Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 3 Clase Interactiva: 18 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Deseño e execución de estratexias de comunicación nos medios de comunicación, no sector político e na ciudadanía.
2. Elaboración de plans de comunicación en redes sociais.
3. Estudo e análise do engagement, a participación da audiencia e os movementos sociais.
4. Análise de discursos, intervencións e debates públicos online.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. Estratexias de comunicación no sector político e a súa relación cos medios de comunicación
1.1 A nova cultura e a comunicación política
1.2 Partidos políticos e mediatización
1.3 Tendencias e riscos da comunicación política actual
TEMA 2. Comunicación cidadá e movementos sociais
2.1 Teledemocracia e cibercidadanía
2.2 Ciberactivismo e democracia
TEMA 3. Plans de comunicación en redes sociais
3.1 Plan de medios sociais
3.2 Etapas do plan de medios sociais
3.3 Ferramentas para a xestión de redes sociais
TEMA 4. Debates públicos online e participación da audiencia nos medios de comunicación
4.1 Media framing
4.2 Participación da audiencia nos medios de comunicación
4.3 Debate público e polarización nas redes sociais
CONTIDOS PRÁCTICOS
Os contidos a traballar nas clases interactivas orientaranse á análise de estratexias de comunicación do sector político, da cidadanía e dos medios de comunicación.
Nas sesións de laboratorio o alumnado deberá deseñar plans de acción e comunicación dende a posición do sector político, da cidadanía e as organizacións sociais, así como dos medios informativos ante medidas políticas e movementos sociais comúns. Traballarase sobre a integración da participación cidadá na comunicación política, a visibilización dos movementos cidadáns e a súa cobertura xornalística.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Álvarez Teijeiro, C. (2000). Comunicación, democracia y ciudadanía. Fundamentos teóricos del Public Journalism. CiCCUS-La Crujía.
Cotarelo, R., & Crespo, I. (2012). La comunicación política y las nuevas tecnologías. Los Libros de La Catarata.
García Orosa, B. (2021). Ciberciudadanía. Retos de la democracia digitalizada. Comunicación Social.
Gil Calvo, E. (2018). Comunicación política: caja de herramientas. Libros de la Catarata.
Rey Morató, F. J. (2007). Comunicación política, Internet y campañas electorales: de la teledemocracia a la ciberdemocracia. Tecnos.
Sixto, J. (2018). Gestión profesional de redes sociales. Rutinas y estrategias de Community Management. Comunicación Social.
Yanes Mesa, R. (2009). Comunicación política y periodismo: apuntes para la eficacia del mensaje persuasivo. Fragua Editorial.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Coyer, K. (2008). The alternative media handbook. Routledge.
Díezhandino Nieto, M. P. (2007). Periodismo y poder: Politicos, periodistas y ciudadanos voluntariamente desinformados. Pearson.
Feenstra, Ramón A. (2016). La reconfiguración de la democracia: el laboratorio político español. Comares.
Galindo Arránz, F. (1998). Fundamentos de comunicación política. Tórculo Edicións.
López, X. e Otero, M. (2007). Bitácoras. La consolidación de la voz del ciudadano. Netbiblo.
Rúas-Araújo, J., & Fontenla-Pedreira, J. (2021). Debates electorales en televisión y redes sociales en España. Comunicación Social.
Soria Ibáñez, M. M. (2017). La gestión estratégica de las relaciones públicas en organizaciones sociales. UOC.
CON.1 – Comprender as características do xornalismo multimedia e os seus retos actuáis.
HAB.1 – Utilizar técnicas e ferramentas específicas para o traballo no xornalismo e na comunicación multimedia-
COM.1 – Seleccionar, xerarquizar e aplicar os coñecementos sobre xornalismo multimedia e as súas innovacións no ámbito profesional apra elaborar argumentos sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
COM.3 – Planificar, deseñar, implementar, xestionar e avaliar proxectos xornalísticos en diferentes medios e soportes.
COM.5 – Aplicar os coñecementos e as habilidades adquiridas dunha maneira profesional e ética no ámbito da Comunicación, tendo como referente os principios e valores democráticos e os Obxectivos do Desenvolvemento Sostible.
No desenvolvemento das clases expositivas e interactivas aplicaranse as metodoloxías docentes que se indican a continuación.
- Clase maxistral: sesión expositiva impartida pola docente.
- Estudo de casos: análise e exposición de medios, produtos, estratexias ou proxectos de referencia no contexto da materia.
- Debate: discusión organizada sobre un tema ou pregunta.
- Seminario: sesión interactiva e grupal para o traballo guiado pola docente, especialmente enfocado na resolución de exercicios, análise de textos e casos, así como o deseño de estratexias e proxectos.
- Foros de discusión - traballo en grupo: dinámicas interactivas de argumentación e/ou elaboración cooperativa coa intervención dun grupo de persoas.
As clases expositivas servirán para a explicación, estudo e análise dos contidos de carácter teórico da materia. Nelas o alumnado deberá participar de maneira activa.
As sesións de laboratorio orientaranse ao traballo sobre os conceptos e tendencias tratadas nas clases expositivas. Traballarase sobre a análise de casos e o deseño de estratexias de comunicación no ámbito político, xornalístico e cidadán.
O alumnado traballará tanto de maneira individual como en equipo. Buscarase o debate, a reflexión colectiva e individual e a posta en común dos coñecementos adquiridos.
O campus virtual empregarase como plataforma para a comunicación co alumnado, a disposición dos materiais bibliográficos complementarios necesarios e a entrega das tarefas establecidas.
Aplicaranse os instrumentos de avaliación que se expoñen a continuación.
- Prácticas experimentais: 75%
- Actividades de avaliación continua: 25%
A avaliación será continua, polo que se fará un seguimento constante das actividades e dos coñecementos adquiridos por parte do alumnado.
Na segunda oportunidade, o sistema de avaliación será o mesmo que o da primeira.
En caso de dispensa de asistencia á clase, establecerase un plan de traballo personalizado coa docente da materia. O sistema de avaliación será o seguinte: prácticas experimentais (75%); actividades de avaliación continua (25%).
No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
O alumnado terá as seguintes actividades formativas programadas.
- Docencia teórica: 3 horas.
- Docencia interactiva laboratorio/aula informática: 18 horas.
- Titorización en grupo reducido: 3 horas.
- Probas de avaliación:3 horas
- Traballo persoal do alumnado: 48 horas.
A recomendación xeral para o aproveitamento da materia é realizar un traballo continuo ao longo do curso que permita non só adquirir coñecementos, senón tamén habilidades e aptitudes que unicamente se poden acadar cun seguimento constante e permanente.
Maria Cruz Negreira Rey
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- cruz.negreira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU