Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Introducir o alumno no campo da modelización e simulación de incendios forestais para a súa aplicación na prevención, extinción e na avaliación do risco e da severidade potencial.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos. Indícase, entre parénteses, as horas presenciais dedicadas a cada un deles. A dedicación non presencial estímase en dúas horas por cada hora presencial.
1. Análise do comportamento do lume (2h).
2. Modelos de predición do comportamento do lume de superficie (2h).
3. Modelos de transición do lume de superficie ás copas (2h).
4. Modelos e criterios de propagación do lume polas copas (2h).
5. Modelos de focos secundarios (2h).
6. Sistemas de peligro meteorolóxico de incendio forestal (2h).
7. Sistemas de simulación de incendios; características, aplicacións e manexo dos principais simuladores existentes (10h).
8. Ferramentas complementarias: modelos de predición da humidade dos combustibles, modelización de complexos de combustible de superficie, modelos de estimación de variables estruturais de copa (2h).
Programa de teoría
O temario da materia coincide cos contidos especificados na memoria da titulación.
Programa de prácticas
A parte práctica da materia ten un peso moi importante, todos os temas teóricos levan asociados exercicios prácticos relacionados. Especialmente práctico é o tema 7 no que se traballará cos simuladores de incendios BehavePlus, FARSITE e CFIS cuxos módulos de cálculo e sistemas de axuda están integramente en inglés. Isto implicará que o alumno teña que manexar dita lingua e ademais supoñerá unha boa oportunidade para coñecer a terminoloxía específica da materia no devandito idioma.
Bibliografía básica
Alexander, ME.; Cruz, MG.; Lopes, AMG. 2006. CFIS: A solfware tool for simulating crown fire initiation and spread. In: Proceedings of V ICFFR (Figueira da Foz, Portugal), Viegas, D.X (editor). Elsevier, Meppel, Netherlands.
Andrews, PL. 2009. BehavePlus fire modeling system, version 5.0: Variables. USDA Forest Service. RMRS-GTR-213WWW Revised.
Cruz, MG.; Alexander, ME.; Wakimoto, RH. 2004. Modeling the likelihood of crown fire occurrence in conifer forest stands. Forest Science 50: 640-658.
Cruz, MG.; Alexander, ME.; Wakimoto, RH. 2005. Development and testing of models for predicting crown fire rate of spread in conifer forest stands. Canadian Journal of Forest Research 35: 1626-1639.
Finney MA. 2004. FARSITE: Fire Area Simulator—Model Development and Evaluation. USDA Forest Service. RMRS-RP-4 Revised.
Bibliografía complementaria
Rothermel, RC. 1972. A mathematical model for predicting fire spread in wildland fuels. USDA Forest Service. Res. Pap. INT-115.
Scott, JH. and Reinhardt, ED. 2001. Assessing crown fire potential by linking models of surface and crown fire behavior. USDA Forest Service. Res. Pap. RMRS-RP-29.
Van Wagner, CE. 1977. Conditions for the start and spread of crown fire. Canadian Journal of Forest Research 7:23-34.
Competencias básicas, xerais e transversais:
CB7: Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB10: Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
CT1: Capacidade de análise e síntese.
CT3: Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT5: Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT10: Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT11: Utilización de información en lingua estranxeira.
CT12: Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Competencias específicas:
CE34: Capacidade para o análise do comportamento do fume con vistas á prevención e extinción de incendios e coñecemento de ferramentas de predición que faciliten dito análise.
Clase expositivas e prácticas:
O ensino desta materia baséase fundamentalmente na resolución de problemas e casos prácticos polos alumnos (CE34, CB7, CB10, CT1, CT3, CT12) despois de que o profesor realice unha breve exposición teórica dos contidos de cada tema (CE34). Para as exposicións teóricas o profesor apoiarase en presentacións realizadas mediante ordenador, e tamén no uso da pizarra clásica. Algúns dos casos prácticos requerirá da búsqueda de información en internet (CT5, CT10, CT11). Os contidos teóricos da materia, os casos prácticos propostos, e o material complementarios de interese, incluiranse na aula virtual.
A avaliación será continua, tendo en conta os rendementos do alumno nos seguintes sistemas de avaliación:
Probas escritas (20%): competencias avaliadas CT1, CT3, CT12, CE34
Realización de exercicios (80%) e casos prácticos: competencias avaliadas CT1, CT3, CT5, CT10, CT12, CE34
Os criterios son os mesmos para ambas oportunidades, la ordinaria e a extraordinaria de recuperación. Tamén son os mesmos para os alumnos repetidores. No caso de estudantes con dispensación de asistencia concedida establecerase un acordo personalizado para superar a materia, sendo necesario en cualquera caso superar as probas escritas ea correcta execución dos exercicios.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións” ” (artigo 16 da Resolución de 15/6/2011 da USC, DOG de 21/7/2011).
Previstas 51 horas de traballo persoal do alumno. Esto implica que por cada hora de traballo presencial o alumno deberá inverter unhas dos horas de traballo persoal que incluirá o tempo dedicado á comprensión e estudio de contidos teóricos, realización e revisión de exercicios o prácticas, e preparación de probas escritas.
Para non perderse recoméndase un seguimento continuo de materia
Ana Daria Ruiz Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- anadaria.ruiz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade