Créditos ECTS Créditos ECTS: 4
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 68 Horas de Titorías: 4 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 16 Total: 100
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Ofrecer un panorama xeral dos principios e técnicas aplicados para producir biomasa con posible destino enerxético no marco da bioeconomía. Os resultados do aprendizaxe deberán ser os seguintes:
Adquirir formación sobre sistemas de produción de biomasa ligno-celulósica, así como coñecementos sobre implantación e xestión de cultivos enerxéticos leñosos e herbáceos. Adquirir coñecementos sobre os principais biocombustibles sólidos utilizados en procesos de produción de enerxía térmica ou eléctrica
A Memoria de título contempla para esta materia os seguintes contidos: Fundamentos de biomasa e agroenerxía. Sostibilidade e efectos ambientais. Produción de biomasa en sistemas forestais: leñas, restos de corta e tocóns, uso enerxético de plantacións forestais tradicionais. Xestión silvícola para aproveitamento enerxético. Densidades de implantación.
Claras enerxéticas. Cultivos enerxéticos leñosos a curta rotación. Cultivos enerxéticos herbáceos. Protección: protección de sistemas forestais e de cultivos enerxéticos: sistemas de control internacional, axentes causantes de danos, inventario de danos e control.
Estes contidos desenvolveranse de acordo ó seguinte temario:
Bloque I. Fundamentos de biomasa e agroenerxía. Sostibilidade
Tema 1. Tipoloxía de biomasa. Conceptos e clasificación. 1 h
Tema 1b. Interactivo. Rendementos enerxéticos. 1 h
Tema 2. Limitacións ambientais ao aproveitamento. 1 h
Tema 2b. Interactivo. Eficiencia enerxética e análise de ciclo de vida (ACV). 1 h
Bloque II. Produción de biomasa en sistemas forestais
Tema 3. Sistemas de produción de leñas. 1 h
Tema 3b. Interactivo. Emprego de normas de calidade de leñas, astelas e pélets. 1 h
Tema 4. Xestión selvícola de produción mixta madeira-biomasa. Restos de corta e tocos 1 h Tema 4b. Interactivo. Rareos enerxéticos 1 h
Bloque III. Cultivos enerxéticos leñosos
Tema 5. Técnicas de implantación e densidade inicial 1 h
Tema 5b. Interactivo. Colleita e calidade de biomasa 1 h
Tema 6. Manexo, produtividade e quenda 1 h
Tema 6b. Interactivo. Recursos e avaliación produtividades 1 h
Titorías sobre Traballo individual sobre procesos e análise de resultados de experiencias de produción de biomasa 2 h
Bloque IV. Cultivos enerxéticos herbáceos
Tema 7. Cultivos para produción de biomasa lignocelulósica 1 h
Tema 7b. Interactivo. Micropropagación e propagación en herbáceos 4 h
Tema 8. Cultivos para biomasa amilácea 1 h
Tema 9. Cultivos para biomasa azucarada e oleaxinosa 1 h
Titorías sobre cultivos herbáceos 1 h
Bloque V. Proteción
Tema 10. Problemas sanitarios na produción de biomasa. Axentes causantes de dano e sistemas de detección 1 h
Tema 11. Estratexias de control específico 1 h
Tema 12. Protección en sistemas forestales e cultivos enerxéticos 1 h
Tema 12b. Interactivo: Identificación de axentes dañinos en aproveitamentos forestais 1h
Tema 12c. Interactivo: Identificación de axentes dañinos en cultivos de biomasas 3 h
Titorías sobre protección 1 h
PRÁCTICAS DE CAMPO:
Prácticos (docencia interactiva):
-Práctica de campo 1: Visita a cultivos energéticos leñosos de chopo y planta logística de biomasa para uso térmico. 2 h
Básica
-Camps, M., Marcos, F., 2008. Los biocombustibles. 2ª Edición. Mundi Prensa. 383 pp.
-Holm-Nielsen, J., & Ehimen, E. A. (Eds.). (2016). Biomass supply chains for bioenergy and biorefining. Woodhead Publishing.
Complementaria
-LEY DE SANIDAD VEGETAL. BOE 279 22649 LEY 43/2002.
-Serrada, R., Montero, G., Reque, J., 2009. Compendio de selvicultura aplicada en España
-Vega, D., Dopazo, R., Ortíz, L., 2010. Manual de cultivos energéticos. UVIGO, 211 pp.
-AENOR, 2011. UNE-EN 14961-1. Biocombustibles sólidos: especificaciones y clases de combustibles. Parte 1: requisitos generales
-Energiespaverband, 2010. Biomass heating in upper Austria: green energy, green jobs. 40 pp.
-Girma H, Rao MR, Day R, Ogol CKPO. 2006. Abundance of insect pests and their effects on biomass yields of single vs. multi-species planted fallows. Agroforestry Systems. DOI 10.1007/s10457-006-9000-2
-IDAE, 2009. Guía técnica: instalaciones de biomasa térmica en edificios. Ministerio de Industria, turismo y comercio. 88pp
-Ortíz, L., 2008. Producción de biocombustibles sólidos de alta densidad en España. Boletín del CIDEU, 5, 107-123.
-Raitila, J. & Hillebrand, K. Improvement of firewood quality, Quality Wood Project Report WP3.2/2008, Project EIE/06/178/SI2.444403. Jyväskylä, Finland, December 2008, 38 pages.
- Skevas T, Swinton SM, Meehan TD, Kimc TN, Gratton C, Egbendewe-Mondzozo A. 2014. Integrating agricultural pest biocontrol into forecasts of energy biomass production. Ecological Economics 106 (2014) 195–203
- Revistas: Biocombustibles, Biomass and Bioenergy, Bioenergy international (edición España)
- I y II Congresos Ibéricos de biocombustibles.
- Tolosana, E.; Ambrosio, Y.; Laína, R. Y Martínez Ferrari, R.; 2009. Guía de la maquinaria para el aprovechamiento y la elaboración de biomasa forestal. Cesefor, Junta de Castilla y León, 92 pp
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas e específicas propias da enxeñaría de montes. Dentro do cadro de competencias deseñado para a titulación, traballaranse as seguintes:
Competencias básicas, xerais e transversais:
CG5. Capacidade para o desenvolvemento de técnicas e proxectos no campo das enerxías renovables.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
CT7 - Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT10 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT11 - Utilización de información en lingua estranxeira.
Competencias específicas
CE4 - Coñecementos axeitados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia en enerxías renovables no medio Forestal e Natural.
A docencia incluirá tanto actividades presenciais expositivas (16 h) como interactivas (16 h), de laboratorio ou prácticas de campo.
Na docencia expositiva incluiranse resumos e análises xerais do estado da arte en temas clave, orientando ao alumno para o acceso a información complementaria no seu traballo persoal. As metodoloxías concretas a aplicar serán:
-Leccións maxistrais participativas. Traballaranse as competencias CE4, CG5.
-Seminarios e conferencias con manexo de bibliografía en inglés. Traballaranse as competencias CE4, CG5.
-Prácticas de laboratorio ou campo. Traballaranse as competencias CE4, CG5.
-Visitas técnicas a empresas. Traballaranse as competencias CE4, CG5.
-Realización de presentacións mediante ordenador. Traballaranse as competencias CE4, CB9, CT7, CT10, CT11
-Resolución de problemas. Traballaranse as competencias CE4, CB10.
-Titorías individualizadas. Traballaranse as competencias CE4, CG5. CB10
Avaliación: mediante unha combinación dos seguintes aspectos:
Asistencia a clases expositivas e interactivas (indispensable). Peso do 10%.
Probas escritas: 60%. Competencias cubertas: CG5, CT11, CE4
Entrega de exercicios e traballos propostos: 20%. Competencias: CG5, CT10, CE4
Presentación de traballos: 10%. Competencias: CB9. CB10, CT7, CT10, CT11 y CE4
A práctica de campo será de asistencia obligatoria, debendo entregarse un informe que se avaliará para incluirse no apartado de Exercicios e traballos propostos)
As probas escritas suporán un tempo de 4 h
En canto á superación da materia en segunda oportunidade (Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de calificacións da USC), as condicións serían idénticas, requerindose a presentación de exercicios e traballos propostos e a superación da proba escrita. As mesmas condicións aplicaranse ao alumnado repetidor.
No caso de alumnado con dispensa de asistencia, deberán realizar as prácticas obligatorias, incluíndo a viaxe, polo que a dispensa só será aplicable ás clases expositivas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de calificacións” (artigo 16 da Resolución de 15/6/2011 da USC, DOG de 21/7/2011).
O correspondente á asignación de 4 créditos ECTS á materia. Corresponde a 16 h por crédito, o que supón neste caso 64 h. Unha distribución probable sería: 4 horas de traballo en grupo, 24 h de lectura e preparación de temas, 8 h de realización de exercicios, 8 h de preparación previa das prácticas e traballo posterior sobre elas, 6 h de elaboración de traballos de curso e 14 h de preparación de probas de avaliación.
Asistencia a clases, uso do horario de tutorías do profesorado e consulta de bibliografía.
Materia en extinción no curso 2024/2025, sen docencia pero con dereito a avaliación co sistema especificado para estudiantes repetidores
Roque Rodríguez Soalleiro
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- roque.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Josefa Lombardero Diaz
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Teléfono
- 982823150
- Correo electrónico
- mariajosefa.lombardero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Juan Luis Fernández Lorenzo
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- juanluis.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade