Ir o contido principal
STG

Programa de Doutoramento en Equidade e Innovación en Educación

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Centro(s)
Escola de Doutoramento Internacional da USC
Avenida das Ciencias, 6, 15782
Santiago de Compostela
Campus
Santiago de Compostela
Contacto
pd.equidade [at] usc.es

O principal obxectivo deste programa de doutoramento é a investigación e innovación sobre os programas, accións, recursos e políticas socio-educativas necesarias para conseguir a equidade en educación.

Duración: 3 anos académicos
Código RUCT: 5600884
Número prazas: 10

Coordinador-a do título:
Jose Felipe Trillo Alonso
felipe.trillo [at] usc.es

Universidade coordinadora:
Universidade de Vigo

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Oviedo Universidade de Cantabria Universidade da Coruña Universidade de Vigo

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
05/12/2013

Data de publicación no BOE:
19/01/2015

Data da última acreditación:
22/06/2021

Códigos ISCED:
(142) Ciencias de la educación
(145) Formación de docentes de enseñanza de temas especiales
(0111) Ciencias de la educación

O principal obxectivo deste programa de doutoramento é a investigación e innovación sobre os programas, accións, recursos e políticas socio-educativas necesarias para conseguir a equidade en educación. Este obxectivo concrétase nos seguintes obxectivos máis específicos:

1. Formación de profesionais especializados na investigación comprometida coa innovación e a igualdade de oportunidades na educación. Profesionais capaces de investigar no ámbito do deseño, xeración, posta en marcha e avaliación de programas e recursos educativos adecuados ás actuais sociedades cosmopolitas, abertas e multiculturais desde a perspectiva da equidade.

2. Adquisición de competencias e habilidades que capaciten aos investigadores en formación para a transferencia do coñecemento, afrontando desde a equidade os retos implicados nos procesos de investigación, innovación e cambio.

3. Contribución e promoción da mobilidade e internacionalización dos investigadores en formación garantindo un proceso formativo que implica un claro compromiso coa calidade, equidade e innovación na investigación educativa."

O obxectivo do programa concrétase nos seguintes obxectivos máis específicos:

  1. Formación de profesionais especializados na investigación comprometida coa innovación e a igualdade de oportunidades na educación. Profesionais capaces de investigar no ámbito do deseño, xeración, posta en marcha e avaliación de programas e recursos educativos adecuados ás actuais sociedades cosmopolitas, abertas e multiculturais desde a perspectiva da equidade.
  2. Adquisición de competencias e habilidades que capaciten aos investigadores en formación para a transferencia do coñecemento, afrontando desde a equidade os retos implicados nos procesos de investigación, innovación e cambio.
  3. Contribución e promoción da mobilidade e internacionalización dos investigadores en formación garantindo un proceso formativo que implica un claro compromiso coa calidade, equidade e innovación na investigación educativa.

a) Os estudantes que cursaran e aprobaran os seguintes másteres impartidos polas Facultades de Ciencias da Educación e Facultades de Formación do Profesorado das cinco Universidades participantes. Entre eles, algúns másteres necesitarán ser completados cunha formación complementaria sobre Metodoloxía da Investigación Educativa.

• Máster en Innovación, orientación e avaliación educativa pola Universidade da Coruña (Complementos de formación: Non)

• Máster Universitario en profesorado ESO, bacherelato, formación profesional e ensino de idiomas pola Universidade da Coruña (Complementos de formación: Si)

• Master Universitario en Investigación e Innovación en contextos educativos pola Universidade de Cantabria (Complementos de formación: Non)

• Máster Universitario en Formación do Profesorado de Educación Secundaria pola Universidade de Cantabria (Complementos de formación: Si)

• Máster Universitario en Intervención e investigación socioeducativa pola Universidade de Oviedo (Complementos de formación: Non)

• Máster Universitario para o profesorado de educación secundaria obrigatoria, bacherelato, formación profesional pola Universidade de Oviedo (Complementos de formación: Si)

• Máster Universitario para o profesorado de educación secundaria obrigatoria, bacherelato, formación profesional pola Universidade de Vigo (Complementos de formación: Si)

• Máster Universitario Educación, Xénero e Igualdade pola Universidade de Santiago de Compostela (Complementos de formación: Non)

• Master Universitario en Procesos de Formación pola Universidade de Santiago de Compostela (Complementos de formación: Non)

• Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario pola Universidade de Santiago de Compostela (Complementos de formación: Non)

• Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza pola Universidade de Santiago de Compostela (Complementos de formación: Non)

• Máster Universitario en profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacherelato, Formación profesional e Ensino de idiomas pola Universidade de Santiago de Compostela (Complementos de formación: Si)

• Máster Universitario en Dificultades de Aprendizaxe e Procesos Cognitivos pola Universidade de Vigo (Complementos de formación: Non)

• Máster Universitario en Investigación psicosocioeducativa con adolescentes pola Universidade de Vigo (Complementos de formación: Non)

• Máster Universitario en necesidades específicas de apoio educativo pola Universidade de Vigo (Complementos de formación: Si)

• Máster Universitario en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos pola Universidade de Vigo (Complementos de formación: Si)

• Máster Universitario para o profesorado de educación secundaria obrigatoria, bacherelato, formación profesional e ensino de idiomas pola Universidades de Vigo (Complementos de formación: Si)

b) Os solicitantes que teñan un título de Master Oficial, tendo preferencia outros masters vinculados a Ciencias da Educación (distintos aos citados no punto 1) sobre os masters noutras áreas de coñecemento

c) Os solicitantes que acrediten superar 60 ECTS de posgrao dun plan de estudos oficial de Universidades españolas (tendo preferencia os solicitantes que proveñan de títulos de grao no área de Ciencias da Educación, fronte aos provintes de graos doutras áreas de coñecemento.

d) Os solicitantes que acrediten a Suficiencia Investigadora dun programa de doutoramento de Ciencias da Educación regulado polo RD 185/85 e aqueles que acrediten estar en posesión do Diploma de Estudos Avanzados regulados polo RD 778/98

e) Solicitantes en posesión dun título estranxeiro equivalente a Máster oficial do ámbito de Ciencias da Educación que faculten, no país de orixe para o acceso a estudos de doutoramento na fase de investigación (homologado ou sen homologar)

f) Solicitantes doutros masters que no futuro se desenvolvan, vinculados á área de Ciencias da educación

Os casos b, c, d, e, e f serán analizados individualmente pola Comisión Académica do Doutoramento.

Acceso

1. Con carácter xeral, para o acceso a un programa oficial de doutoramento será necesario estar en posesión dos títulos oficiais españois de Grao, ou equivalente, e de Máster universitario, ou equivalente, sempre que se teñan cursado, polo menos, 300 créditos ECTS no conxunto destas dúas ensinanzas.

2. Así mesmo, poderá acceder quen se atope nalgún dos seguintes supostos:

a) Estar en posesión dun título universitario oficial español ou doutro país integrante do Espazo Europeo de Educación Superior, que habilite para o acceso ao máster de acordo co establecido no artigo 16 do RD 1393/2007, e superar un mínimo de 300 créditos ECTS no conxunto de estudos universitarios oficiais, dos cales polo menos 60 deberán ser de nivel de máster.

b) Estar en posesión dun título oficial español de graduado ou graduada, cuxa duración, conforme normas de dereito comunitario, sexa de polo menos 300 créditos ECTS. Ditos titulados deberán cursar con carácter obrigatorio os complementos de formación requiridos polo programa, agás que o plan de estudos do correspondente título de grao inclúa créditos de formación en investigación equivalentes en valor formativo aos créditos en investigación procedentes de estudos de máster.

c) Os titulados universitarios que, logo da obteren praza en formación na correspondente proba de acceso a prazas de formación sanitaria especializada, superen con avaliación positiva polo menos dous anos de formación dun programa para a obtención do título oficial dalgunha das especialidades en ciencias da saúde.

d) Estar en posesión dun título obtido conforme sistemas educativos estranxeiros, sen necesidade da súa homologación, logo da comprobación pola Universidade de que este acredita un nivel de formación equivalente á do título oficial español de máster universitario e que faculta no país expedidor do título para o acceso a estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo do cal estea en posesión o interesado nin o seu recoñecemento para outros efectos que o do acceso a ensinos de doutoramento.

e) Estar en posesión doutro título español de doutor obtido conforme anteriores ordenacións universitarias.

f) Estar en posesión dun título universitario oficial que obtivera a correspondencia ao nivel 3 do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior, de acordo co procedemento establecido no Real Decreto 967/2014, de 21 de novembro, polo que se establecen os requisitos e o procedemento para a homologación e declaración de equivalencia a titulación e a nivel académico universitario oficial e para a validación de estudos estranxeiros de Educación Superior, e o procedemento para determinar a correspondencia aos niveis do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior dos títulos oficiais de Arquitecto, Enxeñeiro, Licenciado, Arquitecto Técnico, Enxeñeiro Técnico e Diplomado.

3. Os doutorandos que iniciasen o seu programa de doutoramento conforme anteriores ordenacións universitarias poderán acceder ao ensino de doutoramento, logo da súa admisión de acordo co establecido no Regulamento de estudos de doutoramento da USC. En todo caso deberán reunir os requisitos establecidos con carácter xeral no citado Regulamento para acceder aos estudos de doutoramento.

4. Poderán acceder aos estudos de doutoramento os licenciados, arquitectos ou enxeñeiros que posúan o diploma de estudos avanzados obtido de acordo co disposto no Real decreto 778/1998, do 30 de abril, ou alcancen a suficiencia investigadora regulada no Real decreto 185/1985, do 23 de xaneiro.

5. Poderán acceder aos estudos de doutoramento os licenciados, arquitectos ou enxeñeiros que posúan un título de máster oficial conforme o Real decreto 56/2005 ou o Real decreto 1393/2007, modificado polo Real decreto 861/2010, ou teñan superados 60 ECTS de estudos de máster oficial.

6. Tamén poderán acceder os diplomados, enxeñeiros técnicos ou arquitectos técnicos que acrediten ter 300 créditos ECTS superados no conxunto de estudos universitarios oficiais, dos cales, polo menos 60, deberán ser de nivel de máster.

Priorizaranse as solicitudes en función dos seguintes criterios:

1. Terán prioridade de acceso ao Doutoramento os solicitantes que teñan unha traxectoria formativa previa de grao e posgrao do ámbito da Educación priorizados estes candidatos segundo o criterio de expediente académico.

2. En segundo lugar a CAPD poderá admitir a candidatos cuxa formación previa de grao ou máster non estea nuclearmente relacionada coa Educación sempre que a Comisión estime que a súa traxectoria formativa e/ou experiencia laboral previa é coherente co Programa de Doutoramento. Estes candidatos serán igualmente priorizados por expediente académico.

3. Cada universidade realizará a admisión da súa cota de candidatos e, no caso de que a devandita cota non sexa cuberta, as prazas sen adxudicar poderán ser asignadas para candidatos das demais universidades seguindo os mesmos criterios do punto 1.

Os criterios de priorización son os seguintes:

a) -Título previo co que se accede tendo prioridade os títulos de Ciencias da Educación (Pedagoxía, Psicopedagoxía, Educación Social, títulos de Mestre) fronte a outras titulacións. (ata 3 puntos)

b) -Expediente académico e nota do máster si a titulación previa é acorde co programa (ata 3 puntos).

c) -Experiencia investigadora e/ou profesional en calquera dos ámbitos laborais aos que se orientan as liñas de investigación do programa de doutoramento (ata 1 punto)

d) -Obtención de bolsas de investigación (ata 1 punto)

e) -Publicacións relacionadas coa temática do programa de doutoramento (ata 1 punto)

f) -Outros méritos académicos (estancias no estranxeiro, idiomas, etc.) (ata 1 punto).

g) Así mesmo, a Comisión Académica poderá realizar unha entrevista cos candidatos para aclarar e ponderar calquera dos méritos alegados

O programa de doutoramento poderá extinguirse por algunha das seguintes causas:

• Que non supere o proceso de renovación da acreditación establecido no artigo 10 do RD 99/2011.

• Que non acredite o cumprimento dos requisitos establecidos pola normativa estatal ou autonómica vixente.

• Que se formule unha proposta de extinción do programa ao abeiro dos procesos de revisión e mellora do título de acordo co procedemento aprobado pola universidade.

• Que concorra calquera situación excepcional que impida o correcto desenvolvemento do programa de doutoramento.

A extinción producirá os seguintes efectos:

• Comportará a perda do seu carácter oficial e a baixa no RUCT.

• Non se poderá matricular novo alumnado no programa de doutoramento.

• En calquera caso todo o alumnado afectado deberá ser informado da extinción e das consecuencias desta no relativo ao desenvolvemento dos seus estudos.

A Universidade adoptará as medidas necesarias para garantir os dereitos académicos do alumnado que estea cursando os ditos estudos nos termos establecidos na resolución de extinción do plan de estudo, e aprobará o procedemento de extinción dos programas de doutoramento no seo da universidade.

Participación en congresos e xornadas científicas relavantes no ámbito das ciencias da educación

  • E3071A01

Xornada de orientación para os novos doutorandos

  • E3071A02

Encontros con investigadores do programa

  • E3071A03

Reunión científica interuniversitaria de xóvenes investigadores en equidade e innovación en educación

  • E3071A04

Seminarios monográficos en equidade no desenvolvemento de sistemas e actuacións socio-educativas

  • E3071A05

Estancias de investigación

  • E3071A06
Profesores Área
Maria Del Mar Lorenzo Moledo
Teoría e Historia da Educación
Eduardo Jose Fuentes Abeledo
Didáctica e Organización Escolar
Jesus Rodriguez Rodriguez
Didáctica e Organización Escolar
Jose Antonio Caride Gomez
Teoría e Historia da Educación
Miguel Angel Santos Rego
Teoría e Historia da Educación
Maria Belen Caballo Villar
Teoría e Historia da Educación
Jose Felipe Trillo Alonso
Didáctica e Organización Escolar
Maria Lopez Sandez
Didáctica da Lingua e a Literatura
Rita Gradaille Pernas
Teoría e Historia da Educación
Laura María Varela Crespo
Teoría e Historia da Educación
Juan José Bueno Aguilar
Escola de Doutoramento Internacional
Purificación Mayobre Rodríguez
Escola de Doutoramento Internacional
Ángeles Parrilla Latas
Escola de Doutoramento Internacional
Concepción Sánchez Blanco
Escola de Doutoramento Internacional
María Mercedes Álvarez Lires
Escola de Doutoramento Internacional
Profesores Área
Beatriz Cebreiro Lopez
Didáctica e Organización Escolar
Pablo Angel Meira Cartea
Teoría e Historia da Educación
Eduardo Jose Fuentes Abeledo
Didáctica e Organización Escolar
Adriana Gewerc Barujel
Didáctica e Organización Escolar
Maria Del Carmen Fernandez Morante
Didáctica e Organización Escolar
Pedro Vega Marcote
Escola de Doutoramento Internacional
Maria Lopez Sandez
Didáctica da Lingua e a Literatura
Rita Gradaille Pernas
Teoría e Historia da Educación
Fernando Fraga Varela
Didáctica e Organización Escolar
Esther Vila Couñago
Didáctica e Organización Escolar
Raúl Eirín Nemiña
Didáctica da Expresión Corporal
Manuela Raposo Rivas
Escola de Doutoramento Internacional
Ana Rodriguez Groba
Didáctica e Organización Escolar
Susana García Barros
Escola de Doutoramento Internacional
Jesús Miguel Muñoz Cantero
Escola de Doutoramento Internacional
Pablo Cesar Muñoz Carril
Didáctica e Organización Escolar
Cristina Martínez Losada
Escola de Doutoramento Internacional
Mar Rodríguez Romero
Escola de Doutoramento Internacional
María Mercedes Álvarez Lires
Escola de Doutoramento Internacional
Mercedes González Sanmamed
Escola de Doutoramento Internacional

O principal obxectivo deste programa de doutoramento é a investigación e innovación sobre os programas, accións, recursos e políticas socio-educativas necesarias para conseguir a equidade en educación. Este obxectivo concrétase nos seguintes obxectivos máis específicos:

  1. Formación de profesionais especializados na investigación comprometida coa innovación e a igualdade de oportunidades na educación. Profesionais capaces de investigar no ámbito do deseño, xeración, posta en marcha e avaliación de programas e recursos educativos adecuados ás actuais sociedades cosmopolitas, abertas e multiculturais desde a perspectiva da equidade.
  2. Adquisición de competencias e habilidades que capaciten aos investigadores en formación para a transferencia do coñecemento, afrontando desde a equidade os retos implicados nos procesos de investigación, innovación e cambio.
  3. Contribución e promoción da mobilidade e internacionalización dos investigadores en formación garantindo un proceso formativo que implica un claro compromiso coa calidade, equidade e innovación na investigación educativa.

O principal obxectivo deste programa de doutoramento é a investigación e innovación sobre os programas, accións, recursos e políticas socio-educativas necesarias para conseguir a equidade en educación. Este obxectivo concrétase nos seguintes obxectivos máis específicos:

1. Formación de profesionais especializados na investigación comprometida coa innovación e a igualdade de oportunidades na educación. Profesionais capaces de investigar no ámbito do deseño, xeración, posta en marcha e avaliación de programas e recursos educativos adecuados ás actuais sociedades cosmopolitas, abertas e multiculturais desde a perspectiva da equidade.

2. Adquisición de competencias e habilidades que capaciten aos investigadores en formación para a transferencia do coñecemento, afrontando desde a equidade os retos implicados nos procesos de investigación, innovación e cambio.

3. Contribución e promoción da mobilidade e internacionalización dos investigadores en formación garantindo un proceso formativo que implica un claro compromiso coa calidade, equidade e innovación na investigación educativa."

• Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co devandito campo

• Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación

• Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal

• Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas

• Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional

• Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.

  • CG1. Capacidade de deseñar un proxecto de investigación no que se poida desenvolver unha análise crítica e avaliativa de situacións complexas e innovadoras utilizando os coñecementos e metodoloxía de traballo para construír e avanzar nas fronteiras de coñecemento no ámbito temático de estudo
  • CG2. Desenvolvemento das habilidades para debater, integrando coñecementos de con responsabilidade social e científica, demostrando o dominio de distintas habilidades e métodos de investigación que posibiliten analizar os procesos educativos no actual marco de sociedades cosmopolitas.
  • CG3. Desenvolvemento das capacidades comprensivas, de análises e sínteses.
  • CG4. Desenvolvemento de capacidades para aplicar coñecementos a contornas novas, para formular e resolver novas preguntas, para suscitar e contrastar novas hipóteses.
  • CE1. Capacidade de utilizar e aplicar os coñecementos adquiridos en distintos ámbitos profesionais e disciplinares en relación directa coa Equidade en educación.
  • CE2. Capacidade para deseñar e desenvolver alternativas orixinais e innovadoras para dar resposta ás distintas demandas e problemáticas educativas desde a perspectiva da equidade e a xustiza social.
  • CE3. Realizar unha contribución a través dunha investigación orixinal que amplíe as fronteiras do coñecemento desenvolvendo un corpus substancial, en torno aos campos da Equidade na Educación e a Innovación
  • CE4. Realizar unha análise crítica de avaliación e síntese de ideas novas e complexas, sobre proxectos de investigación en desenvolvemento na área de coñecemento de Educación e equidade, valorando as súas posibilidades de transferencia e mellora das prácticas educativas

CG1 - Capacidade de deseñar un proxecto de investigación no que se poida desenvolver unha análise crítica e avaliativa de situacións complexas e innovadoras utilizando os coñecementos e metodoloxía de traballo para construír e avanzar nas fronteiras de coñecemento no ámbito temático de estudo
CG2 - Desenvolvemento das habilidades para debater, integrando coñecementos de con responsabilidade social e científica, demostrando o dominio de distintas habilidades e métodos de investigación que posibiliten analizar os procesos educativos no actual marco de sociedades cosmopolitas.
CG3 - Desenvolvemento das capacidades comprensivas, de análises e sínteses.
CG4 - Desenvolvemento de capacidades para aplicar coñecementos a contornas novas, para formular e resolver novas preguntas, para suscitar e contrastar novas hipóteses.
CE1 - Capacidade de utilizar e aplicar os coñecementos adquiridos en distintos ámbitos profesionais e disciplinares en relación directa coa Equidade en educación.
CE2 - Capacidade para deseñar e desenvolver alternativas orixinais e innovadoras para dar resposta ás distintas demandas e problemáticas educativas desde a perspectiva da equidade e a xustiza social.
CE3 - Realizar unha contribución a través dunha investigación orixinal que amplíe as fronteiras do coñecemento desenvolvendo un corpus substancial, en torno aos campos da Equidade na Educación e a Innovación
CE4 - Realizar unha análise crítica de avaliación e síntese de ideas novas e complexas, sobre proxectos de investigación en desenvolvemento na área de coñecemento de Educación e equidade, valorando as súas posibilidades de transferencia e mellora das prácticas educativas

Para dar cobertura a todos os requirimentos da actividade investigadora, ademais dos recursos propios dos centros nos que desenvolven a súa actividade os doutorandos, a USC conta con unidades de carácter centralizado que prestan os seus servizos a departamentos e grupos de investigación entre os que cabe sinalar:

A Biblioteca Universitaria que é unha unidade funcional concibida como un centro de recursos bibliográficos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, ofrece servizos como os seguintes:

• Bases de datos reunidas

• Revistas electrónicas

• Sumarios electrónicos

• Servizo de préstamo interbibliotecario

Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo Universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.

A Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico (RIAIDT) é a estrutura organizativa que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación da USC. O obxectivo da RIAIDT é darlle unha meirande unidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación cos que conta a USC.

A Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ATIC) da USC ten a misión de deseñar, planificar, xestionar, administrar e asegurar as infraestruturas e servizos baseados en tecnoloxías da información e comunicación (TIC) prestados á comunidade universitaria nos ámbitos da docencia, a investigación e a xestión administrativa.

O respecto á diversidade e o desenvolvemento de políticas activas de incorporación e integración de estudantes con necesidades especiais son dous principios e liñas de actuación recollidos na Memoria de Responsabilidade Social da USC. A tal efecto, o Servizo de Participación e Integración Universitaria encárgase da coordinación, en colaboración cos distintos centros e entidades, e posta en marcha das actuacións necesarias para favorecer a igualdade entre todos os membros da comunidade universitaria.

Outros recursos:

Centro de tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA)

Redes de aulas de informática

Área de xestión de infraestruturas

Servizo de medios audiovisuais

Servizo de prevención de riscos

Unha descrición máis detallada dos recursos materiais está dispoñible no apartado sete da Memoria do Título

Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

Coordinador/a
Jose Felipe Trillo Alonso

Secretario/a
Adriana Gewerc Barujel

Vogais
Jose Antonio Caride Gomez
Beatriz Cebreiro Lopez
Rita Gradaille Pernas
Pablo Angel Meira Cartea
Jesus Rodriguez Rodriguez

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-01
Prazas Ofertadas

Número de prazas ofertadas para cada curso académico. Achega información sobre a evolución da oferta de prazas asociada a ese programa

Info da escala: Número enteiro

12,0

10,0

10,0

10,0

10,0

10,0

ID-02
Demanda

Relación porcentual das solicitudes presentadas sobre a oferta de prazas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

391,67

240,0

250,0

210,0

220,0

330,0

ID-03
Matrícula de novo ingreso

Número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Número enteiro

11,0

8,0

10,0

10,0

10,0

10,0

ID-06
Matrícula total de estudantes

Número total de estudantes matriculados en réxime de matrícula ordinaria

Info da escala: Número enteiro

50,0

50,0

48,0

49,0

50,0

51,0

ID-07
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster.

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

45,45

62,5

40,0

50,0

30,0

60,0

ID-08
Porcentaxe de estudantes procedentes de outras universidades

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso con mestrados de acceso doutras universidades e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

18,18

12,5

10,0

10,0

10,0

30,0

ID-09
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG e o número total de estudantes matriculados

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

18,18

12,5

10,0

0,0

0,0

30,0

ID-10
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidade do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades do SUG e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

10,0

10,0

0,0

ID-11
Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre o total de matriculados

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros (de fora de España) sobre o total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

50,00

48,00

43,75

40,82

42,00

39,22

ID-12
Porcentaxe de estudantes estranxeiros do EEES

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros do EEES sobre o número total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

28,0

26,0

25,0

22,45

18,0

15,69

ID-22
Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-13
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso que requiren complementos formativos

Relación porcentual do número de estudantes de novo ingreso que precisan complementos formativos sobre o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso, unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

27,27

12,5

50,0

20,0

70,0

50,0

ID-14
Porcentaxe de estudantes a tempo completo

Relación porcentual do número de estudantes a tempo completo sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos a tempo completo aqueles que teñan a mesma dedicación durante todo o curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

54,0

42,0

45,83

38,78

36,0

43,14

ID-15
Porcentaxe de estudantes a tempo parcial

Relación porcentual do número de estudantes a tempo parcial sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos a tempo parcial aqueles que teñen a mesma dedicación durante todo o curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

22,0

24,0

22,92

30,61

26,0

21,57

ID-16
Porcentaxe de estudantes con dedicación mixta

Relación porcentual do número de estudantes con dedicación mixta sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos con dedicación mixta aqueles que alternan entre dedicación a tempo completo e parcial durante o mesmo curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

24,0

34,0

31,25

30,61

38,0

35,29

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-17
Porcentaxe de estudantes que realizan estadías de investigación (saíntes) autorizadas pola CAPD

Relación porcentual do número de estudantes que realizan estadías de investigación sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

57,14

9,09

0,0

11,11

4,55

ID-19
Porcentaxe de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes)

Relación porcentual do número de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

23,81

18,18

5,26

16,67

13,64

ID-21
Porcentaxe de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...)

Relación porcentual do número de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

26,67

31,25

31,58

38,89

36,36

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-24
Ratio de teses defendidas en réxime de codirección

Relación porcentual do número de teses defendidas en réxime de codirección sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Número racional con dous decimais

1,0

0,5

0,5714

1,0

0,5

0,75

ID-25
Número total de sexenios

Número total de sexenios.

Info da escala: Número enteiro

36,0

38,0

39,0

36,0

38,0

43,0

ID-26
Número medio de sexenios por PDI

Número medio de sexenios por PDI.

Info da escala: Número racional con dous decimais

2,4

2,5333

3,0

2,7692

2,9231

2,3889

ID-27
Porcentaxe de PDI con sexenios

Relación porcentual do número de PDI con sexenios sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

93,33

93,33

92,31

92,31

100,0

94,44

ID-28
Porcentaxe de PDI con sexenios vivos.

Relación porcentual do número de PDI con sexenios vivos sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

80,0

80,0

76,92

76,92

92,31

77,78

ID-29
Porcentaxe de profesorado estranxeiro sobre o profesorado total do programa

Relación porcentual do número de directores de tese estranxeiros sobre o número total de directores de tese

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

16,22

14,29

12,5

10,81

13,16

10,64

ID-30
Porcentaxe de expertos internacionais nos tribunais de tese

Relación porcentual do número de membros estranxeiros dos tribunais sobre o número total de membros dos tribunais

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

16,67

27,27

19,05

16,67

16,67

17,08

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-31
Número de teses defendidas

Número de teses defendidas

Info da escala: Número enteiro

2,0

4,0

7,0

2,0

4,0

4,0

ID-32
Porcentaxe de teses realizadas a tempo completo

Relación porcentual do número de teses realizadas a tempo completo sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

85,71

100,0

75,0

50,0

ID-33
Porcentaxe de teses realizadas  a tempo parcial

Relación porcentual do número de teses realizadas a tempo parcial sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

14,29

0,0

25,0

50,0

ID-34
Porcentaxe de teses realizadas con dedicación mixta

Relación porcentual do número de teses realizadas con dedicación mixta sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-35
Número de teses presentadas en galego

Número de teses presentadas en galego

Info da escala: Número enteiro

0,0

1,0

1,0

1,0

3,0

3,0

ID-36
Número de teses presentadas en castelán

Número de teses presentadas en castelán

Info da escala: Número enteiro

1,0

2,0

3,0

1,0

0,0

0,0

ID-37
Número de teses presentadas noutro idioma

Número de teses presentadas noutro idioma

Info da escala: Número enteiro

1,0

1,0

3,0

0,0

1,0

1,0

ID-38
Duración media dos estudos a tempo completo

Duración media (en anos) dos estudos a tempo completo

Info da escala: Número enteiro

2,9589

4,274

3,5496

4,4301

-

4,9315

ID-39
Duración media dos estudos a  tempo parcial

Duración media (en anos) dos estudos a tempo parcial.

Info da escala: Número enteiro

2,9589

4,2548

5,1

-

4,3418

5,3534

ID-40
Porcentaxe de doutorandos que defenden a súa tese sen pedir prórroga

Relación porcentual do número de estudantes que defenden a tese sen prórroga sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

25,0

28,57

0,0

25,0

0,0

ID-43
Porcentaxe de teses coa cualificación de “cum laude”

Relación porcentual do número de teses que acadan a cualificación de “cum laude” sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

75,0

85,71

100,0

75,0

100,0

ID-44
Porcentaxe de teses con mención internacional

Relación porcentual do número de teses con mención internacional sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

75,0

42,86

50,0

0,0

25,0

ID-45
Porcentaxe de abandono do programa

Relación porcentual do número de estudantes que non se matricularon nin defenderon a tese no curso académico sobre o número total de estudantes matriculados no curso anteriror, unha vez descontados o número de alumnos que defenderon a tese no curso académico e os alumnos que teñen concedida unha baixa temporal

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

25,0

2,33

15,56

7,32

17,07

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.07.2023.