Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

STG

Programa de Doutoramento en Protección do Patrimonio Cultural

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Artes e Humanidades
Centro(s)
Escola de Doutoramento Internacional da USC
Avenida das Ciencias, 6, 15782
Santiago de Compostela
Campus
Santiago de Compostela
Contacto
pd.proteccionpatrimonio@usc.es

Trátase dun Programa de Doutoramento interuniversitario das universidades de Vigo, a Coruña e Santiago de Compostela co que se pretende xerar un espazo interprofesional entre os distintos axentes que participan na protección do Patrimonio nas súas diferentes perspectivas: documentación e valoración do ben cultural, caracterización dos materiais do ben e do ambiente en que se atopa, mecanismos de deterioro e diagnóstico e, finalmente, intervención directa ou indirecta sobre o Patrimonio.

  • Duración: 3 anos académicos
    Código RUCT: 5601405
    Número prazas: 5

    Coordinador-a do título:
    Beatriz Loreto Prieto Lamas

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego, Inglés

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Vigo

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela Universidade da Coruña Universidade de Vigo

    Data de publicación no BOE:
    06/11/2019

    Data da última acreditación:
    05/06/2019

    Códigos ISCED:
    (225) Historia y arqueología
    (422) Ciencias del medio ambiente
    (0222) Historia y arqueología

    - Contribuír á formación de doutores/as e investigadores/as en turismo para potenciar o crecemento sustentable dunha actividade fundamental para a nosa contorna social e económica
    - Fomentar a investigación para poder levar adiante unha xestión eficiente da información que permita adaptar a xestión ao perfil do consumidor turista
    - Desenvolver técnicas de análise e investigación para a súa adaptación á evolución da sociedade da información.
    - Favorecer a cooperación entre universidades e a mobilidade de estudantes e profesorado
    - Colaborar na innovación e competitividade no campo do turismo
    - Desenvolver un modelo de currículo académico completo e complexo que aposte polo carácter multidisciplinar da formación turística na universidade
    - Adaptar o nivel dos estudos universitarios de turismo ao existente na Unión Europea e noutros países da contorna.
    - Acadar a normalización dos estudos superiores de turismo a respecto do que existe noutros sectores económicos e profesionais
    - Desenvolver perfiles de especialización en áreas que permitan ter en conta as necesidades de innovación que precisa a xestión empresarial e de destinos turísticos.

    Este programa pretende dar resposta á actual demanda en Galicia de formación de carácter investigador por parte dos colectivos implicados na protección do patrimonio cultural, agrupando todas as disciplinas que participan ou contribúen a ela.

    É polo tanto un programa eminentemente multidisciplinar xa que as disciplinas que se ocupan das investigacións sobre o patrimonio son variadas, entre outras: historia, xeografía, historia da arte, arqueoloxía, química, física, xeoloxía, bioloxía, arquitectura, conservación e restauración, así como diversas tecnoloxías. O profesorado implicado neste Programa, por parte da USC, pertence fundamentalmente ás facultades de Xeografía e Historia, Bioloxía e Farmacia.
     

  • Iniciación á investigación

    • E5121A01

    Procedementos analíticos básicos en patrimonio

    • E5121A02

    Materiais rochosos usados en patrimonio cultural. Influencia da mineraloxía e textura na susceptibilidade á deterioración e na eficacia de tratamentos

    • E5121A03

    Dereito urbanístico e do medio ambiente na lexislación do patrimonio cultural

    • E5121A04

    Protección do patrimonio cultural subacuático

    • E5121A05

    Produtos cartográficos e novas tecnoloxías

    • E5121A06

    Patrimonio cultural iberoamericano

    • E5121A07

    Métodos de limpeza aplicados en patrimonio construído en roca: químicos, mecánicos e láser. Eficacia

    • E5121A08

    Curso de colorimetría aplicada no patrimonio cultural

    • E5121A09

    Coñecemento da contorna xeolóxica urbana

    • E5121A10

    Colonizadores de monumentos graníticos

    • E5121A11

    Procura, selección e xestión de bases de información científica

    • E5121A12

    Ferramentas e claves para a comunicación e difusión de traballos de investigación

    • E5121A13

    Defensa do plan de investigación

    • E5121A14

    Presentación de comunicacións en congresos científicos internacionais

    • E5121A15

    Realización de estancias de investigación

    • E5121A16

    Valor e significado do patrimonio cultural

    • E5121A17

    Tecnoloxías e formas de alteración do ben cultural

    • E5121A18

    Conservación e restauración de obras de arte

    • E5121A19
  • Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

  • - Contribuír á formación de doutores/as e investigadores/as en turismo para potenciar o crecemento sustentable dunha actividade fundamental para a nosa contorna social e económica
    - Fomentar a investigación para poder levar adiante unha xestión eficiente da información que permita adaptar a xestión ao perfil do consumidor turista
    - Desenvolver técnicas de análise e investigación para a súa adaptación á evolución da sociedade da información.
    - Favorecer a cooperación entre universidades e a mobilidade de estudantes e profesorado
    - Colaborar na innovación e competitividade no campo do turismo
    - Desenvolver un modelo de currículo académico completo e complexo que aposte polo carácter multidisciplinar da formación turística na universidade
    - Adaptar o nivel dos estudos universitarios de turismo ao existente na Unión Europea e noutros países da contorna.
    - Acadar a normalización dos estudos superiores de turismo a respecto do que existe noutros sectores económicos e profesionais
    - Desenvolver perfiles de especialización en áreas que permitan ter en conta as necesidades de innovación que precisa a xestión empresarial e de destinos turísticos.

  • Os recursos cos que conta o conxunto de profesorado do Programa de Doutoramento proposto, no que se refire a espazos, infraestruturas,
    equipamentos e servizos son suficientes e adecuados aos obxectivos formativos do Programa. Cóntase cos recursos e servizos de:
    A Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía - EIME (http://minasyenergia.uvigo.es/gl/), ao cal pertencen a maioría dos profesores investigadores
    do Equipo 2 e varios do Equipo 1
    A Facultade de Historia (http://historia.uvigo.es/gl/) no Campus Universitario de Ourense, onde se adscriben o profesorado propio do programa
    incluído no Equipo 3.
    A E.I. Forestais da Universidade de Vigo, campus Pontevedra (http://forestales.uvigo.es/), ao que están adscritos algúns doutores do Equipo
    1
    As facultades de Bioloxía (http://www.usc.es/gl/centros/bioloxia/index.html), de Farmacia (http://www.usc.es/gl/centros/farmacia/
    index.html) e de Xeografía e Historia (http://www.usc.es/gl/centros/xeohistoria/index.html) da Universidade de Santiago, ás cales se adscriben
    profesores/ as do Equipo 1 e 3.
    Na UDC, os recursos dispoñibles atopan na Facultade de Ciencias ( https://www.udc.es/centros_departamentos_ servizos/centros/
    detalleCentro/? codigo=610), á cal están adscritos a maior parte de profesores da UDC, e no Edificio de Servizos Centrais de Investigación,
    onde está situada a sede e os laboratorios do Instituto Universitario de Xeoloxía da UDC (www.iux.es). Este Instituto conta
    con espazos, laboratorios e medios docentes. Tamén se conta con medios na Facultade de Humanidades e Documentación de Ferrol,
    da que é membro o Prof. Juan Luís Montero Fenollós ( https://www.udc.es/centros_departamentos_ servizos/centros/ detalleCentro/? codigo=
    710).
    En xeral, cóntase cos recursos propios da Universidade de Vigo (http://www.uvigo.es/), da Universidade de Santiago ( http://
    www.usc.es/index.html) e da Universidade da Coruña (http://www.udc.gal/) xa que se poñen a disposición dos/ as estudantes de doutoramento
    os espazos docentes, laboratorios, laboratorios informáticos, secretaría virtual, espazos de teledocencia, bibliotecas virtuais, servizos de orientación
    de estudantes, etc. Nas táboas seguintes especifícanse os recursos e servizos concretos.
    Paralelamente, e dado que algunhas das actividades formativas propostas fundaméntanse en ferramentas docentes en liña e síncronas-remotas,
    o profesorado deste Programa contará co apoio de:
    · O Servizo de Teledocencia e UVigoTV, iniciativas do Vicerreitorado de Novas Tecnoloxías e Calidade da Universidade de Vigo e que se desenvolven
    a través da área de Tecnoloxías da Información e Comunicacións ( ATIC).
    · O Centro de Tecnoloxías para a Aprendizaxe ( CeTA, http://www.usc.es/gl/servizos/ceta//) un servizo da Universidade de Santiago de Compostela,
    dependente do Vicerreitorado de Oferta Docente e Innovación Educativa, cuxo obxectivo fundamental é a aplicación das novas
    tecnoloxías ao proceso ensino-aprendizaxe.
    · No caso da Universidade da Coruña non existe un servizo centralizado de Teledocencia ou Videoconferencia, pero si existe ese servizo en diversos
    centros. No caso da Facultade de Ciencias e do Instituto Universitario de Xeoloxía é un servizo dispoñible e de uso habitual.
    Nos EQUIPOS 1 e 3 incorpórase profesorado externo da Universidade de Cádiz ( https://www.uca.es/) e da Escola Superior de Conservación
    e restauración de Bens Culturais de Galicia ( ESCRBCG, http://www.gradoconservacionbbcc.es/castellano/castinicio. htm). Por tanto, cóntase
    tamén cos recursos materiais e servizos destes centros aos que o profesorado adscrito ao programa ten acceso.
    Por outra banda, todos os grupos de investigación adscritos ao programa de doutoramento dispoñen de recursos, materiais e servizos necesarios para
    desenvolver de forma plenamente satisfactoria o programa de doutoramento que se propón. Os grupos de investigación participantes son grupos activos
    que regularmente conseguen recursos para a investigación, tal como pódese comprobar nos méritos achegados relacionados con proxectos
    de investigación activos, e bolsas de viaxe para a asistencia a congresos e estancias de investigación. O alumnado de doutoramento incorporarase aos
    grupos de investigación aos que pertenza a directora ou o director da tese doutoral. Por tanto, terán acceso a este tipo de axudas para
    o desenvolvemento dos seus labores investigadores e a súa formación pre-doutoral.

  • Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

  • Coordinador/a
    Beatriz Loreto Prieto Lamas

    Vogais
    Belén María Castro Fernández

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.09.2023.