Ir o contido principal
STG

Programa de Doutoramento en Ciencias da Visión

  • Nova oferta
Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias da Saúde
Centro(s)
Escola de Doutoramento Internacional da USC
Avenida das Ciencias, 6, 15782
Santiago de Compostela
Campus
Santiago de Compostela
Contacto
pd.vision [at] usc.gal

O programa de Doutoramento en Ciencias da Visión é un programa interuniversitario e interdisciplinar, con vocación de colaboración internacional e un elevado compromiso coa formación investigadora moderna que se espera no ámbito biomédico das ciencias da visión.

Duración: 3 anos académicos
Código RUCT: 5601436
Número prazas: 6

Coordinador-a do título:
Maria Teresa Rodriguez Ares
mariateresa.rodriguez [at] usc.es

Universidade coordinadora:
Universidade de Valladolid

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela Universidade Complutense de Madrid Universidade de Murcia Universidade de Valladolid Universidade de Alcalá

Data de publicación no BOE:
22/01/2021

Data da última acreditación:
18/05/2020

Códigos ISCED:
(721) Medicina
(725) Tecnología de diagnóstico y tratamiento médico
(0912) Medicina

A Universidade de Valladolid (UVA) foi pioneira na oferta de titulacións relacionadas co ámbito das Ciencias da Visión e, máis concretamente, de formación doutoral especializada. A creación do Instituto Universitario de Oftalmobiología Aplicada (IOBA) no seo da UVA e o seu recoñecemento como primeiro Instituto de L.R.U.de España dedicado á Oftalmoloxía e Ciencias da Visión, fixo posible un cambio de filosofía na formación doutoral de futuros oftalmólogos. As colaboracións en investigación promoveron a ampliación dos intereses formativos a outros aspectos, como a óptica ou a bioloxía celular, e tamén á incorporación ao doutoramento de estudantes con formación de base diferente da oftalmolóxica, pero co interese común da visión. O programa que se propón é interuniversitario con características fundamentais relacionadas coa súa vocación de colaboración internacional e o elevado compromiso coa formación investigadora moderna que se espera no ámbito biomédico. Todos os grupos de investigación de excelencia que constitúen o núcleo do programa teñen un perfil interdisciplinar e, no seu conxunto, achegan experiencia docente e investigadora nos aspectos principais que conforman as Ciencias da Visión.

Programa interuniversitario e interdisciplinar, con vocación de colaboración internacional y un elevado compromiso con la formación investigadora moderna que se espera en el ámbito biomédico.

El Doctorado en Ciencias de la Visión está constituido por 9 Grupos de Excelencia de 5 universidades, en 5 Comunidades Autónomas diferentes, coordinado desde la Universidad de Valladolid a través del Grupo de Excelencia de Castilla y León IOBA-GR217. Todos ellos tienen un perfil interdisciplinar y, en su conjunto, aportan experiencia docente e investigadora en los aspectos principales que conforman las Ciencias de la Visión.

Está dirigido a titulados de grados derivados de las antiguas licenciaturas en Biología, Química, Bioquímica, Biotecnología, Farmacia, Física, Medicina, Veterinaria, Estadística, de las antiguas Ingenierías de Informática, Telecomunicaciones, Industrial y Electrónica, y de las antiguas diplomaturas en Óptica y Optometría y Enfermería.

Acceso

1. Con carácter xeral, para o acceso a un programa oficial de doutoramento será necesario estar en posesión dos títulos oficiais españois de Grao, ou equivalente, e de Máster universitario, ou equivalente, sempre que se teñan cursado, polo menos, 300 créditos ECTS no conxunto destas dúas ensinanzas.

