Ir o contido principal
STG

Programa de Doutoramento en Desenvolvemento Rexional e Integración Económica

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Centro(s)
Escola de Doutoramento Internacional da USC
Avenida das Ciencias, 6, 15782
Santiago de Compostela
Campus
Santiago de Compostela
Contacto
pd.drie [at] usc.es

Este programa de doutoramento proporciona unha dobre continuidade: en primeiro lugar, ao programa de doutoramento previamente existente, e en segundo lugar ao Máster Oficial en Desenvolvemento Rexional e Integración Económica, que lle aporta o período de docencia. Trátase dun programa rigoroso, transversal e coa participación de múltiples áreas de coñecemento buscando a interdisciplinariedade na análise máis que a excesiva especialización que se daba nalgúns dos cursos de doutoramento de natureza máis formalista, escasamente intensivos e sen apenas orientación á formación investigadora.

Duración: 3 anos académicos
Código RUCT: 5600486
Número prazas: 10

Coordinador-a do título:
Melchor Fernandez Fernandez
melchor.fernandez [at] usc.es

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
05/12/2013

Data de publicación no BOE:
11/03/2014

Data da última acreditación:
27/07/2022

Códigos ISCED:
(314) Economía
(310) Ciencias sociales y del comportamiento
(0311) Economía

O Programa de Doutoramento xustifícase pola dobre continuidade que dá: en primeiro lugar, ao Programa de Doutoramento previamente existente, e en segundo lugar ao Máster Oficial en Desenvolvemento Rexional e Integración Económica, que lle aporta o período de docencia. De feito, o Máster en Desenvolvemento Rexional e Integración Económica naceu como continuación de dous Programas de Doutoramento existentes no IDEGA e na Facultade de Ciencias Económicas, como un intento de implantar un Doutoramento de Calidade. De alí que se implantara como un Programa rigoroso, transversal e coa participación de múltiples áreas de coñecmento buscando a interdisciplinariedade na análise máis que a excesiva especialización que se daba nalgúns dos cursos de doutoramento de natureza máis formalista, escasamente intensivos e sen apenas orientación á formación investigadora.

O Programa caracterízase pola priorización dunhas liñas de investigación moi concretas (cambio demográfico, desenvolvemento rexional e internalización, economía laboral, política agraria e desenvolvemento rural, avaliación e planificación económica rexional e sociedade da información e desenvolvemento urbano-rexional), áreas nas que os grupos implicados poden ofrecer a experiencia de investigadores de gran calidade no ámbito nacional e internacional, todo isto sen prexuízo de que, en casos xustificados, se poidan formular teses noutras liñas de investigación dentro do eido da análise ecónomica aplicada.

O Programa caracterízase pola priorización dunhas liñas de investigación moi concretas (cambio demográfico, desenvolvemento rexional e internalización, economía laboral, política agraria e desenvolvemento rural, avaliación e planificación económica rexional e sociedade da información e desenvolvemento urbano-rexional), áreas nas que os grupos implicados poden ofrecer a experiencia de investigadores de gran calidade no ámbito nacional e internacional, todo isto sen prexuízo de que, en casos xustificados, se poidan formular teses noutras liñas de investigación dentro do eido da análise económica aplicada.

O perfil de ingreso recomendado para a admisión no período de investigación é ter cursado e superado o Máster en Desenvolvemento Rexional e Integración Económica ofertado pola USC. Neste caso, a actividade no período de investigación centrarase unicamente na elaboración da tese doutoral. Tamén poden ser admitidos no período de investigación os estudantes provenientes de másteres oficiais das áreas de Economía, Empresa, Xeografía, Historia, Relacións Laborais, Ciencias Políticas, se ben todos eles deberán cursar as actividades formativas a tal efecto no período de investigación, antes de elaborar a tese doutoral. Tamén terán acceso sen complementos os estudantes co título de DEA obtido a través dos seguintes Programas da USC:

- Programa de Doutoramento en Economía.

- Programa de Doutoramento en Desenvolvemento Rexional e Integración Económica.

- Programa de Doutoramento en Integración Económica, Desenvolvemento e Medio ambiente.

No caso doutros perfís que non tivesen realizado máster necesitarase unha equivalencia de formación en créditos de investigación, iguais polo menos aos do máster que dea acceso directo, que serán 15 ECTS.

Os estudantes con título estranxeiro sen homologar poderán solicitar a admisión nos estudos de doutoramento sempre que se acredite un nivel de formación equivalente ao do título oficial español de máster universitario e faculte no país expedidor do título para o acceso aos estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en caso ningún, a homologación do título previo nin o recoñecemento para outros efectos que os de acceso a estas ensinanzas.

Acceso

1. Con carácter xeral, para o acceso a un programa oficial de doutoramento será necesario estar en posesión dos títulos oficiais españois de Grao, ou equivalente, e de Máster universitario, ou equivalente, sempre que se teñan cursado, polo menos, 300 créditos ECTS no conxunto destas dúas ensinanzas.

2. Así mesmo, poderá acceder quen se atope nalgún dos seguintes supostos:

a) Estar en posesión dun título universitario oficial español ou doutro país integrante do Espazo Europeo de Educación Superior, que habilite para o acceso ao máster de acordo co establecido no artigo 16 do RD 1393/2007, e superar un mínimo de 300 créditos ECTS no conxunto de estudos universitarios oficiais, dos cales polo menos 60 deberán ser de nivel de máster.

b) Estar en posesión dun título oficial español de graduado ou graduada, cuxa duración, conforme normas de dereito comunitario, sexa de polo menos 300 créditos ECTS. Ditos titulados deberán cursar con carácter obrigatorio os complementos de formación requiridos polo programa, agás que o plan de estudos do correspondente título de grao inclúa créditos de formación en investigación equivalentes en valor formativo aos créditos en investigación procedentes de estudos de máster.

c) Os titulados universitarios que, logo da obteren praza en formación na correspondente proba de acceso a prazas de formación sanitaria especializada, superen con avaliación positiva polo menos dous anos de formación dun programa para a obtención do título oficial dalgunha das especialidades en ciencias da saúde.

d) Estar en posesión dun título obtido conforme sistemas educativos estranxeiros, sen necesidade da súa homologación, logo da comprobación pola Universidade de que este acredita un nivel de formación equivalente á do título oficial español de máster universitario e que faculta no país expedidor do título para o acceso a estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo do cal estea en posesión o interesado nin o seu recoñecemento para outros efectos que o do acceso a ensinos de doutoramento.

e) Estar en posesión doutro título español de doutor obtido conforme anteriores ordenacións universitarias.

f) Estar en posesión dun título universitario oficial que obtivera a correspondencia ao nivel 3 do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior, de acordo co procedemento establecido no Real Decreto 967/2014, de 21 de novembro, polo que se establecen os requisitos e o procedemento para a homologación e declaración de equivalencia a titulación e a nivel académico universitario oficial e para a validación de estudos estranxeiros de Educación Superior, e o procedemento para determinar a correspondencia aos niveis do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior dos títulos oficiais de Arquitecto, Enxeñeiro, Licenciado, Arquitecto Técnico, Enxeñeiro Técnico e Diplomado.

3. Os doutorandos que iniciasen o seu programa de doutoramento conforme anteriores ordenacións universitarias poderán acceder ao ensino de doutoramento, logo da súa admisión de acordo co establecido no Regulamento de estudos de doutoramento da USC. En todo caso deberán reunir os requisitos establecidos con carácter xeral no citado Regulamento para acceder aos estudos de doutoramento.

4. Poderán acceder aos estudos de doutoramento os licenciados, arquitectos ou enxeñeiros que posúan o diploma de estudos avanzados obtido de acordo co disposto no Real decreto 778/1998, do 30 de abril, ou alcancen a suficiencia investigadora regulada no Real decreto 185/1985, do 23 de xaneiro.

5. Poderán acceder aos estudos de doutoramento os licenciados, arquitectos ou enxeñeiros que posúan un título de máster oficial conforme o Real decreto 56/2005 ou o Real decreto 1393/2007, modificado polo Real decreto 861/2010, ou teñan superados 60 ECTS de estudos de máster oficial.

6. Tamén poderán acceder os diplomados, enxeñeiros técnicos ou arquitectos técnicos que acrediten ter 300 créditos ECTS superados no conxunto de estudos universitarios oficiais, dos cales, polo menos 60, deberán ser de nivel de máster.

• Expediente académico: 50%

• Coñecementos de linguas (Os candidatos deberán presentar documentación xustificativa (p.e. First Certificate, etc.): 10%

• Currículo: 20%

• Experiencia profesional (Os candidatos deberán presentar documentación xustificativa (certificación vida laboral, copia de contratos, etc.): 10%

• Experiencia investigadora: (Os candidatos deberán presentar documentación xustificativa (publicación de artigos, monografías, participación en grupos de investigación, etc.): 10%

O programa de doutoramento poderá extinguirse por algunha das seguintes causas:

• Que non supere o proceso de renovación da acreditación establecido no artigo 10 do RD 99/2011.

• Que non acredite o cumprimento dos requisitos establecidos pola normativa estatal ou autonómica vixente.

• Que se formule unha proposta de extinción do programa ao abeiro dos procesos de revisión e mellora do título de acordo co procedemento aprobado pola universidade.

• Que concorra calquera situación excepcional que impida o correcto desenvolvemento do programa de doutoramento.

A extinción producirá os seguintes efectos:

• Comportará a perda do seu carácter oficial e a baixa no RUCT.

• Non se poderá matricular novo alumnado no programa de doutoramento.

• En calquera caso todo o alumnado afectado deberá ser informado da extinción e das consecuencias desta no relativo ao desenvolvemento dos seus estudos.

A Universidade adoptará as medidas necesarias para garantir os dereitos académicos do alumnado que estea cursando os ditos estudos nos termos establecidos na resolución de extinción do plan de estudo, e aprobará o procedemento de extinción dos programas de doutoramento no seo da universidade.

Taller de doutoramento

  • E3041A01

Participación en congresos e xornadas científicas relevantes no ámbito das ciencias sociais

  • E3041A02

Estancias de investigación

  • E3041A03

Asistencia a seminarios e talleres de investigación

  • E3041A04
Profesores Área
Profesores Área
Jesus Giraldez Rivero
Historia e Institucións Económicas
Maria Del Carmen Espido Bello
Historia e Institucións Económicas
Luisa Maria Muñoz Abeledo
Historia Contemporánea
David Soto Fernandez
Historia e Institucións Económicas
Pedro Varela Vazquez
Historia e Institucións Económicas
Adrian Dios Vicente
Historia e Institucións Económicas
Profesores Área
Maria Dolores Riveiro Garcia
Fundamentos de Análise Económica
Roberto Bande Ramudo
Fundamentos de Análise Económica
Gonzalo Rodriguez Rodriguez
Economía Aplicada
Profesores Área
Edelmiro López Iglesias
Economía Aplicada
Ana Isabel García Arias
Economía, Socioloxía e Política Agraria
Mª Do Mar Pérez Fra
Economía, Socioloxía e Política Agraria
Xoaquin Maria Fernandez Leiceaga
Economía Aplicada
David Soto Fernandez
Historia e Institucións Económicas
Profesores Área
Manuel Fernandez Grela
Fundamentos de Análise Económica
Xesus Pereira Lopez
Economía Cuantitativa (propia da USC)
Angela Troitiño Cobas
Economía Cuantitativa (propia da USC)
Melchor Fernandez Fernandez
Fundamentos de Análise Económica
Jose Clemente Polo Andres
Escola de Doutoramento Internacional
Francisco Eduardo Haz Gomez
Socioloxía
Profesores Área
Carlos Ferras Sexto
Xeografía Humana
Rubén Camilo Lois González
Análise Xeográfica Rexional
Valerià Paül Carril
Análise Xeográfica Rexional
Bran Barral Buceta
Socioloxía

O Programa caracterízase pola priorización dunhas liñas de investigación moi concretas (cambio demográfico, desenvolvemento rexional e internalización, economía laboral, política agraria e desenvolvemento rural, avaliación e planificación económica rexional e sociedade da información e desenvolvemento urbano-rexional), áreas nas que os grupos implicados poden ofrecer a experiencia de investigadores de gran calidade no ámbito nacional e internacional, todo isto sen prexuízo de que, en casos xustificados, se poidan formular teses noutras liñas de investigación dentro do eido da análise ecónomica aplicada.

O Programa de Doutoramento xustifícase pola dobre continuidade que dá: en primeiro lugar, ao Programa de Doutoramento previamente existente, e en segundo lugar ao Máster Oficial en Desenvolvemento Rexional e Integración Económica, que lle aporta o período de docencia. De feito, o Máster en Desenvolvemento Rexional e Integración Económica naceu como continuación de dous Programas de Doutoramento existentes no IDEGA e na Facultade de Ciencias Económicas, como un intento de implantar un Doutoramento de Calidade. De alí que se implantara como un Programa rigoroso, transversal e coa participación de múltiples áreas de coñecmento buscando a interdisciplinariedade na análise máis que a excesiva especialización que se daba nalgúns dos cursos de doutoramento de natureza máis formalista, escasamente intensivos e sen apenas orientación á formación investigadora.

O Programa caracterízase pola priorización dunhas liñas de investigación moi concretas (cambio demográfico, desenvolvemento rexional e internalización, economía laboral, política agraria e desenvolvemento rural, avaliación e planificación económica rexional e sociedade da información e desenvolvemento urbano-rexional), áreas nas que os grupos implicados poden ofrecer a experiencia de investigadores de gran calidade no ámbito nacional e internacional, todo isto sen prexuízo de que, en casos xustificados, se poidan formular teses noutras liñas de investigación dentro do eido da análise ecónomica aplicada.

• Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co devandito campo

• Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación

• Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal

• Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas

• Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional

• Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.

  • Comprender o papel actual do sector público na economía: o marco xeral no que actúa, a necesidade da súa intervención activa en distintos ámbitos (territorial, produtivo e social) e a importancia da súa estrutura multinivel no proceso da toma de decisións.
  • Aplicar os criterios e a metodoloxía da análise económica para obter procedementos xerais de deseño e análise de políticas públicas: estruturación de problemas, pronóstico, recomendación e avaliación.
  • Avaliar as vantaxes e inconvenientes das diferentes alternativas no deseño de políticas públicas no ámbito internacional, social, agrícola e industrial.
  • Aplicar os principios da análise económica para entender a complexidade do mercado de traballo e o seu funcionamento.
  • Identificar o modelo de crecemento e integración máis axustado ao comportamento estratéxico dos axentes en diferentes contextos, analizar as variables estratéxicas máis relevantes para os axentes decisores das estratexias de crecemento, estudo empírico e/ou experimental para determinar as variables craves que determinan o desenvolvemento rexional.
  • Dominar os fundamentos da economía internacional e, en particular, as teorías da integración económica, as unións aduaneras, os mercados únicos e as unións monetarias.
  • Comprender como afecta a nivel local, o contorno macroeconómico mundial e europeo no contexto dunha economía globalizada.
  • Coñecer os procedementos para estimar e contrastar as consecuencias da unión económica, con especial atención á avaliación das políticas económicas europeas actuais destinadas ao logro da converxencia.
  • Adquirir hábitos e estratexias para a redacción e elaboración de documentos de traballo, comunicacións e relatorios, artigos.
  • Demostrar un claro dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co desenvolvemento rexional e os procesos de integración económica, en especial manexar os modelos e as técnicas micro e macro econométricas, así como os programas informáticos habituais na análise empírica.
  • Desenvolver a capacidade crítica, impulsar a inquietude e o interese investigador, especializarse no manexo de material bibliográfico, especializarse na utilización de bases de datos e programas informáticos que faciliten o seu tratamento, aprender a transmitir de forma adecuada os desenvolvementos da súa capacidade investigadora a través da confección de artigos científicos e relatorios en congresos.
  • Demostrar unha comprensión sistemática da Economía Rexional e dos Procesos de Integración Económica. Realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas.

Para dar cobertura a todos os requirimentos da actividade investigadora, ademais dos recursos propios dos centros nos que desenvolven a súa actividade os doutorandos, a USC conta con unidades de carácter centralizado que prestan os seus servizos a departamentos e grupos de investigación entre os que cabe sinalar:

A Biblioteca Universitaria que é unha unidade funcional concibida como un centro de recursos bibliográficos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, ofrece servizos como os seguintes:

• Bases de datos reunidas

• Revistas electrónicas

• Sumarios electrónicos

• Servizo de préstamo interbibliotecario

Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo Universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.

A Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico (RIAIDT) é a estrutura organizativa que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación da USC. O obxectivo da RIAIDT é darlle unha meirande unidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación cos que conta a USC.

A Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ATIC) da USC ten a misión de deseñar, planificar, xestionar, administrar e asegurar as infraestruturas e servizos baseados en tecnoloxías da información e comunicación (TIC) prestados á comunidade universitaria nos ámbitos da docencia, a investigación e a xestión administrativa.

O respecto á diversidade e o desenvolvemento de políticas activas de incorporación e integración de estudantes con necesidades especiais son dous principios e liñas de actuación recollidos na Memoria de Responsabilidade Social da USC. A tal efecto, o Servizo de Participación e Integración Universitaria encárgase da coordinación, en colaboración cos distintos centros e entidades, e posta en marcha das actuacións necesarias para favorecer a igualdade entre todos os membros da comunidade universitaria.

Outros recursos:

Centro de tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA)

Redes de aulas de informática

Área de xestión de infraestruturas

Servizo de medios audiovisuais

Servizo de prevención de riscos

Unha descrición máis detallada dos recursos materiais está dispoñible no apartado sete da Memoria do Título

Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

Coordinador/a
Melchor Fernandez Fernandez

Secretario/a
Maria Del Carmen Espido Bello

Vogais
Edelmiro López Iglesias
Roberto Bande Ramudo
Rubén Camilo Lois González
Xesus Pereira Lopez
Maria Dolores Riveiro Garcia
Gonzalo Rodriguez Rodriguez

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-01
Prazas Ofertadas

Número de prazas ofertadas para cada curso académico. Achega información sobre a evolución da oferta de prazas asociada a ese programa

Info da escala: Número enteiro

9,0

10,0

10,0

10,0

10,0

10,0

ID-02
Demanda

Relación porcentual das solicitudes presentadas sobre a oferta de prazas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

144,44

150,0

250,0

230,0

350,0

250,0

ID-03
Matrícula de novo ingreso

Número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Número enteiro

8,0

7,0

10,0

9,0

10,0

10,0

ID-06
Matrícula total de estudantes

Número total de estudantes matriculados en réxime de matrícula ordinaria

Info da escala: Número enteiro

46,0

45,0

44,0

49,0

43,0

45,0

ID-07
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster.

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

12,5

71,43

20,0

22,22

50,0

30,0

ID-08
Porcentaxe de estudantes procedentes de outras universidades

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso con mestrados de acceso doutras universidades e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

14,29

10,0

11,11

40,0

10,0

ID-09
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG e o número total de estudantes matriculados

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

10,0

11,11

20,0

10,0

ID-10
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidade do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades do SUG e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

14,29

0,0

11,11

20,0

0,0

ID-11
Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre o total de matriculados

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros (de fora de España) sobre o total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

45,65

46,67

45,45

44,90

48,84

42,22

ID-12
Porcentaxe de estudantes estranxeiros do EEES

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros do EEES sobre o número total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

17,39

17,78

11,36

12,24

20,93

15,56

ID-22
Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-13
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso que requiren complementos formativos

Relación porcentual do número de estudantes de novo ingreso que precisan complementos formativos sobre o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso, unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

87,5

100,0

90,0

88,89

80,0

80,0

ID-14
Porcentaxe de estudantes a tempo completo

Relación porcentual do número de estudantes a tempo completo sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos a tempo completo aqueles que teñan a mesma dedicación durante todo o curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

50,0

37,78

34,09

32,65

32,56

35,56

ID-15
Porcentaxe de estudantes a tempo parcial

Relación porcentual do número de estudantes a tempo parcial sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos a tempo parcial aqueles que teñen a mesma dedicación durante todo o curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

21,74

26,67

36,36

30,61

30,23

31,11

ID-16
Porcentaxe de estudantes con dedicación mixta

Relación porcentual do número de estudantes con dedicación mixta sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos con dedicación mixta aqueles que alternan entre dedicación a tempo completo e parcial durante o mesmo curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

28,26

35,56

29,55

36,73

37,21

31,11

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-17
Porcentaxe de estudantes que realizan estadías de investigación (saíntes) autorizadas pola CAPD

Relación porcentual do número de estudantes que realizan estadías de investigación sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

21,74

29,41

6,67

12,5

28,57

0,0

ID-19
Porcentaxe de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes)

Relación porcentual do número de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

13,33

31,25

21,43

18,75

ID-21
Porcentaxe de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...)

Relación porcentual do número de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

23,08

25,0

25,0

30,0

12,5

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-24
Ratio de teses defendidas en réxime de codirección

Relación porcentual do número de teses defendidas en réxime de codirección sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Número racional con dous decimais

1,0

0,5

1,0

0,6667

0,3333

0,3333

ID-25
Número total de sexenios

Número total de sexenios.

Info da escala: Número enteiro

28,0

29,0

28,0

32,0

32,0

33,0

ID-26
Número medio de sexenios por PDI

Número medio de sexenios por PDI.

Info da escala: Número racional con dous decimais

1,2174

1,2083

1,2174

1,28

1,5238

1,7368

ID-27
Porcentaxe de PDI con sexenios

Relación porcentual do número de PDI con sexenios sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

60,87

62,5

60,87

60,0

71,43

84,21

ID-28
Porcentaxe de PDI con sexenios vivos.

Relación porcentual do número de PDI con sexenios vivos sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

30,43

29,17

30,43

36,0

57,14

57,89

ID-29
Porcentaxe de profesorado estranxeiro sobre o profesorado total do programa

Relación porcentual do número de directores de tese estranxeiros sobre o número total de directores de tese

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

3,03

5,56

5,13

3,7

4,0

9,09

ID-30
Porcentaxe de expertos internacionais nos tribunais de tese

Relación porcentual do número de membros estranxeiros dos tribunais sobre o número total de membros dos tribunais

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

44,44

29,17

0,0

11,76

44,44

17,02

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-31
Número de teses defendidas

Número de teses defendidas

Info da escala: Número enteiro

3,0

8,0

1,0

6,0

3,0

6,0

ID-32
Porcentaxe de teses realizadas a tempo completo

Relación porcentual do número de teses realizadas a tempo completo sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

83,33

100,0

100,0

ID-33
Porcentaxe de teses realizadas  a tempo parcial

Relación porcentual do número de teses realizadas a tempo parcial sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

16,67

0,0

0,0

ID-34
Porcentaxe de teses realizadas con dedicación mixta

Relación porcentual do número de teses realizadas con dedicación mixta sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-35
Número de teses presentadas en galego

Número de teses presentadas en galego

Info da escala: Número enteiro

0,0

2,0

0,0

2,0

0,0

1,0

ID-36
Número de teses presentadas en castelán

Número de teses presentadas en castelán

Info da escala: Número enteiro

1,0

1,0

1,0

3,0

2,0

3,0

ID-37
Número de teses presentadas noutro idioma

Número de teses presentadas noutro idioma

Info da escala: Número enteiro

2,0

5,0

0,0

1,0

1,0

2,0

ID-38
Duración media dos estudos a tempo completo

Duración media (en anos) dos estudos a tempo completo

Info da escala: Número enteiro

2,9589

4,274

2,9589

4,5348

-

4,4384

ID-39
Duración media dos estudos a  tempo parcial

Duración media (en anos) dos estudos a tempo parcial.

Info da escala: Número enteiro

-

4,6301

-

4,874

4,7434

5,589

ID-40
Porcentaxe de doutorandos que defenden a súa tese sen pedir prórroga

Relación porcentual do número de estudantes que defenden a tese sen prórroga sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

66,67

12,5

100,0

0,0

0,0

16,67

ID-43
Porcentaxe de teses coa cualificación de “cum laude”

Relación porcentual do número de teses que acadan a cualificación de “cum laude” sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

66,67

87,5

100,0

83,33

100,0

33,33

ID-44
Porcentaxe de teses con mención internacional

Relación porcentual do número de teses con mención internacional sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

33,33

37,5

0,0

33,33

0,0

0,0

ID-45
Porcentaxe de abandono do programa

Relación porcentual do número de estudantes que non se matricularon nin defenderon a tese no curso académico sobre o número total de estudantes matriculados no curso anteriror, unha vez descontados o número de alumnos que defenderon a tese no curso académico e os alumnos que teñen concedida unha baixa temporal

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

15,79

25,0

57,89

27,27

10,0

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.07.2023.