Ir o contido principal
STG

Programa de Doutoramento en Textos da Antigüidade Clásica e a súa Pervivencia

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Artes e Humanidades
Centro(s)
Escola de Doutoramento Internacional da USC
Avenida das Ciencias, 6, 15782
Santiago de Compostela
Campus
Santiago de Compostela
Contacto
pd.textosdaantiguidade [at] usc.es

O programa de doutoramento en «Textos da Antigüidade Clásica e a súa Pervivencia» é un programa interuniversitario no que colaboran as universidades de Salamanca, Valladolid e Santiago de Compostela. Dá continuidade a un programa oficial de Posgrao que desde 2006 veñen mantendo, coas adaptacións correspondentes á situación legal, as universidades de Salamanca e Valladolid, que obtivo repetidamente a mención de excelencia e a un doutoramento de Filoloxía Clásica da USC.

Duración: 3 anos académicos
Código RUCT: 5600733
Número prazas: 6

Coordinador-a do título:
Angel Ruiz Perez
angel.ruiz [at] usc.es

Universidade coordinadora:
Universidade de Salamanca

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Salamanca Universidade de Valladolid

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
21/01/2014

Data de publicación no BOE:
11/03/2014

Data da última acreditación:
17/09/2020

Códigos ISCED:
(210) Artes
(0231) Aprendizaje de segundas lenguas

O programa de doutoramento en "Textos da Antigüidade Clásica e a súa Pervivencia" é un programa interuniversitario no que colaboran as universidades de Salamanca, Valladolid e Santiago de Compostela. Dá continuidade a un programa oficial de Posgrao que desde 2006 veñen mantendo, coas adaptacións correspondentes á situación legal, as universidades de Salamanca e Valladolid, que obtivo repetidamente a mención de excelencia e a un doutoramente de Filoloxía Clásica da USC.

A finalidade do programa é a de manter viva no contexto social a posibilidade de que os graduados en Filoloxía Clásica poidan continuar con coherencia académica a súa formación en calquera das áreas que soportan a titulación en cada unha das tres universidades: Lingüística Indoeuropea, Filoloxía Grega e Filoloxía Latina. As tres institucións contan con recursos humanos de relevancia nacional, que, no caso da USC, contribúen a colocar esta universidade á altura das punteiras en España e a establecer relacións con outras de distintos países europeos (Lisboa, Florencia, Múnich, París, Toulouse, etc.), de marcada importancia no ámbito da Filoloxía Clásica.

Este Programa de Doutoramento ten por obxecto proporcionarlle ao investigador coñecementos e técnicas que o capaciten para desenvolver a súa labor investigadora. Está dirixido fundamentalmente a investigadores en Filoloxía Clásica, pero poden ter cabida graduados doutras Filoloxías, de Historia, Humanidades, Filosofía, Tradución ou calquera outra titulación, sempre que acrediten un coñecemento suficiente das linguas clásicas.

A finalidade do programa é a de manter viva no contexto social a posibilidade de que os graduados en Filoloxía Clásica poidan continuar con coherencia académica a súa formación en calquera das áreas que soportan a titulación en cada unha das tres universidades: Lingüística Indoeuropea, Filoloxía Grega e Filoloxía Latina. As tres institucións contan con recursos humanos de relevancia nacional, que, no caso da USC, contribúen a colocar esta universidade á altura das punteiras en España e a establecer relacións con outras de distintos países europeos (Lisboa, Florencia, Múnich, París, Toulouse, etc.), de marcada importancia no ámbito da Filoloxía Clásica.

 

O Programa de Doutoramento en Textos da Antigüidade Clásica e a súa Pervivencia está especialmente recomendado para un licenciado ou graduado en Filoloxía Clásica ou en licenciaturas ou graos equiparables ou afíns, que realizara un máster relacionado cos eidos da lingua e a literatura grega e latina e a lingüística indoeuropea en calquera dos seus aspectos.

Perfil de ingreso sen complementos de formación:

• Máster en Textos da Antigüidade Clásica e a súa Pervivencia (Universidade de Salamanca/ Universidade de Valladolid).
• Antigos Programas de Doutoramento dos departamentos implicados das tres universidades.

Outros perfís de ingreso:

Alumnos doutros másteres oficiais: os estudantes que superaran 240 créditos ECTS de ensinanzas de grao e 60 créditos ECTS de ensinanzas de posgrao noutro máster oficial de investigación impartido exclusivamente por profesores doutores e que se encadre nun ámbito temático pertencente (ou semellante) á Antigüidade Clásica ou a súa pervivencia ata os nosos días, presentarán a súa solicitude á Comisión Académica do Programa de Doutoramento para comprobar estes extremos e serán admitidos si se cumpren os requisitos mencionados.
No caso de que só se cumpran parcialmente, a Comisión Académica fixará en cada caso os criterios académicos necesarios para completar os seus estudos e poder acceder aos estudos do Doutoramento. A Comisión Académica fixará tras estudar cada caso as materias do Máster Universitario en Textos da Antigüidade Clásica e a súa Pervivencia (o no seu defecto cursos específicos) que será necesario superar para os estudantes que superaran 240 ECTS de ensinanzas de grao e 60 créditos ECTS de ensinanzas de posgrado en outro(s) máster(es) oficial(is) que non sexan de investigación e que non sexan impartidos exclusivamente por profesores doutores ou que non se encadren no ámbito temático da Antigüidade Clásica e a súa pervivencia.

Posteriormente, os estudantes admitidos no Programa deberán formalizar a súa matrícula, segundo as normas específicas de cada universidade.

Acceso

1. Con carácter xeral, para o acceso a un programa oficial de doutoramento será necesario estar en posesión dos títulos oficiais españois de Grao, ou equivalente, e de Máster universitario, ou equivalente, sempre que se teñan cursado, polo menos, 300 créditos ECTS no conxunto destas dúas ensinanzas.

2. Así mesmo, poderá acceder quen se atope nalgún dos seguintes supostos:

a) Estar en posesión dun título universitario oficial español ou doutro país integrante do Espazo Europeo de Educación Superior, que habilite para o acceso ao máster de acordo co establecido no artigo 16 do RD 1393/2007, e superar un mínimo de 300 créditos ECTS no conxunto de estudos universitarios oficiais, dos cales polo menos 60 deberán ser de nivel de máster.

b) Estar en posesión dun título oficial español de graduado ou graduada, cuxa duración, conforme normas de dereito comunitario, sexa de polo menos 300 créditos ECTS. Ditos titulados deberán cursar con carácter obrigatorio os complementos de formación requiridos polo programa, agás que o plan de estudos do correspondente título de grao inclúa créditos de formación en investigación equivalentes en valor formativo aos créditos en investigación procedentes de estudos de máster.

c) Os titulados universitarios que, logo da obteren praza en formación na correspondente proba de acceso a prazas de formación sanitaria especializada, superen con avaliación positiva polo menos dous anos de formación dun programa para a obtención do título oficial dalgunha das especialidades en ciencias da saúde.

d) Estar en posesión dun título obtido conforme sistemas educativos estranxeiros, sen necesidade da súa homologación, logo da comprobación pola Universidade de que este acredita un nivel de formación equivalente á do título oficial español de máster universitario e que faculta no país expedidor do título para o acceso a estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo do cal estea en posesión o interesado nin o seu recoñecemento para outros efectos que o do acceso a ensinos de doutoramento.

e) Estar en posesión doutro título español de doutor obtido conforme anteriores ordenacións universitarias.

f) Estar en posesión dun título universitario oficial que obtivera a correspondencia ao nivel 3 do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior, de acordo co procedemento establecido no Real Decreto 967/2014, de 21 de novembro, polo que se establecen os requisitos e o procedemento para a homologación e declaración de equivalencia a titulación e a nivel académico universitario oficial e para a validación de estudos estranxeiros de Educación Superior, e o procedemento para determinar a correspondencia aos niveis do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior dos títulos oficiais de Arquitecto, Enxeñeiro, Licenciado, Arquitecto Técnico, Enxeñeiro Técnico e Diplomado.

3. Os doutorandos que iniciasen o seu programa de doutoramento conforme anteriores ordenacións universitarias poderán acceder ao ensino de doutoramento, logo da súa admisión de acordo co establecido no Regulamento de estudos de doutoramento da USC. En todo caso deberán reunir os requisitos establecidos con carácter xeral no citado Regulamento para acceder aos estudos de doutoramento.

4. Poderán acceder aos estudos de doutoramento os licenciados, arquitectos ou enxeñeiros que posúan o diploma de estudos avanzados obtido de acordo co disposto no Real decreto 778/1998, do 30 de abril, ou alcancen a suficiencia investigadora regulada no Real decreto 185/1985, do 23 de xaneiro.

5. Poderán acceder aos estudos de doutoramento os licenciados, arquitectos ou enxeñeiros que posúan un título de máster oficial conforme o Real decreto 56/2005 ou o Real decreto 1393/2007, modificado polo Real decreto 861/2010, ou teñan superados 60 ECTS de estudos de máster oficial.

6. Tamén poderán acceder os diplomados, enxeñeiros técnicos ou arquitectos técnicos que acrediten ter 300 créditos ECTS superados no conxunto de estudos universitarios oficiais, dos cales, polo menos 60, deberán ser de nivel de máster.

• Nota media do expediente académico

• Formación específica nos ámbitos da Filoloxía Clásica

• Coñecemento e dominio do inglés

• Experiencia de investigación no ámbito da Filoloxía Clásica

• Entrevista persoal, no caso de considerarse oportuno

A partir das preinscricións presentadas, a Comisión Académica do Programa de Doutoramento, que regulará todo o proceso de admisión, aplicará os criterios de valoración e publicará un listado de admitidos, a través da páxina web do Programa de Doutoramento e da web da Escola de Doutoramento. Finalmente, publicará o último listado de admitidos o 15 de setembro. O Coordinador do Programa dará comunicación persoal desta publicación a cada un dos estudantes preinscritos incluíndo a información adicional do recoñecemento da dedicación a tempo completo ou a tempo parcial.

O programa de doutoramento poderá extinguirse por algunha das seguintes causas:

• Que non supere o proceso de renovación da acreditación establecido no artigo 10 do RD 99/2011.

• Que non acredite o cumprimento dos requisitos establecidos pola normativa estatal ou autonómica vixente.

• Que se formule unha proposta de extinción do programa ao abeiro dos procesos de revisión e mellora do título de acordo co procedemento aprobado pola universidade.

• Que concorra calquera situación excepcional que impida o correcto desenvolvemento do programa de doutoramento.

A extinción producirá os seguintes efectos:

• Comportará a perda do seu carácter oficial e a baixa no RUCT.

• Non se poderá matricular novo alumnado no programa de doutoramento.

• En calquera caso todo o alumnado afectado deberá ser informado da extinción e das consecuencias desta no relativo ao desenvolvemento dos seus estudos.

A Universidade adoptará as medidas necesarias para garantir os dereitos académicos do alumnado que estea cursando os ditos estudos nos termos establecidos na resolución de extinción do plan de estudo, e aprobará o procedemento de extinción dos programas de doutoramento no seo da universidade.

Seminarios de investigación

  • E5091A01

Asistencia a congresos nacionais ou internacionais

  • E5091A02

Estancias noutros centros de investigación

  • E5091A03

Publicacións científicas

  • E5091A04

Cursos de formación metodolóxicos

  • E5091A05
Profesores Área
Profesores Área
Profesores Área
Profesores Área
Profesores Área
Profesores Área
Profesores Área
Profesores Área
Profesores Área
Profesores Área
Amelia Del Carmen Pereiro Pardo
Filoloxía Grega
Jose Virgilio Garcia Trabazo
Lingüística Indoeuropea
José Carracedo Fraga
Filoloxía Latina
Maria Mercedes Diaz De Cerio Diez
Filoloxía Grega
Concepcion Virtudes Cabrillana Leal
Filoloxía Latina
Profesores Área
Cecilia Criado Boado
Filoloxía Latina
Maria Teresa Amado Rodriguez
Filoloxía Grega
Angel Ruiz Perez
Filoloxía Grega
Maria Mercedes Diaz De Cerio Diez
Filoloxía Grega
Concepcion Virtudes Cabrillana Leal
Filoloxía Latina
Profesores Área
Helena Rosa De Carlos Villamarin
Filoloxía Latina
Amelia Del Carmen Pereiro Pardo
Filoloxía Grega
Maria Teresa Amado Rodriguez
Filoloxía Grega
Joel Varela Rodriguez
Filoloxía Latina
Profesores Área
Helena Rosa De Carlos Villamarin
Filoloxía Latina
Angel Ruiz Perez
Filoloxía Grega
Eva Maria Castro Caridad
Filoloxía Latina
Profesores Área
José Carracedo Fraga
Filoloxía Latina
Eva Maria Castro Caridad
Filoloxía Latina
Joel Varela Rodriguez
Filoloxía Latina

Este Programa de Doutoramento ten por obxecto proporcionarlle ao investigador coñecementos e técnicas que o capaciten para desenvolver a súa labor investigadora. Está dirixido fundamentalmente a investigadores en Filoloxía Clásica, pero poden ter cabida graduados doutras Filoloxías, de Historia, Humanidades, Filosofía, Tradución ou calquera outra titulación, sempre que acrediten un coñecemento suficiente das linguas clásicas.

O programa de doutoramento en "Textos da Antigüidade Clásica e a súa Pervivencia" é un programa interuniversitario no que colaboran as universidades de Salamanca, Valladolid e Santiago de Compostela. Dá continuidade a un programa oficial de Posgrao que desde 2006 veñen mantendo, coas adaptacións correspondentes á situación legal, as universidades de Salamanca e Valladolid, que obtivo repetidamente a mención de excelencia e a un doutoramente de Filoloxía Clásica da USC.

A finalidade do programa é a de manter viva no contexto social a posibilidade de que os graduados en Filoloxía Clásica poidan continuar con coherencia académica a súa formación en calquera das áreas que soportan a titulación en cada unha das tres universidades: Lingüística Indoeuropea, Filoloxía Grega e Filoloxía Latina. As tres institucións contan con recursos humanos de relevancia nacional, que, no caso da USC, contribúen a colocar esta universidade á altura das punteiras en España e a establecer relacións con outras de distintos países europeos (Lisboa, Florencia, Múnich, París, Toulouse, etc.), de marcada importancia no ámbito da Filoloxía Clásica.

Este Programa de Doutoramento ten por obxecto proporcionarlle ao investigador coñecementos e técnicas que o capaciten para desenvolver a súa labor investigadora. Está dirixido fundamentalmente a investigadores en Filoloxía Clásica, pero poden ter cabida graduados doutras Filoloxías, de Historia, Humanidades, Filosofía, Tradución ou calquera outra titulación, sempre que acrediten un coñecemento suficiente das linguas clásicas.

• Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co devandito campo

• Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación

• Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal

• Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas

• Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional

• Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento

  • Ter adquirido coñecementos avanzados na fronteira do coñecemento e demostrado, no contexto da investigación científica recoñecida internacionalmente, unha comprensión profunda, detallada e fundamentada dos aspectos teóricos e prácticos e da metodoloxía científica nun ou máis ámbitos investigadores

• Ter adquirido coñecementos avanzados na fronteira do coñecemento e demostrado, no contexto da investigación científica recoñecida internacionalmente, unha comprensión profunda, detallada e fundamentada dos aspectos teóricos e prácticos e da metodoloxía científica nun ou máis ámbitos investigadores

Para as liñas de investigación relacionadas coa lingua, a literatura e a cultura en xeral, grega e latina, así como coa lingüística indoeuropea a biblioteca da Facultade de Filoloxía
é referencia obrigada. Trátase dunha das mellores bibliotecas universitarias da especialidade, tanto polo volume de fondos como polo carácter singular dun elevado número deles.

Conta cunha colección de ao redor de 220.000 monografías, 1.458 títulos de publicacións periódicas pechadas, 1.016 títulos de publicacións periódicas abertas, e preto de 30.000 documentos en diversos soportes non librarios.

Deles hai que destacar precisamente a importancia dos fondos pertencentes aos Departamentos de Filoloxía Clásica e Indoeuropeo e os do Departamento de Lingua Española, considerados entre os máis importantes e completos das bibliotecas universitarias españolas. A estes hai que engadir o legado de D. Ricardo Espinosa Maeso, antigo Catedrático de Grego da Universidade, que consta duns 8.000 documentos. Recentemente incorporáronse ao catálogo 2.000 teses doutorais e 2.511 tesinas ou memorias de licenciatura, o que aumentou de maneira notable a súa consulta.

A estes medios hai que engadir os específicos de Filoloxía Clásica, que no Dpto .da Universidade de Salamanca reciben unha atención moi especial, tentando ser sempre unha referencia e unha axuda para a extensión do uso de Internet en España e América Latina no ámbito da Filoloxía Clásica e dos estudos sobre o mundo antigo e é labor de dous profesores do Departamento, lt; lt; Francisco Cortés Gabaudan lt;lt; profesor de Filoloxía Grega e iniciador no seu día desta páxina de recursos, e lt; lt; Susana González Marín, con varios anos de experiencia na edición da páxina.

Para dar cobertura a todos os requirimentos da actividade investigadora, ademais dos recursos propios dos centros nos que desenvolven a súa actividade os doutorandos, a USC conta con unidades de carácter centralizado que prestan os seus servizos a departamentos e grupos de investigación entre os que cabe sinalar:

A Biblioteca Universitaria que é unha unidade funcional concibida como un centro de recursos bibliográficos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, ofrece servizos como os seguintes:

• Bases de datos reunidas

• Revistas electrónicas

• Sumarios electrónicos

• Servizo de préstamo interbibliotecario

Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo Universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.

A Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico (RIAIDT) é a estrutura organizativa que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación da USC. O obxectivo da RIAIDT é darlle unha meirande unidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación cos que conta a USC.

A Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ATIC) da USC ten a misión de deseñar, planificar, xestionar, administrar e asegurar as infraestruturas e servizos baseados en tecnoloxías da información e comunicación (TIC) prestados á comunidade universitaria nos ámbitos da docencia, a investigación e a xestión administrativa.

O respecto á diversidade e o desenvolvemento de políticas activas de incorporación e integración de estudantes con necesidades especiais son dous principios e liñas de actuación recollidos na Memoria de Responsabilidade Social da USC. A tal efecto, o Servizo de Participación e Integración Universitaria encárgase da coordinación, en colaboración cos distintos centros e entidades, e posta en marcha das actuacións necesarias para favorecer a igualdade entre todos os membros da comunidade universitaria.

Outros recursos:

Centro de tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA)

Redes de aulas de informática

Área de xestión de infraestruturas

Servizo de medios audiovisuais

Servizo de prevención de riscos

A USAL dispón dos seguintes servizos de apoio e orientación a todos os estudantes:

El Servicio de Orientación al Universitario (SOU) asesora en cuestións de normativa universitaria, bolsas e axudas, intercambios lingüísticos, tipos de aloxamento, etc.

El Servicio de Becas y ayudas al estudio proporciona información sobre a mobilidade nacional e internacional.

El Servicio de Asuntos Sociales (SAS) ofrece apoio e asesoramento nos ámbitos de apoio social, estranxeiría (visados e permisos, seguros médicos, e outros trámites), discapacidade, voluntariado, saúde mental, linguaxe, adiccións e conduta alimentaria, etc.

El Servicio de Inserción Profesional, Prácticas y Empleo (SEPI) facilita a conexión entre a universidade e o mercado laboral. Aos titulados ofrécelles unha bolsa de emprego cualificado, orientación e adestramento en talleres ad hoc para mellorar o seu empleabilidad, e formación sobre como buscar emprego e prácticas. Ás empresas ofrécelles a difusión das súas ofertas de traballo, a preselección dos candidatos que mellor se adecuan á oferta presentada, e a posibilidade de utilizar as instalacións do propio servizo para presentar a empresa e para que estas leve a cabo o proceso de selección dos titulados da USAL.

Unha descrición máis detallada dos recursos materiais está dispoñible no apartado 7 da Memoria do Título

Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

Coordinador/a
Angel Ruiz Perez

Secretario/a
Concepcion Virtudes Cabrillana Leal

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-01
Prazas Ofertadas

Número de prazas ofertadas para cada curso académico. Achega información sobre a evolución da oferta de prazas asociada a ese programa

Info da escala: Número enteiro

6,0

6,0

6,0

6,0

6,0

6,0

ID-02
Demanda

Relación porcentual das solicitudes presentadas sobre a oferta de prazas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

33,33

16,67

33,33

33,33

66,67

50,0

ID-03
Matrícula de novo ingreso

Número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Número enteiro

1,0

1,0

2,0

2,0

3,0

3,0

ID-06
Matrícula total de estudantes

Número total de estudantes matriculados en réxime de matrícula ordinaria

Info da escala: Número enteiro

8,0

7,0

8,0

9,0

11,0

12,0

ID-07
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster.

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

ID-08
Porcentaxe de estudantes procedentes de outras universidades

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso con mestrados de acceso doutras universidades e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

50,0

0,0

0,0

0,0

ID-09
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG e o número total de estudantes matriculados

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

50,0

0,0

0,0

0,0

ID-10
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidade do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades do SUG e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-11
Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre o total de matriculados

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros (de fora de España) sobre o total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

25,00

42,86

25,00

22,22

18,18

8,33

ID-12
Porcentaxe de estudantes estranxeiros do EEES

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros do EEES sobre o número total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

25,0

42,86

25,0

22,22

18,18

8,33

ID-22
Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-13
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso que requiren complementos formativos

Relación porcentual do número de estudantes de novo ingreso que precisan complementos formativos sobre o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso, unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

100,0

66,67

100,0

ID-14
Porcentaxe de estudantes a tempo completo

Relación porcentual do número de estudantes a tempo completo sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos a tempo completo aqueles que teñan a mesma dedicación durante todo o curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

62,5

57,14

75,0

77,78

63,64

66,67

ID-15
Porcentaxe de estudantes a tempo parcial

Relación porcentual do número de estudantes a tempo parcial sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos a tempo parcial aqueles que teñen a mesma dedicación durante todo o curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

25,0

42,86

25,0

22,22

9,09

8,33

ID-16
Porcentaxe de estudantes con dedicación mixta

Relación porcentual do número de estudantes con dedicación mixta sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos con dedicación mixta aqueles que alternan entre dedicación a tempo completo e parcial durante o mesmo curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

12,5

0,0

0,0

0,0

27,27

25,0

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-17
Porcentaxe de estudantes que realizan estadías de investigación (saíntes) autorizadas pola CAPD

Relación porcentual do número de estudantes que realizan estadías de investigación sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

75,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-19
Porcentaxe de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes)

Relación porcentual do número de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-21
Porcentaxe de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...)

Relación porcentual do número de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

75,0

50,0

42,86

66,67

50,0

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-24
Ratio de teses defendidas en réxime de codirección

Relación porcentual do número de teses defendidas en réxime de codirección sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Número racional con dous decimais

-

-

0,0

-

-

0,3333

ID-25
Número total de sexenios

Número total de sexenios.

Info da escala: Número enteiro

38,0

38,0

37,0

40,0

42,0

38,0

ID-26
Número medio de sexenios por PDI

Número medio de sexenios por PDI.

Info da escala: Número racional con dous decimais

3,1667

3,1667

3,3636

3,6364

3,8182

3,8

ID-27
Porcentaxe de PDI con sexenios

Relación porcentual do número de PDI con sexenios sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

91,67

91,67

90,91

90,91

90,91

90,0

ID-28
Porcentaxe de PDI con sexenios vivos.

Relación porcentual do número de PDI con sexenios vivos sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

75,0

75,0

72,73

81,82

81,82

80,0

ID-29
Porcentaxe de profesorado estranxeiro sobre o profesorado total do programa

Relación porcentual do número de directores de tese estranxeiros sobre o número total de directores de tese

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

12,5

11,11

10,0

12,5

22,22

12,5

ID-30
Porcentaxe de expertos internacionais nos tribunais de tese

Relación porcentual do número de membros estranxeiros dos tribunais sobre o número total de membros dos tribunais

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

-

0,0

-

-

17,05

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-31
Número de teses defendidas

Número de teses defendidas

Info da escala: Número enteiro

0,0

0,0

1,0

0,0

0,0

3,0

ID-32
Porcentaxe de teses realizadas a tempo completo

Relación porcentual do número de teses realizadas a tempo completo sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

-

100,0

-

-

100,0

ID-33
Porcentaxe de teses realizadas  a tempo parcial

Relación porcentual do número de teses realizadas a tempo parcial sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

-

0,0

-

-

0,0

ID-34
Porcentaxe de teses realizadas con dedicación mixta

Relación porcentual do número de teses realizadas con dedicación mixta sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

-

0,0

-

-

0,0

ID-35
Número de teses presentadas en galego

Número de teses presentadas en galego

Info da escala: Número enteiro

0,0

0,0

1,0

0,0

0,0

1,0

ID-36
Número de teses presentadas en castelán

Número de teses presentadas en castelán

Info da escala: Número enteiro

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

1,0

ID-37
Número de teses presentadas noutro idioma

Número de teses presentadas noutro idioma

Info da escala: Número enteiro

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

1,0

ID-38
Duración media dos estudos a tempo completo

Duración media (en anos) dos estudos a tempo completo

Info da escala: Número enteiro

-

-

4,9315

-

-

4,9315

ID-39
Duración media dos estudos a  tempo parcial

Duración media (en anos) dos estudos a tempo parcial.

Info da escala: Número enteiro

-

-

-

-

-

5,9151

ID-40
Porcentaxe de doutorandos que defenden a súa tese sen pedir prórroga

Relación porcentual do número de estudantes que defenden a tese sen prórroga sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

-

0,0

-

-

0,0

ID-43
Porcentaxe de teses coa cualificación de “cum laude”

Relación porcentual do número de teses que acadan a cualificación de “cum laude” sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

-

100,0

-

-

100,0

ID-44
Porcentaxe de teses con mención internacional

Relación porcentual do número de teses con mención internacional sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

-

0,0

-

-

66,67

ID-45
Porcentaxe de abandono do programa

Relación porcentual do número de estudantes que non se matricularon nin defenderon a tese no curso académico sobre o número total de estudantes matriculados no curso anteriror, unha vez descontados o número de alumnos que defenderon a tese no curso académico e os alumnos que teñen concedida unha baixa temporal

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

12,5

0,0

62,5

11,11

12,5

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.07.2023.