Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal, Economía Aplicada
Áreas: Enxeñaría Agroforestal, Economía, Socioloxía e Política Agraria
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia divídese en dúas partes: plans de defensa e avaliación económica. Os obxectivos de cada unha das partes son:
Plans de defensa: dar a coñecer ó alumno a estrutura organizativa da defensa contra os incendios forestais en España así como os seus distintos niveis e ferramentas de planificación.
Avaliación económica: poñer a disposición do alumno os diferentes métodos de taxación e valoración forestal para a súa aplicación ao caso dos incendios forestais.
Contidos
Dacordo coa memoria do título, os contidos son os seguintes. Indícase, entre parénteses, as horas presenciais dedicadas a cada un deles. A dedicación non presencial estímase en dúas horas por cada hora presencial.
Lexislación e esquema xeral da planificación da defensa contra os incendios forestais en España (1h). Elementos básicos para a planificación (5h). Plans de emerxencia no contexto de Protección Civil (3h). Plans de prevención e defensa no contexto da lexislación de Montes (3h). Modelos económicos na avaliación de danos por incendios (3 h). A perspectiva custo-beneficio (2h). O concepto de valor económico total (2h). Técnicas de valoración (3h). As consecuencias socioeconómicas dos incendios forestais (2h).
Estes contidos se desenvolverán de acordo co seguinte temario:
Programa teórico:
Parte I: PLANS DE DEFENSA
1. Esquema xeral da planificación da defensa contra os incendios forestais (IF) en España
2. Elementos básicos para a planificación.
a. Análisis do risco
b. Zonificación do territorio
c. Epocas de perigo
3. Plans especiais de protección civil de emerxencia por IF.
a. Directriz básica
b. Plan estatal
c. Plans de comunidade autónoma
d. Plans de actuación de ámbito local
e. Plans de autoprotección
4. Plans de prevención e defensa contra IF no marco das leis de Montes e de IF.
Parte II: AVALIACIÓN ECONÓMICA
1. Modelos económicos na avaliación de danos por incendios. Descrición.
2. A perspectiva custo-beneficio.
a. Avaliación custo-beneficio
b. O concepto de valor económico total.
3. Técnicas de valoración.
a. Valoración a traveso do mercado.
b. Valoración para bens sen mercado: Prezos Hedónicos, Custo de Viaxe, Valoración Continxente.
4. As consecuencias socioeconómicas dos incendios forestais. Descrición e técnicas de avaliación.
Programa práctico:
Parte I: Plans de defensa
1. Práctica de elementos básicos para a planificación.
2. Práctica de manexo da aplicación (en inglés) do European Forest Fire Information System (EFFIS)
3. Viaxe de prácticas
Parte II: Avaliación económica
1. Resolución de problemas de valoración
2. Traballo de curso sobre avaliación económica de incendios. Data de entrega: semana anterior ao exame final.
Bibliografía Básica:
DONOVAN, G.H. & D.G. RIDEOUT (2003): “A reformulation of the Cost plus Net Value Change
(C+NVC) model of wildfire economics”, Forest Science, vol. 49, n°2, pp. 318-323.
Martínez Ruiz E. (2000) Manual de valoración de montes y aprovechamientos forestales. Mundiprensa.
RIERA, P. & J. MOGAS (2004): “Evaluation of a risk reduction in forest fires in a Mediterranean
region”, Forest Policy and Economics, vol.6, pp. 521-528.
Bibliografía Complementaria:
Barrio, M., & Loureiro, M. (2010). Valoración económica de pérdidas ambientales: una aplicación a los incendios forestales. Riesgos naturales en Galicia. El encuentro entre naturaleza y sociedad, 85
San-Miguel-Ayanz, J., Durrant, T., Boca, R., Maianti, P., Libertá, G., Artés-Vivancos, T., Oom, D., Branco, A., de Rigo,
D., Ferrari, D., Pfeiffer, H., Grecchi, R., Nuijten, D. 2022. Advance Report on Forest Fires in Europe, Middle East and North Africa 2021, EUR
31028 EN, Publications Office of the European Union, Luxembourg, 2022, ISBN 978-92-76-49633-5, doi:10.2760/039729, JRC128678
Lexislación básica
Ley 10/2006 por la que se modifica la ley 43/2003 de Montes. BOE de 29 de abril de 2006.
Ley 3/2007 de Prevención y Defensa contra los Incendios Forestales de Galicia. DOG de 17 de abril de 2007.
Ley 7/2012 de Montes de Galicia. DOG de 23 de julio de 2012.
Directriz básica de planificación de protección civil de emergencia por incendios forestales. BOE de 7 de diciembre de 2013.
Plan Estatal de Protección Civil para Emergencias por Incendios Forestales. BOE 7 de noviembre de 2014.
Competencias básicas, xerais e transversais:
CB7: Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CG2: Capacidade para deseñar, dirixir, elaborar, implementar e interpretar proxectos e planos de actuación integrais no medio natural.
CT5: Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada
CT6: Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible
CT7: Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
Competencias específicas:
CE37: Coñecer a estrutura organizativa da defensa contra os incendios forestais en España e dotar dos coñecementos necesarios para poder valorar os danos que os lumes forestais ocasionan en produtos e activos ambientais.
CE50: Capacidade para a redacción de plans territoriais de defensa contra incendios forestais.
O desenvolvemento desta materia inclúe as seguintes metodoloxías docentes: leccións maxistrais participativas (CE37, CE50), visitas técnicas a institucións (CE37), realización de presentacións mediante ordenador, utilización da aula virtual, resolución de problemas (CB7, CG2) e elaboración e presentación de traballo/s de curso (CT5, CT6, CT7).
Práctica de campo obligatoria relacionada cos contidos da materia (CE37)
A nota final será a media ponderada obtida polo alumno tendo en conta os seus rendementos nos seguintes sistemas de avaliación:
Proba o probas escritas SÍNCRONA PRESENCIAL (25 %): CE37, CE50
Realización de prácticas e exercicios (25 %): CE37, CE50
Presentación de traballos ou informes relacionados co contido da materia (40 %): CB7, CT5, CT6, CT7, CE37,
Participación nas clases expositivas, interactivas e noutras actividades complementarias e informe da viaxe de prácticas (10%): CE37
Os criterios son os mesmos para ambas oportunidades, a ordinaria e a extraordinaria de recuperación. Tamén son os mesmos para os alumnos repetidores. No caso de estudantes con dispensación de asistencia concedida establecerase un acordo personalizado para superar a materia, sendo necesario en cualquera caso superar as probas escritas, a presentación do traballo, e a correcta execución dos exercicios.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións” ” (artigo 16 da Resolución de 15/6/2011 da USC, DOG de 21/7/2011).
Previstas 51 horas de traballo persoal do alumno. Esto implica que por cada hora de traballo presencial o alumno deberá inverter unhas dos horas de traballo persoal que incluirá o tempo dedicado á comprensión e estudio de contidos teóricos, realización e revisión de exercicios o prácticas, redacción do traballo de curso e preparación de probas escritas.
Ana Isabel García Arias
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía, Socioloxía e Política Agraria
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ana Daria Ruiz Gonzalez
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- anadaria.ruiz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade