Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Saber manexar as ferramentas máis importantes empregadas na xestión da calidade no sector agroalimentario.
Competencias específicas:
Coñecementos adecuados e capacidade para desarrollar e aplicar a tecnoloxía propia na xestión da calidade agroalimentaria
Planificación da calidade no sector agroalimentario
Ferramentas de control. Muestreo de produtos agroalimentarios. Gráficos de control.
Deseño e mellora de produtos e procesos agroalimentarios. Identificación e priorización de actuacións. Experimentación e I D na industria agroalimentaria.
Aseguramiento e certificación. Auditorías de calidade no sector agroalimentario: tipos e execución práctica.
PROGRAMA DE TEORÍA (9 horas)
PARTE I. Ferramentas de planificación da calidade (2 horas)
Ferramentas de deseño de productos e procesos agroalimentarios
Principios xerais das ferramentas de planificación da calidade
Estudos de mercado
QFD
AMFE e APPCC
Planificación da calidade no sector agroalimentario. Obxectivos de calidade. Formación do xuízo de calidade por parte do consumidor. Seguridade na produción agroindustrial
PARTE II. Ferramentas de control de calidade (3 horas)
Aseguramiento da calidade nas compras e expedición. Técnicas de muestreo no sector agroalimentario. Acordos de calidade concertada.
Control do proceso. Gráficos de control. Estudo da capacidade dos procesos
Auditorías de calidade
PARTE III. Ferramentas de mellora de produtos e procesos agroalimentarios. (3 horas)
Ferramentas gráficas. Identificación e priorización de actuacións. Diagramas de Pareto e Ishikawa. Histogramas. Correlogramas
Experimentación e I+D na industria agroalimentaria
Benchmarking
PARTE IV. Aseguramiento e certificación no sector agroalimentario. (1 hora)
Auditorías de calidade agroalimentaria: tipos e ejecución práctica. Inspección oficial.
Certificación de calidade no sector agroalimentario. APPCC. Calidade agroalimentaria e desenvolvemento rural
Nota: este reparto das horas por temas é orientativo e poderá ser modificado polos profesores en función da marcha da asignatura, e as necesidades e preferencias dos alumnos.
Nota: este reparto das horas de teoría por temas é orientativo e poderá ser modificado polos profesores en función da marcha da materia, e as necesidades e preferencias dos alumnos.
PRÁCTICAS DE LABORATORIO E SEMINARIOS INTERACTIVOS (12 horas)
Faranse prácticas en grupo sobre variabilidade dos procesos, muestreos e deseño de experimentos, e contrastaranse os resultados dos distintos grupos.
TUTORÍAS (3 horas)
Seguimiento do desenvolvemento dos traballos e exercicios e resolución de dúbidas
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Aula virtual: apuntes, videos e links deixados no Campus Virtual.
GRIMA, P. y J. TORT – MARTORELL, 1.995. Técnicas para la Gestión de la Calidad. Ed. Díaz de Santos. Madrid.
HUBBARD, M.R. 2013. Statistical quality control for the food industry. Springer
LUNING, P.A. 2009. Food Quality Management: Technological and Managerial Principles and Practices. Wageningen Academic Publishers
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
ANZALDUA-MORALES, A. (1994). La evaluación sensorial de los alimentos en la teoría y en la práctica. Ed. Acribia, Zaragoza.
ISHIKAWA, K., 1994. Introducción al Control de la Calidad. Ed. Díaz de Santos. Madrid.
JOHN, P. W. M., 1990. Statistical Methods in Engineering and Quality Assurance. John Wiley & Sons, inc. Toronto.
JURAN, J. M. y F. M. GRYNA, 1993. Manual de Control de Calidad. Vol I y II. McGraw-Hill / Interamericana de España S.A. Aravaca (Madrid)
KILCAST, D. 2010. Sensory Analysis for Food and Beverage Quality Control. Elsevier Science & Technology
MONTGOMERY, D.C. 2012. Introduction to Statistical Quality Control. John Wiley & Sons Inc.
MONTGOMERY, D.C. 2012. Design and Analysis of Experiments. Wiley. Toronto
MORTIMORE, S. and WALLACE, C. 2013. HACCP: A Practical Approach. Springer.
