Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
Áreas: Produción Animal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Dotar ó alumnado dos coñecementos básicos necesarios para o asesoramento técnico ás granxas de gando vacún de leite en materias como a calidade do leite, control reprodutivo, nutrición, recría e manexo en aspectos relacionados coa morfoloxía e fisioloxía do animal.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Fisioloxía da alimentación en rumiantes. Bioquímica ruminal. Funcionamento ruminal. Morfoloxía da vaca de leite. Clasificación morfolóxica de vacas. Endocrinoloxía da reprodución. Enfermidades metabólicas do periparto. Fisioloxía da glándula mamaria. A recría, aspectos fisiolóxicos e de crecemento.
Estes contidos serán desenvolvidos de forma presencial polo alumno, de acordo co seguinte temario:
1.-DOCENCIA EXPOSITIVA.
Tema 1.- Morfoloxía da vaca de leite: interpretación da cualificación morfolóxica e da condición corporal.2h.
Tema 2.- Fisioloxía da nutrición: bases fisiolóxicas da nutrición; enfermidades metabólicas.2h.
Tema 3- Fisioloxía do muxido: fisioloxía da vaca de leite en relación co muxido.2h.
Tema 4- Fisioloxía da reprodución: bases fisiolóxicas da reprodución; factores que influen na fertilidade; interpretación dos índices reprodutivos.2h.
Tema 5.- Xestión da recría: fisioloxía do parto; cambios fisiolóxicos nas primeiras idades; ritmos de crecemento.1h.
2.- DOCENCIA INTERACTIVA (Prácticas)
Práctica 1.- Cualificación morfolóxica e condición corporal. A desenvolver na Granxa Campus Terra.4h.
Práctica 2.- Seminario sobre acceso a fontes de información e interpretación de informes.8h.(dúas sesións de 4h.)
BÁSICA
BROSTER, W.; T. Swan. 1992. Estrategias de alimentación para vacas lecheras de alta producción. AGT Editor, S.A. México. 380 p.
CHAMBERLAIN, A. T. 2002 Alimentación de la vaca lechera. Ed Acribia. Zaragoza.
McDONALD, L.E., 1991. Endocrinología veterinaria y reproducción (4ª ed.). McGraw Hill-Interamericana, Madrid.
NELSON, D.L. & COX, M.M. 2009. Principios de Bioquímica (Lehninger), 5ª ed., Omega. Barcelona.
PÉREZ Y PÉREZ, F., 1985. Reproducción animal. Inseminación artificial y transplante de embriones. Ed. Científico-Médica, Madrid.
PEDREIRA, J.R. ETAL. 2009. Cría e recría de xovencas. Ed. Xunta de Galicia.
PETERS, A.R., y otros., 1991. Reproducción del ganado vacuno. Ed. Acribia, Zaragoza. Revista BOVIS
https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/c/c7/Anatomy_and_Physiol…
COMPLEMENTARIA:
https://www.icar.org/Guidelines/05-Conformation-Recording.pdf
https://www.icar.org/Guidelines/06-AI-and-ET.pdf
https://www.icar.org/Guidelines/07.3-Functional-traits-Udder-health-in-…
Revistas:
Frisona española
Hoard's Dairyman
Webs:
www.conafe.com
https://cegcol.xunta.gal/
https://www.journalofdairyscience.org/
https://www.icar.org/
Competencias básicas e xerais:
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
Competencias transversais:
CT5 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
Competencias específicas:
CE11 - Coñecementos adecuados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia en sistemas vinculados á tecnoloxía da produción animal.
CE12 - Coñecementos adecuados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia en nutrición, hixiene na produción animal.
Asignatura cuatrimestral, con clases expositivas e interactivas distribuídas en bloques de dúas horas diarias. Disponse de tres horas de titoría en grupo reducido.
A aprendizaxe da materia divídese en cinco compoñentes:
- Teoría: clases expositivas e participativas de explicación dos principais conceptos da materia.
- Supostos prácticos: clases participativas coa finalidade de interpretar informes.
- Visitas guiadas: a desenvolver en ganderías de produción de leite con explicación práctica das actividades que alí se desenvolven.
- Seminarios para tratar con caracter práctico os contidos impartidos.
- Titorías en grupo reducido: nestas titorías formularanse cuestións relacionadas cos contidos de teoría e cos supostos prácticos.
Os contidos teóricos fundamentais desenvolveranse en clases expositivas.
A docencia completarase con sesións interactivas, donde se ampliarán de forma práctica as materias descritas no apartado de Contidos da presente Guía.
É importante que o alumnado elabore o seu propio propio “caderno de apuntes” sobre a materia, con toda a información dispoñible (material didáctico que se facilitará de cada tema, apuntes recollidos nas clases e ampliados coa información complementaria, así como información obtida das clases prácticas).
As sesións interactivas de prácticas estimulan a actividade do alumno, a aplicación dos coñecementos proporcionados nas clases expositivas, así como o traballo e a discusión no grupo. As prácticas iniciaranse fixando os obxectivos da práctica, dando as directrices para o seu seguimento.
Durante a visita activas á granxa docente Campus Terra, a práctica consistirá en realizar cualificacións morfolóxicas e de condición corporal, así como recoller datos e a súa posterior interpretación, en relación á morfoloxía e fisioloxía animal.
As titorías, ben presenciais ou telemáticas, é unha técnica docente que representa un gran beneficio para a ensinanza, tanto para a resolución das dúbidas que o alumno ten sobre a materia, como para a orientación sobre a elaboración dos traballos propostos nas sesións prácticas.
O material didáctico utilizado ponse a disposición do alumno a través do Campus Virtual da USC.
O exame de carácter teórico-prático da totalidade dos contidos do programa servirá para avaliar as competencias básicas e xerais (CB7), as específicas (CE11, CE12) e das transversais (CT5)
As probas realizadas sobre as materias que sexan obxecto de traballo por parte do alumado servirán para avaliar as competencias específicas (CE11, CE12) e as transversais (CT5)
O sistema de avaliación dos coñecementos adquiridos realizarase mediante un exame final que terá un peso dun 70% da cualificación na nota final. O exame de carácter teórico-práctico da totalidade dos contidos do programa servirá para avaliar as competencias básicas e xerais (CB7), as específicas (CE11, CE12) e das transversais (CT5).
A asignatura considerarase suspensa se non se supera o 50% da nota máxima do exame final. Este mesmo criterio aplicarase igualmente na oportunidade extraordinaria de recuperación.
No exame final entrará toda a materia impartida, tanto nas clases maxistrais como nas prácticas.
O sistema de avaliación compleméntase coas probas realizadas durante ou a continuación das prácticas, que terán a consideración de avaliación continua e terán un peso do 30% da cualificación na nota final. As probas realizadas sobre as materias que sexan obxecto de traballo por parte do alumado servirán para avaliar as competencias específicas (CE11, CE12) e as transversais (CT5).
A asistencia as actividades prácticas programadas é obrigatoria. Para realizar o exame final é necesario asistir ao 100% das sesións prácticas e entregar as probas de avaliación que se realicen ao remate das mesmas.
As cualificacións obtidas nas avaliacións continuas conservaranse para a 2ª oportunidade, pero non para convocatorias posteriores.
Os alumnos repetidores terán a mesma obriga de realizar todas as actividades prácticas e as correspondentes probas de avaliación, aínda que as tivesen realizadas no curso anterior.
As actividades prácticas son de asistencia obrigatoria e inescusable, de xeito que a non asistencia impedirá a superación da materia tanto na oportunidade ordinaria do semestre, como na oportunidade da recuperación. No que respecta as actividades prácticas, non existen criterios diferenciados para o alumnado repetidor ou para o alumno ao que se lle conceda dispensa de asistencia.
No caso de plaxio, fraude ou uso indebido das tecnoloxías durante a realización das probas de avaliación, será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”
Trabajo del Alumno/a ECTS: 51
Horas de Tutorías: 3
Clase Expositiva: 9
Clase Interactiva: 12
Total: 75
- Asistir a todas as actividades da materia tanto teóricas como prácticas.
- Empregar as titorías para aclarar dúbidas sobre os contidos desenvolvidos nas clases.
- Facer uso das tecnoloxías dispoñibles: USC Virtual ou correo electrónico que axudan a mellorar a docencia.
- Dedicar o tempo semanal previsto para cada contido de forma organizada e sistemática.
- Consultar a bibliografía a medida que se van desenvolvendo os temas e facer uso do resto das ferramentas de consulta (webs, revistas) para ampliar coñecementos nos temas tratados durante o curso.
- Participar activamente no desenvolvemento das actividades docentes, plantexando dúbidas e facendo comentarios construtivos sobre as materias impartidas.
- Para asistir ás prácticas é recomendable repasar os contidos teóricos tratados con anterioridade para facer máis proveitosa a aprendizaxe.
Ramiro Antonio Fouz Dopacio
Coordinador/a- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Produción Animal
- Correo electrónico
- ramiro.fouz [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | - | Aula 18 (Pav.II-PPS) |
18:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | - | Aula 18 (Pav.II-PPS) |