Ir o contido principal
STG

Programa de Doutoramento en Didáctica das Ciencias Experimentais

  • Nova oferta
Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Centro(s)
Escola de Doutoramento Internacional da USC
Avenida das Ciencias, 6, 15782
Santiago de Compostela
Campus
Santiago de Compostela
Contacto
pd.didacticaciencias [at] usc.es

O programa agrupa campos de estudo específicos relacionados coa Didáctica das Ciencias Experimentais (Educación para a Saúde, Educación Ambiental, Sostibilidade, CTS, Alfabetización Científica, STEM, Ciencia escolar, etc.). Pero, ademais da ensinanza formal, o ámbito da educación e a formación amplían cada vez máis o ámbito de actuación: museos, aulas de natureza, aulas hospitalarias, programas de institucións penitenciarias, campañas publicitarias, comunicación e divulgación científica, formación de empresas, etc. Polo tanto, abrangue un campo enorme do que derivan un sinfín de problemas de investigación.

Duración: 3 anos académicos
Código RUCT: 5601512
Número prazas: 6

Coordinador-a do título:
Isabel Garcia-Rodeja Gayoso
isabel.garcia-rodeja [at] usc.es

Universidade coordinadora:
Universidade de Murcia

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Alacant Universidade de Cádiz Universidade de Cordoba Universidade de Santiago de Compostela Universidade Complutense de Madrid Universidade de Malaga Universidade de Murcia Universidade do País Vasco Universidade de Zaragoza Universidade Autonóma de Barcelona Universidade de Castilla-La Mancha Universidade de Girona Universidade de Almería Universidade de Jaen

Data de publicación no BOE:
01/01/1900

Códigos ISCED:
(142) Ciencias de la educación
(0111) Ciencias de la educación

A creación institucional da área de coñecemento de Didáctica das Ciencias Experimentais (DCE) realizouse en data relativamente recente en España se a comparamos con outras áreas, cunha maior tradición no noso sistema universitario. Con todo, trátase dunha área consolidada co seu corpo de coñecementos, os seus problemas de investigación, os seus métodos de traballo, as súas achegas e, sobre todo, cunha comunidade científica que a fai avanzar e progresar de forma espectacular Desde a súa creación foise desenvolvendo e consolidando en gran parte das universidades españolas. Con este programa interuniversitario de doutoramento preténdese facilitar unha mellor formación dos doutorandos ao aproveitar os coñecementos e experiencias dunha comunidade de aprendizaxe máis ampla; que favoreza a colaboración, o debate, os intercambios e a realización de proxectos compartidos con profesionais de distintas universidades. O ámbito de investigación de Didáctica das Ciencias Experimentais posúe unhas características que lle dan unha entidade propia e agrupa campos de estudo específicos relacionados coa Didáctica das Ciencias Experimentais (Educación para a Saúde, Educación Ambiental, Sustentabilidade, CTS, Alfabetización científica, STEM, Ciencia escolar, etc.). Pero, ademais do ensino formal, o ámbito da educación e da formación están a ampliar cada vez máis o ámbito de actuación: museos, aulas da natureza, aulas hospitalarias, programas de institucións penais, campañas publicitarias, comunicación e divulgación científica, formación en empresas etc. Por tanto, cobre un enorme campo do que derivan unha infinidade de problemas de investigación, o que esixe a participación de especialistas de moi variada procedencia.

