Ir o contido principal
STG

Programa de Doutoramento en Medio Ambiente e Recursos Naturais

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias
Centro(s)
Escola de Doutoramento Internacional da USC
Avenida das Ciencias, 6, 15782
Santiago de Compostela
Campus
Santiago de Compostela
Contacto
pd.medioambiente [at] usc.es

As ensinanzas do Doutoramento de Medio Ambiente e Recursos Naturais na USC leva unha longa traxectoria con máis de 30 anos de experiencia en cursos de posgrao e programa de doutoramento.

Duración: 3 anos académicos
Código RUCT: 5600838
Número prazas: 20

Coordinador-a do título:
Jose Angel Fernandez Escribano
jangel.fernandez [at] usc.es

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
21/01/2014

Data de publicación no BOE:
11/03/2014

Data da última acreditación:
13/03/2023

Códigos ISCED:
(422) Ciencias del medio ambiente
(440) Ciencias Físicas, quimicas, geológicas
(0522) Entornos naturales y vida silvestre

A oferta proposta adecúase á actuación prevista na liña estratéxica 1, consistente na conformación dunha oferta de posgrao especializada e competitiva respecto á contorna universitaria, nacional e internacional, incrementando o prestixio social dos estudos de posgrao. A USC debe aproveitar as oportunidades que brinda a calidade na súa investigación, promovendo o vínculo entre docencia e investigación, baixo a coordinación do Centro de Posgrao e a Escola Internacional de Doutoramento.

Coa oferta proposta preténdese reforzar o prestixio da traxectoria investigadora da USC. Se promoverá a incorporación de doutores e doutoras ás empresas co fin de estender a súa capacidade máis aló da docencia e a investigación, co fin de impulsar a actividade produtiva. Así mesmo, a proposta é consecuente coa necesaria modificación dos patróns de xestión de recursos, buscando a optimización do uso dos mesmos, mediante fórmulas de colaboración internas e externas. Procurouse establecer colaboracións con investigadores e centros estranxeiros, que nun futuro poderían ampliarse á creación de titulacións interuniversitarias.

Este Programa de Doutoramento resulta especializado e competitivo respecto á contorna universitaria, nacional e internacional, incrementando o prestixio social dos estudos de posgrao. Promoverase a incorporación de doutores e doutoras ás empresas co fin de estender a súa capacidade mías aló da docencia e a investigación, co fin de impulsar a actividade produtiva.

• Sen complementos de formación:

Poden acceder directamente ao doutoramento os alumnos que obteñan un máster no medio AMBIENTE E RECURSOS NATURAIS ou de ENXEÑARÍA AMBIENTAL da USC, así como os alumnos procedentes doutros títulos de máster que sexan considerados afíns pola Comisión Académica do doutoramento no medio AMBIENTE E RECURSOS NATURAIS.

• Outros perfís:

A Comisión académica poderá propoñer a realización de complementos de formación ata un máximo de 15 créditos ECTS con materias obrigatorias do Máster de Medio Ambiente e Recursos Naturais. Os complementos formativos específicos serán as materias obrigatorias do Máster de Medio Ambiente e Recursos Naturais que o alumno non cursara e lle sexan recomendados polo seu titor ou a Comisión Académica.

• Lingua inglesa:

Requerírase un nivel B1 de coñecemento da lingua inglesa segundo o Marco Común Europeo de Referencia para as linguas.

Acceso

1. Con carácter xeral, para o acceso a un programa oficial de doutoramento será necesario estar en posesión dos títulos oficiais españois de Grao, ou equivalente, e de Máster universitario, ou equivalente, sempre que se teñan cursado, polo menos, 300 créditos ECTS no conxunto destas dúas ensinanzas.

2. Así mesmo, poderá acceder quen se atope nalgún dos seguintes supostos:

a) Estar en posesión dun título universitario oficial español ou doutro país integrante do Espazo Europeo de Educación Superior, que habilite para o acceso ao máster de acordo co establecido no artigo 16 do RD 1393/2007, e superar un mínimo de 300 créditos ECTS no conxunto de estudos universitarios oficiais, dos cales polo menos 60 deberán ser de nivel de máster.

b) Estar en posesión dun título oficial español de graduado ou graduada, cuxa duración, conforme normas de dereito comunitario, sexa de polo menos 300 créditos ECTS. Ditos titulados deberán cursar con carácter obrigatorio os complementos de formación requiridos polo programa, agás que o plan de estudos do correspondente título de grao inclúa créditos de formación en investigación equivalentes en valor formativo aos créditos en investigación procedentes de estudos de máster.

c) Os titulados universitarios que, logo da obteren praza en formación na correspondente proba de acceso a prazas de formación sanitaria especializada, superen con avaliación positiva polo menos dous anos de formación dun programa para a obtención do título oficial dalgunha das especialidades en ciencias da saúde.

d) Estar en posesión dun título obtido conforme sistemas educativos estranxeiros, sen necesidade da súa homologación, logo da comprobación pola Universidade de que este acredita un nivel de formación equivalente á do título oficial español de máster universitario e que faculta no país expedidor do título para o acceso a estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo do cal estea en posesión o interesado nin o seu recoñecemento para outros efectos que o do acceso a ensinos de doutoramento.

e) Estar en posesión doutro título español de doutor obtido conforme anteriores ordenacións universitarias.

f) Estar en posesión dun título universitario oficial que obtivera a correspondencia ao nivel 3 do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior, de acordo co procedemento establecido no Real Decreto 967/2014, de 21 de novembro, polo que se establecen os requisitos e o procedemento para a homologación e declaración de equivalencia a titulación e a nivel académico universitario oficial e para a validación de estudos estranxeiros de Educación Superior, e o procedemento para determinar a correspondencia aos niveis do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior dos títulos oficiais de Arquitecto, Enxeñeiro, Licenciado, Arquitecto Técnico, Enxeñeiro Técnico e Diplomado.

3. Os doutorandos que iniciasen o seu programa de doutoramento conforme anteriores ordenacións universitarias poderán acceder ao ensino de doutoramento, logo da súa admisión de acordo co establecido no Regulamento de estudos de doutoramento da USC. En todo caso deberán reunir os requisitos establecidos con carácter xeral no citado Regulamento para acceder aos estudos de doutoramento.

4. Poderán acceder aos estudos de doutoramento os licenciados, arquitectos ou enxeñeiros que posúan o diploma de estudos avanzados obtido de acordo co disposto no Real decreto 778/1998, do 30 de abril, ou alcancen a suficiencia investigadora regulada no Real decreto 185/1985, do 23 de xaneiro.

5. Poderán acceder aos estudos de doutoramento os licenciados, arquitectos ou enxeñeiros que posúan un título de máster oficial conforme o Real decreto 56/2005 ou o Real decreto 1393/2007, modificado polo Real decreto 861/2010, ou teñan superados 60 ECTS de estudos de máster oficial.

6. Tamén poderán acceder os diplomados, enxeñeiros técnicos ou arquitectos técnicos que acrediten ter 300 créditos ECTS superados no conxunto de estudos universitarios oficiais, dos cales, polo menos 60, deberán ser de nivel de máster.

• Expediente académico (40%),

• Experiencia investigadora (40%)

• Experiencia profesional (20%).

O programa de doutoramento poderá extinguirse por algunha das seguintes causas:

• Que non supere o proceso de renovación da acreditación establecido no artigo 10 do RD 99/2011.

• Que non acredite o cumprimento dos requisitos establecidos pola normativa estatal ou autonómica vixente.

• Que se formule unha proposta de extinción do programa ao abeiro dos procesos de revisión e mellora do título de acordo co procedemento aprobado pola universidade.

• Que concorra calquera situación excepcional que impida o correcto desenvolvemento do programa de doutoramento.

A extinción producirá os seguintes efectos:

• Comportará a perda do seu carácter oficial e a baixa no RUCT.

• Non se poderá matricular novo alumnado no programa de doutoramento.

• En calquera caso todo o alumnado afectado deberá ser informado da extinción e das consecuencias desta no relativo ao desenvolvemento dos seus estudos.

A Universidade adoptará as medidas necesarias para garantir os dereitos académicos do alumnado que estea cursando os ditos estudos nos termos establecidos na resolución de extinción do plan de estudo, e aprobará o procedemento de extinción dos programas de doutoramento no seo da universidade.

Asistencia a conferencias

  • E1101A01

Estancias en centros de investigación e empresas

  • E1101A02

Redación e publicación de artigos científicos

  • E1101A03

Asistencia a congresos e a reunións científicas

  • E1101A04

Asistencia a xornadas de campo

  • E1101A05

Outros perfís: A Comisión académica poderá propoñer a realización de complementos de formación ata un máximo de 15 créditos ECTS con materias obrigatorias do Máster de Medio Ambiente e Recursos Naturais. Os complementos formativos específicos serán as materias obrigatorias do Máster de Medio Ambiente e Recursos Naturais que o alumno non cursara e lle sexan recomendados polo seu titor ou a Comisión Académica.

Profesores Área
Carlos Real Rodriguez
Ecoloxía
Jesus Ramon Aboal Viñas
Ecoloxía
Jose Angel Fernandez Escribano
Ecoloxía
Manuel J. Reigosa Roger
Escola de Doutoramento Internacional
Profesores Área
Carlos Real Rodriguez
Ecoloxía
Jose Carlos Rubén Retuerto Franco
Ecoloxía
Sergio Rodriguez Roiloa
Escola de Doutoramento Internacional
Profesores Área
Mª Luisa Andrade Couce
Escola de Doutoramento Internacional
Emma Fernández Covelo
Escola de Doutoramento Internacional
Mª Flora Alonso Vega
Escola de Doutoramento Internacional
Profesores Área
Esperanza Alvarez Rodriguez
Edafoloxía e Química Agrícola
Francisco Xabier Pontevedra Pombal
Edafoloxía e Química Agrícola
Profesores Área
Maria Elvira Lopez Mosquera
Produción Vexetal
Maria Del Carmen Monterroso Martinez
Edafoloxía e Química Agrícola
Remigio Paradelo Nuñez
Edafoloxía e Química Agrícola
Profesores Área
Marcos Carmelo Valcárcel Díaz
Xeografía Física
Ramon Blanco Chao
Xeografía Física
Profesores Área
Maria Del Carmen Monterroso Martinez
Edafoloxía e Química Agrícola
Maria Jesus Sainz Oses
Produción Vexetal
Remigio Paradelo Nuñez
Edafoloxía e Química Agrícola
María Ángeles Prieto Fernández
Escola de Doutoramento Internacional
Petra Susan Kidd
Escola de Doutoramento Internacional
Profesores Área
Marcos Lado Liñares
Escola de Doutoramento Internacional
Antonio Paz González
Escola de Doutoramento Internacional
Eva Vidal Vázquez
Escola de Doutoramento Internacional
Profesores Área
Xose Lois Otero Perez
Edafoloxía e Química Agrícola
Francisco Xabier Pontevedra Pombal
Edafoloxía e Química Agrícola
Valdomiroseverino Desouza Junior
Escola de Doutoramento Internacional
Profesores Área
Serafín Jesús González Prieto
Escola de Doutoramento Internacional
Montserrat Díaz Raviña
Escola de Doutoramento Internacional
Mª Del Carmen Trasar Cepeda
Escola de Doutoramento Internacional
Profesores Área
Xose Lois Otero Perez
Edafoloxía e Química Agrícola
Maria Josefa Fernandez Sanjurjo
Edafoloxía e Química Agrícola
Teresa Maria Taboada Rodriguez
Edafoloxía e Química Agrícola
Esperanza Alvarez Rodriguez
Edafoloxía e Química Agrícola
Antonio Manuel Martinez Cortizas
Edafoloxía e Química Agrícola
Patricia Sanmartin Sanchez
Edafoloxía e Química Agrícola
Olalla Lopez Costas
Arqueoloxía
Profesores Área
Xose Lois Otero Perez
Edafoloxía e Química Agrícola
Profesores Área
Teresa Maria Taboada Rodriguez
Edafoloxía e Química Agrícola
Beatriz Loreto Prieto Lamas
Edafoloxía e Química Agrícola
Patricia Sanmartin Sanchez
Edafoloxía e Química Agrícola
Aurora María Grandal D' Anglade
Escola de Doutoramento Internacional
Juan Ramon Vidal Romaní
Escola de Doutoramento Internacional
Jorge Sanjurjo Sánchez
Escola de Doutoramento Internacional
Profesores Área
Maria Elvira Lopez Mosquera
Produción Vexetal
Esperanza Alvarez Rodriguez
Edafoloxía e Química Agrícola
Maria Jesus Sainz Oses
Produción Vexetal
Remigio Paradelo Nuñez
Edafoloxía e Química Agrícola
Profesores Área
Ignacio Garcia Gonzalez
Botánica
Ana Maria Garcia Arrese
Escola de Doutoramento Internacional
Patricia Sanmartin Sanchez
Edafoloxía e Química Agrícola
Aurora María Grandal D' Anglade
Escola de Doutoramento Internacional
Beatriz Rodríguez Garrido
Escola de Doutoramento Internacional
María Nuria Pedrol Bonjoch
Escola de Doutoramento Internacional
Luís González Rodríguez
Escola de Doutoramento Internacional
Adela M Sánchez Moreiras
Escola de Doutoramento Internacional
Juan Ramon Vidal Romaní
Escola de Doutoramento Internacional
Jorge Sanjurjo Sánchez
Escola de Doutoramento Internacional

A oferta proposta adecúase á actuación prevista na liña estratéxica 1, consistente na conformación dunha oferta de posgrao especializada e competitiva respecto á contorna universitaria, nacional e internacional, incrementando o prestixio social dos estudos de posgrao.

A USC debe aproveitar as oportunidades que brinda a calidade na súa investigación, promovendo o vínculo entre docencia e investigación, baixo a coordinación do Centro de Posgrao e a Escola Internacional de Doutoramento.

Coa oferta proposta preténdese reforzar o prestixio da traxectoria investigadora da USC. Se promoverá a incorporación de doutores e doutoras ás empresas co fin de estender a súa capacidade máis aló da docencia e a investigación, co fin de impulsar a actividade produtiva.

Así mesmo, a proposta é consecuente coa necesaria modificación dos patróns de xestión de recursos, buscando a optimización do uso dos mesmos, mediante fórmulas de colaboración internas e externas.

Procurouse establecer colaboracións con investigadores e centros estranxeiros, que nun futuro poderían ampliarse á creación de titulacións interuniversitarias.

A oferta proposta adecúase á actuación prevista na liña estratéxica 1, consistente na conformación dunha oferta de posgrao especializada e competitiva respecto á contorna universitaria, nacional e internacional, incrementando o prestixio social dos estudos de posgrao. A USC debe aproveitar as oportunidades que brinda a calidade na súa investigación, promovendo o vínculo entre docencia e investigación, baixo a coordinación do Centro de Posgrao e a Escola Internacional de Doutoramento.

Coa oferta proposta preténdese reforzar o prestixio da traxectoria investigadora da USC. Se promoverá a incorporación de doutores e doutoras ás empresas co fin de estender a súa capacidade máis aló da docencia e a investigación, co fin de impulsar a actividade produtiva. Así mesmo, a proposta é consecuente coa necesaria modificación dos patróns de xestión de recursos, buscando a optimización do uso dos mesmos, mediante fórmulas de colaboración internas e externas. Procurouse establecer colaboracións con investigadores e centros estranxeiros, que nun futuro poderían ampliarse á creación de titulacións interuniversitarias.

• Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co devandito campo

• Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación

• Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal

• Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas

• Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional

• Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento

  1. Capacidade para desenvolver unha visión holística do medio ambiente e da utilización sostible dos recursos naturais, coñecendo os impactos, riscos e as solucións tecnolóxicas necesarias para a súa solución ou a súa mitigación. Coñecer os métodos de estudo e caracterización dos sistemas bioxeoquímicos e os recursos naturais
  2. Identificar e dar a coñecer os diferentes tipos de impactos ambientais e os seus efectos, determinando a sensibilidade á degradación natural ou antrópica de chans e augas, así como as perdas de biodiversidade e o deterioro dos hábitats asociados, con especial énfases nos bioindicadores, procesos ecotoxicolóxicos e nos procesos bioxeoquímicos que regulan a evolución de todos os elementos químicos que interveñen na biosfera, os hábitats e a paisaxe que se deriva
  3. Capacidade para profundar no coñecemento dos factores de formación, compoñentes, propiedades, xéneses, clasificación, cartografía e usos adecuados dos chans e ecosistemas, así como dos seus procesos de contaminación ou degradación e as alternativas de recuperación baseadas no coñecemento físico-químico, mineralóxico, edáfico e biótico dos diferentes compartimentos bioxeoquímicos e dos recursos dispoñibles, incluíndo os residuos e produtos derivados
  4. Capacidade para profundar de forma interdisciplinar no estudo dos impactos ambientais causados polo desenvolvemento humano con especial énfases nos relacionados cos sectores industriais, mineiros, acuicultura, agricultura e silvicultura, así como todos os relacionados coa ocupación do espazo polo desenvolvemento dos sistemas urbanos, actividades produtivas ou recreativas, creación de infraestruturas, etc.
  5. Capacidade para Investigar e dar a coñecer os procesos paleoambientais que se sucederon na biosfera aplicando este coñecemento á interpretación e toma de decisións do presente
  6. Capacidade para adquirir Competencias especificas na/s liña/s sobre a que realice o seu proxecto de tese.

1. Capacidade para desenvolver unha visión holística do medio ambiente e da utilización sostible dos recursos naturais, coñecendo os impactos, riscos e as solucións tecnolóxicas necesarias para a súa solución ou a súa mitigación. Coñecer os métodos de estudo e caracterización dos sistemas bioxeoquímicos e os recursos naturais

2. Identificar e dar a coñecer os diferentes tipos de impactos ambientais e os seus efectos, determinando a sensibilidade á degradación natural ou antrópica de chans e augas, así como as perdas de biodiversidade e o deterioro dos hábitats asociados, con especial énfases nos bioindicadores, procesos ecotoxicolóxicos e nos procesos bioxeoquímicos que regulan a evolución de todos os elementos químicos que interveñen na biosfera, os hábitats e a paisaxe que se deriva

3. Capacidade para profundar no coñecemento dos factores de formación, compoñentes, propiedades, xéneses, clasificación, cartografía e usos adecuados dos chans e ecosistemas, así como dos seus procesos de contaminación ou degradación e as alternativas de recuperación baseadas no coñecemento físico-químico, mineralóxico, edáfico e biótico dos diferentes compartimentos bioxeoquímicos e dos recursos dispoñibles, incluíndo os residuos e produtos derivados

4. Capacidade para profundar de forma interdisciplinar no estudo dos impactos ambientais causados polo desenvolvemento humano con especial énfases nos relacionados cos sectores industriais, mineiros, acuicultura, agricultura e silvicultura, así como todos os relacionados coa ocupación do espazo polo desenvolvemento dos sistemas urbanos, actividades produtivas ou recreativas, creación de infraestruturas, etc.

5. Capacidade para Investigar e dar a coñecer os procesos paleoambientais que se sucederon na biosfera aplicando este coñecemento á interpretación e toma de decisións do presente

6. Capacidade para adquirir Competencias especificas na/s liña/s sobre a que realice o seu proxecto de tese.

Para dar cobertura a todos os requirimentos da actividade investigadora, ademais dos recursos propios dos centros nos que desenvolven a súa actividade os doutorandos, a USC conta con unidades de carácter centralizado que prestan os seus servizos a departamentos e grupos de investigación entre os que cabe sinalar:

A Biblioteca Universitaria que é unha unidade funcional concibida como un centro de recursos bibliográficos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, ofrece servizos como os seguintes:

• Bases de datos reunidas

• Revistas electrónicas

• Sumarios electrónicos

• Servizo de préstamo interbibliotecario

Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo Universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.

A Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico (RIAIDT) é a estrutura organizativa que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación da USC. O obxectivo da RIAIDT é darlle unha meirande unidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación cos que conta a USC.

A Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ATIC) da USC ten a misión de deseñar, planificar, xestionar, administrar e asegurar as infraestruturas e servizos baseados en tecnoloxías da información e comunicación (TIC) prestados á comunidade universitaria nos ámbitos da docencia, a investigación e a xestión administrativa.

O respecto á diversidade e o desenvolvemento de políticas activas de incorporación e integración de estudantes con necesidades especiais son dous principios e liñas de actuación recollidos na Memoria de Responsabilidade Social da USC. A tal efecto, o Servizo de Participación e Integración Universitaria encárgase da coordinación, en colaboración cos distintos centros e entidades, e posta en marcha das actuacións necesarias para favorecer a igualdade entre todos os membros da comunidade universitaria.

Outros recursos:

Centro de tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA)

Redes de aulas de informática

Área de xestión de infraestruturas

Servizo de medios audiovisuais

Servizo de prevención de riscos

Unha descrición máis detallada dos recursos materiais está dispoñible no apartado sete da Memoria do Título

Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

Coordinador/a
Jose Angel Fernandez Escribano

Secretario/a
Sarah Fiol Lopez

Vogais
Antonio Manuel Martinez Cortizas
Xose Lois Otero Perez
Jesus Ramon Aboal Viñas
Maria Teresa Del Carmen Barral Silva
Maria Del Carmen Monterroso Martinez

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-01
Prazas Ofertadas

Número de prazas ofertadas para cada curso académico. Achega información sobre a evolución da oferta de prazas asociada a ese programa

Info da escala: Número enteiro

19,0

20,0

20,0

20,0

20,0

20,0

ID-02
Demanda

Relación porcentual das solicitudes presentadas sobre a oferta de prazas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

68,42

30,0

70,0

55,0

90,0

65,0

ID-03
Matrícula de novo ingreso

Número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Número enteiro

8,0

4,0

9,0

6,0

8,0

5,0

ID-06
Matrícula total de estudantes

Número total de estudantes matriculados en réxime de matrícula ordinaria

Info da escala: Número enteiro

31,0

28,0

33,0

32,0

35,0

32,0

ID-07
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster.

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

50,0

50,0

55,56

100,0

75,0

60,0

ID-08
Porcentaxe de estudantes procedentes de outras universidades

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso con mestrados de acceso doutras universidades e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

12,5

25,0

33,33

50,0

25,0

20,0

ID-09
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG e o número total de estudantes matriculados

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

12,5

25,0

33,33

50,0

25,0

20,0

ID-10
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidade do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades do SUG e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-11
Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre o total de matriculados

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros (de fora de España) sobre o total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

22,58

21,43

21,21

18,75

20,00

21,88

ID-12
Porcentaxe de estudantes estranxeiros do EEES

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros do EEES sobre o número total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

2,86

6,25

ID-22
Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-13
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso que requiren complementos formativos

Relación porcentual do número de estudantes de novo ingreso que precisan complementos formativos sobre o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso, unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-14
Porcentaxe de estudantes a tempo completo

Relación porcentual do número de estudantes a tempo completo sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos a tempo completo aqueles que teñan a mesma dedicación durante todo o curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

74,19

60,71

60,61

62,5

68,57

81,25

ID-15
Porcentaxe de estudantes a tempo parcial

Relación porcentual do número de estudantes a tempo parcial sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos a tempo parcial aqueles que teñen a mesma dedicación durante todo o curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

9,68

7,14

12,12

12,5

8,57

9,38

ID-16
Porcentaxe de estudantes con dedicación mixta

Relación porcentual do número de estudantes con dedicación mixta sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos con dedicación mixta aqueles que alternan entre dedicación a tempo completo e parcial durante o mesmo curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

16,13

32,14

27,27

25,0

22,86

9,38

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-17
Porcentaxe de estudantes que realizan estadías de investigación (saíntes) autorizadas pola CAPD

Relación porcentual do número de estudantes que realizan estadías de investigación sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

13,04

17,65

0,0

0,0

37,5

0,0

ID-19
Porcentaxe de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes)

Relación porcentual do número de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

11,76

10,0

5,0

16,67

3,85

ID-21
Porcentaxe de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...)

Relación porcentual do número de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

17,65

20,0

20,0

25,0

26,92

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-24
Ratio de teses defendidas en réxime de codirección

Relación porcentual do número de teses defendidas en réxime de codirección sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Número racional con dous decimais

1,0

1,0

0,4286

1,0

0,6667

0,6667

ID-25
Número total de sexenios

Número total de sexenios.

Info da escala: Número enteiro

104,0

100,0

113,0

99,0

86,0

86,0

ID-26
Número medio de sexenios por PDI

Número medio de sexenios por PDI.

Info da escala: Número racional con dous decimais

3,4667

3,5714

4,0357

3,96

3,9091

3,7391

ID-27
Porcentaxe de PDI con sexenios

Relación porcentual do número de PDI con sexenios sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

95,65

ID-28
Porcentaxe de PDI con sexenios vivos.

Relación porcentual do número de PDI con sexenios vivos sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

93,33

85,71

92,86

88,0

95,45

86,96

ID-29
Porcentaxe de profesorado estranxeiro sobre o profesorado total do programa

Relación porcentual do número de directores de tese estranxeiros sobre o número total de directores de tese

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

8,7

8,16

7,55

3,7

10,71

18,18

ID-30
Porcentaxe de expertos internacionais nos tribunais de tese

Relación porcentual do número de membros estranxeiros dos tribunais sobre o número total de membros dos tribunais

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

25,0

11,11

21,05

16,67

11,11

17,05

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-31
Número de teses defendidas

Número de teses defendidas

Info da escala: Número enteiro

4,0

3,0

7,0

4,0

3,0

3,0

ID-32
Porcentaxe de teses realizadas a tempo completo

Relación porcentual do número de teses realizadas a tempo completo sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

85,71

100,0

66,67

100,0

ID-33
Porcentaxe de teses realizadas  a tempo parcial

Relación porcentual do número de teses realizadas a tempo parcial sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

14,29

0,0

33,33

0,0

ID-34
Porcentaxe de teses realizadas con dedicación mixta

Relación porcentual do número de teses realizadas con dedicación mixta sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-35
Número de teses presentadas en galego

Número de teses presentadas en galego

Info da escala: Número enteiro

0,0

0,0

0,0

0,0

1,0

0,0

ID-36
Número de teses presentadas en castelán

Número de teses presentadas en castelán

Info da escala: Número enteiro

1,0

0,0

4,0

2,0

1,0

0,0

ID-37
Número de teses presentadas noutro idioma

Número de teses presentadas noutro idioma

Info da escala: Número enteiro

3,0

3,0

3,0

2,0

1,0

3,0

ID-38
Duración media dos estudos a tempo completo

Duración media (en anos) dos estudos a tempo completo

Info da escala: Número enteiro

2,9589

4,6027

3,8685

4,9087

4,9233

4,2621

ID-39
Duración media dos estudos a  tempo parcial

Duración media (en anos) dos estudos a tempo parcial.

Info da escala: Número enteiro

-

-

3,6411

3,663

5,4151

-

ID-40
Porcentaxe de doutorandos que defenden a súa tese sen pedir prórroga

Relación porcentual do número de estudantes que defenden a tese sen prórroga sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

75,0

0,0

28,57

0,0

0,0

0,0

ID-43
Porcentaxe de teses coa cualificación de “cum laude”

Relación porcentual do número de teses que acadan a cualificación de “cum laude” sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

ID-44
Porcentaxe de teses con mención internacional

Relación porcentual do número de teses con mención internacional sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

50,0

100,0

57,14

25,0

0,0

66,67

ID-45
Porcentaxe de abandono do programa

Relación porcentual do número de estudantes que non se matricularon nin defenderon a tese no curso académico sobre o número total de estudantes matriculados no curso anteriror, unha vez descontados o número de alumnos que defenderon a tese no curso académico e os alumnos que teñen concedida unha baixa temporal

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

21,43

14,29

10,34

3,7

21,43

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.07.2023.