Ir o contido principal
STG

Programa de Doutoramento en Historia Contemporánea

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Artes e Humanidades
Centro(s)
Escola de Doutoramento Internacional da USC
Avenida das Ciencias, 6, 15782
Santiago de Compostela
Campus
Santiago de Compostela
Contacto
pd.historiacontemporanea [at] usc.es

A Historia Contemporánea é unha área plenamente consolidada no ensino e na investigación universitaria. Máis aló dos límites das Humanidades, goza tamén dun crecente recoñecemento e interese notorio entre científicos e profesionais da macroárea científico-social. É así pola súa capacidade para explicar os tempos recentes e, en consecuencia, proporcionar ese depósito de experiencias imprescindibles para poder comprender o presente e afrontar a toma de decisións, así como para contribuír a forxar a memoria colectiva, ingrediente imprescindible de cohesión social. Está fóra de toda dúbida, pois, a transcendencia da Historia Contemporánea na articulación das sociedades actuais.

Duración: 3 anos académicos
Código RUCT: 5600567
Número prazas: 20

Coordinador-a do título:
Margarita Barral Martinez
margarita.barral [at] usc.es

Universidade coordinadora:
Universidade de Zaragoza

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela Universidade Complutense de Madrid Universidade de Cantabria Universidade de Valencia Universidade do País Vasco Universidade de Zaragoza Universidade Autónoma de Madrid

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
21/01/2014

Data de publicación no BOE:
18/03/2015

Data da última acreditación:
16/11/2021

Códigos ISCED:
(225) Historia y arqueología
(224) Historia, filosofía y temas relacionados (=225+226)
(0222) Historia y arqueología

A Historia Contemporánea é unha área plenamente consolidada no ensino e na investigación universitaria. Máis aló dos límites das Humanidades, goza tamén dun crecente recoñecemento e interese notorio entre científicos e profesionais da macroárea científico-social. É así pola súa capacidade para explicar os tempos recentes e, en consecuencia, proporcionar ese depósito de experiencias imprescindibles para poder comprender o presente e afrontar a toma de decisións, así como para contribuír a forxar a memoria colectiva, ingrediente imprescindible de cohesión social. Está fóra de toda dúbida, pois, a transcendencia da Historia Contemporánea na articulación das sociedades actuais.

Formular un Programa de Doutoramento neste eido está así mesmo xustificado pola necesidade de formar profesionais competentes en diferentes liñas de traballo. Os doutores en Historia Contemporánea formados neste Programa poderán integrarse, entre outros sectores socio-profesionais, no ensino universitario, en centros públicos e privados de investigación, en empresas da industria cultural, en empresas ou organismos públicos encargados da xestión do patrimonio cultural, en empresas e institucións de análise social e prospectiva ou en medios de comunicación.

En todos estes sectores, polo menos, estarán capacitados para exercer funcións do máis alto nivel.

Tamén está xustificado este Programa de Doutoramento pola necesidade de atender unha apreciable demanda, que vén avalada polas cifras de matrícula que mostran un sostido interese por doutorarse en Historia Contemporánea tanto por parte de estudantes españois como estranxeiros.

Así pois, a traxectoria do Programa de Doutoramento Interuniversitario de Historia Contemporánea nos anos en que leva impartíndose demostra a demanda (neste caso non potencial, senón real) destes estudos de Doutoramento. Así mesmo, o futuro destes estudos está garantido polo progresivo incremento que se produciu nos últimos anos, nas diversas universidades participantes no Programa de Doutoramento, do número de estudantes matriculados no Grao de Historia.

Os doutores en Historia Contemporánea formados neste Programa poderán integrarse, entre outros sectores socio-profesionais, no ensino universitario, en centros públicos e privados de investigación, en empresas da industria cultural, en empresas ou organismos públicos encargados da xestión do patrimonio cultural, en empresas e institucións de análise social e prospectiva ou en medios de comunicación. En todos estes sectores, polo menos, estarán capacitados para exercer funcións do máis alto nivel.

O perfil de ingreso recomendado é o de estudantes que posúan as capacidades e coñecementos seguintes:

En relación coas técnicas e métodos historiográficos e das ciencias sociais:

• Manexar as ferramentas teóricas das ciencias humanas e sociais

• Comprender en profundidade e analizar criticamente textos historiográficos e teóricos

• Coñecer os debates e tendencias da investigación historiográfica actual

• Distinguir os métodos e obxectos de investigación nas diferentes ramas da historiografía

• Manexar as técnicas de análise de fontes primarias

• Saber efectuar unha lectura crítica das fontes secundarias

• Aplicar a perspectiva histórica a contextos multidisciplinares ou a áreas de estudo diferentes

En relación coa autoaprendizaxe e o manexo da información:

• Destreza para adquirir información de forma autónoma e integrar coñecementos de diversas disciplinas sobre un obxecto de es- tudo específico

• Habilidade para buscar, filtrar sintetizar os coñecementos historiográficos en soporte bibliográfico e en publicacións periódicas

• Saber utilizar os recursos dixitais dispoñibles na rede para recoller información, así como aplicar procedementos específicos para depurala

• Habilidade para someter á crítica a información, elaborala e analizala empregando as técnicas aceptadas entre os historiadores

• Elaborar exposicións orais, escritas e audiovisuais sobre temas historiográficos

• Escribir ensaios académicos e informes profesionais sobre cuestións históricas

En relación coa iniciación á investigación histórica:

• Habilidade para realizar análise de situacións históricas complexas e saber diferenciar e integrar as diversas dimensións dun problema social

• Disposición teórica para a definición de temas de investigación relevantes para o desenvolvemento do coñecemento

• Capacidade para realizar estados da cuestión sobre problemas historiográficos e identificar liñas de investigación

• Habilidade para contextualizar históricamente os fenómenos e os acontecementos contemporáneos

• • Habilidade para comunicar os resultados dun traballo de análise ou de investigación a públicos especializados e non especializados, dun xeito claro e rigoroso
• • Saber delimitar un obxecto de análise e deseñar estratexias de investigación empírica sobre problemas históricos

• • Capacidade para deseñar proxectos de investigación para presentalos en convocatorias de financeamento competitivas

En relación con coñecementos de linguas:

• Coñecemento do español a nivel B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas

• Coñecemento do inglés a nivel B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.

Acceso

1. Con carácter xeral, para o acceso a un programa oficial de doutoramento será necesario estar en posesión dos títulos oficiais españois de Grao, ou equivalente, e de Máster universitario, ou equivalente, sempre que se teñan cursado, polo menos, 300 créditos ECTS no conxunto destas dúas ensinanzas.

2. Así mesmo, poderá acceder quen se atope nalgún dos seguintes supostos:

a) Estar en posesión dun título universitario oficial español ou doutro país integrante do Espazo Europeo de Educación Superior, que habilite para o acceso ao máster de acordo co establecido no artigo 16 do RD 1393/2007, e superar un mínimo de 300 créditos ECTS no conxunto de estudos universitarios oficiais, dos cales polo menos 60 deberán ser de nivel de máster.

b) Estar en posesión dun título oficial español de graduado ou graduada, cuxa duración, conforme normas de dereito comunitario, sexa de polo menos 300 créditos ECTS. Ditos titulados deberán cursar con carácter obrigatorio os complementos de formación requiridos polo programa, agás que o plan de estudos do correspondente título de grao inclúa créditos de formación en investigación equivalentes en valor formativo aos créditos en investigación procedentes de estudos de máster.

c) Os titulados universitarios que, logo da obteren praza en formación na correspondente proba de acceso a prazas de formación sanitaria especializada, superen con avaliación positiva polo menos dous anos de formación dun programa para a obtención do título oficial dalgunha das especialidades en ciencias da saúde.