En relación cos criterios de acceso hai estudantes con acceso directo e outros que deberán realizar complementos formativos previamente.
A) En canto aos de acceso directo:
Dada a heteroxeneidade existente nas titulacións universitarias actuais (en canto a materias a cursar, distribución de créditos, organización dos estudos, etc), a Comisión Académica do Programa Interuniversitario de Doutoramento en Didáctica das Ciencias Experimentais velará porque os aspirantes demostren posuír a formación necesaria, no ámbito da Didáctica das Ciencias Experimentais, para a realización do programa. Na Universidade de Santiago de Compostela terán acceso directo as titulacións de Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinos de Idiomas. (especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas e Tecnoloxía e Informática) e de Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria. Co fin de garantir o acceso universal e a igual de oportunidades, os másteres doutras universidades, de contido semellante e previa valoración na Comisión Académica do Programa Interuniversitario de Doutoramento en Didáctica das Ciencias Experimentais terá acceso directo sen cursar complementos de formación o alumnado procedente de másteres universitarios oficiais ou programas de doutoramento que estean en posesión do DEA, TFM ou Suficiencia Investigadora, relacionados coa Didáctica das Ciencias Experimentais.
B) En canto aos accesos con complementos:
A aceptación no programa de doutoramento dos solicitantes que cursasen másteres distintos aos indicados será decidida pola Comisión Académica, en función da adecuación do máster cursado ao ámbito da DCE. A admisión aos programas de doutoramento poderá incluír a esixencia de complementos de formación específicos. Os alumnos deberán completar a súa formación a través de complementos que ofertará o programa. Os complementos formativos poderán ser presenciais, semipresenciais ou on-line. Coa autorización da Comisión Académica, poderanse realizar en universidades diferentes á que estea matriculado

Acceso

1. Con carácter xeral, para o acceso a un programa oficial de doutoramento será necesario estar en posesión dos títulos oficiais españois de Grao, ou equivalente, e de Máster universitario, ou equivalente, sempre que se teñan cursado, polo menos, 300 créditos ECTS no conxunto destas dúas ensinanzas.

2. Así mesmo, poderá acceder quen se atope nalgún dos seguintes supostos:

a) Estar en posesión dun título universitario oficial español ou doutro país integrante do Espazo Europeo de Educación Superior, que habilite para o acceso ao máster de acordo co establecido no artigo 16 do RD 1393/2007, e superar un mínimo de 300 créditos ECTS no conxunto de estudos universitarios oficiais, dos cales polo menos 60 deberán ser de nivel de máster.

b) Estar en posesión dun título oficial español de graduado ou graduada, cuxa duración, conforme normas de dereito comunitario, sexa de polo menos 300 créditos ECTS. Ditos titulados deberán cursar con carácter obrigatorio os complementos de formación requiridos polo programa, agás que o plan de estudos do correspondente título de grao inclúa créditos de formación en investigación equivalentes en valor formativo aos créditos en investigación procedentes de estudos de máster.

c) Os titulados universitarios que, logo da obteren praza en formación na correspondente proba de acceso a prazas de formación sanitaria especializada, superen con avaliación positiva polo menos dous anos de formación dun programa para a obtención do título oficial dalgunha das especialidades en ciencias da saúde.

d) Estar en posesión dun título obtido conforme sistemas educativos estranxeiros, sen necesidade da súa homologación, logo da comprobación pola Universidade de que este acredita un nivel de formación equivalente á do título oficial español de máster universitario e que faculta no país expedidor do título para o acceso a estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo do cal estea en posesión o interesado nin o seu recoñecemento para outros efectos que o do acceso a ensinos de doutoramento.

e) Estar en posesión doutro título español de doutor obtido conforme anteriores ordenacións universitarias.

f) Estar en posesión dun título universitario oficial que obtivera a correspondencia ao nivel 3 do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior, de acordo co procedemento establecido no Real Decreto 967/2014, de 21 de novembro, polo que se establecen os requisitos e o procedemento para a homologación e declaración de equivalencia a titulación e a nivel académico universitario oficial e para a validación de estudos estranxeiros de Educación Superior, e o procedemento para determinar a correspondencia aos niveis do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior dos títulos oficiais de Arquitecto, Enxeñeiro, Licenciado, Arquitecto Técnico, Enxeñeiro Técnico e Diplomado.

3. Os doutorandos que iniciasen o seu programa de doutoramento conforme anteriores ordenacións universitarias poderán acceder ao ensino de doutoramento, logo da súa admisión de acordo co establecido no Regulamento de estudos de doutoramento da USC. En todo caso deberán reunir os requisitos establecidos con carácter xeral no citado Regulamento para acceder aos estudos de doutoramento.

4. Poderán acceder aos estudos de doutoramento os licenciados, arquitectos ou enxeñeiros que posúan o diploma de estudos avanzados obtido de acordo co disposto no Real decreto 778/1998, do 30 de abril, ou alcancen a suficiencia investigadora regulada no Real decreto 185/1985, do 23 de xaneiro.

