Créditos ECTS Créditos ECTS: 4
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 68 Horas de Titorías: 4 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 16 Total: 100
Linguas de docencia Galego (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Coñecemento de sistemas vinculados a la tecnoloxía da produción animal: mecanización do muxido y del manexo de alimentos. Coñecemento de instalacións para garantir a hixiene e benestar animal. Saber deseñar aloxamentos para gando e coñecemento dos elementos específicos que forman parte das súas instalacións.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Sistemas de muxido mecanizado: salas e robots. Mecanización da recolección de forraxe. Distribución mecanizada de alimentos e camas. Deseño de naves para produción animal. Deseño de salas de muxido. Deseño de silos de forraxe. Particularidades da instalación eléctrica e de fontanería en aloxamentos gandeiros. Instalacións complementarias: sistemas de limpeza, fosa de zurro, camiños, cercas, almacéns, colares para alimentación, dispositivos para detección de celos, ventiladores, amamantadoras, etc.
Estes contidos serán desenvoltos de acordo ao seguinte temario (a duración asignada a cada tema é aproximada):
A) CLASES MAXISTRAIS (16 horas presenciais / 32 horas de traballo non presencial)
Tema 1. Distribución mecanizada de alimentos e camas (1 h / 2h).
Tema 2. Instalacións de muxido: construción , funcionamento, ensaios mecánicos (4 h / 8 h).
Tema 3. Os sistemas de muxido robotizados (2 h / 4h).
Tema 4. Mecanización do tratamento e distribución de residuos (1 h / 2h).
Tema 5. Deseño de naves para produción animal (4 h / 8 h).
Tema 6. Deseño de salas de muxido (2 h / 4h).
Tema 7. Deseño de silos de forraxe (1 h / 2h).
Tema 8. Instalacións complementarias(1 h / 2h).
B) PRÁCTICAS (16 horas presenciais / 32 horas de traballo non presencial)
Práctica 1. Identificación e compoñentes das instalacións de muxido (2 h / 4 h).
Práctica 2. Funcionamento e ensaios mecánicos de instalacións de muxido (2 h /4 h).
Práctica 3. Ensaios dinámicos (2 h / 4 h).
Práctica 4. Dimensionado de naves tendo en conta a hixiene e o benestar animal (3 h /6 h) .
Práctica 5. Deseño integrado da explotación (4 h / 8 h).
Práctica 6. Particularidades da instalación eléctrica e de fontanería (1 h /2 h).
Viaxe de campo. Realizarase unha viaxe na que se verán aplicacións prácticas de aspectos relacionados co temario da materia (2 h / 4 h).
C) TITORÍAS EN GRUPO
Nas sesións de titorías en grupo abordaranse as dúbidas sobre os problemas formulados nas sesións teóricas e nas prácticas.
Bibliografía básica:
AENOR. 1998. Instalaciones de ordeño: construcción y funcionamiento, ensayos mecánicos, vocabulario. Norma española UNE 68050 - 68061 - 68048 = ISO 5707 - 6690 - 3918. AENOR. Madrid.Recoméndase unha listaxe non moi extensa, dunhas 10 referencias como máximo. O resto de bibliografía pode ser proporcionada ao alumnado por outros medios.
Blanco, I.; Cantalapiedra, J.J.; Carreira, X.C.; Fernández, Mª.E.; Mariño, R.; Méndez, M.; Pereira, J.M.; Pérez, X.C.; Veiga, J.A.; Torres, M.L. 2013. Benestar animal e instalacións. Gando vacún leiteiro. Xunta de Galicia. Consellería do Medio Rural e do Mar. Santiago de Compostela 96pp.
Buxadé Carbó, C. 2002. El ordeño en el ganado vacuno: Aspectos clave. Mundi-prensa. Madrid.
Callejo Ramos, A. 2009. Cow comfort. Ed. Servet, Zaragoza.
Giordano, J.M.; Gallardo, M.; Bragachini, M.; Peiretti, J.; Cattani, P.; Casini, C. 2010. Mecanización de la alimentación. INTA E.E.A. Manfredi. Córdoba (AR) 100 pp.
Hulsen, J.; Rodenburg, J. 2012. Robotic milking. Roodbont publishers. Zutphen 52 pp.
ISO 3918: 2007. Milking machine installations – Vocabulary. International Standards Organization, Geneva, Switzerland.
ISO 5707: 2007. Milking machine installations – Construction and performance. International Standards Organization, Geneva, Switzerland.
ISO 6690: 2007. Milking machine installations – Mechanical test. International Standards Organization, Geneva, Switzerland.
Pereira, J.M.; Bueno, J. 2011. Gestión de residuos orgánicos de uso agrícola: Manipulación y tratamiento de purines en las explotaciones ganaderas. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, Universidade de Santiago de Compostela pp. 85-96.
Pereira, J.M.; Castro, A. 2014. Una visión actual de los sistemas de ordeño robotizado. Rev. AFRIGA, vol. 112, pp. 32-46. Asociación Frisona Galega.
Bibliografía complementaria:
BTPL (Bureau Technique de Promotion Laitière). 2011. Le logement du troupeau laitier. Ed. France Agricole, Paris, Francia.
Holmes, B.; Cook, N.; Funk, T.; Graves, R.; Kammel, D.; Reinemann, D.; Zulovich, J. 2013. Dairy Freestall Housing and Equipment. MidWest Plan Service, Iowa State University, Iowa, USA.
Competencias básicas, xerais e transversais:
• CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos, capacidade de resolución de problemas novos ou pouco coñecidos dentro de contextos amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa área de estudio.
• CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información incompleta ou limitada.
• CB9 - Que os estudantes saiban comunicar súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
• CB10 - Que os estudantes adquiran as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo autodirixido ou autónomo.
• CG1 - Capacidade para planificar, organizar, dirixir e controlar os sistemas e procesos produtivos desenvolvidos no sector agrario e na industria agroalimentaria, nun marco que garanta a competitividade das empresas sen esquecer a protección e conservación do medio ambiente e a mellora desenvolvemento sostible do medio rural.
• CG3 - Capacidade para propoñer, dirixir e realizar proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación en produtos, procesos e métodos empregados nas empresas e organizacións vinculadas ó sector agroalimentario.
• CG4 - Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos para a resolución de problemas en situacións novas, analizando a información do entorno para facilitar o proceso de toma de decisións en empresas e organizacións profesionais do sector agroalimentario.
• CG5 - Capacidade para transmitir os seus coñecementos e as conclusións dos seus estudos ou informes, utilizando os medios que a tecnoloxía das comunicacións permita e tendo en conta os coñecementos do público receptor.
• CG7 - Aptitude para desenvolver as habilidades necesarias para a aprendizaxe de forma autónoma ou dirixida, incorporando á actividade profesional os novos conceptos, procesos ou métodos derivados da investigación, o desenvolvemento e a innovación.
• CT1 - Capacidade de análise e síntese.
• CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación.
• CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
• CT4 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
• CT5 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
• CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
• CT7 - Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
• CT8 - Compromiso de veracidade da información que ofrece ós demais.
• CT9 - Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
• CT10 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
• CT11 - Utilización de información en lingua estranxeira.
• CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada de coñecementos.
Competencias específicas:
• CE11 - Coñecementos axeitados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia en sistemas vinculados á tecnoloxía da produción animal.
Materia cuadrimestral, con 16 horas de clases maxistrais nas cales ademais da docencia expositiva expoñeranse os traballos de curso (competencias CG1, CG3, CG4, CB9, CB10, CG5, CT1, CT2, CT3, CT7, CT8, CE11) ,e 16 horas de prácticas de laboratorio e de campo.
As prácticas realizaranse en grupos de 20 alumnos, con aplicación de metodoloxías e técnicas a casos concretos. Utilizaranse as instalacións de muxido localizadas na nave taller e o instrumental necesario para realizar os ensaios mecánicos necesarios para controlar o funcionamento da máquina, nas aulas de informática abordaranse os programas informáticos de control e xestión de sistemas de muxido robotizado (competencias CB8, CB9, CB10, CT1, CT2, CT3, CT12, CE11).
Realizarse unha viaxe de campo que complementará o aprendido na materia coa problemática e aplicación en condicións reais de traballo (competencias CG1, CT12, CE11).
Así mesmo contémplanse 2 horas de titorías en grupos reducidos nas cales os alumnos abordarán conxuntamente problemas da temática abordada i exposición de traballos (competencias CG7, CB7, CB8, CB9, CB10, CG5, CT2, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT10, CT11, CE11).
A utilización da plataforma da USC virtual permitirá axilizar o fluxo de información entre alumno e profesor, imprimindo axilidade á docencia da materia, e facilitando o acceso á documentación por parte do alumno(competencias CT9, CT10, CT11).
- Asistencia e participación activa (10%): Competencias CB8, CB9, CT1, CT2, CT3, CT12, CE11.
- Aproveitamento das prácticas (20%): Competencias CB7, CB8, CT1, CT2, CT3, CT4, CT9, CT12, CE11.
- Probas orais e/ou escritas (50%): Competencias CG1, CB7, CB8, CB9, CT1, CT2, CT3, CT4, CT6, CT7, CT12, CE11.
- Traballos entregados / expostos (20%): (Aplicación de ferramentas informáticas para control de sistemas de muxido. Descripción dunha instalación de gando vacún para produción de leite -con uso de información en inglés e francés-). Competencias CG1, CB7, CB8, CB9, CB10, CG5, CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11, CE11.
Os criterios de avaliación son os mesmos para todo o alumnado da materia: estudantes de primeira e segunda oportunidade, estudantes repetidores, así como estudantes con dispensa académica (dispensa de acordo coa orde aplicable da Secretaría Xeral da USC).
Observacións:
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
O alumno recibirá 16 horas de docencia expositiva, participará en 16 horas prácticas de docencia interactiva incluíndo unha viaxe de campo. Ademais contémplanse 2 horas presenciais de titorías en grupos reducidos e 2 horas para a realización de probas orais e escritas do sistema de avaliación. Adicionalmente o alumno deberá desenvolver traballo non presencial, preparando documentación para as clases, realizando traballos, resolvendo problemas da materia e preparando as probas escritas obxecto de avaliación. A estas tarefas dedicaranse 66 horas de traballo persoal.
• Asistencia a tódalas actividades docentes.
• Consulta da bibliografía recomendada.
• Facer uso frecuente das titorías para calquera tipo de cuestión relacionada coa materia.
María Elena Fernández Rodríguez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- melena.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jose Manuel Pereira Gonzalez
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- j.pereira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
| Mércores | ||
|---|---|---|
| 11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario I (Pav.III) |
| 27.05.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario I (Pav.III) |
| 09.07.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario I (Pav.III) |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Fernández Rodríguez, María Elena | Galego |
| PEREIRA GONZALEZ, JOSE MANUEL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Fernández Rodríguez, María Elena | Galego |
| PEREIRA GONZALEZ, JOSE MANUEL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Fernández Rodríguez, María Elena | Galego |
| PEREIRA GONZALEZ, JOSE MANUEL | Galego |