2. Así mesmo, poderá acceder quen se atope nalgún dos seguintes supostos:

a) Estar en posesión dun título universitario oficial español ou doutro país integrante do Espazo Europeo de Educación Superior, que habilite para o acceso ao máster de acordo co establecido no artigo 16 do RD 1393/2007, e superar un mínimo de 300 créditos ECTS no conxunto de estudos universitarios oficiais, dos cales polo menos 60 deberán ser de nivel de máster.

b) Estar en posesión dun título oficial español de graduado ou graduada, cuxa duración, conforme normas de dereito comunitario, sexa de polo menos 300 créditos ECTS. Ditos titulados deberán cursar con carácter obrigatorio os complementos de formación requiridos polo programa, agás que o plan de estudos do correspondente título de grao inclúa créditos de formación en investigación equivalentes en valor formativo aos créditos en investigación procedentes de estudos de máster.

c) Os titulados universitarios que, logo da obteren praza en formación na correspondente proba de acceso a prazas de formación sanitaria especializada, superen con avaliación positiva polo menos dous anos de formación dun programa para a obtención do título oficial dalgunha das especialidades en ciencias da saúde.

d) Estar en posesión dun título obtido conforme sistemas educativos estranxeiros, sen necesidade da súa homologación, logo da comprobación pola Universidade de que este acredita un nivel de formación equivalente á do título oficial español de máster universitario e que faculta no país expedidor do título para o acceso a estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo do cal estea en posesión o interesado nin o seu recoñecemento para outros efectos que o do acceso a ensinos de doutoramento.

e) Estar en posesión doutro título español de doutor obtido conforme anteriores ordenacións universitarias.

f) Estar en posesión dun título universitario oficial que obtivera a correspondencia ao nivel 3 do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior, de acordo co procedemento establecido no Real Decreto 967/2014, de 21 de novembro, polo que se establecen os requisitos e o procedemento para a homologación e declaración de equivalencia a titulación e a nivel académico universitario oficial e para a validación de estudos estranxeiros de Educación Superior, e o procedemento para determinar a correspondencia aos niveis do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior dos títulos oficiais de Arquitecto, Enxeñeiro, Licenciado, Arquitecto Técnico, Enxeñeiro Técnico e Diplomado.

3. Os doutorandos que iniciasen o seu programa de doutoramento conforme anteriores ordenacións universitarias poderán acceder ao ensino de doutoramento, logo da súa admisión de acordo co establecido no Regulamento de estudos de doutoramento da USC. En todo caso deberán reunir os requisitos establecidos con carácter xeral no citado Regulamento para acceder aos estudos de doutoramento.

4. Poderán acceder aos estudos de doutoramento os licenciados, arquitectos ou enxeñeiros que posúan o diploma de estudos avanzados obtido de acordo co disposto no Real decreto 778/1998, do 30 de abril, ou alcancen a suficiencia investigadora regulada no Real decreto 185/1985, do 23 de xaneiro.

5. Poderán acceder aos estudos de doutoramento os licenciados, arquitectos ou enxeñeiros que posúan un título de máster oficial conforme o Real decreto 56/2005 ou o Real decreto 1393/2007, modificado polo Real decreto 861/2010, ou teñan superados 60 ECTS de estudos de máster oficial.

6. Tamén poderán acceder os diplomados, enxeñeiros técnicos ou arquitectos técnicos que acrediten ter 300 créditos ECTS superados no conxunto de estudos universitarios oficiais, dos cales, polo menos 60, deberán ser de nivel de máster.

• Que non supere o proceso de renovación da acreditación establecido no artigo 10 do RD 99/2011.

• Que non acredite o cumprimento dos requisitos establecidos pola normativa estatal ou autonómica vixente.

• Que se formule unha proposta de extinción do programa ao abeiro dos procesos de revisión e mellora do título de acordo co procedemento aprobado pola universidade.

• Que concorra calquera situación excepcional que impida o correcto desenvolvemento do programa de doutoramento.

A extinción producirá os seguintes efectos:

• Comportará a perda do seu carácter oficial e a baixa no RUCT.

• Non se poderá matricular novo alumnado no programa de doutoramento.

• En calquera caso todo o alumnado afectado deberá ser informado da extinción e das consecuencias desta no relativo ao desenvolvemento dos seus estudos.

A Universidade adoptará as medidas necesarias para garantir os dereitos académicos do alumnado que estea cursando os ditos estudos nos termos establecidos na resolución de extinción do plan de estudo, e aprobará o procedemento de extinción dos programas de doutoramento no seo da universidade.

Ciclo Anual de Seminarios de Investigación de cada Departamento e Instituto participante

  • E2132A02

Xornada de Benvida ao Programa

  • E2132A03

Xornada de Investigadores Predoutorais

  • E2132A04

Xornada conxunta de todos os investigadores Predoutorais do Programa

  • E2132A05

Participación en congresos

  • E2132A06

Reunións de Grupo

  • E2132A07

Estancias de mobilidade orientadas á obtención da Mención Internacional do Título de Doutor

  • E2132A08

Talleres

  • E2132A09

Actividades conxuntas

  • E2132A01
Profesores Área
Maria Isabel Lema Gesto
Oftalmoloxía
Javier González Pérez
Optometría
Eva Maria Acosta Plaza
Óptica
Profesores Área
Maria Isabel Lema Gesto
Oftalmoloxía
Maria Teresa Rodriguez Ares
Oftalmoloxía
María Del Rosario Touriño Peralba
Oftalmoloxía
Profesores Área
Maria Teresa Rodriguez Ares
Oftalmoloxía
Maria Jose Blanco Teijeiro
Oftalmoloxía
María Del Rosario Touriño Peralba
Oftalmoloxía
Maximino Jose Abraldes Lopez-Veiga
Oftalmoloxía
Maria Isabel Fernandez Rodriguez
Oftalmoloxía
Profesores Área
Maria Teresa Rodriguez Ares
Oftalmoloxía
Francisco Gonzalez Garcia
Oftalmoloxía
Maria Jose Blanco Teijeiro
Oftalmoloxía
María Del Rosario Touriño Peralba
Oftalmoloxía
Profesores Área
Maria Jose Blanco Teijeiro
Oftalmoloxía
Mª Josefa Rodriguez Cid
Oftalmoloxía
Maximino Jose Abraldes Lopez-Veiga
Oftalmoloxía
Maria Isabel Fernandez Rodriguez
Oftalmoloxía
Profesores Área
Maria Jose Blanco Teijeiro
Oftalmoloxía
Mª Josefa Rodriguez Cid
Oftalmoloxía
Maximino Jose Abraldes Lopez-Veiga
Oftalmoloxía
Maria Isabel Fernandez Rodriguez
Oftalmoloxía
Profesores Área
Manuel Vidal Sanz
Escola de Doutoramento Internacional
Raul Martín Herranz
Escola de Doutoramento Internacional
Profesores Área
Mª Josefa Rodriguez Cid
Oftalmoloxía
Profesores Área
Maria Teresa Rodriguez Ares
Oftalmoloxía
Francisco Gonzalez Garcia
Oftalmoloxía
María Del Rosario Touriño Peralba
Oftalmoloxía
Profesores Área
Javier González Pérez
Optometría
Maria Teresa Rodriguez Ares
Oftalmoloxía
Eva Maria Acosta Plaza
Óptica
María Del Rosario Touriño Peralba
Oftalmoloxía

A Universidade de Valladolid (UVA) foi pioneira na oferta de titulacións relacionadas co ámbito das Ciencias da Visión e, máis concretamente, de formación doutoral especializada. A creación do Instituto Universitario de Oftalmobiología Aplicada (IOBA) no seo da UVA e o seu recoñecemento como primeiro Instituto de L.R.U.de España dedicado á Oftalmoloxía e Ciencias da Visión, fixo posible un cambio de filosofía na formación doutoral de futuros oftalmólogos. As colaboracións en investigación promoveron a ampliación dos intereses formativos a outros aspectos, como a óptica ou a bioloxía celular, e tamén á incorporación ao doutoramento de estudantes con formación de base diferente da oftalmolóxica, pero co interese común da visión. O programa que se propón é interuniversitario con características fundamentais relacionadas coa súa vocación de colaboración internacional e o elevado compromiso coa formación investigadora moderna que se espera no ámbito biomédico. Todos os grupos de investigación de excelencia que constitúen o núcleo do programa teñen un perfil interdisciplinar e, no seu conxunto, achegan experiencia docente e investigadora nos aspectos principais que conforman as Ciencias da Visión.

A Universidade de Valladolid (UVA) foi pioneira na oferta de titulacións relacionadas co ámbito das Ciencias da Visión e, máis concretamente, de formación doutoral especializada. A creación do Instituto Universitario de Oftalmobiología Aplicada (IOBA) no seo da UVA e o seu recoñecemento como primeiro Instituto de L.R.U.de España dedicado á Oftalmoloxía e Ciencias da Visión, fixo posible un cambio de filosofía na formación doutoral de futuros oftalmólogos. As colaboracións en investigación promoveron a ampliación dos intereses formativos a outros aspectos, como a óptica ou a bioloxía celular, e tamén á incorporación ao doutoramento de estudantes con formación de base diferente da oftalmolóxica, pero co interese común da visión. O programa que se propón é interuniversitario con características fundamentais relacionadas coa súa vocación de colaboración internacional e o elevado compromiso coa formación investigadora moderna que se espera no ámbito biomédico. Todos os grupos de investigación de excelencia que constitúen o núcleo do programa teñen un perfil interdisciplinar e, no seu conxunto, achegan experiencia docente e investigadora nos aspectos principais que conforman as Ciencias da Visión.

1. Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co devandito campo.
2. Capacidade de concibir, deseñar ou crear, poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
3. Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.
4. Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
5. Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.
6. Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.

1. Capacidade para identificar alteracións ou carencias na fronteira do coñecemento dalgún aspecto específico relacionado co ámbito a visión e abordar a súa análise.

2. Capacidade para manexar metodoloxía específica para esas análises, de interpretación de resultados de forma autónoma e crítica, e de recoñecemento das limitacións do propio traballo. 3. Desenvolvemento das capacidades de autocrítica e de autoaprendizaxe e a súa aplicación ao proxecto de tese doutoral.

4. Capacidade de integración nun equipo de investigación e no sistema de I+D+i.

5. Capacidade de relacionar e integrar conceptos e información no ámbito da visión.

Para dar cobertura a todos os requirimentos da actividade investigadora, ademais dos recursos propios dos centros nos que desenvolven a súa actividade os doutorandos, a USC conta con unidades de carácter centralizado que prestan os seus servizos a departamentos e grupos de investigación entre os que cabe sinalar:

A Biblioteca Universitaria que é unha unidade funcional concibida como un centro de recursos bibliográficos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, ofrece servizos como os seguintes:

• Bases de datos reunidas

• Revistas electrónicas

• Sumarios electrónicos

• Servizo de préstamo interbibliotecario

Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo Universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.

A Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico (RIAIDT) é a estrutura organizativa que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación da USC. O obxectivo da RIAIDT é darlle unha meirande unidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación cos que conta a USC.

A Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ATIC) da USC ten a misión de deseñar, planificar, xestionar, administrar e asegurar as infraestruturas e servizos baseados en tecnoloxías da información e comunicación (TIC) prestados á comunidade universitaria nos ámbitos da docencia, a investigación e a xestión administrativa.

O respecto á diversidade e o desenvolvemento de políticas activas de incorporación e integración de estudantes con necesidades especiais son dous principios e liñas de actuación recollidos na Memoria de Responsabilidade Social da USC. A tal efecto, o Servizo de Participación e Integración Universitaria encárgase da coordinación, en colaboración cos distintos centros e entidades, e posta en marcha das actuacións necesarias para favorecer a igualdade entre todos os membros da comunidade universitaria.

Outros recursos:

Centro de tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA)

Redes de aulas de informática

Área de xestión de infraestruturas

Servizo de medios audiovisuais

Servizo de prevención de riscos

Unha descrición máis detallada dos recursos materiais está dispoñible no apartado sete da Memoria do Título

Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

Coordinador/a
Maria Teresa Rodriguez Ares

Secretario/a
Javier González Pérez

Vogais
Francisco Gonzalez Garcia
Maria Jose Blanco Teijeiro
Maria Isabel Lema Gesto
María Del Rosario Touriño Peralba

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.10.2023.