Ir o contido principal
STG

Programa de Doutoramento en Economía e Empresa

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Centro(s)
Escola de Doutoramento Internacional da USC
Avenida das Ciencias, 6, 15782
Santiago de Compostela
Campus
Santiago de Compostela
Contacto
pd.economiaeempresa [at] usc.es

Este programa adecúase a unha oferta de posgrao especializada e competitiva respecto á contorna universitaria, nacional e internacional, incrementando o prestixio social dos estudos de posgrao. Con esta proposta preténdese reforzar o prestixio da traxectoria investigadora da USC.

Duración: 3 anos académicos
Código RUCT: 5600489
Número prazas: 20

Coordinador-a do título:
Maria Del Carmen Sanchez Carreira
carmela.sanchez [at] usc.es

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
05/12/2013

Data de publicación no BOE:
11/03/2014

Data da última acreditación:
24/05/2021

Códigos ISCED:
(314) Economía
(345) Administración y gestión de empresas
(0311) Economía

Aprovéitase a oportunidade suscitada polo cambio da normativa reguladora dos programas de doutoramento para axustar a súa oferta ás liñas de investigación activas na USC, ao mesmo tempo que se busca a colaboración con outras universidades (tanto do SUG como doutras universidades nacionais) e institucións de investigación na procura dunha optimización dos recursos dispoñibles, así como para reforzar áreas estratéxicas da Universidade. Ao mesmo tempo buscouse unha maior integración entre as actuais titulacións de grao coas novas propostas de programas de doutoramento.

A oferta proposta adecúase á actuación prevista consistente na conformación dunha oferta de posgrao especializada e competitiva respecto á contorna universitaria, nacional e internacional, incrementando o prestixio social dos estudos de posgrao. Coa esta proposta preténdese reforzar o prestixio da traxectoria investigadora da USC. Se promoverá a incorporación de doutores e doutoras ás empresas co fin de estender a súa capacidade máis aló da docencia e a investigación, co fin de impulsar a actividade produtiva. Así mesmo, a proposta é consecuente coa necesaria modificación dos patróns de xestión de recursos, buscando a optimización do uso dos mesmos, mediante fórmulas de colaboración internas e externas.

A proposta relaciónase estreita e directamente co I+D+i en todas e cada unha das liñas de investigación que abarca o Programa de Doutoramento en Economía e Empresa. Precisamente, algunhas destas liñas produciron xa resultados de investigación que se transferiron en forma de coñecemento á sociedade, ao sector privado e aos organismos públicos encargados de tomar decisións. En particular, destacaremos pola súa especial relevancia para sectores crave da economía que se pretende desenvolver no medio e longo prazo os temas relacionados co turismo e a innovación. Así mesmo, as liñas de investigación profundan na análise da internacionalización e o emprendemento.

Promoverase a incorporación de doutores e doutoras ás empresas co fin de estender a súa capacidade máis aló da docencia e a investigación, co fin de impulsar a actividade produtiva. A proposta é consecuente coa necesaria modificación dos patróns de xestión de recursos, buscando a optimización do uso dos mesmos, mediante fórmulas de colaboración internas e externas e relaciónase estreita e directamente co I+D+i en todas e cada unha das liñas de investigación que abarca o Programa de Doutoramento en Economía e Empresa. Precisamente, algunhas destas liñas produciron xa resultados de investigación que se transferiron en forma de coñecemento á sociedade, ao sector privado e aos organismos públicos encargados de tomar decisións. En particular, destacaremos pola súa especial relevancia para sectores clave da economía que se pretende desenvolver no medio e longo prazo os temas relacionados co turismo e a innovación. Así mesmo, as liñas de investigación profundan na análise da internacionalización e o emprendemento.

Requisitos de acceso específicos:

É requisito obrigatorio para a admisión no programa de doutoramento a presentación dun informe de viabilidade por parte do/a estudante, isto é, unha carta de referencia dun(ha) profesor(a) do programa que avale a viabilidade da futura tese no marco da liña de investigación á que se vincule.

Perfil de ingreso:

De forma xeral, poderá acceder a este programa sen necesidade de realizar complementos de formación, o alumnado que cursase algún máster adscrito á/s rama/s de coñecemento de Economía e Empresa.
Para calquera outro perfil, a CAPD estudará os casos individualmente, podendo admitir ou non as candidaturas e establecendo complementos formativos en caso de ser necesario. No caso de que o alumnado careza da formación previa esixida no programa, a admisión poderá quedar condicionada á superación dos complementos de formación que estableza a Comisión Académica. Estes complementos non poderán superar os 15 ECTS.

Acceso

1. Con carácter xeral, para o acceso a un programa oficial de doutoramento será necesario estar en posesión dos títulos oficiais españois de Grao, ou equivalente, e de Máster universitario, ou equivalente, sempre que se teñan cursado, polo menos, 300 créditos ECTS no conxunto destas dúas ensinanzas.

2. Así mesmo, poderá acceder quen se atope nalgún dos seguintes supostos:

a) Estar en posesión dun título universitario oficial español ou doutro país integrante do Espazo Europeo de Educación Superior, que habilite para o acceso ao máster de acordo co establecido no artigo 16 do RD 1393/2007, e superar un mínimo de 300 créditos ECTS no conxunto de estudos universitarios oficiais, dos cales polo menos 60 deberán ser de nivel de máster.

b) Estar en posesión dun título oficial español de graduado ou graduada, cuxa duración, conforme normas de dereito comunitario, sexa de polo menos 300 créditos ECTS. Ditos titulados deberán cursar con carácter obrigatorio os complementos de formación requiridos polo programa, agás que o plan de estudos do correspondente título de grao inclúa créditos de formación en investigación equivalentes en valor formativo aos créditos en investigación procedentes de estudos de máster.

c) Os titulados universitarios que, logo da obteren praza en formación na correspondente proba de acceso a prazas de formación sanitaria especializada, superen con avaliación positiva polo menos dous anos de formación dun programa para a obtención do título oficial dalgunha das especialidades en ciencias da saúde.

d) Estar en posesión dun título obtido conforme sistemas educativos estranxeiros, sen necesidade da súa homologación, logo da comprobación pola Universidade de que este acredita un nivel de formación equivalente á do título oficial español de máster universitario e que faculta no país expedidor do título para o acceso a estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo do cal estea en posesión o interesado nin o seu recoñecemento para outros efectos que o do acceso a ensinos de doutoramento.

e) Estar en posesión doutro título español de doutor obtido conforme anteriores ordenacións universitarias.

f) Estar en posesión dun título universitario oficial que obtivera a correspondencia ao nivel 3 do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior, de acordo co procedemento establecido no Real Decreto 967/2014, de 21 de novembro, polo que se establecen os requisitos e o procedemento para a homologación e declaración de equivalencia a titulación e a nivel académico universitario oficial e para a validación de estudos estranxeiros de Educación Superior, e o procedemento para determinar a correspondencia aos niveis do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior dos títulos oficiais de Arquitecto, Enxeñeiro, Licenciado, Arquitecto Técnico, Enxeñeiro Técnico e Diplomado.

3. Os doutorandos que iniciasen o seu programa de doutoramento conforme anteriores ordenacións universitarias poderán acceder ao ensino de doutoramento, logo da súa admisión de acordo co establecido no Regulamento de estudos de doutoramento da USC. En todo caso deberán reunir os requisitos establecidos con carácter xeral no citado Regulamento para acceder aos estudos de doutoramento.

4. Poderán acceder aos estudos de doutoramento os licenciados, arquitectos ou enxeñeiros que posúan o diploma de estudos avanzados obtido de acordo co disposto no Real decreto 778/1998, do 30 de abril, ou alcancen a suficiencia investigadora regulada no Real decreto 185/1985, do 23 de xaneiro.

5. Poderán acceder aos estudos de doutoramento os licenciados, arquitectos ou enxeñeiros que posúan un título de máster oficial conforme o Real decreto 56/2005 ou o Real decreto 1393/2007, modificado polo Real decreto 861/2010, ou teñan superados 60 ECTS de estudos de máster oficial.

6. Tamén poderán acceder os diplomados, enxeñeiros técnicos ou arquitectos técnicos que acrediten ter 300 créditos ECTS superados no conxunto de estudos universitarios oficiais, dos cales, polo menos 60, deberán ser de nivel de máster.

A selección de estudantes para a súa admisión no programa de doutoramento realizarase en función dos seguintes criterios:
1. Expediente académico (30%): O criterio será as cualificacións obtidas no máster (ou DEA ou suficiencia investigadora).
2. Experiencia investigadora previa e os seus resultados (30%): neste apartado valoraranse publicacións, comunicacións e outras contribucións científicas a congresos e a súa adecuación ás liñas de investigación do programa de doutoramento. Os/as candidatos/as deberán presentar documentación xustificativa.
3. Experiencia profesional (10%): neste apartado valorarase experiencia profesional relacionada coas liñas de investigación do programa de doutoramento. Os/as candidatos/as deberán presentar documentación xustificativa (certificación de vida laboral, copia de contratos, bolsas, etc.)
4. Outros aspectos acreditados no currículo do candidato/a (10%): neste apartado valoraranse as estancias de investigación, cursos realizados e cursos impartidos relacionados coas liñas de investigación do programa. Coñecemento de lingua estranxeira e coñecemento doutros idiomas distintos da lingua materna etc. Os candidatos deberán presentar documentación xustificativa.
5. Entrevista persoal (20%): unicamente pasarán á fase de entrevista persoal aqueles/as aspirantes que obteñan como mínimo unha puntuación do 50% da puntuación máxima conxunta dos apartados anteriores (1-2-3-4). Na fase de entrevista valoraranse motivación, actitude, aptitude e capacidade de comunicación etc.
Aplicaranse os mesmos criterios para admitir a todos/as os/as estudantes independentemente de que a súa dedicación sexa a tempo completo ou parcial.

O programa de doutoramento poderá extinguirse por algunha das seguintes causas:

• Que non supere o proceso de renovación da acreditación establecido no artigo 10 do RD 99/2011.

• Que non acredite o cumprimento dos requisitos establecidos pola normativa estatal ou autonómica vixente.

• Que se formule unha proposta de extinción do programa ao abeiro dos procesos de revisión e mellora do título de acordo co procedemento aprobado pola universidade.

• Que concorra calquera situación excepcional que impida o correcto desenvolvemento do programa de doutoramento.

A extinción producirá os seguintes efectos:

• Comportará a perda do seu carácter oficial e a baixa no RUCT.

• Non se poderá matricular novo alumnado no programa de doutoramento.

• En calquera caso todo o alumnado afectado deberá ser informado da extinción e das consecuencias desta no relativo ao desenvolvemento dos seus estudos.

A Universidade adoptará as medidas necesarias para garantir os dereitos académicos do alumnado que estea cursando os ditos estudos nos termos establecidos na resolución de extinción do plan de estudo, e aprobará o procedemento de extinción dos programas de doutoramento no seo da universidade.

Competencias en metodoloxía da investigación, comunicación e divulgación científica

  • E3051A06

Competencias en investigación, innovación e transferencia

  • E3051A07

Competencias en análise de datos e modelización

  • E3051A08

Seminarios de Presentación de Avances

  • E3051A09

Predefensa de tese

  • E3051A10

Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

Profesores Área
Maria Teresa Cancelo Marquez
Economía Cuantitativa (propia da USC)
Maria Emilia Vazquez Rozas
Economía Cuantitativa (propia da USC)
Eva Maria Aguayo Lorenzo
Economía Cuantitativa (propia da USC)
Profesores Área
Rosa Maria Verdugo Mates
Economía Aplicada
Maria Dolores Alvarez Perez
Organización de Empresas
Fidel Martinez Roget
Economía Aplicada
Maria Del Pilar Murias Fernandez
Economía Aplicada
Beatriz Valcárcel Aguiar
Economía Aplicada
Alexandre Vecino Aguirre
Economía Aplicada
Profesores Área
Maria Luisa Chas Amil
Economía Cuantitativa (propia da USC)
Xoan Ramon Doldan Garcia
Economía Aplicada
Rosa Maria Regueiro Ferreira
Economía Aplicada
Carlos Sebastian Villasante Larramendi
Economía Aplicada
Profesores Área
Miguel Angel Vazquez Tain
Economía Aplicada
Jose Caamaño Alegre
Economía Aplicada
Juan Jose Nieto Montero
Dereito Financeiro e Tributario
Maria Cadaval Sampedro
Economía Aplicada
Francisco Reyes Santías
Escola de Doutoramento Internacional
Francisco Jesus Ferreiro Seoane
Economía Aplicada
María Pilar Gago De Santos
Escola de Doutoramento Internacional
Profesores Área
Gonzalo Rodriguez Rodriguez
Economía Aplicada
Xavier Vence Deza
Economía Aplicada
Oscar Rodil Marzabal
Economía Aplicada
Manuel Gonzalez Lopez
Economía Aplicada
Maria Angeles Pereira Sanchez
Economía Aplicada
Maria Del Carmen Sanchez Carreira
Economía Aplicada
Profesores Área
Ana Iglesias Casal
Economía Cuantitativa (propia da USC)
Luis Alberto Otero González
Economía Financeira e Contabilidade
Sara Fernandez Lopez
Economía Financeira e Contabilidade
Noelia Maria Romero Castro
Economía Financeira e Contabilidade
Maria Isabel Neira Gomez
Economía Cuantitativa (propia da USC)
Maria Celia Lopez Penabad
Economía Financeira e Contabilidade
Jose Manuel Maside Sanfiz
Economía Financeira e Contabilidade
David Rodeiro Pazos
Economía Financeira e Contabilidade
Marta Portela Maseda
Economía Financeira e Contabilidade
Oscar Suarez Fernandez
Economía Financeira e Contabilidade
Maria Milagros Vivel Bua
Economía Financeira e Contabilidade
Pablo Duran Santomil
Economía Financeira e Contabilidade
Ruben Lado Sestayo
Economía Financeira e Contabilidade
Profesores Área
Juan Ramon Piñeiro Chousa
Economía Financeira e Contabilidade
Cristina Aibar Guzman
Economía Financeira e Contabilidade
Maria Del Carmen Castro Casal
Organización de Empresas
Maria Luisa Del Rio Araujo
Comercialización e Investigación de Mercados
Emilio Ruzo Sanmartin
Comercialización e Investigación de Mercados
Vicente Angel Lopez Lopez
Organización de Empresas
Maria Belen Bande Vilela
Comercialización e Investigación de Mercados
Mª Angeles Lopez Cabarcos
Organización de Empresas
Beatriz Aibar Guzman
Economía Financeira e Contabilidade
Paula Vazquez Rodriguez
Organización de Empresas
Maria Bastida Dominguez
Organización de Empresas
Guadalupe Vila Vazquez
Organización de Empresas
Adolfo Carballo Penela
Organización de Empresas
Maria De La Concepcion Varela Neira
Comercialización e Investigación de Mercados
Sandra Castro Gonzalez
Comercialización e Investigación de Mercados
Paula Alvarez Gonzalez
Organización de Empresas

En particular, destacaremos pola súa especial relevancia para sectores clave da economía que se pretende desenvolver no medio e longo prazo os temas relacionados co turismo e a innovación. Así mesmo, as liñas de investigación profundan na análise da internacionalización e o emprendemento.

Aprovéitase a oportunidade suscitada polo cambio da normativa reguladora dos programas de doutoramento para axustar a súa oferta ás liñas de investigación activas na USC, ao mesmo tempo que se busca a colaboración con outras universidades (tanto do SUG como doutras universidades nacionais) e institucións de investigación na procura dunha optimización dos recursos dispoñibles, así como para reforzar áreas estratéxicas da Universidade. Ao mesmo tempo buscouse unha maior integración entre as actuais titulacións de grao coas novas propostas de programas de doutoramento.

A oferta proposta adecúase á actuación prevista consistente na conformación dunha oferta de posgrao especializada e competitiva respecto á contorna universitaria, nacional e internacional, incrementando o prestixio social dos estudos de posgrao. Coa esta proposta preténdese reforzar o prestixio da traxectoria investigadora da USC. Se promoverá a incorporación de doutores e doutoras ás empresas co fin de estender a súa capacidade máis aló da docencia e a investigación, co fin de impulsar a actividade produtiva. Así mesmo, a proposta é consecuente coa necesaria modificación dos patróns de xestión de recursos, buscando a optimización do uso dos mesmos, mediante fórmulas de colaboración internas e externas.

A proposta relaciónase estreita e directamente co I+D+i en todas e cada unha das liñas de investigación que abarca o Programa de Doutoramento en Economía e Empresa. Precisamente, algunhas destas liñas produciron xa resultados de investigación que se transferiron en forma de coñecemento á sociedade, ao sector privado e aos organismos públicos encargados de tomar decisións. En particular, destacaremos pola súa especial relevancia para sectores crave da economía que se pretende desenvolver no medio e longo prazo os temas relacionados co turismo e a innovación. Así mesmo, as liñas de investigación profundan na análise da internacionalización e o emprendemento.

• Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co devandito campo

• Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación

• Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal

• Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas

• Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional

• Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.

  • OC01. Capacidade de realizar investigacións aplicadas nos campos da economía e a empresa.
  • OC02. Capacidade de realizar investigacións aplicadas nos ámbitos do desenvolvemento económico, o cambio estrutural, a innovación, a diversificación empresarial e sectorial, o papel do sector público e as políticas sectoriais encamiñadas a impulsar estes procesos desde a perspectiva da súa sustentabilidade, a dirección e xestión empresarial.
  • OC03. Coñecemento das diferentes metodoloxías, ferramentas e manexo das técnicas de análise empírica da investigación económica e empresarial.

• OC01- Capacidade de realizar investigacións aplicadas nos campos da economía e a empresa.

• OC02- Capacidade de realizar investigacións aplicadas nos ámbitos do desenvolvemento económico, o cambio estrutural, a innovación, a diversificación empresarial e sectorial, o papel do sector público e as políticas sectoriais encamiñadas a impulsar estes procesos desde a perspectiva da súa sustentabilidade, a dirección e xestión empresarial.

• OC03- Coñecemento das diferentes metodoloxías, ferramentas e manexo das técnicas de análise empírica da investigación económica e empresarial.

Para dar cobertura a todos os requirimentos da actividade investigadora, ademais dos recursos propios dos centros nos que desenvolven a súa actividade os doutorandos, a USC conta con unidades de carácter centralizado que prestan os seus servizos a departamentos e grupos de investigación entre os que cabe sinalar:

A Biblioteca Universitaria que é unha unidade funcional concibida como un centro de recursos bibliográficos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, ofrece servizos como os seguintes:

• Bases de datos reunidas

• Revistas electrónicas

• Sumarios electrónicos

• Servizo de préstamo interbibliotecario

Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo Universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.

A Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico (RIAIDT) é a estrutura organizativa que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación da USC. O obxectivo da RIAIDT é darlle unha meirande unidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación cos que conta a USC.

A Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ATIC) da USC ten a misión de deseñar, planificar, xestionar, administrar e asegurar as infraestruturas e servizos baseados en tecnoloxías da información e comunicación (TIC) prestados á comunidade universitaria nos ámbitos da docencia, a investigación e a xestión administrativa.

O respecto á diversidade e o desenvolvemento de políticas activas de incorporación e integración de estudantes con necesidades especiais son dous principios e liñas de actuación recollidos na Memoria de Responsabilidade Social da USC. A tal efecto, o Servizo de Participación e Integración Universitaria encárgase da coordinación, en colaboración cos distintos centros e entidades, e posta en marcha das actuacións necesarias para favorecer a igualdade entre todos os membros da comunidade universitaria.

Outros recursos:

Centro de tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA)

Redes de aulas de informática

Área de xestión de infraestruturas

Servizo de medios audiovisuais

Servizo de prevención de riscos

Unha descrición máis detallada dos recursos materiais está dispoñible no apartado 7 da Memoria do Título

Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

Coordinador/a
Maria Del Carmen Sanchez Carreira

Secretario/a
Sara Fernandez Lopez

Vogais
Eva Maria Aguayo Lorenzo
Fidel Martinez Roget
Xavier Vence Deza
Jose Caamaño Alegre
Rosa Maria Regueiro Ferreira
Jose Manuel Maside Sanfiz
Ana Iglesias Casal
Sandra Castro Gonzalez
Maria De La Concepcion Varela Neira
Guadalupe Vila Vazquez

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-01
Prazas Ofertadas

Número de prazas ofertadas para cada curso académico. Achega información sobre a evolución da oferta de prazas asociada a ese programa

Info da escala: Número enteiro

30,0

30,0

20,0

25,0

25,0

25,0

ID-02
Demanda

Relación porcentual das solicitudes presentadas sobre a oferta de prazas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

120,0

116,67

190,0

336,0

308,0

316,0

ID-03
Matrícula de novo ingreso

Número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Número enteiro

24,0

12,0

20,0

25,0

25,0

25,0

ID-06
Matrícula total de estudantes

Número total de estudantes matriculados en réxime de matrícula ordinaria

Info da escala: Número enteiro

87,0

80,0

85,0

90,0

94,0

96,0

ID-07
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster.

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

43,48

33,33

35,0

40,0

32,0

20,0

ID-08
Porcentaxe de estudantes procedentes de outras universidades

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso con mestrados de acceso doutras universidades e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

8,7

0,0

5,0

12,0

0,0

8,0

ID-09
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG e o número total de estudantes matriculados

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

8,0

0,0

4,0

ID-10
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidade do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades do SUG e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

8,7

8,33

5,0

4,0

0,0

4,0

ID-11
Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre o total de matriculados

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros (de fora de España) sobre o total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

54,02

58,75

55,29

47,78

43,62

52,08

ID-12
Porcentaxe de estudantes estranxeiros do EEES

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros do EEES sobre o número total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

21,84

21,25

15,29

14,44

8,51

10,42

ID-22
Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-13
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso que requiren complementos formativos

Relación porcentual do número de estudantes de novo ingreso que precisan complementos formativos sobre o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso, unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-14
Porcentaxe de estudantes a tempo completo

Relación porcentual do número de estudantes a tempo completo sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos a tempo completo aqueles que teñan a mesma dedicación durante todo o curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

39,08

40,0

41,18

48,89

47,87

44,79

ID-15
Porcentaxe de estudantes a tempo parcial

Relación porcentual do número de estudantes a tempo parcial sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos a tempo parcial aqueles que teñen a mesma dedicación durante todo o curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

22,99

26,25

25,88

22,22

21,28

19,79

ID-16
Porcentaxe de estudantes con dedicación mixta

Relación porcentual do número de estudantes con dedicación mixta sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos con dedicación mixta aqueles que alternan entre dedicación a tempo completo e parcial durante o mesmo curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

32,18

33,75

32,94

27,78

30,85

32,29

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-17
Porcentaxe de estudantes que realizan estadías de investigación (saíntes) autorizadas pola CAPD

Relación porcentual do número de estudantes que realizan estadías de investigación sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

2,94

12,5

5,71

2,27

20,0

0,0

ID-19
Porcentaxe de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes)

Relación porcentual do número de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

3,13

8,57

15,91

17,78

6,98

ID-21
Porcentaxe de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...)

Relación porcentual do número de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

15,63

17,14

20,45

20,0

13,95

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-24
Ratio de teses defendidas en réxime de codirección

Relación porcentual do número de teses defendidas en réxime de codirección sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Número racional con dous decimais

1,0

0,375

0,25

0,3333

0,4167

0,5

ID-25
Número total de sexenios

Número total de sexenios.

Info da escala: Número enteiro

52,0

53,0

57,0

57,0

61,0

82,0

ID-26
Número medio de sexenios por PDI

Número medio de sexenios por PDI.

Info da escala: Número racional con dous decimais

1,1556

1,1778

1,2955

1,2128

1,3864

1,5185

ID-27
Porcentaxe de PDI con sexenios

Relación porcentual do número de PDI con sexenios sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

73,33

73,33

72,73

70,21

77,27

81,48

ID-28
Porcentaxe de PDI con sexenios vivos.

Relación porcentual do número de PDI con sexenios vivos sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

62,22

57,78

52,27

53,19

59,09

55,56

ID-29
Porcentaxe de profesorado estranxeiro sobre o profesorado total do programa

Relación porcentual do número de directores de tese estranxeiros sobre o número total de directores de tese

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

11,76

11,43

11,11

8,0

7,84

8,93

ID-30
Porcentaxe de expertos internacionais nos tribunais de tese

Relación porcentual do número de membros estranxeiros dos tribunais sobre o número total de membros dos tribunais

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

13,64

8,7

15,0

17,65

14,71

17,08

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-31
Número de teses defendidas

Número de teses defendidas

Info da escala: Número enteiro

8,0

8,0

8,0

6,0

12,0

4,0

ID-32
Porcentaxe de teses realizadas a tempo completo

Relación porcentual do número de teses realizadas a tempo completo sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

87,5

83,33

83,33

50,0

ID-33
Porcentaxe de teses realizadas  a tempo parcial

Relación porcentual do número de teses realizadas a tempo parcial sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

12,5

16,67

16,67

50,0

ID-34
Porcentaxe de teses realizadas con dedicación mixta

Relación porcentual do número de teses realizadas con dedicación mixta sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-35
Número de teses presentadas en galego

Número de teses presentadas en galego

Info da escala: Número enteiro

2,0

1,0

0,0

0,0

1,0

1,0

ID-36
Número de teses presentadas en castelán

Número de teses presentadas en castelán

Info da escala: Número enteiro

5,0

2,0

2,0

5,0

6,0

2,0

ID-37
Número de teses presentadas noutro idioma

Número de teses presentadas noutro idioma

Info da escala: Número enteiro

1,0

5,0

6,0

1,0

5,0

1,0

ID-38
Duración media dos estudos a tempo completo

Duración media (en anos) dos estudos a tempo completo

Info da escala: Número enteiro

2,9589

4,3397

2,9589

4,6849

4,1339

4,9315

ID-39
Duración media dos estudos a  tempo parcial

Duración media (en anos) dos estudos a tempo parcial.

Info da escala: Número enteiro

2,9589

3,4767

4,3332

3,9452

4,1584

5,0785

ID-40
Porcentaxe de doutorandos que defenden a súa tese sen pedir prórroga

Relación porcentual do número de estudantes que defenden a tese sen prórroga sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

87,5

25,0

50,0

16,67

25,0

0,0

ID-43
Porcentaxe de teses coa cualificación de “cum laude”

Relación porcentual do número de teses que acadan a cualificación de “cum laude” sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

87,5

87,5

100,0

83,33

100,0

100,0

ID-44
Porcentaxe de teses con mención internacional

Relación porcentual do número de teses con mención internacional sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

37,5

0,0

37,5

0,0

25,0

25,0

ID-45
Porcentaxe de abandono do programa

Relación porcentual do número de estudantes que non se matricularon nin defenderon a tese no curso académico sobre o número total de estudantes matriculados no curso anteriror, unha vez descontados o número de alumnos que defenderon a tese no curso académico e os alumnos que teñen concedida unha baixa temporal

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

19,23

50,0

89,87

19,72

19,7

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.09.2023.