d) Estar en posesión dun título obtido conforme sistemas educativos estranxeiros, sen necesidade da súa homologación, logo da comprobación pola Universidade de que este acredita un nivel de formación equivalente á do título oficial español de máster universitario e que faculta no país expedidor do título para o acceso a estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo do cal estea en posesión o interesado nin o seu recoñecemento para outros efectos que o do acceso a ensinos de doutoramento.

e) Estar en posesión doutro título español de doutor obtido conforme anteriores ordenacións universitarias.

f) Estar en posesión dun título universitario oficial que obtivera a correspondencia ao nivel 3 do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior, de acordo co procedemento establecido no Real Decreto 967/2014, de 21 de novembro, polo que se establecen os requisitos e o procedemento para a homologación e declaración de equivalencia a titulación e a nivel académico universitario oficial e para a validación de estudos estranxeiros de Educación Superior, e o procedemento para determinar a correspondencia aos niveis do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior dos títulos oficiais de Arquitecto, Enxeñeiro, Licenciado, Arquitecto Técnico, Enxeñeiro Técnico e Diplomado.

3. Os doutorandos que iniciasen o seu programa de doutoramento conforme anteriores ordenacións universitarias poderán acceder ao ensino de doutoramento, logo da súa admisión de acordo co establecido no Regulamento de estudos de doutoramento da USC. En todo caso deberán reunir os requisitos establecidos con carácter xeral no citado Regulamento para acceder aos estudos de doutoramento.

4. Poderán acceder aos estudos de doutoramento os licenciados, arquitectos ou enxeñeiros que posúan o diploma de estudos avanzados obtido de acordo co disposto no Real decreto 778/1998, do 30 de abril, ou alcancen a suficiencia investigadora regulada no Real decreto 185/1985, do 23 de xaneiro.

5. Poderán acceder aos estudos de doutoramento os licenciados, arquitectos ou enxeñeiros que posúan un título de máster oficial conforme o Real decreto 56/2005 ou o Real decreto 1393/2007, modificado polo Real decreto 861/2010, ou teñan superados 60 ECTS de estudos de máster oficial.

6. Tamén poderán acceder os diplomados, enxeñeiros técnicos ou arquitectos técnicos que acrediten ter 300 créditos ECTS superados no conxunto de estudos universitarios oficiais, dos cales, polo menos 60, deberán ser de nivel de máster.

1. Expediente académico obtido nos anteriores estudos que dan acceso ao doutoramento.(ata 40%)

2. Currículo do candidato (ata 40%). Valoraranse especialmente:

• As titulacións con competencias e coñecementos relacionadas coas áreas de especialización do Programa de Doutoramento

• As estancias académicas no estranxeiro realizadas no marco dos estudos de grao ou máster, en Universidades ou centros

• de investigación recoñecidos oficialmente

• A obtención de axudas ou bolsas de estudo competitivas nos niveis de grao e máster, especialmente as relacionadas coa área de especialización do Programa

3. Nivel de coñecemento do inglés B2 ou doutras linguas relevantes no contexto científico do Programa. (ata 10%)

4. Entrevista persoal co candidato. Nela valorarase, a través de proba escrita ou oral, se fose preciso, a madurez intelectual do candidato, a súa capacidade de expresión oral ou escrita, a motivación para emprender estudos de doutoramento. (ata 10%).

O programa de doutoramento poderá extinguirse por algunha das seguintes causas:

• Que non supere o proceso de renovación da acreditación establecido no artigo 10 do RD 99/2011.

• Que non acredite o cumprimento dos requisitos establecidos pola normativa estatal ou autonómica vixente.

• Que se formule unha proposta de extinción do programa ao abeiro dos procesos de revisión e mellora do título de acordo co procedemento aprobado pola universidade.

• Que concorra calquera situación excepcional que impida o correcto desenvolvemento do programa de doutoramento.

