Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal, Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Enxeñaría Agroforestal, Proxectos de Enxeñaría
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Saber organizar as actividades e a eficiencia no deseño nos diferentes sistemas de produción das explotacións de vacún leiteiro.
Competencias específicas: coñecementos adecuados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia en sistemas de produción e organización do traballo.
A memoria do título considera para esta materia os seguintes contidos:
Sistemas de produción extensivos de vacún de leite: sistemas en base a pastos, sistemas con baixo contido en concentrado. Sistemas de produción intensivos de vacún de leite: sistemas unifeed, mestura seca, mestura húmida, sistemas “solo penso”. Eficacia e eficiencia técnica-produtiva. Calidade de vida. Organización de equipos de traballo. Análise de eficiencia. Organización e planificación. Organización das instalacións da explotación. Riscos laborais nos labores agrarios. Seguridade e saúde nas explotacións de vacún leiteiro. Seguros.
Estes contidos desenvolveranse acorde ao seguinte temario:
1.-DOCENCIA EXPOSITIVA (9 horas)
Sesión 1: Evolución nos sistemas de produción (1 h).
Sesión 2: Sistemas Produtivos: tipificación e caracterización (1 h).
Sesión 3: Sistemas Produtivos: normativa de aplicación, avaliación do benestar animal (1 h).
Sesión 4: Mellora da eficiencia no deseño (1 h).
Sesión 5: O medio ambiente nos sistemas de produción (1 h).
Sesión 6: Evolución e mellora en sistemas de traballo na explotación leiteira (1 h).
Sesión 7: Enxeñaría de métodos (1 h).
Sesión 8: Riscos laborais nos labores agrarios (1 h).
Sesión 9: Planificación das actividades nunha explotación (1 h).
2.- DOCENCIA INTERACTIVA (12 horas)
Práctica 1: Avaliación do benestar animal (2 h).
Práctica 2: Requisitos normativos e eficiencia no deseño en planta (2 h).
Práctica 3: Optimización da explotación respecto a variables ambientais (2 h).
Práctica 4: Análises de riscos nunha explotación gandeira (2 h).
Práctica 5: Descomposición dun proceso habitual na explotación (2 h).
Práctica 6: Programación do proceso produtivo con Project (2 h).
3.- TITORÍAS EN GRUPO (3 horas)
Tutoría 1: Programación de actividades, prácticas e traballo de curso.
Tutoría 2: Seguimiento das actividades.
Tutoría 3: Seguimiento das actividades.
Adicionalmente considerarase unha práctica de campo voluntaria (non avaliada) na que o alumnado visitará o CIAM (Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, A Coruña), para coñecer de primeira man como abordan a organización do traballo nas súas instalacións gandeiras.
Traballo non presencial (orientativo):
Lectura e preparación de temas (10 h).
Preparación de actividades prácticas (15 h).
Elaboración de traballos de curso (15 h).
Preparación de actividades de avaliación (9 h).
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
- Bickert, W.G. (et al.). (2000). Dairy freestall: housing and equipment. Ed. Midwest Plan Service, Ames, Iowa.
- Blanco, I.; Cantalapiedra, J.J.; Carreira, X.C.; Fernández, Mª.E.; Mariño, R.; Méndez, M.; Pereira, J.M.; Pérez, X.C.; Veiga, J.A.; Torres, M.L. (2013). Benestar animal e instalacións. Gando vacún leiteiro. Xunta de Galicia. Consellería do Medio Rural e do Mar. Santiago de Compostela.
- BTPL (Bureau Technique de Promotion Laitière). 2011. Le logement du troupeau laitier. Ed. France Agricole, Paris.
- Callejo Ramos, A. (2009). Cow comfort. Ed. Servet, Zaragoza.
- Callejo Ramos, A. (2016). Bioseguridad en las granjas de vacuno de leche. Ed. Servet, Zaragoza.
- Van Waveren W. (2009). Cost comparison report. (3º part) European Dairy Farmers Congress 2009. Quality of Life and Labour Management in Dairy Farming. 24 to 26 June, Cork, Ireland.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
- Carreira Pérez, X. C. (1996). Aloxamentos para gando vacún de leite. Xunta de Galicia, Santiago de Compostela.
- Donham, K.J.; Thelin, A. (2016). Agricultural medicine: rural occupational and environmental health, safety, and prevention. Ed. John Wiley & Sons, Hoboken, New Jersey.
- Iglesias Vázquez, C.; Rega Piñeiro, J. (coord.) (2010). Prevención de riscos laborais no agro galego. Xunta de Galicia, Santiago de Compostela.
- International Labour Office. (2011). Safety and health in agriculture ILO code of practice. ILO, Ginebra.
- Levallois, R. (2018). Gestion de l'entreprise Agricole: de la Theorie a la Pratique. Ed. Presses de l’Université Laval, Quebec.
- Palmer, R.W. (2001). Dairy modernization planning guide. Dairy Business Communications, cop.
- Proceedings from Building freestall barns and milking centers: methods and materials Conference (2003). Natural Resource, Agriculture and Engineering Service, Ithaca.