PUIG, J. 1999. Ingeniería, autocontrol y auditoría de la higiene en la industria alimentaria. Ediciones Mundi-Prensa
RIVERA, L. M. 2016. Gestión de la Calidad Agroalimentaria. Antonio Madrid Vicente
Rivera, L.M., Roig, B., Buitrago, J.M. Vera. 2002. Calidad Integral y su Gestión en el Sector Agroalimentario. Universitat Politècnica de València
SANCHO, J. 1996. Autodiagnóstico de la calidad higiénica en las instalaciones agroalimentarias. Ed. Mundi-Prensa.
Velasco, J. 2010. Gestión de la calidad: Mejora continua y sistemas de gestión. Teoría y práctica (Empresa Y Gestión). Pirámide
Para a maioría dos textos en idioma estranxeiro hai versións en español de edicións anteriores
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CB6.- Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de seren orixinais no desenvolvemento e aplicación de ideas, a cotío nun contexto de investigación.
CB10.- Que os e as estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que terá que ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
CG1.- Capacidade para planificar, organizar, dirixir e controlar os sistemas e procesos produtivos desenvolvidos no sector agrario e a industria agroalimentaria, nun marco que garanta a competitividade das empresas sen esquecer a protección e conservación do medio ambiente e a mellora e desenvolvemento sustentable do medio rural.
CG4.- Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos para a solución de problemas presentados en situacións novas, analizando a información proveniente da contorna e sintetizándoa de forma eficiente para facilitar o proceso de toma de decisións en empresas e organizacións profesionais do sector agroalimentario.
COMPETENCIAS TRANSVERSÁIS
CT1.- Capacidade de análise e síntese.
CT4.- Capacidade para traballar en grupo e abranguer situacións problemáticas de forma colectiva.
CT12.- Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE9.- Coñecementos adecuados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia na xestión da calidade agroalimentaria.
CE14.- Coñecementos adecuados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia en sistemas produtivos das industrias agroalimentarias.
CE16.- Coñecementos adecuados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia en xestión da calidade e da seguridade alimentaria, análise de alimentos e rastrexabilidade.
CE17.- Coñecementos adecuados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia nas linguaxes e técnicas propias da organización e dirección da empresa agroalimentaria.
Nota: estas competencias adquírense conxuntamente cursando outras materias da titulación.
Haberá docencia expositiva (teoría), interactiva (prácticas e traballo en grupo), e tutorías presenciais. Completarase con apoio virtual á docencia usando Microsoft Teams e Moodle, así como co correo electrónico oficial e grupos de WhatsApp informáis.
DOCENCIA EXPOSITIVA (teoría)
Se impartirá mediante clases teóricas presenciais nas que se desenvolverán os temas do programa. Os alumnos realizarán cuestionarios e aclararanse dúbidas sobre os conceptos explicados utilizando foros. Para iso usarase Microsoft Teams e a aula virtual. (Competencias CB6, CB10, CG1, CT1, CE9, CE14, CE16, CE17).
DOCENCIA INTERACTIVA (prácticas e traballo en grupo)
Nela os alumnos traballarán tanto individualmente como en grupo, e de forma presencial con apoio virtual. Haberá seminarios, realizaranse exercicios, e elaboraranse e expoñerán varios traballos prácticos relacionados cos contidos da materia. Os seminarios, a explicación das tarefas, a formación de grupos de prácticas, a realización de parte do traballo, e as exposicións e postas en común no pleno faranse en sesións presenciais de forma síncrona. Moodle utilizarase como apoio para proporcionar información, resolver dúbidas, guiar e monitorizar o progreso da ejecución das tarefas principais, e realizar entregas e evaluarlas. Cada grupo terá plena liberdade para organizar os seus traballos, debendo respectar en todo caso os fitos que se establezan, especialmente as datas das entregas. Para que a distribución da carga de traballo no tempo sexa uniforme se coordinará coa docencia expositiva, e alternaranse as lecturas, procuras, realización de cuestionarios, eventos de monitorización de tarefas e as presentacións públicas dos traballos. (Competencias CB10, CG4, CT1, CT4, CT12, CE9, CE14, CE16, CE17).
TITORÍAS
Usaranse para orientar aos alumnos e resolver as dúbidas persoais. As tutorías presenciáis programadas terán lugar de forma síncrona. As individuais e de apoio aos grupos de traballo realizaranse de forma asíncrona, de forma presencial, utilizando os foros do aula virtual, ou por calquera outro medio virtual adecuado (correo electrónico ou Microsoft Teams).