A extinción producirá os seguintes efectos:

• Comportará a perda do seu carácter oficial e a baixa no RUCT.

• Non se poderá matricular novo alumnado no programa de doutoramento.

• En calquera caso todo o alumnado afectado deberá ser informado da extinción e das consecuencias desta no relativo ao desenvolvemento dos seus estudos.

A Universidade adoptará as medidas necesarias para garantir os dereitos académicos do alumnado que estea cursando os ditos estudos nos termos establecidos na resolución de extinción do plan de estudo, e aprobará o procedemento de extinción dos programas de doutoramento no seo da universidade.

Formación específica: seminario de investigación

  • E5051A01

Formación específica: xornadas interuniversitarias para doutorandos en historia contemporánea

  • E5051A02

Formación específica: congresos, simposios e workshops nacionais e internacionais no eido da historiografía

  • E5051A03

Formación específica: plan de mobilidade

  • E5051A04
Profesores Área
Profesores Área
Profesores Área
M. Luisa Julia Pazos Pazos
Historia de América
Jose Ramon Veiga Alonso
Historia Contemporánea
Miguel Cabo Villaverde
Historia Contemporánea
Lourenzo Fernandez Prieto
Historia Contemporánea
Daniel Lanero Taboas
Historia Contemporánea
Ana Cabana Iglesia
Historia Contemporánea
Alba Diaz Geada
Historia Contemporánea
Bruno Esperante Paramos
Historia e Institucións Económicas
Stefania Barca
Historia Contemporánea
Profesores Área
Emilio Francisco Grandio Seoane
Historia Contemporánea
Eduardo Rey Tristan
Historia de América
Margarita Barral Martinez
Historia Contemporánea
Profesores Área
Jesus Leopoldo Balboa Lopez
Historia Contemporánea
María Pilar Cagiao Vila
Historia de América
Xose Manoel Nuñez Seijas
Historia Contemporánea
Profesores Área
M. Luisa Julia Pazos Pazos
Historia de América
Maria Pilar Lopez Rodriguez
Historia Contemporánea
Maria Jesus Baz Vicente
Historia Contemporánea
Eduardo Rico Boquete
Historia Contemporánea
Luisa Maria Muñoz Abeledo
Historia Contemporánea
Bruno Esperante Paramos
Historia e Institucións Económicas
Eudald Cortina Orero
Historia de América
Profesores Área
Maria Jesus Souto Blanco
Historia Contemporánea
Antonio Miguez Macho
Historia Contemporánea

A Historia Contemporánea é unha área plenamente consolidada no ensino e na investigación universitaria. Máis aló dos límites das Humanidades, goza tamén dun crecente recoñecemento e interese notorio entre científicos e profesionais da macroárea científico-social. É así pola súa capacidade para explicar os tempos recentes e, en consecuencia, proporcionar ese depósito de experiencias imprescindibles para poder comprender o presente e afrontar a toma de decisións, así como para contribuír a forxar a memoria colectiva, ingrediente imprescindible de cohesión social.

A Historia Contemporánea é unha área plenamente consolidada no ensino e na investigación universitaria. Máis aló dos límites das Humanidades, goza tamén dun crecente recoñecemento e interese notorio entre científicos e profesionais da macroárea científico-social. É así pola súa capacidade para explicar os tempos recentes e, en consecuencia, proporcionar ese depósito de experiencias imprescindibles para poder comprender o presente e afrontar a toma de decisións, así como para contribuír a forxar a memoria colectiva, ingrediente imprescindible de cohesión social. Está fóra de toda dúbida, pois, a transcendencia da Historia Contemporánea na articulación das sociedades actuais.

Formular un Programa de Doutoramento neste eido está así mesmo xustificado pola necesidade de formar profesionais competentes en diferentes liñas de traballo. Os doutores en Historia Contemporánea formados neste Programa poderán integrarse, entre outros sectores socio-profesionais, no ensino universitario, en centros públicos e privados de investigación, en empresas da industria cultural, en empresas ou organismos públicos encargados da xestión do patrimonio cultural, en empresas e institucións de análise social e prospectiva ou en medios de comunicación.

En todos estes sectores, polo menos, estarán capacitados para exercer funcións do máis alto nivel.

Tamén está xustificado este Programa de Doutoramento pola necesidade de atender unha apreciable demanda, que vén avalada polas cifras de matrícula que mostran un sostido interese por doutorarse en Historia Contemporánea tanto por parte de estudantes españois como estranxeiros.

Así pois, a traxectoria do Programa de Doutoramento Interuniversitario de Historia Contemporánea nos anos en que leva impartíndose demostra a demanda (neste caso non potencial, senón real) destes estudos de Doutoramento. Así mesmo, o futuro destes estudos está garantido polo progresivo incremento que se produciu nos últimos anos, nas diversas universidades participantes no Programa de Doutoramento, do número de estudantes matriculados no Grao de Historia.

• Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co devandito campo

• Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación

• Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal

• Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas

• Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional

• Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento

  • Desenvolverse en contextos nos que hai pouca información específica
  • Atopar as preguntas craves que hai que responder para resolver un problema complexo
  • Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novos e innovadores no seu ámbito de coñecemento
  • Traballar tanto en equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinar
  • Integrar coñecementos, enfrontarse á complexidade e formular xuízos con información limitada
  • A crítica e defensa intelectual de solucións.
  •  

O Programa de Doutoramento en Historia Contemporánea conta para o seu desenvolvemento e impartición cos recursos propios das Universidades participantes. Cada Universidade destinará, a través preferentemente das Escolas de Doutoramento, o persoal de administración e servizos necesarios para o correcto funcionamento dos estudos. Polo demais, para a realización da tese doutoral, as universidades e os diversos departamentos e institutos, grupos de investigación e profesores involucrados no programa de doutoramento, ofrecen os recursos e servizos suficientes para a súa correcta execución.

Todas as universidades participantes no Programa de Doutoramento contan con aulas e espazos de traballo perfectamente adecuadas para a realización das actividades do Programa. Trátase de aulas con capacidade para 50/100 persoas e de seminarios con capacidade para 20 /25 persoas. Ambos os tipos de espazos serán utilizados para a impartición da docencia formativa asociada ao doutoramento, dependendo do número de estudantes.

De igual modo, todas as universidades participantes no Programa contan con bibliotecas universitarias de calidade, con especial énfase en fondos de Historia Contemporánea, o que as fai especialmente adecuadas para a realización deste doutoramento interuniversitario.

A USC conta con unidades de carácter centralizado que prestan os seus servizos a departamentos e grupos de investigación entre os que cabe sinalar:

A Biblioteca Universitaria que é unha unidade funcional concibida como un centro de recursos bibliográficos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, ofrece servizos como os seguintes:

• Bases de datos reunidas

• Revistas electrónicas

• Sumarios electrónicos

• Servizo de préstamo interbibliotecario

Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo Universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.

A Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico (RIAIDT) é a estrutura organizativa que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación da USC. O obxectivo da RIAIDT é darlle unha meirande unidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación cos que conta a USC.

A Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ATIC) da USC ten a misión de deseñar, planificar, xestionar, administrar e asegurar as infraestruturas e servizos baseados en tecnoloxías da información e comunicación (TIC) prestados á comunidade universitaria nos ámbitos da docencia, a investigación e a xestión administrativa.

O respecto á diversidade e o desenvolvemento de políticas activas de incorporación e integración de estudantes con necesidades especiais son dous principios e liñas de actuación recollidos na Memoria de Responsabilidade Social da USC. A tal efecto, o Servizo de Participación e Integración Universitaria encárgase da coordinación, en colaboración cos distintos centros e entidades, e posta en marcha das actuacións necesarias para favorecer a igualdade entre todos os membros da comunidade universitaria.

Outros recursos:

Centro de tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA)

Redes de aulas de informática

Área de xestión de infraestruturas

Servizo de medios audiovisuais

Servizo de prevención de riscos

Título Data de lectura Autoría Dirección
A singularidade dos kurdos iraquís. De súbditos dun imperio a cidadáns do Goberno Rexional do Kurdistán. 1920-2017 17/12/2024 Yashmina María Shawki-Aziz Gómez

Coordinador/a
Margarita Barral Martinez

Secretario/a
Eudald Cortina Orero

Vogais
Maria Aurora Artiaga Rego
Lourenzo Fernandez Prieto
Emilio Francisco Grandio Seoane
Eduardo Rico Boquete
Ramon Villares Paz
Miguel Cabo Villaverde
Daniel Lanero Taboas
María Pilar Cagiao Vila
Eduardo Rey Tristan

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-01
Prazas Ofertadas

Número de prazas ofertadas para cada curso académico. Achega información sobre a evolución da oferta de prazas asociada a ese programa

Info da escala: Número enteiro

20,0

20,0

20,0

20,0

20,0

20,0

ID-02
Demanda

Relación porcentual das solicitudes presentadas sobre a oferta de prazas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

65,0

70,0

70,0

75,0

80,0

80,0

ID-03
Matrícula de novo ingreso

Número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Número enteiro

8,0

6,0

8,0

13,0

11,0

7,0

ID-06
Matrícula total de estudantes

Número total de estudantes matriculados en réxime de matrícula ordinaria

Info da escala: Número enteiro

50,0

45,0

47,0

51,0

50,0

43,0

ID-07
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster.

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

75,0

66,67

62,5

69,23

81,82

57,14

ID-08
Porcentaxe de estudantes procedentes de outras universidades

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso con mestrados de acceso doutras universidades e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

12,5

16,67

12,5

15,38

27,27

14,29

ID-09
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG e o número total de estudantes matriculados

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

12,5

0,0

12,5

15,38

27,27

14,29

ID-10
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidade do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades do SUG e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

16,67

0,0

0,0

9,09

0,0

ID-11
Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre o total de matriculados

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros (de fora de España) sobre o total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

10,00

11,11

12,77

11,76

10,00

16,28

ID-12
Porcentaxe de estudantes estranxeiros do EEES

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros do EEES sobre o número total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

4,0

4,44

6,38

1,96

6,0

6,98

ID-22
Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-13
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso que requiren complementos formativos

Relación porcentual do número de estudantes de novo ingreso que precisan complementos formativos sobre o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso, unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-14
Porcentaxe de estudantes a tempo completo

Relación porcentual do número de estudantes a tempo completo sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos a tempo completo aqueles que teñan a mesma dedicación durante todo o curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

58,0

48,89

46,81

52,94

46,0

55,81

ID-15
Porcentaxe de estudantes a tempo parcial

Relación porcentual do número de estudantes a tempo parcial sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos a tempo parcial aqueles que teñen a mesma dedicación durante todo o curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

22,0

26,67

27,66

17,65

22,0

16,28

ID-16
Porcentaxe de estudantes con dedicación mixta

Relación porcentual do número de estudantes con dedicación mixta sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos con dedicación mixta aqueles que alternan entre dedicación a tempo completo e parcial durante o mesmo curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

20,0

24,44

25,53

29,41

32,0

27,91

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-17
Porcentaxe de estudantes que realizan estadías de investigación (saíntes) autorizadas pola CAPD

Relación porcentual do número de estudantes que realizan estadías de investigación sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

6,9

27,27

31,82

0,0

17,39

8,33

ID-19
Porcentaxe de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes)

Relación porcentual do número de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-21
Porcentaxe de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...)

Relación porcentual do número de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

31,82

31,82

25,93

39,13

37,5

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-24
Ratio de teses defendidas en réxime de codirección

Relación porcentual do número de teses defendidas en réxime de codirección sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Número racional con dous decimais

1,0

0,6667

0,4

0,3333

0,4286

-

ID-25
Número total de sexenios

Número total de sexenios.

Info da escala: Número enteiro

42,0

43,0

48,0

50,0

48,0

51,0

ID-26
Número medio de sexenios por PDI

Número medio de sexenios por PDI.

Info da escala: Número racional con dous decimais

2,3333

2,3889

2,6667

2,6316

2,5263

2,6842

ID-27
Porcentaxe de PDI con sexenios

Relación porcentual do número de PDI con sexenios sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

94,44

94,44

94,44

89,47

89,47

94,74

ID-28
Porcentaxe de PDI con sexenios vivos.

Relación porcentual do número de PDI con sexenios vivos sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

61,11

50,0

50,0

52,63

63,16

47,37

ID-29
Porcentaxe de profesorado estranxeiro sobre o profesorado total do programa

Relación porcentual do número de directores de tese estranxeiros sobre o número total de directores de tese

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

4,0

4,0

3,85

4,0

4,0

10,0

ID-30
Porcentaxe de expertos internacionais nos tribunais de tese

Relación porcentual do número de membros estranxeiros dos tribunais sobre o número total de membros dos tribunais

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

18,18

11,11

25,0

0,0

15,79

17,02

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-31
Número de teses defendidas

Número de teses defendidas

Info da escala: Número enteiro

4,0

3,0

5,0

3,0

7,0

0,0

ID-32
Porcentaxe de teses realizadas a tempo completo

Relación porcentual do número de teses realizadas a tempo completo sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

66,67

80,0

100,0

100,0

-

ID-33
Porcentaxe de teses realizadas  a tempo parcial

Relación porcentual do número de teses realizadas a tempo parcial sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

33,33

20,0

0,0

0,0

-

ID-34
Porcentaxe de teses realizadas con dedicación mixta

Relación porcentual do número de teses realizadas con dedicación mixta sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

-

ID-35
Número de teses presentadas en galego

Número de teses presentadas en galego

Info da escala: Número enteiro

2,0

0,0

2,0

0,0

5,0

0,0

ID-36
Número de teses presentadas en castelán

Número de teses presentadas en castelán

Info da escala: Número enteiro

0,0

3,0

2,0

3,0

2,0

0,0

ID-37
Número de teses presentadas noutro idioma

Número de teses presentadas noutro idioma

Info da escala: Número enteiro

2,0

0,0

1,0

0,0

0,0

0,0

ID-38
Duración media dos estudos a tempo completo

Duración media (en anos) dos estudos a tempo completo

Info da escala: Número enteiro

2,826

2,9425

4,9315

4,8986

4,9301

-

ID-39
Duración media dos estudos a  tempo parcial

Duración media (en anos) dos estudos a tempo parcial.

Info da escala: Número enteiro

2,0548

4,9315

5,1534

3,9274

2,9589

-

ID-40
Porcentaxe de doutorandos que defenden a súa tese sen pedir prórroga

Relación porcentual do número de estudantes que defenden a tese sen prórroga sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

66,67

0,0

33,33

14,29

-

ID-43
Porcentaxe de teses coa cualificación de “cum laude”

Relación porcentual do número de teses que acadan a cualificación de “cum laude” sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

80,0

66,67

100,0

-

ID-44
Porcentaxe de teses con mención internacional

Relación porcentual do número de teses con mención internacional sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

50,0

33,33

20,0

33,33

42,86

-

ID-45
Porcentaxe de abandono do programa

Relación porcentual do número de estudantes que non se matricularon nin defenderon a tese no curso académico sobre o número total de estudantes matriculados no curso anteriror, unha vez descontados o número de alumnos que defenderon a tese no curso académico e os alumnos que teñen concedida unha baixa temporal

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

6,67

27,66

47,5

43,18

20,0

20,51

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.07.2023.