- Proceedings from Dairy Housing and Equipment Systems: mananaging and planning for profitability Conference (2000). Natural Resource, Agriculture and Engineering Service, Ithaca
Competencias básicas, xerais e transversais:
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuicios a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuicios.
CG1 - Capacidade para planificar, organizar, dirixir e controlar os sistemas e procesos produtivos desenvoltos no sector agrario e a industria agroalimentaria, nun marco que garanta a competitividade das empresas sen esquecer a protección e conservación do medio ambiente e a mellora e desenvolvemento sostible do medio rural.
CG4 - Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos para a solución de problemas formulados en situacións novas analizando a información proveniente do ámbito e sintetizándoa de forma eficiente para facilitar o proceso de toma de decisións en empresas e organizacións profesionais do sector agroalimentario.
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Competencias específicas:
CE17 - Coñecementos axeitados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia nas linguaxes e técnicas propias da organización e dirección da empresa agroalimentaria.
Materia cuatrimestral, con 9 horas de clases maxistrais. As prácticas realízanse en grupos de 20 estudantes, con aplicación de metodoloxías e técnicas a casos concretos. Realízanse 6 sesións de prácticas de laboratorio (de 2 horas cada unha). As clases prácticas consisten en clases na aula de informática nas que se abordarán problemáticas de orde técnica, de aplicación para o alumnado no desenvolvemento da súa vida profesional. Así mesmo contémplanse tres horas de titorías en grupos reducidos nas que os/as alumnos/as abordarán conxuntamente problemas da temática abordada.
A utilización da plataforma da USC virtual permitirá axilizar o fluxo de información bidireccionalmente entre alumnado e profesor, imprimindo axilidade á docencia da materia, e facilitando o acceso á documentación por parte do alumnado.
As metodoloxías de enxinanza aplicadas serán:
Lecciones maxistrais participativas. Seminarios e conferencias (CE17)
Prácticas de laboratorio ou campo. Prácticas de aula informática (CE17)
Utilización de pizarras clásicas e dixitais. Utilización da aula virtual (CE17)
Realización de presentacións mediante ordenador (CB7, CB8, CG1)
Resolución de problemas. Elaboración e presentación de traballo/s de curso (CB7, CB8, CG1, CT12)
Aprendizaxe baseado na resolución de casos prácticos e en proxectos (CT2)
Tutorías individualizadas e colectivas (CG4)
Traballo autónomo e estudo independente do alumnado (CT1, CB7, CB8, CG1)
Traballo en grupo e aprendizaxe cooperativo. Sesión/s de discusión activa (CT1)
O sistema inclúe unha avaliación continua (asistencia e participación activa e realización de exercicios e de traballos de curso) combinada cunha proba final (complementaria á avaliación continua), tal e como se describe a continuación:
- Asistencia e participación activa (20%): Competencias avaliadas CT1, CT12 e CE17.
- Proba escrita (50%): Competencias avaliadas CG1, CB7, CG4, CT12 e CE17.
- Realización de exercicios (10%): Competencias avaliadas CB8, CG1, CT1, CT2 e CE17.
- Traballos entregados/expostos (20%) (Análise de condicionantes de modelos produción – con manexo de información bibliográfica e técnica en linguas estranxeiras): Competencias avaliadas CB8, CG1, CT1, CT2 e CE17.
Observacións:
O sistema de avaliación será o mesmo na primeira convocatoria e na segunda convocatoria de cada curso, tanto para alumnado de primeira matrícula como alumnado repetidor. Para superar a materia haberá que acadar unha puntuación de 5 sobre 10 na suma de todos os apartados do sistema de avaliación. Tamén para todo o alumnado, as cualificacións obtidas en calquera dos apartados do sistema de avaliación terán validez en todas as convocatorias do curso académico na que se acaden, e non terán validez nos cursos subseguintes.
O alumnado que teña recoñecida unha dispensa de asistencia a clase nas condicións indicadas na Orde 1/2017 da Secretaría Xeral da USC, para aprobar a materia deberá realizar a proba escrita (exame que suporá o 80% da cualificación final e obter nel unha puntuación de 5 sobre 10) na data oficial fixada polo Centro e facer un traballo de curso (que suporá o 20% da cualificación final e debendo acadar nel unha nota mínima de 1 punto sobre 2).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
O/a alumno/a recibirá 9 horas de docencia expositiva e participará en 12 horas de prácticas (docencia interactiva). Ademais contemplaranse tres horas presenciais de titorías en grupos reducidos. Adicionalmente o/a alumno/a deberá desenvolver traballo adicional non presencial, preparando documentación para as clases presenciais, realizando traballos e exercicios da materia, preparando a proba escrita obxecto de avaliación e realizando dita proba. A estas tarefas dedicaranse 51 horas de traballo persoal.
. Asistencia a todas as actividades docentes.
. Consulta da bibliografía recomendada.
. Facer uso frecuente das titorías para calquera tipo de cuestión relacionada coa materia.
María Elena Fernández Rodríguez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- melena.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
José Francisco Vaamonde Longueira
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Proxectos de Enxeñaría
- Correo electrónico
- josefrancisco.vaamonde [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 18 (Pav.II-PPS) |
Mércores | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | Aula 18 (Pav.II-PPS) |