TEORÍA: (40% da nota). Ó longo do curso faranse varios exames teórico-prácticos que consistirán en probas oráis ou escritas con preguntas cortas, de tipo test e problemas. (Competencias CB6, CB10, CG1, CT1, CE9, CE14, CE16, CE17).
SEMINARIOS E PRÁCTICAS: (40% da nota) mediante avaliación das entregas dos traballos propostos, tanto individuais como en grupo. Para aprobar a materia é obligatorio facer máis do 80% dos traballos prácticos que se propoñan ao alumno durante o curso. No caso das actividades de grupo, para asegurar que todos contribúen adecuadamente a realizar os traballos, os profesores poderán reservar ata un 30% da puntuación dos traballos correspondentes para evaluar individualmente e de forma subjetiva a actitude, disposición ao traballo e contribucións de cada alumno. (Competencias CB10, CG4, CT1, CT4, CT12, CE9, CE14, CE16, CE17).
ASISTENCIA: (20% da nota).
CONTINUIDADE DA AVALIACIÓN
A realización de exames parciais de teoría e problemas e a distribución das entregas dos traballos prácticos ao longo do curso, xunto coa valoración da asistencia aseguran unha porcentaxe de avaliación continua superior ao 50%.
Os alumnos que non poidan seguir con éxito a materia por curso deberán presentarse ao exame final da materia. Este exame constará dunha parte teórica e outra de resolución de problemas relacionados coas prácticas. Cada parte puntuará un 50% do total da nota e non se lles computará a nota por asistencia.
DISPENSA DA ASISTENCIA
Os alumnos con dispensa de asistencia deberán presentarse ao exame final da materia. Este exame constará dunha parte teórica e outra de resolución de problemas relacionados coas prácticas. Cada parte puntuará un 50% do total da nota e non se lles computará a nota por asistencia.
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA E ALUMNOS REPETIDORES
Estes criterios manteranse para a convocatoria extraordinaria de xullo e para os alumnos repetidores.
REALIZACIÓN FRAUDULENTA DE EXERCICIOS OU PROBAS
A realización fraudulenta de calquera exercicio ou proba requirida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de obras plaxiadas ou obtidas de fontes accesibles ao público sen reelaboración nin reinterpretación, e sen citar os autores das fontes. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o disposto na “Normativa de avaliación do rendemento académico do alumnado e revisión de cualificacións”.
TRABALLO PRESENCIAL EN AULA 30 horas)
Docencia expositiva en grupo de ata 80 alumnos: 12
Docencia interactiva en grupos de 20 alumnos: 12
Tutorías en grupos de 10 alumnos: 4
Actividades de avaliación: 2
TOTAL TRABALLO EN AULA: 30
TRABALLO INDIVIDUAL OU EN GRUPO (45 horas)
Lectura e preparación de temas: 17
Realización de exercicios: 8
Preparación previa das prácticas e traballo posterior sobre as mesmas: 8
Elaboración de traballos de curso: 7
Preparación de probas de avaliación: 5
TOTAL TRABALLO INDIVIDUAL OU EN GRUPO: 45
Recoméndase asistir a todas as actividades docentes, xa sexan presenciais ou virtuais, pois nelas proporciónase gran cantidade de información dispersa e en continua evolución, da que non existe bibliografía actualizada. Por iso usarase como base os temas e a información deixada na aula virtual polos profesores, así como a xerada polos alumnos traballando en grupo. Ademais recoméndase consultar a bibliografía antes indicada, así como calquera outra relacionada cos temas a tratar, xa sexa en formato papel ou electrónico.
Gran parte das competencias da materia só se poden adquirir na práctica, polo que é obligatorio facer polo menos o 80% dos traballos prácticos que se propoñan ao alumno durante o curso.
Recoméndase así mesmo facer uso frecuente das tutorías polos medios dispoñibles para calquera tipo de cuestión relacionada coa materia.
Enrique Rafael Arbones Maciñeira
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- enrique.arbones [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Nave de Industrias Agrarias (Pav.III-Soto) |
Venres | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Nave de Industrias Agrarias (Pav.III-Soto) |