Ir o contido principal
STG

Programa de Doutoramento en Comunicación e Información Contemporánea

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Centro(s)
Escola de Doutoramento Internacional da USC
Avenida das Ciencias, 6, 15782
Santiago de Compostela
Campus
Santiago de Compostela
Contacto
pd.comunicacion [at] usc.es

O Doutoramento en Comunicación e Información Contemporánea ofrece unha formación universitaria cun alto nivel de especialización para atender as necesidades académicas e científicas que se derivan das diferentes liñas de investigación vinculadas ao Xornalismo e á Comunicación Audiovisual.

Duración: 4 anos académicos
Código RUCT: 5600691
Número prazas: 15

Coordinador-a do título:
Jose Soengas Perez
jose.soengas [at] usc.es

Linguas de uso:
Castelán, Galego

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
21/01/2014

Data de publicación no BOE:
11/03/2014

Data da última acreditación:
01/03/2022

Códigos ISCED:
(321) Periodismo
(310) Ciencias sociales y del comportamiento
(0321) Periodismo y comunicación

A principal finalidade do programa de doutoramento en Comunicación e Información Contemporánea é satisfacer as necesidades dos alumnos que realizaron o grao en Xornalismo ou en Comunicación Audiovisual, e tamén o dobre grao en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual, e que desexan continuar a súa formación académica e científica a través da investigación, como complemento formativo dos coñecementos adquiridos. Trátase dunha oferta que cubre e garante as necesidades de investigación e especialización que existen en Galicia no ámbito da comunicación e do xornalismo.
O Doutoramento en Comunicación e Información Contemporánea ofrece unha formación universitaria cun alto nivel de especialización para atender as necesidades académicas e científicas que se derivan das diferentes liñas de investigación vinculadas ao Xornalismo e á Comunicación Audiovisual. E tamén ofrece múltiples opcións de especialización a través de liñas de traballo xa consolidadas, explorando as linguaxes e as posibilidades informativas e comunicativas dos diferentes formatos e soportes.
Apóstase por unha formación altamente cualificada e por un coñecemento vinculado ao intercambio científico permanente a través dos convenios que existen con universidades de referencia europeas e americanas, que xa colaboran cos grupos de investigación que participan no programa de Doutoramento.
O programa ten establecidas estratexias de internacionalización que tiveron excelentes resultados, tanto desde o punto de vista científico como no relativo á presenza numerosa e estable de alumnos extranxeiros nas diferentes edicións.

A principal finalidade deste Doutoramento é garantir unha aprendizaxe que satisfaga as exixencias dos alumnos que realizaron o grao en Xornalismo ou en Comunicación Audiovisual, e tamén noutras titulacións, principalmente de Ciencias Sociais, e que desexan continuar a súa formación investigadora. Trátase dun programa que ofrece múltiples opcións de especialización a través de liñas de traballo xa consolidadas, explorando as linguaxes e as posibilidades informativas e comunicativas dos diferentes formatos e soportes. Apóstase por unha formación altamente cualificada e por un coñecemento vinculado ao intercambio científico permanente a través dos convenios que existen con universidades de referencia europeas e americanas, que xa colaboran cos grupos de investigación que participan no programa de Doutoramento.

O perfil de ingreso establece os coñecementos, habilidades e capacidades que debe posuír o estudante que desexe acceder a este programa e, como consecuencia, as titulacións de acceso ao programa máis axeitadas e que determinan a admisión e, no seu caso, a necesidade, ou non, de realizar complementos formativos por parte do doutorando/a.
- Perfil de ingreso sen complementos de formación
De forma xeral, poderán acceder sen necesidade de realizar complementos de formación, os alumnos que cursaran algún máster oficial adscrito á/s rama/s de coñecemento de Xornalismo, Comunicación Audiovisual e Publicidade, e Relacións Públicas, e ao/s ámbito/s de coñecemento de Xornalismo, Comunicación, Publicidade e Relacións Públicas. Tamén terán acceso ao programa sen cursar complementos os estudantes co título de DEA obtido a través de os programas específicos de Xornalismo, Comunicación Audiovisual e Publicidade, e Relacións Públicas. No caso doutros perfís que non teñan realizado un máster, necesitarase unha equivalencia de formación en créditos de investigación igual, polo menos, aos do máster que dá acceso directo.
- Perfil de ingreso de estudantes provenientes de titulacións afíns
Tamén poderán acceder estudantes procedentes de titulacións afíns. Considerarase titulación afín todos os másteres oficiais da gran área de Ciencias Sociais, agás os específicos de Xornalismo, Comunicación Audiovisual e Publicidade, e Relacións Públicas. A comisión académica avaliará de forma individualizada cada caso para determinar a obrigatoriedade de cursar un itinerario de formación complementaria a través da superación de materias específicas de comunicación (como máximo ata 15 créditos ECTS), que poderán escollerse entre a oferta obrigatoria contemplada no máster de Xornalismo ou de Comunicación que se impártese nese momento na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Esta determinación establecerase a partir da memoria da formación de orixe (Mestrado ou DEA), así como das materias destes programas cursadas por cada alumno, atendendo especialmente ás competencias adquiridas polos aspirantes en temas específicos do ámbito da comunicación e da información.
Os alumnos que accedan ao doutoramento procedentes de titulacións afíns ao ámbito da comunicación e da información deberán cursar un máximo de 15 créditos, que serán asignados pola CAPD entre as materias do mestrado de Xornalismo ou de Comunicación que se imparta nese momento na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC.
- Outros perfís
No caso doutro tipo de perfís diferentes dos anteriores, a comisión académica do programa de doutoramento establecerá a esixencia da superación de complementos de formación específicos de comunicación, que poderán elixirse entre a oferta obrigatoria contemplada no máster de Xornalismo ou de Comunicación que se imparta nese momento na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC.
Para calquera outro perfil, a CAPD estudiará os casos individualmente, podendo admitir ou non aos/ás alumnos/as e establecendo complementos formativos, no caso de ser necesario. No caso de que o/a alumno/a careza da formación previa esixida no programa, a admisión poderá quedar condicionada á superación dos complementos de formación que estableza a Comisión Académica. Estes complementos non poderán superar os 15 créditos ECTS.

Os requisitos xerais de acceso e admisión son os recollidos no Real Decreto 99/2011, do 28 de xaneiro, polo que se regulan as ensinanzas oficiais de doutorado, e na súa modificación polo Real Decreto 576/2023, do 4 de xullo. Estes son:
1. Con carácter xeral, para o acceso a un programa oficial de doutorado será necesario estar en posesión dos títulos oficiais españois de Grao, ou equivalente, e de Máster Universitario ou equivalente, sempre que se superasen, como mínimo, 300 créditos ECTS no conxunto destas dúas ensinanzas.
2. Así mesmo, poderá acceder quen se atope en algún dos seguintes supostos:
a) Estar en posesión de títulos universitarios oficiais ou títulos españois equivalentes sempre que se superasen, como mínimo, 300 créditos ECTS no conxunto destas ensinanzas e acreditar un nivel 3 do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior.
b) Estar en posesión dun título obtido conforme a sistemas educativos estranxeiros pertenecentes ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), sen necesidade da súa homologación, que acredite un nivel 7 do Marco Europeo de Cualificacións sempre que dito título habilite para o acceso a estudos de doutoramento no país de expedición do mesmo. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo que posúa o interesado nin o seu recoñecemento para outros efectos diferentes aos do acceso a ensinanzas de doutoramento.
c) Estar en posesión dun título obtido conforme a sistemas educativos estranxeiros alleos ao EEES, sen necesidade da súa homologación, previa comprobación pola universidade de que este acredita un nivel de formación equivalente ao do título oficial español de Máster universitario e que habilita no país de expedición do título para o acceso a estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo que posúa o interesado nin o seu recoñecemento para outros efectos que o do acceso a ensinanzas de doutoramento.
d) Estar en posesión doutro título de Doutor ou Doutora.
e) Igualmente poderán acceder os titulados universitarios que, previa obtención de praza en formación na correspondente proba de acceso a prazas de formación sanitaria especializada, teñan superado con avaliación positiva polo menos dous anos de formación dun programa para a obtención do título oficial dalgunha das especialidades en Ciencias da Saúde.

É requisito obrigatorio para a admisión no programa de doutoramento en Comunicación e Información Contemporánea a presentación por parte do/a estudante dunha carta de referencia dun/ha profesor/a do programa que avale a viabilidade da futura tese no marco da liña de investigación á que se vincule.
Ademais, dadas as características e o nivel científico do programa de doutoramento, os/as alumnos/as que procedan de países cuxo idioma oficial non sexa o español, agás os alumnos que procedan de países cuxo idioma oficial sexa o portugués, deberán acreditar un nivel de coñecemento B2 de español.

O programa de doutoramento poderá extinguirse por algunha das seguintes causas:

Que non supere o proceso de renovación da acreditación establecido no artigo 10 do RD 99/2011.

• Que non acredite o cumprimento dos requisitos establecidos pola normativa estatal ou autonómica vixente.

• Que se formule unha proposta de extinción do programa ao amparo dos procesos de revisión e mellora do título de acordo co procedemento aprobado pola universidade.

• Que se dea calquera situación excepcional que impida o correcto desenvolvemento do programa de doutoramento.

A extinción producirá os seguintes efectos:

• Comportará a perda do seu carácter oficial e a baixa no RUCT.

• Non se poderá matricular novo alumnado no programa de doutoramento.

• En calquera caso todo o alumnado afectado deberá ser informado da extinción e das consecuencias no relativo ao desenvolvemento dos seus estudos.

A Universidade adoptará as medidas necesarias para garantir os dereitos académicos do estudantado que estea a cursar estes estudos nos termos establecidos na resolución de extinción do plan de estudos, e aprobará o procedemento de extinción dos programas de doutoramento no seo da universidade.

Seminario métodos de investigación cualitativos

  • E3021A01

Seminario métodos de investigación cuantitativos

  • E3021A02

Seminario métodos de investigación aplicados á comunicación

  • E3021A03

Divulgación de resultados científicos

  • E3021A05

Análise e Visualización de Datos

  • E3021A06

A CAPD do programa de doutoramento avaliará de forma individualizada aos/ás candidatos/as e a aqueles con perfís que non se axusten aos indicados para o acceso directo ao programa de doutoramento propoñeralles uns complementos de formación específicos adecuados ao seu perfil. Os complementos de formación que deberán cursar estableceranse en función da formación previa do/a alumno/a e serán tales que lle permitan alcanzar as competencias necesarias para o bo desenvolvemento da súa tese doutoral dentro do programa de doutoramento. Devanditos complementos de formación poderán ser de materias ou módulos de máster e grao e terán, a efectos de prezos públicos e de concesión de bolsas e axudas ao estudo, a consideración de formación de nivel de doutoramento. No caso de realizarse con carácter previo, o seu desenvolvemento non computará a efectos do límite temporal establecido para a realización da tese. Estes créditos non computarán para os efectos dos requisitos comúns de acceso ao programa de doutoramento. No caso específico do Programa de Doutoramento en Comunicación e Información Contemporánea, considerarase a posibilidade de esixir complementos de formación (como máximo ata 15 ECTS) a aqueles perfís que non acrediten formación en másteres oficiais con contidos exclusivos de xornalismo, de comunicación, de comunicación audiovisual ou de publicidade e relacións públicas. A realización dos complementos será previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa. No caso de realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa. No caso de ser previa só se matriculará destes complementos, non se asinará o Compromiso de Supervisión nin se abrirá o Documento de Actividades do doutorando ata a súa superación, e a súa realización non computará para os efectos dos prazos mínimos e máximos marcados para a realización dos estudos de doutoramento. Os complementos son valorados pola CAPD durante o proceso de admisión, antes de formalizar a matrícula. A cada alumno/a asígnanselle uns diferentes (máis ou menos materias), segundo a proximidade que teña coas Ciencias da Comunicación (maior ou menor) a titulación coa que accede ao doutoramento. Os complementos de formación deberán superarse no prazo máximo de catro cuadrimestres consecutivos (durante o primeiro ano de matrícula). De non facelo así, o alumno causará baixa no programa.

Profesores Área
Antia Maria Lopez Gomez
Comunicación Audiovisual e Publicidade
Ana Isabel Rodriguez Vazquez
Comunicación Audiovisual e Publicidade
Enrique Castello Mayo
Comunicación Audiovisual e Publicidade
Fernando Redondo Neira
Comunicación Audiovisual e Publicidade
Roi Mendez Fernandez
Comunicación Audiovisual e Publicidade
Marta Perez Pereiro
Comunicación Audiovisual e Publicidade
Maria Soliña Barreiro Gonzalez
Comunicación Audiovisual e Publicidade
Jose Luis Castro De Paz
Comunicación Audiovisual e Publicidade
Profesores Área
Xose Lopez Garcia
Xornalismo
Jose Miguel Tuñez Lopez
Xornalismo
Xose Antonio Neira Cruz
Xornalismo
Jose Soengas Perez
Comunicación Audiovisual e Publicidade
Berta Garcia Orosa
Xornalismo
Carlos Toural Bran
Xornalismo
Jose Sixto Garcia
Xornalismo
Alba Silva Rodríguez
Xornalismo
Maria Cruz Negreira Rey
Comunicación Audiovisual e Publicidade
Jorge Vazquez Herrero
Xornalismo

A principal finalidade deste Doutoramento é garantir unha aprendizaxe que satisfaga as exixencias dos alumnos que realizaron o grao en Xornalismo ou en Comunicación Audiovisual, e tamén noutras titulacións, principalmente de Ciencias Sociais, e que desexan continuar a súa formación investigadora.

A principal finalidade do programa de doutoramento en Comunicación e Información Contemporánea é satisfacer as necesidades dos alumnos que realizaron o grao en Xornalismo ou en Comunicación Audiovisual, e tamén o dobre grao en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual, e que desexan continuar a súa formación académica e científica a través da investigación, como complemento formativo dos coñecementos adquiridos. Trátase dunha oferta que cubre e garante as necesidades de investigación e especialización que existen en Galicia no ámbito da comunicación e do xornalismo.
O Doutoramento en Comunicación e Información Contemporánea ofrece unha formación universitaria cun alto nivel de especialización para atender as necesidades académicas e científicas que se derivan das diferentes liñas de investigación vinculadas ao Xornalismo e á Comunicación Audiovisual. E tamén ofrece múltiples opcións de especialización a través de liñas de traballo xa consolidadas, explorando as linguaxes e as posibilidades informativas e comunicativas dos diferentes formatos e soportes.
Apóstase por unha formación altamente cualificada e por un coñecemento vinculado ao intercambio científico permanente a través dos convenios que existen con universidades de referencia europeas e americanas, que xa colaboran cos grupos de investigación que participan no programa de Doutoramento.
O programa ten establecidas estratexias de internacionalización que tiveron excelentes resultados, tanto desde o punto de vista científico como no relativo á presenza numerosa e estable de alumnos extranxeiros nas diferentes edicións.

- Comprensión sistemática dun ámbito de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados con dito ámbito. (Substitúese "campo" por "ámbito" a partir da aplicación do R.D. 576/2023, de 4 de xullo)
- Capacidade de concebir, deseñar ou crear, poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
- Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.
- Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
- Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.
- Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.
- Capacidade de fomentar a Ciencia Aberta e a Ciencia Cidadá, conforme ao artigo 12 da Lei Orgánica 2/2023, do 22 de marzo, como maneira de contribuír á consideración do coñecemento científico como un ben común, mediante a avaliación de actividades transversais levadas a cabo polo doutorando ou doutoranda relacionadas con diferentes dimensións da Ciencia Aberta e da Ciencia Cidadá, así como a capacitación adquirida en ambas disciplinas en formato de microcredenciais ou similar. (A partir da aplicación do R.D. 576/2023, do 4 de xullo)

  • Obter o dominio das distintas metodoloxías, sistemáticas e instrumentais da investigación (xa no campo da investigación básica ou aplicada, xa cun sesgo cuantitativo ou cualitativo) a través do estudo de diversos modelos de análises e interpretación, autores de referencia, escolas epistemolóxicas, etc
  • Adquirir o potencial creativo e de xeración de ideas orixinais de cara á superación de e/ou resolución de problemas vinculados á praxe académica e profesional nos ámbitos da Comunicación e Información, primando o recurso a aquelas habilidades de tipo disrutivo
  • Capacidade emprendedora e innovadora aplicable a diversos medios e soportes informativos e comunicativos, tanto a partir da reflexión teórica como do desenvolvemento de obxectos de estudo aplicado de carácter innovador
  • Adaptación do perfil do candidato (bagaxe sociocultural, habilidades innatas e adquiridas, et
  • c), como garante da súa imbricación no tornadizo ámbito da comunicación multimediática en diversos contornos socioculturais ou tecnoeconómicos
  • Obter a capacidade analítica e crítica no seguimento das rutinas profesionais e académicas nos diversos campos disciplinares que integran a Comunicación e a Información Contemporánea
  • Competencia técnica e profesional para a investigación cunha actitude decididamente coalescente entre o ámbito académico e as demandas da sociedade na que se inscribe, asumindo dinámicas de innovación e transferencia tecnolóxica e de coñecemento
  • Coñecemento das estruturas, tecnoloxías e procesos comunicativos nas diferentes fases da cadea de valor das industrias culturais e nas interaccións entre os axentes comunicativos: autores, institucións, empresas, medios, soportes e receptores
  • Xestión de principios toraeles na investigación no campo da comunicación, principalmente no concernente á análise e a xestión de recursos tecnolóxicos e humanos entre as institucións e empresas do sector
  • Coñecemento epistemolóxico e metodolóxico das diversas ramas da investigación, desenvolvemento e innovación da comunicación audiovisual, do xornalismo e dos contornos tecnolóxicos emerxentes

- Obter a capacidade analítica e crítica no seguimento das rutinas profesionais e académicas nos diversos campos disciplinares que integran a Comunicación e a Información Contemporánea.
- Coñecemento epistemolóxico e metodolóxico das diversas ramas da investigación, desenvolvemento e innovación da comunicación audiovisual, do xornalismo e dos entornos tecnolóxicos emerxentes.
- Xestión da investigación no campo da comunicación, principalmente no relativo á análise e á xestión de recursos tecnolóxicos e humanos entre as institucións e empresas do sector.
- Coñecemento das estruturas, tecnoloxías e procesos comunicativos nas diferentes fases da cadea de valor das industrias culturais, e nas interaccións entre os axentes comunicativos: autores, institucións, empresas, medios, soportes e receptores.
- Competencia técnica e profesional para a investigación cunha actitude decididamente conciliadora entre o ámbito académico e as demandas da sociedade na que se inscribe, asumindo dinámicas de innovación e transferencia tecnolóxica e de coñecemento.
- Adaptación do perfil do candidato (bagaxe sociocultural, habilidades innatas e adquiridas, etc.), como garantía da súa integración no cambiante e dinámico ámbito da comunicación multimedia en diversos contornos socioculturais ou tecnoeconómicos.
- Capacidade emprendedora e innovadora aplicable a diversos medios e soportes informativos e comunicativos, tanto a partir da reflexión teórica como do desenvolvemento de obxectos de estudo aplicado de carácter innovador.
- Adquirir o potencial creativo e de xeración de ideas orixinais para superar e/ou resolver problemas vinculados á práctica académica e profesional nos ámbitos da Comunicación e Información, priorizando o uso daquelas habilidades de tipo disruptivo.
- Obter o dominio das distintas metodoloxías, sistemáticas e instrumentais da investigación (xa no campo da investigación básica ou aplicada, xa cun sesgo cuantitativo ou cualitativo) a través do estudo de diversos modelos de análise e interpretación, autores de referencia, escolas epistemolóxicas, etc.

O perfil dos egresados do programa permitirálles adquirir os coñecementos e as habilidades propias das metodoloxías de investigación aplicadas á comunicación, tanto cuantitativas como cualitativas. Ademais, adquiren competencias sobre os procesos de produción, xestión e difusión da información, en todos os formatos e soportes. Outra das liñas nas que se forman os estudantes é o universo multimedia e transmedia, así como a xestión das redes sociais, tanto no que se refire á súa estrutura como á xeración de contidos.
Tamén se adquiren competencias sobre os diferentes aspectos da comunicación audiovisual, especialmente no ámbito da narrativa.

As saídas profesionais son diversas. Os contidos que se desenvolven nas liñas de investigación do programa de doutoramento son útiles para a docencia, para a investigación e para o exercicio da profesión, tanto no ámbito da comunicación como no xornalismo.

Para dar cobertura a tódolos requirimentos da actividade investigadora, ademais dos recursos propios dos centros nos que desenvolven a súa actividade os doutorandos, a USC conta con unidades de carácter centralizado que prestan os seus servicios a departamentos e grupos de investigación entre os que cabe sinalar:

A Biblioteca Universitaria que é unha unidade funcional concibida como un centro de recursos bibliográficos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, ofrece servizos como os seguintes:

•Bases de datos reunidas

•Revistas electrónicas

•Sumarios electrónicos

•Servizo de préstamo interbibliotecario

Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.

A Área de Infraestruturas de Investigación, é a estrutura organizativa, dependente da Vicerreitoría de Política Científica, que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación na USC. O obxectivo funcional da Área é dotar de maior unicidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación da USC.
https://www.usc.gal/gl/RIAIDT
As tecnoloxías da información e da comunicación son hoxe un instrumento básico sen as que non é posible desenvolver unha universidade moderna e emprendedora. A investigación, a docencia e a xestión non poden alcanzar os compromisos de calidade sen unha utilización eficiente e intensiva das TIC. O Plan Estratéxico de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións na USC (PETIC III) sinala as directrices de desenvolvemento da área TIC da USC.
https://www.usc.gal/gl/servizos/unidades/area-tecnoloxias-informacion-c…
A Área de Inclusión e Participación Social encárgase da coordinación e posta en marcha, en colaboración cos distintos centros, das actuacións necesarias destinadas a favorecer as medidas de atención á diversidade ao alumnado baixo un principio de equidade. Ao mesmo tempo, con outros servizos universitarios e, a través de convenios de colaboración con outras entidades, está a impulsarse a incorporación sociolaboral dos futuros egresados e egresadas con discapacidade ou necesidades específicas.
https://www.usc.gal/gl/servizos/area/inclusion-participacion-social
Outros recursos:

•Centro de Formación de Persoal
https://www.usc.gal/gl/servizos/unidades/centro-formacion-persoal
•Área Infraestruturas
https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/infraestruturas
•Servizo de Medios Audiovisuais (SERVIMAV)
https://www.usc.gal/gl/servizos/unidades/servizo-medios-audiovisuais-se…
•Servizo de Prevención de Riscos
https://www.usc.gal/gl/servizos/unidades/servizo-prevencion-riscos

Título Data de lectura Autoría Dirección
A Construción Social do Risco no Ecosistema Informativo Dixital: Dos Medios de Comunicación á Intelixencia Artificial no Caso do Gas Radon Mención doutoramento internacional, Tese por compendio de publicacións 23/01/2026 Noel Pascual Presa Berta Garcia Orosa
Marketing de influencia no xornalismo deportivo brasileiro: análise de dinámicas e estratexias en Instagram 31/10/2025 Henrique Marques Martins Jose Sixto Garcia

Coordinador/a
Jose Soengas Perez

Secretario/a
Jose Sixto Garcia

Vogais
Berta Garcia Orosa
Enrique Castello Mayo
Antia Maria Lopez Gomez
Ana Isabel Rodriguez Vazquez
Marta Perez Pereiro
Jose Miguel Tuñez Lopez
Xose Lopez Garcia
Alba Silva Rodríguez
Jorge Vazquez Herrero

Indicador

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

2023-2024

ID-01
Prazas Ofertadas

Número de prazas ofertadas para cada curso académico. Achega información sobre a evolución da oferta de prazas asociada a ese programa

Info da escala: Número enteiro

20,0

20,0

20,0

20,0

15,0

15,0

ID-02
Demanda

Relación porcentual das solicitudes presentadas sobre a oferta das prazas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

110,0

140,0

130,0

175,0

233,33

220,0

ID-03
Matrícula de novo ingreso

Número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Número enteiro

14,0

18,0

11,0

19,0

15,0

14,0

ID-06
Matrícula total de estudantes

Número total de alumnos matriculados en réxime de matrícula ordinaria

Info da escala: Número enteiro

87,0

94,0

91,0

75,0

70,0

61,0

ID-07
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

42,86

22,22

45,45

42,11

46,67

42,86

ID-08
Porcentaxe de estudantes procedentes doutras universidades

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso con mestrados de acceso doutras universidades e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

21,43

0,0

27,27

21,05

20,0

7,14

ID-09
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG e o número total de estudantes matriculados

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

21,43

0,0

18,18

15,79

20,0

7,14

ID-10
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidade do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades do SUG e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

9,09

5,26

0,0

0,0

ID-11
Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre o total de matriculados

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros (de fora de España) sobre o total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

43,68

45,74

40,66

41,33

42,86

42,62

ID-12
Porcentaxe de estudantes estranxeiros do EEES

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros do EEES sobre o número total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

4,6

6,38

6,59

5,33

2,86

3,28

ID-22
Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

-

Indicador

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

2023-2024

ID-13
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso que requiren complementos formativos

Relación porcentual do número de estudantes de novo ingreso que precisan complementos formativos sobre o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso, unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

71,43

55,56

18,18

0,0

20,0

35,71

ID-14
Porcentaxe de estudantes a tempo completo

Relación porcentual do número de estudantes a tempo completo sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos a tempo completo aqueles que teñan a mesma dedicación durante todo o curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

32,18

38,3

36,26

40,0

40,0

49,18

ID-15
Porcentaxe de estudantes a tempo parcial

Relación porcentual entre o número de alumnos a tempo parcial e o total de alumnos matriculados. Nota: Considéranse estudantes a tempo parcial aqueles que teñan a mesma dedicación ao longo do curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

22,99

26,6

19,78

22,67

21,43

16,39

ID-16
Porcentaxe de estudantes con dedicación mixta

Relación porcentual do número de estudantes con dedicación mixta sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos con dedicación mixta aqueles que alternan entre dedicación a tempo completo e parcial durante o mesmo curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

44,83

35,11

43,96

37,33

38,57

32,79

Indicador

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

2023-2024

ID-17
Porcentaxe de estudantes que realizan estadías de investigación (saíntes) autorizadas pola CAPD

Relación porcentual do número de estudantes que realizan estadías de investigación sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

28,57

19,44

6,06

20,0

0,0

16,67

ID-19
Porcentaxe de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes)

Relación porcentual do número de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

6,06

0,0

3,57

6,67

ID-21
Porcentaxe de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...)

Relación porcentual do número de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

21,43

16,67

15,15

13,33

28,57

30,0

Indicador

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

2023-2024

ID-24
Ratio de teses defendidas en réxime de codirección

Relación porcentual do número de teses defendidas en réxime de codirección sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Número racional con dous decimais

0,3333

0,1667

0,1333

0,1429

0,2

0,1429

ID-25
Número total de sexenios

Número total de sexenios.

Info da escala: Número enteiro

30,0

36,0

34,0

32,0

33,0

41,0

ID-26
Número medio de sexenios por PDI

Número medio de sexenios por PDI.

Info da escala: Número racional con dous decimais

1,875

2,1176

2,125

2,1333

2,0625

2,2778

ID-27
Porcentaxe de PDI con sexenios

Relación porcentual do número de PDI con sexenios sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

81,25

82,35

81,25

80,0

87,5

94,44

ID-28
Porcentaxe de PDI con sexenios vivos.

Relación porcentual do número de PDI con sexenios vivos sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

81,25

76,47

81,25

80,0

81,25

94,44

ID-29
Porcentaxe de profesorado estranxeiro sobre o profesorado total do programa

Relación porcentual do número de directores de tese estranxeiros sobre o número total de directores de tese

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

11,11

13,79

8,33

4,35

4,0

4,35

ID-30
Porcentaxe de expertos internacionais nos tribunais de tese

Relación porcentual do número de membros estranxeiros dos tribunais sobre o número total de membros dos tribunais

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

5,88

21,88

10,0

17,08

13,33

Indicador

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

2023-2024

ID-31
Número de teses defendidas

Número de teses defendidas

Info da escala: Número enteiro

6,0

6,0

15,0

7,0

10,0

7,0

ID-32
Porcentaxe de teses realizadas a tempo completo

Relación porcentual do número de teses realizadas a tempo completo sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

50,0

100,0

93,33

100,0

80,0

28,57

ID-33
Porcentaxe de teses realizadas a tempo parcial

Relación porcentual do número de teses a tempo parcial sobre o total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

50,0

0,0

6,67

0,0

20,0

14,29

ID-34
Porcentaxe de teses realizadas con dedicación mixta

Relación porcentual do número de teses realizadas con dedicación mixta sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

57,14

ID-35
Número de teses presentadas en galego

Número de teses presentadas en galego

Info da escala: Número enteiro

1,0

1,0

6,0

0,0

1,0

2,0

ID-36
Número de teses presentadas en castelán

Número de teses presentadas en castelán

Info da escala: Número enteiro

5,0

5,0

3,0

4,0

8,0

4,0

ID-37
Número de teses presentadas noutro idioma

Número de teses presentadas noutro idioma

Info da escala: Número enteiro

0,0

0,0

6,0

3,0

1,0

1,0

ID-38
Duración media dos estudos a tempo completo

Duración media (en anos) dos estudos a tempo completo

Info da escala: Número enteiro

-

3,7215

4,674

3,8822

3,6164

3,7562

ID-39
Duración media dos estudos a  tempo parcial

Duración media (en anos) dos estudos a tempo parcial.

Info da escala: Número enteiro

3,1758

4,0301

4,5628

5,1397

4,6407

4,7436

ID-40
Porcentaxe de doutorandos que defenden a súa tese sen pedir prórroga

Relación porcentual do número de estudantes que defenden a tese sen prórroga sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

66,67

0,0

0,0

14,29

20,0

71,43

ID-43
Porcentaxe de teses coa cualificación de "cum laude"

Relación porcentual do número de teses que acadan a cualificación "cum laude" sobre o total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

83,33

93,33

85,71

100,0

85,71

ID-44
Porcentaxe de teses con mención internacional

Relación porcentual do número de teses con mención internacional sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

16,67

40,0

14,29

40,0

28,57

ID-45
Porcentaxe de abandono do programa

Relación porcentual do número de estudantes que non se matricularon nin defenderon a tese no curso académico sobre o número total de estudantes matriculados no curso anteriror, unha vez descontados o número de alumnos que defenderon a tese no curso académico e os alumnos que teñen concedida unha baixa temporal

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

22,78

40,74

92,41

29,51

29,63

21,43

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.09.2025.