar recursos e ferramentas lexicográficas atendendo a unha sociedade dixital e global.
Comp04: Desenvolver técnicas, ferramentas e recursos para a análise de datos, a programación e desenvolvemento de recursos.
Comp05: Resolver problemas ligados á lexicografía teórica e práctica en contextos multidisciplinares e multilingües.
Comp06: Formular xuízos e propoñer solucións a problemas vinculados ao campo de estudo, incluíndo reflexións sobre a súa responsabilidade e implicacións sociais vinculadas a el.
Comp07: Comunicar conclusións, os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, tanto a públicos especializados como a non especializados, a través da análise crítica, a avaliación e a síntese de ideas novas e complexas.
Comp08: Posuír autonomía para traballar individualmente e saber traballar en equipo para participar en diferentes actividades de investigación, así como nunha contorna laboral.
Comp09: Establecer intercambios comunicativos, ideolóxicos e investigadores con outros/as estudantes, coa comunidade académica no seu conxunto e coa sociedade en xeral e solucionar posibles dificultades.

H/D01: Resolver situacións problemáticas en contextos académicos, laborais e contornas sociais.
H/D02: Seleccionar e analizar criticamente fontes de documentación científica para o estudo teórico-práctico da lexicografía e análise do léxico.
H/D03: Expresarse en diferentes linguas e canles de comunicación para posibilitar o intercambio cultural, científico, profesional e social.
H/D04: Analizar e elaborar estudos críticos sobre cuestións teóricas e aplicadas ligadas á lexicografía e as súas aplicacións.
H/D05: Seleccionar e utilizar diferentes métodos, ferramentas dixitais e sistemas de información para a análise de datos e a súa visualización.
H/D06: Integrar técnicas e estratexias na avaliación e desenvolvemento de estudos e recursos lexicográficos desde unha perspectiva transnacional e multilingüe.
H/D07: Manexar e analizar linguaxes de programación e sistemas de información.
H/D08: Analizar e utilizar ferramentas e recursos lexicográficos nunha sociedade multicultural e dixital.
H/D09: Avaliar de modo crítico métodos, modelos, tipoloxías e criterios teórico-aplicados.
H/D10: Describir e organizar unha secuencia de tarefas de modo individual e/o a repartición de responsabilidades nun grupo de traballo.

Coñ01: Identificar e diferenciar os diferentes enfoques teóricos e aplicados en lexicografía e recoñecer a súa evolución.
Coñ02: Coñecer e comprender os conceptos fundamentais e os métodos de investigación en Lexicografía.
Coñ03: Comparar tipoloxías de recursos, ferramentas lexicográficas e sistemas dixitais de información.
Coñ04: Coñecer fontes lexicográficas para o estudo da lexicografía e análise do léxico.
Coñ05: Distinguir técnicas e estratexias para a análise e desenvolvemento de recursos lexicográficos.
Coñ06: Describir linguaxes de programación para a análise cuantitativa e cualitativa de datos e a súa visualización.
Coñ07: Coñecer diferentes linguas e canles de información e comunicación.
Coñ08: Diferenciar criterios para avaliar e comparar diferentes tipos de dicionarios, as súas funcións e intencións de uso.
Coñ09: Recoñecer os aspectos máis críticos no estudo, na investigación lexicográfica teórica e práctica e no mundo laboral.
Coñ10: Analizar as relacións económicas, sociais e culturais latentes na lexicografía e avanzar cara a unha lexicografía sostible e socialmente responsable.

Mobilidade

A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios de estudantes da USC”, no “Manuel de Procesos da Facultade de Filoloxía”, concretamente no apartado Desenvolvo dos ensinos, recóllese a organización da mobilidade (apartado PC-04: “Desenvolvemento dos ensinos”).

Todas as universidades do Consorcio dispoñen de regulamentos de intercambio universitario.
O alumnado do Master Mundus en Lexicografia ten que cursar como mínimo dous semestres en 2 universidades diferentes do Consorcio cun total de 60 ECTs (30 por cada semestre). Elemento nuclear para organizar a mobilidade é a sede para a celebración do segundo semestre, o semestre de mobilidade. Dita sede é rotativa.
As indicacións sobre a organización da mobilidade publícanse na páxina web do Consorcio https://www.emlex.eu.usc.gal/ e tamén están recollidas no acordo das/os estudantes.

Prácticas

As prácticas académicas externas realizaranse na súa modalidade curricular, formando parte do plan de estudos e do proxecto formativo. Correspóndese cunha materia obrigatoria do terceiro semestre con 10 ECTS.
Na USC a xestión das prácticas leva a cabo conforme a:
- Real Decreto 592/2014, do 11 de xullo, polo que se regulan as prácticas académicas externas dos estudantes universitarios.
- Regulamento de Prácticas Académicas Externas da Universidade de Santiago de Compostela (acordo de CG 29/07/2015).
A Facultade de Filoloxía conta cunha Comisión de Prácticas Externas e Movilidad, delegada da Xunta de Facultade. Ten entre as súas funcións a coordinación de todo o proceso de prácticas. Así mesmo, séguese o procedemento PC-04: “Desenvolvemento dás ensinanzas” do Manual de Procesos da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.
As Prácticas Externas (PE) da titulación contan con 1 docente na USC, que é membro á súa vez da Comisión de Prácticas Externas e Movilidad da Facultade de Filoloxía.
No Consorcio, as Prácticas Externas están supervisadas por 1 docente dunha das Universidades do Consorcio en colaboración coa Comisión Curricular Interuniversitaria.

O Traballo Fin de Máster, concrétase nunha materia obrigatoria do cuarto semestre de 30 ECTS.
O Máster Universitario ERASMUS MUNDUS EN LEXICOGRAFÍA alumnado debe aplicar a situacións prácticas os coñecementos teórico-aplicados adquiridos previamente e abordar de modo crítico cuestións lexicográficas nunha sociedade global, multilingüe e dixital. A cada estudante adxudicaráselle un titor coa finalidade de guialo na planificación e deseño do seu TFM.
No manual de Procesos da Facultade de Filoloxía indícase o procedemento para seguir no apartado PC-04 “Desenvolvemento dás ensinanzas”.
A Comisión do Título da USC encárgase da xestión de todas as fases relativas ao Traballo Fin de Máster. Un membro da devandita Comisión coordina e supervisa todo o procedemento.
O PDI das áreas que imparten docencia no máster pode ser titor(a) do TFM. A asignación dos/as titores/as, a liña temática e a avaliación levan a cabo conforme ao que establece a normativa vixente a nivel de título, centro ou universidade.
O alumnado realiza a súa solicitude de titor/a, liña temática, defensa e depósito de TFM polos medios estipulados pola Universidade.
A avaliación do traballo corresponde a un tribunal, aínda que se require un informe previo e preceptivo do/dos titor(é)/as. A defensa do traballo é pública.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.09.2024.