5. Poderán acceder aos estudos de doutoramento os licenciados, arquitectos ou enxeñeiros que posúan un título de máster oficial conforme o Real decreto 56/2005 ou o Real decreto 1393/2007, modificado polo Real decreto 861/2010, ou teñan superados 60 ECTS de estudos de máster oficial.

6. Tamén poderán acceder os diplomados, enxeñeiros técnicos ou arquitectos técnicos que acrediten ter 300 créditos ECTS superados no conxunto de estudos universitarios oficiais, dos cales, polo menos 60, deberán ser de nivel de máster.

No Programa Interuniversitario de Doutoramento en Didáctica das Ciencias Experimentais, contémplanse dúas situacións: 1) se o número de estudantes que se haxa prerexistrado nunha das universidades intervenientes é igual ou menor que o das prazas ofertadas na mesma, poderanse admitir a todos os que cumpran as condicións de acceso, sen ou con complementos.
2) se o número de estudantes que se haxa prerexistrado nunha das universidades intervenientes é maior que o das prazas ofertadas na mesma, deberase aplicar o baremo para seleccionar aos admitidos.
En ningún caso o número de estudantes que se propoña para ser admitidos ao programa será superior ao número de prazas ofertadas recollido na memoria.
Baremo de admisión:
A) Méritos académicos:
* Titulacións universitarias:
a) Títulos de máster no ámbito da DCE ou aprobados pola Comisión Académica do Máster) (5 puntos)
b) Outras titulacións de máster no ámbito da educación (1 punto)
c) Título de Grao de Mestre (3 puntos)
d) Outros títulos de Grao no ámbito das Ciencias e Tecnoloxías (0.5 puntos)
* Expediente académico do máster (só nas titulacións de máster no ámbito da DCE. O cálculo realizarase cos criterios que cada universidade utilice para baremar calquera expediente académico, @teniendo en cuenta que a puntuación máxima é 2) (ata 2 puntos)
* Bolsa-contrato predoctoral (convocatoria pública) (3 puntos/ano) (ata 6 puntos) mérito preferente
* Bolsas e axudas de iniciación á investigación (0.5 puntos/ano) (ata 1 punto)
B) Méritos profesionais:
* Anos de profesor en exercicio (1 punto/ano) (ata 5 puntos)
* Titores de prácticas nas titulacións relacionadas coa DCE (0.5 puntos/ano) (ata 1 punto)
* Outros méritos profesionais (ata 2 puntos)
C) Méritos formativos:
* Cursos, seminarios, conferencias... impartidas (ata 1 punto)
* Cursos, seminarios... recibidos (ata 1 punto)
* Publicacións (artigos, libros...) (ata 1 punto)
* Participación en grupos de traballo, proxectos de innovación (ata 2 puntos)
D) Outros méritos:
* Outros méritos (ata 1 punto)
E) Se é necesario e así o considera a comisión, poderanse realizar entrevistas cos solicitantes. (ata 1 punto).

O programa de doutoramento poderá extinguirse por algunha das seguintes causas:

• Que non supere o proceso de renovación da acreditación establecido no artigo 10 do RD 99/2011.

• Que non acredite o cumprimento dos requisitos establecidos pola normativa estatal ou autonómica vixente.

• Que se formule unha proposta de extinción do programa ao abeiro dos procesos de revisión e mellora do título de acordo co procedemento aprobado pola universidade.

• Que concorra calquera situación excepcional que impida o correcto desenvolvemento do programa de doutoramento.

A extinción producirá os seguintes efectos:

• Comportará a perda do seu carácter oficial e a baixa no RUCT.

• Non se poderá matricular novo alumnado no programa de doutoramento.

• En calquera caso todo o alumnado afectado deberá ser informado da extinción e das consecuencias desta no relativo ao desenvolvemento dos seus estudos.

A Universidade adoptará as medidas necesarias para garantir os dereitos académicos do alumnado que estea cursando os ditos estudos nos termos establecidos na resolución de extinción do plan de estudo, e aprobará o procedemento de extinción dos programas de doutoramento no seo da universidade.

Curso de Iniciación ao Programa Interuniversitario de Doutoramento en Didáctica das Ciencias Experimentais

  • E3151A01

Presentación dun traballo nun congreso ou xornadas

  • E3151A02

Publicación dun artigo nunha revista indexada con índice de calidade

  • E3151A03

Análise de datos cuantitativos na investigación en Didáctica das Ciencias Experimientais

  • E3151A04

Análise de datos cualitativos na investigación en Didáctica das Ciencias Experimentais

  • E3151A05

Comunicación dos resultados dunha investigación en Didáctica das Ciencias Experimentais

  • E3151A06

Estancia en centros de recoñecido prestixio en Didáctica ds Ciencias Experimentais

  • E3151A07

Seminario doutoral ou Escola de Doutoramento

  • E3151A08

Membro do equipo de investigación dun proxecto obtido nunha convocatoria pública e competitiva, alomenos,1 ano

  • E3151A09
Profesores Área
Blanca Puig Mauriz
Didáctica das Ciencias Experimentais
Maria Jose Romero Castro
Didáctica das Ciencias Experimentais
Paloma Blanco Anaya
Didáctica das Ciencias Experimentais
Profesores Área
Isabel Garcia-Rodeja Gayoso
Didáctica das Ciencias Experimentais
Sabela Fernandez Monteira
Didáctica das Ciencias Experimentais
Beatriz Crujeiras Pérez
Didáctica das Ciencias Experimentais
Pablo Brocos Mosquera
Didáctica das Ciencias Experimentais

A creación institucional da área de coñecemento de Didáctica das Ciencias Experimentais (DCE) realizouse en data relativamente recente en España se a comparamos con outras áreas, cunha maior tradición no noso sistema universitario. Con todo, trátase dunha área consolidada co seu corpo de coñecementos, os seus problemas de investigación, os seus métodos de traballo, as súas achegas e, sobre todo, cunha comunidade científica que a fai avanzar e progresar de forma espectacular Desde a súa creación foise desenvolvendo e consolidando en gran parte das universidades españolas. Con este programa interuniversitario de doutoramento preténdese facilitar unha mellor formación dos doutorandos ao aproveitar os coñecementos e experiencias dunha comunidade de aprendizaxe máis ampla; que favoreza a colaboración, o debate, os intercambios e a realización de proxectos compartidos con profesionais de distintas universidades. O ámbito de investigación de Didáctica das Ciencias Experimentais posúe unhas características que lle dan unha entidade propia e agrupa campos de estudo específicos relacionados coa Didáctica das Ciencias Experimentais (Educación para a Saúde, Educación Ambiental, Sustentabilidade, CTS, Alfabetización científica, STEM, Ciencia escolar, etc.). Pero, ademais do ensino formal, o ámbito da educación e da formación están a ampliar cada vez máis o ámbito de actuación: museos, aulas da natureza, aulas hospitalarias, programas de institucións penais, campañas publicitarias, comunicación e divulgación científica, formación en empresas etc. Por tanto, cobre un enorme campo do que derivan unha infinidade de problemas de investigación, o que esixe a participación de especialistas de moi variada procedencia.

A creación institucional da área de coñecemento de Didáctica das Ciencias Experimentais (DCE) realizouse en data relativamente recente en España se a comparamos con outras áreas, cunha maior tradición no noso sistema universitario. Con todo, trátase dunha área consolidada co seu corpo de coñecementos, os seus problemas de investigación, os seus métodos de traballo, as súas achegas e, sobre todo, cunha comunidade científica que a fai avanzar e progresar de forma espectacular Desde a súa creación foise desenvolvendo e consolidando en gran parte das universidades españolas. Con este programa interuniversitario de doutoramento preténdese facilitar unha mellor formación dos doutorandos ao aproveitar os coñecementos e experiencias dunha comunidade de aprendizaxe máis ampla; que favoreza a colaboración, o debate, os intercambios e a realización de proxectos compartidos con profesionais de distintas universidades. O ámbito de investigación de Didáctica das Ciencias Experimentais posúe unhas características que lle dan unha entidade propia e agrupa campos de estudo específicos relacionados coa Didáctica das Ciencias Experimentais (Educación para a Saúde, Educación Ambiental, Sustentabilidade, CTS, Alfabetización científica, STEM, Ciencia escolar, etc.). Pero, ademais do ensino formal, o ámbito da educación e da formación están a ampliar cada vez máis o ámbito de actuación: museos, aulas da natureza, aulas hospitalarias, programas de institucións penais, campañas publicitarias, comunicación e divulgación científica, formación en empresas etc. Por tanto, cobre un enorme campo do que derivan unha infinidade de problemas de investigación, o que esixe a participación de especialistas de moi variada procedencia.

- Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co devandito campo.
- Capacidade de concibir, deseñar ou crear, poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
- Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.
- Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
- Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.
- Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.

CAPACIDADES E DESTREZAS PERSOAIS

- Desenvolverse en contextos nos que hai pouca información específica.

- Atopar as preguntas craves que hai que responder para resolver un problema complexo.

- Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novos e innovadores no seu ámbito de coñecemento.

- Traballar tanto en equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinar.

- Integrar coñecementos, enfrontarse á complexidade e formular xuízos con información limitada.

- A crítica e defensa intelectual de solucións.

OUTRAS COMPETENCIAS

- Contribuír ao desenvolvemento da Didáctica das Ciencias Experimentais dentro dunha sociedade baseada no coñecemento e no respecto aos dereitos fundamentais; na igualdade de oportunidades; na defensa da saúde e benestar para todos e dun desenvolvemento e consumo sostible; nos principios de accesibilidade universal das persoas á Educación; e nos valores propios dunha cultura de paz e valores democráticos

- Contribuír ao desenvolvemento da Didáctica das Ciencias Experimentais dentro dunha sociedade baseada no coñecemento e no respecto aos dereitos fundamentais; na igualdade de oportunidades; na defensa da saúde e benestar para todos e dun desenvolvemento e consumo sostible; nos principios de accesibilidade universal das persoas á Educación; e nos valores propios dunha cultura de paz e valores democráticos.

Para dar cobertura a todos os requirimentos da actividade investigadora, ademais dos recursos propios dos centros nos que desenvolven a súa actividade os doutorandos, a USC conta con unidades de carácter centralizado que prestan os seus servizos a departamentos e grupos de investigación entre os que cabe sinalar:

A Biblioteca Universitaria que é unha unidade funcional concibida como un centro de recursos bibliográficos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, ofrece servizos como os seguintes:

• Bases de datos reunidas

• Revistas electrónicas

• Sumarios electrónicos

• Servizo de préstamo interbibliotecario

Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo Universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.

A Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico (RIAIDT) é a estrutura organizativa que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación da USC. O obxectivo da RIAIDT é darlle unha meirande unidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación cos que conta a USC.

A Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ATIC) da USC ten a misión de deseñar, planificar, xestionar, administrar e asegurar as infraestruturas e servizos baseados en tecnoloxías da información e comunicación (TIC) prestados á comunidade universitaria nos ámbitos da docencia, a investigación e a xestión administrativa.

O respecto á diversidade e o desenvolvemento de políticas activas de incorporación e integración de estudantes con necesidades especiais son dous principios e liñas de actuación recollidos na Memoria de Responsabilidade Social da USC. A tal efecto, o Servizo de Participación e Integración Universitaria encárgase da coordinación, en colaboración cos distintos centros e entidades, e posta en marcha das actuacións necesarias para favorecer a igualdade entre todos os membros da comunidade universitaria.

Outros recursos:

Centro de tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA)

Redes de aulas de informática

Área de xestión de infraestruturas

Servizo de medios audiovisuais

Servizo de prevención de riscos

Unha descrición más detalla dos recursos materiais está dispoñible no apartado 7 da Memoria do Título.

Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

Coordinador/a
Isabel Garcia-Rodeja Gayoso

Secretario/a
Beatriz Crujeiras Pérez

Vogais
Blanca Puig Mauriz
Pablo Brocos Mosquera
Maria Jose Romero Castro

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.02.2024.