Ir o contido principal
STG

Programa de Doutoramento en Desenvolvemento Psicolóxico, Aprendizaxe e Saúde

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Centro(s)
Escola de Doutoramento Internacional da USC
Avenida das Ciencias, 6, 15782
Santiago de Compostela
Campus
Santiago de Compostela
Contacto
pd.dpas [at] usc.es

Este programa de doutoramento ten carácter interuniversitario e nel participan investigadores/as das universidades da Coruña e Santiago de Compostela. Nos seus equipos tamén se integran investigadores/as das universidades de Barcelona , Oviedo e Valencia, así como do Instituto Xerontolóxico Matia (INGEMA).

Duración: 3 anos académicos
Código RUCT: 5601046
Número prazas: 12

Coordinador-a do título:
Arturo Jose Pereiro Rozas
arturoxose.pereiro [at] usc.es

Linguas de uso:
Castelán, Galego, Portugués, Inglés

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela Universidade da Coruña

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
06/11/2014

Data de publicación no BOE:
19/01/2015

Data da última acreditación:
13/03/2023

Códigos ISCED:
(310) Ciencias sociales y del comportamiento
(311) Psicología
(0313) Psicología

O Programa de doutoramento ten carácter interuniversitario e nel participan investigadores/as das universidades da Coruña e Santiago de Compostela. Nos seus equipos tamén se integran investigadores/as das universidades de Barcelona, Oviedo e Valencia, así como do Instituto Xerontolóxico Matia (INGEMA).

O programa acolle a máis de 30 investigadores/as e articúlase ao redor de dúas liñas de investigación: Liña A “ Investigación en Psicoloxía do Desenvolvemento e da Educación” e Liña B “Psicoloxía da saúde”.

O obxectivo fundamental do programa é o de desenvolver competencias investigadoras nos ámbitos relacionados coas dúas liñas de investigación que se propoñen e os equipos que as conforman (i. e, manexo de bases de datos e revisión documental, planificación e implementación de deseños experimentais, avaliación psicolóxica e recollida de información, análise cualitativa e cuantitativa de datos, redacción e defensa de informes científicos e traballo en equipo multidisciplinar en grupos nacionais e internacionais).

A Liña A aglutina cinco equipos de investigación que centran a súa actividade investigadora en:

• a adquisición da linguaxe e a avaliación e intervención nos seus trastornos

• a mellora dos procesos de aprendizaxe, a avaliación das súas dificultades e a intervención psicolóxica en necesidades educativas específicas que delas se derivan

• os factores que condicionan o desenvolvemento psicosocial e o rendemento académico na adultez emerxente ou mocidade e a prevención de desaxustes neste período

• a avaliación e intervención na deterioración cognitiva e funcional no envellecemento e as demencias, particularmente, o Alzheimer.

A liña B está constituída por investigadores/as das áreas de coñecemento de Metodoloxía das ciencias do comportamento; Personalidade, avaliación e tratamentos psicolóxicos; Psicobioloxía; Psicoloxía básica; e Psicoloxía social. Estes/as investigadores/as desenvolven a súa actividade, entre outros, nos ámbitos dos movementos sociais, os efectos neuropsicolóxicos das toxinas, a análise dos movementos sociais e os comportamentos de risco, a Psicoloxía ambiental e a terapia familiar.

O programa acolle a máis de 30 investigadores/as e articúlase ao redor de dúas liñas de investigación:

  • Liña A “Investigación en Psicoloxía do Desenvolvemento e da Educación”
  • Liña B “Psicoloxía da saúde”.

O obxectivo fundamental do programa é o de desenvolver competencias investigadoras nos ámbitos relacionados coas dúas liñas de investigación que se propoñen e os equipos que as conforman (i. e, manexo de bases de datos e revisión documental, planificación e implementación de deseños experimentais, avaliación psicolóxica e recollida de información, análise cualitativa e cuantitativa de datos, redacción e defensa de informes científicos e traballo en equipo multidisciplinar en grupos nacionais e internacionais).

A Liña A aglutina cinco equipos de investigación que centran a súa actividade investigadora en:

  • A adquisición da linguaxe e a avaliación e intervención nos seus trastornos
  • A mellora dos procesos de aprendizaxe, a avaliación das súas dificultades e a intervención psicolóxica en necesidades educativas específicas que delas se derivan
  • Os factores que condicionan o desenvolvemento psicosocial e o rendemento académico na adultez emerxente ou mocidade e a prevención de desaxustes neste período
  • A avaliación e intervención na deterioración cognitiva e funcional no envellecemento e as demencias, particularmente, o Alzheimer.

A liña B está constituída por investigadores/as das áreas de coñecemento de Metodoloxía das ciencias do comportamento; Personalidade, avaliación e tratamentos psicolóxicos; Psicobioloxía; Psicoloxía básica; e Psicoloxía social. Estes/as investigadores/as desenvolven a súa actividade, entre outros, nos ámbitos dos movementos sociais, os efectos neuropsicolóxicos das toxinas, a análise dos movementos sociais e os comportamentos de risco, a Psicoloxía ambiental e a terapia familiar.

Os candidatos a ser admitidos no Programa terán acceso preferente cando teñan superado polo menos 60 ECTS nalgún dos seguintes másteres:

• Máster Universitario en Xerontoloxía (Interuniversitario: UdC, USC)

• Máster Universitario en Innovación, Orientación e Avaliación Educativa (UdC)-Máster Universitario en Intervención na Discapacidade e a Dependencia (UdC)

• Máster Oficial en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías (Interuniversitario: UdC, USC, USAL).

• Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Linguas (UdC/USC).

• Máster Universitario en Psicoloxía Aplicada (UdC)-Máster Universitario en Psicoxerontoloxía (Interuniversitario: USC, UV, USAL, UB).

• Máster Universitario en Intervención no Desenvolvemento Psicolóxico e a Aprendizaxe (USC).

Tamén terán preferencia de acceso ao programa os estudantes co título de DEA obtido a través dos programas extinguidos ou en extinción vinculados aos departamentos de Psicoloxía Evolutiva e da Educación (USC e UdC), e de Psicoloxía da UdC.

A CAPD valorará a idoneidade da formación dos candidatos que acrediten superar polo menos 60 ECTS nalgún outro máster oficial cando tras a admisión preferente de alumnos/as queden prazas vacantes.

A CAPD analizará o perfil formativo dos doutorandos tendo en conta a súa formación de grao e posgrao e, en virtude da liña de investigación na que se matricule, establecerá os Complementos Formativos (CF) concretos que debe cursar o/a doutorando/a dentro da oferta dispoñible.

Os complementos de formación serán establecidos para cada doutorando/a tendo en conta tres ámbitos básicos de formación: Deseños e métodos de investigación, Análise de datos, e Manexo de bases de datos e elaboración de informes científicos.

En canto ao nivel de coñecemento de linguas esixido, tanto a UdC como a USC establecen que os alumnos deben dispor dun nivel de coñecemento de inglés B1 acreditado documentalmente en relación ao Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas. Para os estudantes que realicen as súas estancias en centros de investigación no estranxeiro dentro do PD establécense os seguintes niveis de coñecemento:

• Francés ou inglés: Nivel mínimo B2.

• Alemán Nivel mínimo B1.

• Italiano: Nivel mínimo A2.

• Portugués: non se esixe requisito lingüístico.

O nivel de coñecemento de idiomas esixido poderá ser acreditado con posterioridade á estancia de investigación antes de que transcorra 1 ano.

Acceso

1. Con carácter xeral, para o acceso a un programa oficial de doutoramento será necesario estar en posesión dos títulos oficiais españois de Grao, ou equivalente, e de Máster universitario, ou equivalente, sempre que se teñan cursado, polo menos, 300 créditos ECTS no conxunto destas dúas ensinanzas.

2. Así mesmo, poderá acceder quen se atope nalgún dos seguintes supostos:

a) Estar en posesión dun título universitario oficial español ou doutro país integrante do Espazo Europeo de Educación Superior, que habilite para o acceso ao máster de acordo co establecido no artigo 16 do RD 1393/2007, e superar un mínimo de 300 créditos ECTS no conxunto de estudos universitarios oficiais, dos cales polo menos 60 deberán ser de nivel de máster.

b) Estar en posesión dun título oficial español de graduado ou graduada, cuxa duración, conforme normas de dereito comunitario, sexa de polo menos 300 créditos ECTS. Ditos titulados deberán cursar con carácter obrigatorio os complementos de formación requiridos polo programa, agás que o plan de estudos do correspondente título de grao inclúa créditos de formación en investigación equivalentes en valor formativo aos créditos en investigación procedentes de estudos de máster.

c) Os titulados universitarios que, logo da obteren praza en formación na correspondente proba de acceso a prazas de formación sanitaria especializada, superen con avaliación positiva polo menos dous anos de formación dun programa para a obtención do título oficial dalgunha das especialidades en ciencias da saúde.

d) Estar en posesión dun título obtido conforme sistemas educativos estranxeiros, sen necesidade da súa homologación, logo da comprobación pola Universidade de que este acredita un nivel de formación equivalente á do título oficial español de máster universitario e que faculta no país expedidor do título para o acceso a estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo do cal estea en posesión o interesado nin o seu recoñecemento para outros efectos que o do acceso a ensinos de doutoramento.

e) Estar en posesión doutro título español de doutor obtido conforme anteriores ordenacións universitarias.

f) Estar en posesión dun título universitario oficial que obtivera a correspondencia ao nivel 3 do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior, de acordo co procedemento establecido no Real Decreto 967/2014, de 21 de novembro, polo que se establecen os requisitos e o procedemento para a homologación e declaración de equivalencia a titulación e a nivel académico universitario oficial e para a validación de estudos estranxeiros de Educación Superior, e o procedemento para determinar a correspondencia aos niveis do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior dos títulos oficiais de Arquitecto, Enxeñeiro, Licenciado, Arquitecto Técnico, Enxeñeiro Técnico e Diplomado.

3. Os doutorandos que iniciasen o seu programa de doutoramento conforme anteriores ordenacións universitarias poderán acceder ao ensino de doutoramento, logo da súa admisión de acordo co establecido no Regulamento de estudos de doutoramento da USC. En todo caso deberán reunir os requisitos establecidos con carácter xeral no citado Regulamento para acceder aos estudos de doutoramento.

4. Poderán acceder aos estudos de doutoramento os licenciados, arquitectos ou enxeñeiros que posúan o diploma de estudos avanzados obtido de acordo co disposto no Real decreto 778/1998, do 30 de abril, ou alcancen a suficiencia investigadora regulada no Real decreto 185/1985, do 23 de xaneiro.

5. Poderán acceder aos estudos de doutoramento os licenciados, arquitectos ou enxeñeiros que posúan un título de máster oficial conforme o Real decreto 56/2005 ou o Real decreto 1393/2007, modificado polo Real decreto 861/2010, ou teñan superados 60 ECTS de estudos de máster oficial.

6. Tamén poderán acceder os diplomados, enxeñeiros técnicos ou arquitectos técnicos que acrediten ter 300 créditos ECTS superados no conxunto de estudos universitarios oficiais, dos cales, polo menos 60, deberán ser de nivel de máster.

A prelación no acceso dos candidatos/as establecerase en cada universidade en relación aos seguintes criterios de selección:

>
a) En primeiro lugar, terán preferencia de acceso a estes estudos os estudantes que dispoñan do título de grao en, por esta orde, Psicoloxía, Logopedia, Terapia Ocupacional, Psicopedagoxía, Mestre de Infantil ou Primaria

>
b) En segundo lugar, os estudantes serán puntuados prorrateadamente sobre un máximo de 6 puntos en relación á súa puntuación no expediente académico de grao e a un máximo de 2 puntos en relación ao nivel de coñecemento de inglés acreditado documentalmente

>
c) En terceiro lugar, valorarase ata 1 punto o axuste da carta de motivacións e intereses do estudante en relación a cada un dos tópicos de investigación que desenvolve cada equipo de investigación de cada unha das liñas do Programa.

O programa de doutoramento poderá extinguirse por algunha das seguintes causas:

• Que non supere o proceso de renovación da acreditación establecido no artigo 10 do RD 99/2011.

• Que non acredite o cumprimento dos requisitos establecidos pola normativa estatal ou autonómica vixente.

• Que se formule unha proposta de extinción do programa ao abeiro dos procesos de revisión e mellora do título de acordo co procedemento aprobado pola universidade.

• Que concorra calquera situación excepcional que impida o correcto desenvolvemento do programa de doutoramento.

A extinción producirá os seguintes efectos:

• Comportará a perda do seu carácter oficial e a baixa no RUCT.

• Non se poderá matricular novo alumnado no programa de doutoramento.

• En calquera caso todo o alumnado afectado deberá ser informado da extinción e das consecuencias desta no relativo ao desenvolvemento dos seus estudos.

A Universidade adoptará as medidas necesarias para garantir os dereitos académicos do alumnado que estea cursando os ditos estudos nos termos establecidos na resolución de extinción do plan de estudo, e aprobará o procedemento de extinción dos programas de doutoramento no seo da universidade.

Manexo de bases de datos e recursos documentais electrónicos (USC)

  • E3111A01

Cursos de formación de usuarios (UDC)

  • E3111A02

Presentación pública do traballo de revisión sobre o estado da cuestión no tópico de investigación

  • E3111A03

Elaboración e presentación de comunicación científica oral e/ou poster en reunión científica de ámbito nacional ou internacional con temática relacionada co tópico de investigación

  • E3111A04

Elaboración e presentación de comunicación científica oral en reunión científica de ámbito internacional con temática relacionada co tópico de investigación

  • E3111A05

Presentación pública dos avances no traballo de investigación

  • E3111A06

Estancias en centros de investigación nacionais ou estranxeiros con investigadores de prestixio no ámbito de investigación elixido

  • E3111A07

Elaboración e aceptación de artigo científico en publicacións con impacto JCR

  • E3111A08

A CAPD valorará a idoneidade da formación dos candidatos que acrediten superar polo menos 60 ECTS nalgún outro máster oficial cando tras a admisión preferente de alumnos/as queden prazas vacantes. A CAPD analizará o perfil formativo dos doutorandos tendo en conta a súa formación de grao e posgrao e, en virtude da liña de investigación na que se matricule, establecerá os Complementos Formativos (CF) concretos que debe cursar o/a doutorando/a dentro da oferta dispoñible.

Os complementos de formación serán establecidos para cada doutorando/a tendo en conta tres ámbitos básicos de formación: Deseños e métodos de investigación, Análise de datos, e Manexo de bases de datos e elaboración de informes científicos.

Profesores Área
Maria Soledad Rodriguez Gonzalez
Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
Carolina Tinajero Vacas
Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Jose Eulogio Real Deus
Psicoloxía Organizacional, Xurídica Forense e Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
Maria Del Carmen Torres Maroño
Psicoloxía Evolutiva e da Educación
María Fernanda Páramo Fernández
Psicoloxía Evolutiva e da Educación
María Adelina Guisande Couñago
Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Zeltia Martínez López
Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Maria Emma Mayo Pais
Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Leandro Da Silva Almeida
Escola de Doutoramento Internacional
Profesores Área
Maria Pilar Fernandez Fernandez
Escola de Doutoramento Internacional
Miguel Perez Pereira
Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Manuel Peralbo Uzquiano
Escola de Doutoramento Internacional
Teresa Juana García Real
Escola de Doutoramento Internacional
Anastasiia Ogneva
Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Profesores Área
Onesimo Juncos Rabadan
Psicoloxía Evolutiva e da Educación
David Facal Mayo
Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Arturo Jose Pereiro Rozas
Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Cristina Lojo Seoane
Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Susana Cid Fernandez
Psicoloxía Evolutiva e da Educación
María Campos Magdaleno
Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Sabela Carme Mallo López
Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Profesores Área
Jose Eulogio Real Deus
Psicoloxía Organizacional, Xurídica Forense e Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
Silvia López Larrosa
Escola de Doutoramento Internacional
José Carlos Núñez Pérez
Escola de Doutoramento Internacional
Antonio Valle Arias
Escola de Doutoramento Internacional
Susana Rodríguez Martínez
Escola de Doutoramento Internacional
Isabel Piñeiro Aguín
Escola de Doutoramento Internacional
Ramón González Cabanach
Escola de Doutoramento Internacional
Profesores Área
Eva María Taboada Ares
Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Rosa María Rivas Torres
Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Santiago Lopez Gomez
Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Profesores Área
Montserrat Durán Bouza
Escola de Doutoramento Internacional
Carmen De Labra Pinedo
Escola de Doutoramento Internacional
Blanca Laffon Lage
Escola de Doutoramento Internacional
Rosa María Fernández García
Escola de Doutoramento Internacional
María Ángeles González Fernández
Escola de Doutoramento Internacional
Adriana Ávila Álvarez
Escola de Doutoramento Internacional
Aliciagloria Risso Migues
Escola de Doutoramento Internacional

O obxectivo fundamental do programa é o de desenvolver competencias investigadoras nos ámbitos relacionados coas dúas liñas de investigación que se propoñen e os equipos que as conforman (i. e, manexo de bases de datos e revisión documental, planificación e implementación de deseños experimentais, avaliación psicolóxica e recollida de información, análise cualitativa e cuantitativa de datos, redacción e defensa de informes científicos e traballo en equipo multidisciplinar en grupos nacionais e internacionais).

O Programa de doutoramento ten carácter interuniversitario e nel participan investigadores/as das universidades da Coruña e Santiago de Compostela. Nos seus equipos tamén se integran investigadores/as das universidades de Barcelona, Oviedo e Valencia, así como do Instituto Xerontolóxico Matia (INGEMA).

O programa acolle a máis de 30 investigadores/as e articúlase ao redor de dúas liñas de investigación: Liña A “ Investigación en Psicoloxía do Desenvolvemento e da Educación” e Liña B “Psicoloxía da saúde”.

O obxectivo fundamental do programa é o de desenvolver competencias investigadoras nos ámbitos relacionados coas dúas liñas de investigación que se propoñen e os equipos que as conforman (i. e, manexo de bases de datos e revisión documental, planificación e implementación de deseños experimentais, avaliación psicolóxica e recollida de información, análise cualitativa e cuantitativa de datos, redacción e defensa de informes científicos e traballo en equipo multidisciplinar en grupos nacionais e internacionais).

A Liña A aglutina cinco equipos de investigación que centran a súa actividade investigadora en:

• a adquisición da linguaxe e a avaliación e intervención nos seus trastornos

• a mellora dos procesos de aprendizaxe, a avaliación das súas dificultades e a intervención psicolóxica en necesidades educativas específicas que delas se derivan

• os factores que condicionan o desenvolvemento psicosocial e o rendemento académico na adultez emerxente ou mocidade e a prevención de desaxustes neste período

• a avaliación e intervención na deterioración cognitiva e funcional no envellecemento e as demencias, particularmente, o Alzheimer.

A liña B está constituída por investigadores/as das áreas de coñecemento de Metodoloxía das ciencias do comportamento; Personalidade, avaliación e tratamentos psicolóxicos; Psicobioloxía; Psicoloxía básica; e Psicoloxía social. Estes/as investigadores/as desenvolven a súa actividade, entre outros, nos ámbitos dos movementos sociais, os efectos neuropsicolóxicos das toxinas, a análise dos movementos sociais e os comportamentos de risco, a Psicoloxía ambiental e a terapia familiar.

• Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co devandito campo

• Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación

• Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal

• Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas

• Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional

• Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.

  • ET01. Capacidade para adecuar ao compromiso ético establecido no Código Deontolóxico do psicólogo o proxecto de investigación e os informes científicos xerados na práctica investigadora
  • ET02. Capacidade para analizar e comprender de xeito crítico, e expoñer sinteticamente, oralmente e por escrito nos idiomas que se usan habitualmente na comunidade científica, as múltiples e complexas achegas teóricas sobre o tópico de investigación elixido no ámbito do desenvolvemento psicolóxico, a aprendizaxe e/ou a saúde
  • ET03. Capacidade para elaborar e poñer en práctica un deseño metodolóxico completo dunha investigación novedosa, tanto en equipo como de xeito autónomo nun contexto internacional ou multidisciplinar, a través dunha investigación orixinal que permita xerar innovación e emprendemento no ámbito do desenvolvemento psicolóxico, a aprendizaxe e/ou a saúde
  • ET04. Dispoñer da habilidade para realizar procuras de información relevante e xerar coñecemento científico en ámbitos do desenvolvemento psicolóxico, a aprendizaxe e/ou a saúde na que esta escasea e ser capaz de comunicala á comunidade científica e á sociedade, e formular xuízos con información limitada
  • ET05. Capacidade para responder a preguntas crave, enfrontarse á resolución de problemas complexos de xeito novedoso e innovador e defender as solucións propostas no ámbito do desenvolvemento psicolóxico, a aprendizaxe e/ou a saúde.

• ET01- Capacidade para adecuar ao compromiso ético establecido no Código Deontolóxico do psicólogo o proxecto de investigación e os informes científicos xerados na práctica investigadora

• ET02- Capacidade para analizar e comprender de xeito crítico, e expoñer sinteticamente, oralmente e por escrito nos idiomas que se usan habitualmente na comunidade científica, as múltiples e complexas achegas teóricas sobre o tópico de investigación elixido no ámbito do desenvolvemento psicolóxico, a aprendizaxe e/ou a saúde

• ET03- Capacidade para elaborar e poñer en práctica un deseño metodolóxico completo dunha investigación novedosa, tanto en equipo como de xeito autónomo nun contexto internacional ou multidisciplinar, a través dunha investigación orixinal que permita xerar innovación e emprendemento no ámbito do desenvolvemento psicolóxico, a aprendizaxe e/ou a saúde

• ET04- Dispoñer da habilidade para realizar procuras de información relevante e xerar coñecemento científico en ámbitos do desenvolvemento psicolóxico, a aprendizaxe e/ou a saúde na que esta escasea e ser capaz de comunicala á comunidade científica e á sociedade, e formular xuízos con información limitada

• ET05- Capacidade para responder a preguntas crave, enfrontarse á resolución de problemas complexos de xeito novedoso e innovador e defender as solucións propostas no ámbito do desenvolvemento psicolóxico, a aprendizaxe e/ou a saúde.

Para dar cobertura a todos os requirimentos da actividade investigadora, ademais dos recursos propios dos centros nos que desenvolven a súa actividade os doutorandos, a USC conta con unidades de carácter centralizado que prestan os seus servizos a departamentos e grupos de investigación entre os que cabe sinalar:

A Biblioteca Universitaria que é unha unidade funcional concibida como un centro de recursos bibliográficos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, ofrece servizos como os seguintes:

• Bases de datos reunidas

• Revistas electrónicas

• Sumarios electrónicos

• Servizo de préstamo interbibliotecario

Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo Universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.

A Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico (RIAIDT) é a estrutura organizativa que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación da USC. O obxectivo da RIAIDT é darlle unha meirande unidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación cos que conta a USC.

A Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ATIC) da USC ten a misión de deseñar, planificar, xestionar, administrar e asegurar as infraestruturas e servizos baseados en tecnoloxías da información e comunicación (TIC) prestados á comunidade universitaria nos ámbitos da docencia, a investigación e a xestión administrativa.

O respecto á diversidade e o desenvolvemento de políticas activas de incorporación e integración de estudantes con necesidades especiais son dous principios e liñas de actuación recollidos na Memoria de Responsabilidade Social da USC. A tal efecto, o Servizo de Participación e Integración Universitaria encárgase da coordinación, en colaboración cos distintos centros e entidades, e posta en marcha das actuacións necesarias para favorecer a igualdade entre todos os membros da comunidade universitaria.

Outros recursos:

Centro de tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA)

Redes de aulas de informática

Área de xestión de infraestruturas

Servizo de medios audiovisuais

Servizo de prevención de riscos

Unha descrición máis detallada dos recursos materiais está dispoñible no apartado sete da Memoria do Título

Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

Coordinador/a
Arturo Jose Pereiro Rozas

Vogais
Carolina Tinajero Vacas
Rosa María Rivas Torres
María Adelina Guisande Couñago

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-01
Prazas Ofertadas

Número de prazas ofertadas para cada curso académico. Achega información sobre a evolución da oferta de prazas asociada a ese programa

Info da escala: Número enteiro

10,0

12,0

12,0

12,0

12,0

12,0

ID-02
Demanda

Relación porcentual das solicitudes presentadas sobre a oferta de prazas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

166,67

58,33

83,33

150,0

125,0

ID-03
Matrícula de novo ingreso

Número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Número enteiro

1,0

13,0

2,0

4,0

5,0

4,0

ID-06
Matrícula total de estudantes

Número total de estudantes matriculados en réxime de matrícula ordinaria

Info da escala: Número enteiro

16,0

27,0

23,0

22,0

24,0

23,0

ID-07
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster.

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

53,85

50,0

50,0

40,0

75,0

ID-08
Porcentaxe de estudantes procedentes de outras universidades

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso con mestrados de acceso doutras universidades e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

30,77

0,0

0,0

20,0

25,0

ID-09
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG e o número total de estudantes matriculados

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

30,77

0,0

0,0

20,0

25,0

ID-10
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidade do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades do SUG e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-11
Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre o total de matriculados

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros (de fora de España) sobre o total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

31,25

29,63

34,78

27,27

29,17

30,43

ID-12
Porcentaxe de estudantes estranxeiros do EEES

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros do EEES sobre o número total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

12,5

18,52

21,74

18,18

16,67

17,39

ID-22
Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-13
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso que requiren complementos formativos

Relación porcentual do número de estudantes de novo ingreso que precisan complementos formativos sobre o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso, unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

7,69

0,0

0,0

20,0

0,0

ID-14
Porcentaxe de estudantes a tempo completo

Relación porcentual do número de estudantes a tempo completo sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos a tempo completo aqueles que teñan a mesma dedicación durante todo o curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

37,5

29,63

34,78

31,82

29,17

13,04

ID-15
Porcentaxe de estudantes a tempo parcial

Relación porcentual do número de estudantes a tempo parcial sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos a tempo parcial aqueles que teñen a mesma dedicación durante todo o curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

31,25

44,44

30,43

27,27

37,5

34,78

ID-16
Porcentaxe de estudantes con dedicación mixta

Relación porcentual do número de estudantes con dedicación mixta sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos con dedicación mixta aqueles que alternan entre dedicación a tempo completo e parcial durante o mesmo curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

31,25

25,93

34,78

40,91

33,33

52,17

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-17
Porcentaxe de estudantes que realizan estadías de investigación (saíntes) autorizadas pola CAPD

Relación porcentual do número de estudantes que realizan estadías de investigación sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

33,33

0,0

25,0

0,0

28,57

0,0

ID-19
Porcentaxe de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes)

Relación porcentual do número de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

14,29

0,0

ID-21
Porcentaxe de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...)

Relación porcentual do número de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

20,0

16,67

16,67

60,0

200,0

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-24
Ratio de teses defendidas en réxime de codirección

Relación porcentual do número de teses defendidas en réxime de codirección sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Número racional con dous decimais

1,0

1,0

1,0

0,5

-

1,0

ID-25
Número total de sexenios

Número total de sexenios.

Info da escala: Número enteiro

25,0

28,0

29,0

28,0

31,0

25,0

ID-26
Número medio de sexenios por PDI

Número medio de sexenios por PDI.

Info da escala: Número racional con dous decimais

2,2727

2,5455

2,9

2,5455

2,8182

2,2727

ID-27
Porcentaxe de PDI con sexenios

Relación porcentual do número de PDI con sexenios sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

90,91

100,0

90,91

ID-28
Porcentaxe de PDI con sexenios vivos.

Relación porcentual do número de PDI con sexenios vivos sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

54,55

63,64

60,0

45,45

63,64

45,45

ID-29
Porcentaxe de profesorado estranxeiro sobre o profesorado total do programa

Relación porcentual do número de directores de tese estranxeiros sobre o número total de directores de tese

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

3,57

2,94

2,94

0,0

0,0

0,0

ID-30
Porcentaxe de expertos internacionais nos tribunais de tese

Relación porcentual do número de membros estranxeiros dos tribunais sobre o número total de membros dos tribunais

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

33,33

-

17,08

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-31
Número de teses defendidas

Número de teses defendidas

Info da escala: Número enteiro

1,0

2,0

1,0

2,0

0,0

2,0

ID-32
Porcentaxe de teses realizadas a tempo completo

Relación porcentual do número de teses realizadas a tempo completo sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

100,0

-

100,0

ID-33
Porcentaxe de teses realizadas  a tempo parcial

Relación porcentual do número de teses realizadas a tempo parcial sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

-

0,0

ID-34
Porcentaxe de teses realizadas con dedicación mixta

Relación porcentual do número de teses realizadas con dedicación mixta sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

-

0,0

ID-35
Número de teses presentadas en galego

Número de teses presentadas en galego

Info da escala: Número enteiro

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-36
Número de teses presentadas en castelán

Número de teses presentadas en castelán

Info da escala: Número enteiro

1,0

2,0

0,0

0,0

0,0

2,0

ID-37
Número de teses presentadas noutro idioma

Número de teses presentadas noutro idioma

Info da escala: Número enteiro

0,0

0,0

1,0

2,0

0,0

0,0

ID-38
Duración media dos estudos a tempo completo

Duración media (en anos) dos estudos a tempo completo

Info da escala: Número enteiro

-

3,9452

4,9315

4,6274

-

4,9315

ID-39
Duración media dos estudos a  tempo parcial

Duración media (en anos) dos estudos a tempo parcial.

Info da escala: Número enteiro

2,9589

4,8986

-

3,4658

-

3,7534

ID-40
Porcentaxe de doutorandos que defenden a súa tese sen pedir prórroga

Relación porcentual do número de estudantes que defenden a tese sen prórroga sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

0,0

0,0

0,0

-

0,0

ID-43
Porcentaxe de teses coa cualificación de “cum laude”

Relación porcentual do número de teses que acadan a cualificación de “cum laude” sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

100,0

-

100,0

ID-44
Porcentaxe de teses con mención internacional

Relación porcentual do número de teses con mención internacional sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

100,0

-

0,0

ID-45
Porcentaxe de abandono do programa

Relación porcentual do número de estudantes que non se matricularon nin defenderon a tese no curso académico sobre o número total de estudantes matriculados no curso anteriror, unha vez descontados o número de alumnos que defenderon a tese no curso académico e os alumnos que teñen concedida unha baixa temporal

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

35,71

61,54

104,76

5,26

19,05

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.07.2023.